A cabaza é unha planta herbácea , da mesma familia que a sandía , o melón ou o cogombro. Contén no seu interior numerosas sementes , que conteñen una polpa branca e comestible. Trátase dunha planta que precisa de moito terreo para medrar , pois medra estendéndose de maneira horizontal. No proceso da sementeira non se necesita moita auga , aínda que o chan debe estar fresco, ser profundo e estar ben estercado. A colleita lévase a cabo a finais de outubro , de 3 a 5 meses despois da sementeira e realízase de forma manual.
TIPOS DE CABAZAS Hainas de verán e de inverno . Dentro das de verán , destacamos : Verrugosa , utilizada fundamentalmente para as verrugas da pel. Espagueti , pola súa forma alongada. Viñateira, usada como recipiente para gardar líquidos. Entre as de inverno , destacamos : Cabaza belota , presentan una pel verde escura ou branca . Cabaza de cidra, en forma de pera grande.