Parga

Page 1

Traballo relixiĂłn Parga. Parga ĂŠ unha pequena vila situada no concello de Guitiriz(Lugo) da cal falaremos nas seguintes diapositivas.


Igrexa de Santo Estevo de Parga 

Esta parroquia Está situada nun outeiro, posiblemente ocupado con anterioridade por un poboado castrexo. Foi construída no século XII, se ben tras numerosas transformacións posúe características arquitectónicas de diferentes estilos.

Ten unha nave rectangular e a capela maior cadrada, coa sancristía engadida no lado esquerdo.

A fachada é de perpiaño, do século XVIII. Consta de porta, ventá, espadana con dúas campás, e sobre ela unha cruz metálica. Entre a fachada e o muro lateral dereito hai un reloxo de sol.

No interior da igrexa hai tres retablos do barroco popular e unha serie de pinturas murais datadas cara ao século XV, representando escenas da Paixón, a Anunciación e o Cristo en Maxestade.

Os retablos laterais, restaurados recentemente, presentan figuras como San Ramón Nonato e San Roque.

Hai tres sarcófagos antropoides, desenterrados do adro, así como varias lápidas sepulcrais e unha pía bautismal gótica sen adornos.


Parroquia de San Mamede de Pedrafita , Guitiriz.

ď Ž

Igrexa de Santo Estevo de Parga.


O Castelo de Parga 

O castelo de Parga está situado nas proximidades da igrexa parroquial. Actualmente consérvase parte dun dos muros do peche e unha das torres.

As paredes están fabricadas na súa parte alta con perpiaños de granito asentado sobre pedras de cachotaría pertencentes a unha época anterior, posiblemente reaproveitadas do castro de Parga.

Segundo Ángel del Castillo a fortaleza foi construída entre finais do século XIV e inicios do XV, levantado por Juan Pérez Parragués. A fortaleza tiña forma de polígono regular con torres cilíndricas e con seteiras enfiando os flancos, que constituían unha das súas defensas avanzadas. Existía un pasadizo subterráneo que unía o castelo co río Parga, usado para procurar aprovisionamentos en tempos de asedio.

En 1603 o castelo serviu como cárcere xurisdicional.

Preto del levántase un cruceiro.


Ruinas do Castelo de Parga.


Río Parga 

32 km de longitud, baña as vilas de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón, no municipio de Friol; Miraz, Santa Locaia, San Estevo y San Breixo de Parga, Trasparga e Roca no municipio de Guitiriz; e Boveda, Baamonde, e Pacios en el municipio de Begonte.

A su paso por la localidad de Baamonde, se encuentra una playa fluvial al lado de un molino y una presa que hace de piscina natural para los bañistas.


Feiras e Festas. 

As feiras teñen lugar o domingo entre os días 9 e 15 e o derradeiro domingo de mes[1].

Unha das festas máis coñecidas é a Feira da Cantería, artesanía e callos, que se celebra o primeiro fin de semana de xullo, onde se pode ver como os canteiros traballan na pedra, así como gozar dun dos pratos típicos da zona como son os callos. Nese día abundan as merendas familiares na carballeira.

As festas parroquiais son na honra a San Roque, a terceira fin de semana de agosto. Festa da troita en Parga ,co río de fondo


Grazas pola súa atención.

Traballo realizado por Óscar Fernández Quirós ,2ºB de Bacharelato.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.