MARÍA VICTORIA MORENO
Autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas. Deste xeito comezan os actos a favor da difusión do seu legado literario e da súa vida.
Andrea Amil
•
María Victoria Moreno naceu en Cáceres en 1939 filla de malaugeña e toledano non tivo o galego como lingua materna, foi galega por elección. Viaxou cara a Galicia e cara ao galego, habitouno e convidou á súa viaxe a incontables mozas e mozos. O seu falecemento foi en 1967 tras un par de anos impartindo aulas en Lugo.
•
Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. De nena escapaba da triste realidade da posguerra coa fabulación de historias e na adolescencia escribiu unha novela, que se chamaría co paso do tempo Onde el aire no era brisa.
•
Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia.
•
Como profesora, afanábase na procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe. Fronte ás prohibicións, a censura e o medo, María Victoria ofrecía liberdade e xogos. Alimentaba os seus "cachorros" de palabras fermosas. A eles deixou en herdanza a súa biblioteca persoal.
•
A publicación en 1973 de Mar adiante unha das obras pioneiras de literatura infantil galega, ao compromiso co ensino da lingua e a cultura galegas en pleno franquismo ou o seu labor como editora.
•
Segundo o texto das académicas, María Vitoria Moreno "contribuíu, xunto a outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno; a pór en valor o uso da lingua galega, falándoa e escribíndoa ben, a meterse na pel dos personaxes e a gozar coa literatura, coa beleza das palabras".
•
Quedou finalista do Premio Café Gijón e co relato La casa de las Marías obtivo o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães.
"Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social"