Boletin gastronomia 2018 def

Page 1

Boletín Especial de Gastronomía BIBLIOTECA IES Fraga do Eume

Marzo—2018

Fieis á nosa cita acudimos á celebración do concurso de cociña e coctelaría falándovos do que nos gusta e interesa: libros e películas. Este ano hai unha novidade no apartado de coctelaría que contempla, xunto á coctelaría clásica, a incorporación de coctelaría moderna. Como é lóxico, a Biblioteca do IES Fraga do Eume, sempre á avangarda, fixo un esforzo por poñerse á altura na oferta bibliográfica. Se queredes consultar as últimas tendencias, non dubidedes en pedirnos o novo libro de Javier Muelas. Nova crónica ao redor do mundo do cóctel,coa achega da maridaxe, que propicia que entren en escena propostas dos primeiras espadas da gastronomía española, como Joan Roca, Juan Mari e Elena Arzak, Ángel León, Carme Ruscalleda, Andoni Luís Aduriz, Martín Berasategui, Albert Adrià, Jordi Roca, Paco Roncero, Pedro Subijana e os irmáns Torres, Jordi Cruz, Carles Gaig, Nandu Jubany E MOITOS MÁIS. Para todos eles Javier Muelas atopou o cóctel perfecto para que o acompañen cun prato expresamente creado para esta obra e, como bo “bartender”, alegra ademais a velada contando anécdotas, achegando pinceladas técnicas, reflexións e apuntes históricos. O ingrediente básico de moitas bebidas clásicas e modernas, case poderiamos dicir a raíña da coctelaría e a protagonista do concurso… Este libro contén máis de 300 notas de cata das mellores xenebras do mundo, desde Black Button Distilling, en Estados Unidos, a Sacred, en Reino Unido, así como os perfís das destilarías máis importantes do planeta. Para informarse da evolución da xenebra, desde as “genever” holandesas do século XVIII ata o renacemento actual dos produtores artesanais e todo o referente á historia da xenebra, a súa elaboración e como bebela, e 50 das mellores receitas do mundo de cócteles de xenebra. Seguimos apostando tamén por incorporar á nosa biblioteca as receitas clásicas de bares de renome como o Savoy. Estes dous volumes, en concreto, foron unha suxestión dun alumno do ciclo superior de restauración. Están en inglés, pero quen dixo medo? Tanto a simpatía suprema como a diversión extraordinaria caracterizaron a alta sociedade de Londres na década de 1930. Cando The Savoy Cocktail Book foi publicado por primeira vez, non só enriqueceu o estilo dos tempos: pasou a formar parte dela. No próximo milenio, The Savoy Hotel segue evocando un mundo de elegancia e estilo, e esta edición actualizada presenta varios cócteles novos, incluído o Millennium Cocktail, creado por Peter Dorelli, ex-xefe de Savoy.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Boletin gastronomia 2018 def by Biblioteca FragadoEume - Issuu