Boletin gastronomia 2017

Page 1

Boletín Especial de Gastronomía BIBLIOTECA IES Fraga do Eume

Marzo—2017

Co gallo da celebración do XVIII concurso de Cociña e Coctelaría aproveitamos para mostrarvos as novidades deste ano. Coma adoita pasar nos bos restaurantes a oferta é variada e de alta calidade. Esperamos que vos preste.

Empezamos a nosa viaxe por América, con dous países cos que históricamente temos moitísima relación na doble viaxe de ida e volta da emigración. Polo que respecta a México a relación con Galicia é intensa.E para coñecer mellor a súa gastronomía temos dous libros que nos levarán máis aló do guacamole ou as fajitas. O Restaurante de Olvera Pujol clasificouse como o mellor en México e un dos 16 mellores do mundo. Nón en van posúe 50 premios ao mellor restaurante do mundo. O libro inclúe máis de 65 receitas, cada unha delas belamente fotografadas, que van desde os sofisticados pratos que se serven en Pujol aos pratos ocasionais máis accesibles que Olvera mantén coa súa familia no fogar. Inspirado nas dúas caras dun vinilo, o libro divídese na cara A e a cara B. A cara A contén as receitas do restaurante Pujol divididas en catro seccións denominadas “desde a tradición”, “desde a rúa” “desde a terra” e “desde dentro”. Esta parte é, por dicilo dalgunha maneira, o lado máis relaxado. Atopamos tamales, burrata con salsa verde, os chilaquiles, ademais das receitas de sobremesas máis clásicas de Olvera. O título da cara B é ”viceversa , o outro lado de Enrique”, céntrase en pratos máis fáciles, receitas máis sinxelas e pratos que elabora nalgún dos seus outros restaurantes (Eno,Moxi e Manta -os tres en México- e Cosme en Nova York). Ademais inclúe unha exhaustiva guía de ingredientes, pratos e técnicas culinarias indíxenas de México O libro está infestado de sorprendentes e vibrantes imaxes de paisaxes mexicanas, así como da vida na rúa e a súa cultura culinaria. Un receitario que nos transporta á Cidade de México e ao interior do restaurante Pujol para poder comprender os singulares pratos de Olvera e o extraordinario equipo que hai detrás.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.