L ETRAS GALEGAS 2018 hanan elmansouri fernández silvia romero seoane
A quén esta dedicado? O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005).A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova. Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.
A Í F A R BIOG María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra.
OBRAS O SEU TEXTO MÁIS COÑECIDO É ANAGNÓRISE (GALAXIA, 1988), VINTE VECES REEDITADO E TRADUCIDO A VARIAS LINGUAS.ADEMAIS DE NOVELAS E CONTOS, ESCRIBIU OBRAS DE ENSAIO, COLABOROU EN LIBROS DE TEXTO E DIRIXIU, CANDA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO E DAVID OTERO, A COLECCIÓN ÁRBORE DE LITERATURA INFANTIL DA EDITORIAL GALAXIA DESDE 1988. [32] COMO LECTORA, NO ÁMBITO DAS LETRAS EN GALEGO NUNCA AGOCHOU O SEU GUSTO POLA NARRATIVA DE RAMÓN OTERO PEDRAYO OU DE CARLOS CASARES.
Recoñecementos Foi finalista do Premio Café Gijón en 1969 coa novela en castelán Alcores de Donalvar, e obtivo o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães co relato La casa de las Marías. 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho, no 1972, por Crarisca e luceiro. 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho, no 1975, por O cataventos. 3º Premio O Barco de Vapor en 1985. Lista de honor do IBBY no 1990, por Anagnórise. Inclusión na lista internacional White Ravens da Biblioteca Internacional para a Mocidade de Múnic pola súa obra Guedellas de seda e liño en 2002. Foille outorgada a mención de honor a título póstumo do premio Xoán Manuel Pintos do concello de Pontevedra no ano 2005.
"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala." MARIA VICTORIA MORENO
GRAZAS POLA TÚA ATENCIÓN