O xogo da froita fresca. A Z X V B U C T D S E R F Q G P H I K L M N Ă‘ O
A____Ameixa Comeza e remata polo A. O nome dun marisco lembran. Verdes, amarelas ou vermellas. Que boas están!!!! B_____Breva Figos parecen pero non o son. Gustábanlle a Platero que era moi lambón.
C_____Cereixa Vermellas e pequeniñas, xuntas, de dúas en dúas. Para decorar as orellas colócanas moitas neniñas.
D_____Dátil Vén de África. É doce e marrón. Froito das palmeiras cómense coma bombóns.
E_____Pera Ten a letra E na primeira sílaba Verde por fóra, branca por dentro. Se queres que cha dé, espera un momento.
F_____Framboesa Nin mora nin amorodo pero moi semellante. Non medro nas silveiras e non son moi grande.
G____Granada Ten nome de cidade. Ten uns grans pequeniños. É unha froita moi sana que cura os catarriños.
H____Chirimoia Ten a letra H na primeira sílaba. É unha froita tropical. É branca por dentro e verde a pel. Está nunha cesta nesta clase.
I_____Figo Contén a letra I na primeira sílaba. Cómense en fresco ou secados ao sol. Son moi doces. Di un refrán galego: “Somos amigos / no tempo dos ........”
K____Kiwi Comeza polo K. Por fora é peludo. Ten moita vitamina C. Come moitos cunha culleiriña; e non terás catarros.
L____Laranxa Nunha cor pensarás, e o meu nome adiviñarás. Moito zume tomarás todas as mañás para os catarros curar. M_____Melón Rima con tontorrón, coscorrón, patadón,subidón... pero sobretodo rima con xamón.
N____Limón Remata na letra N. Hai moitos na Mariña lucense. A profe de sexto B ten unha árbore desta froita moi bonita no seu xardín, e regálalle moitos froitos ao mestre de música.
Ñ_____Piña Contén o Ñ na segunda sílaba. Ten coroa e non é raíña, pica e non é mosquito. Moi rica fría ou mesturada en macedonia.
O____Amorodo Contén tres: o o o. É vermello e con moitas pencas. Leva un pucho verde e anuncia a primavera.
P_____Pomelo Nin laranxa nin limón pero moi semellante son. Cada bocado que me dés rezumará acidez.
Q____Caqui Coa letra Q inicia a segunda sílaba. Semella un tomate alaranxado pero por dentro melocotón parece. Daquí non é pero “caqui” está. R____Mandarina Contén o R na terceira sílaba. Son laranxas pequerrechas. Repartíronse no colexio. Nunca poderás comer unha soa.
S____Sandía É santa e trae o día. De pel verde, refrescante; prepáraa en ricas brochetas con melón e outras froitas.
T____Plátano Como vén de Canarias trae posto o seu abrigo. Se queres comelo terás que quitarllo.
U___Uvas Verdes, brancas ou moradas. Se as pisas sacas o mosto, se as olvidas vólvense pasas. Con elas festexamos a fin do ano.
V____Vitaminas Na túa dieta diaria, moita froita has de tomar; alimenta, non engorda, refresca e ademais de ............. está chea.
X_____Pexego Froita propia de Galicia. Semellante ao melocotón. No interior contén unha coia que moitos chaman carabuña.
Z_____Mazá Froita moi prezada porque,o seu consumo, do médico te alonxará. Se ademais vas de excursión, aproveita e cando a mordas, os teus dentes limpará.