Boletin matemáticas def

Page 1

Boletín Especial de Matemáticas BIBLIOTECA

Outubro – 2014

O cine Alicia no país das marabillas. As peripecias de Alicia acompañada polo coello branco, o sombrereiro tolo ...., é destacable o xeito de desenvolver a historia a base de preguntas, que vai facendo a protagonista, nun razoamento lóxico dentro dun contexto divertido nunha conversa moitas veces absurda.

La habitación de Fermat. Catro matemáticos, que non se coñecen entre si, son invitados por un misterioso anfitrión co pretexto de resolver un gran enigma. pronto descobre que se atopan nunha sala que empeza a minguar e que corren o risco de morrer esmagados entre as súas paredes. Terán entón que pescudar que relación hai entre eles e por que alguén quere asasinalos.

ESTAMOS NA REDE

HTTP://bibliofragadoeume.blogspot.com.es/ HTTP://www.edu.xunta.es/centros/iesfragaeume

Los viajes de Gulliver. Gulliver aproveita a estancia en diferentes países para facer unha crítica da sociedade do seu tempo, reflexándoa neses outros países. Destaca as aplicacións que se poden facer cara o estudio das proporcións.

XERAIS Algúns con títulos sorprendentes como:

El libro de las cifras. Os números son a alma da existencia do universo e de todo o que contén, pero moitos de nós descoñecemos os seus fundamentos. Neste libro podes descubrir a conexión entre as matemáticas e outras disciplinas e os descubrimentos máis importantes.

Una Mente maravillosa. A Beautiful Mind é unha película de drama biográfico estadounidense do ano 2001. Está inspirada na novela homónima de Sylvia Nasar que foi nomeada ao Premio Pulitzer de 1998 e que conta a vida do matemático John Forbes Nash. Nela recóllese o mellor e o peor dunha aventura vital tan complexa e intrigante como un teorema con rostro humano. Hai historias que merecen ser contadas e personaxes que deberían ser ampliamente coñecidos. A historia da vida do matemático é unha delas.

Referencias para a elaboración deste boletín: Escolma poética (poesía matemática) realizada polo profesor Víctor Pollán do IES Poeta Díaz Castro http://www.filmaffinity.com www.casadellibro.com

El diablo de los números. Un percorrido entretido pola teoría de números. Merece a pena polo tratamento que fai do estudio da combinatoria, binomio de Newton, triángulo de Tartaglia, e as sucesións, en particular da de Fibonacci.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.