Biblioteca IES Fraga do Eume
Diciembre 2016
¡Felices Festas lectoras!
Benqueridos compañeiros de viaxe: alumnas e alumnos, traballadores, traballadoras, profesores, profesoras... xa chegamos á "cidade nadal", parada obrigatoria de travesía, oasis na noite invernal, tempo morto para descansar ao pé da lareira e botar uns contiños. Falando de contos, recollimos neste boletín as suxestións do noso equipo de colaboradores e dos visitantes asiduos da biblioteca. Veredes que hai para todos os gustos, seguro que tamén para o voso. Gústanos que todos atopedes na biblioteca o voso recanto favorito rodeado de libros que vos inspiren e por iso sabedes que, na medida do posible, imos incorporando os libros que nos pedides no "buzón de suxestións". Das últimas adquisicións atoparedes tamén información aquí, neste papeliño colorido que voou ás vosas mans.
As vosas peticions e recomendacions