GLOSARIO

Page 1

A

B

C

D

E

F

G

H

I

J

K

L

M

N

Ñ

O

P

Q

R

S

T

U

V

X

Y

Z

A Acervo

Este termo polo xeral, aplícase soamente aos exemplares dunha revista que é propiedade da biblioteca, pero tamén pódese usar para referirse a todos os materiais (libros, revistas, audiovisuais, bases de datos, etc.) e coleccións con que conta a biblioteca.

Andel

Cada unha das táboas postas horizontalmente nos muros, ou en armarios, alacenas, etc., para colocar sobre elas libros.

Anexo

Ver apéndice

Anteportada

Folla anterior á portada, en que adoita constar o título, por veces abreviado. Tamén denominada “portadilla”

Antetítulo

Título secundario que precede ao título propiamente dito.

Antoloxía

É unha recompilación de obras notables ou sumo interese que poden ser obras literarias, en orixe, de poemas, películas sobresaíntes ou de culto, obras musicais, etc. No contexto literario, unha antoloxía contería unha selección de textos literarios dun ou varios autores e, por extensión, calquera medio (libro, disco ou colección de discos, exposición, etc.) que inclúa unha selección de obras artísticas. É común en poesía (antoloxía poética), aínda que tamén pode darse noutros xéneros, como fábulas, ensaios ou contos que tamén poida ter natureza temática.

Anuario

Relación de datos e informacións destacadas dentro do período dun ano, ordenada alfabética, cronolóxica, xeográfica ou sistematicamente, con índices alfabéticos auxiliares. Obra de referencia en que se recollen datos e acontecementos sobre un lugar determinado ou un tema en concreto cunha periodicidade anual.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.