Graduación 2º Bacharelato 2015-2017

Page 1

DISCURSO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO

MAIO 2017

Aristóteles dicía : “As raíces da educación son amargas, pero o froito; é doce.” Todos coñecemos ben a amargura destas raíces. Co sabor doce quizais referíase a estes momentos nos que obtemos unha recompensa polo traballo realizado. Polo esforzo constante, as numerosas noites sen durmir, as festas perdidas (aínda que... algún... non perdeu ningunha). Chegados a este punto dámonos conta do que logramos e, sobre todo, do que somos capaces.

A dia de hoxe, as ganas de rematar e de liscar de aquí (máis agora, que nos imos de festa) son enormes. Queremos esquecer estes últimos oito meses de sufrimento, aínda que temos que admitir que sempre da pena marchar do fogar. Porque iso foi este instituto para nós, e, os nosos compañeiros, convertéronse nunha segunda familia. Hai algún que lle colleu tanto cariño aos profes, que para o ano volve.

Varios comezamos xuntos hai seis anos, outros fóronse sumando polo camiño, pero chegamos aquí xuntos. E rematamos xuntos, e apaleados, pero victoriosos ao fin e ao cabo.

Algúns foron marchando, pois non foi nada fácil. Pero o dia a dia levase mellor cuns bos compañeiros que durman contigo uns minutos antes de que comece(e durante) a clase de historia a primeira. Compañeiros que che fagan ver que tras un exame suspenso sempre hai unha recuperación, e que che deixen o ombro para chorar tras suspendela.

Compañeiros que che salvan a vida presentándose voluntarios cando non levas os deberes feitos ou que chos pasan cando non queres facelos. Eses compañeiros que che resumen o tema antes do exame e grazas aos cales consegues aprobar, ou aqueles que che din que non estudes mais e vaias durmir, porque o importante é a saúde.

Resumindo, que tras moitos sinsudores, agravados pola incertidume creada coa lomce, a reforma que nos obrigou a deducir o temario que deberíamos dar, nós, os inadaptados, sen ter moi claro o que realmente caería na selectividade, sen saber sequera se a selectividade continuaría existindo...Non poderíamos irnos sen facer


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Graduación 2º Bacharelato 2015-2017 by Biblioteca FragadoEume - Issuu