O CHALANO 2019

Page 1


Índice Páxina 0 Páxina 1 Páxina 2 Páxina 3-6 Páxina 7-9 Páxina 10-11 Páxina 12 Páxina 13 Páxina 14-15 Páxina 16-17 Páxina 18-19 Páxina 20 Páxina 21-22 Páxinas Centrais

Páxina 23-24 Páxina 25-26 Páxina 27-28 Páxina 29-30 Páxina 31 Páxina 32-33 Páxina 34-36 Páxina 37-39 Páxina 40 Páxina 41

Portada Índice Limiar Primeiro A Primeiro B Primeiro C Segundo A Segundo B Segundo C Terceiro A Terceiro B Terceiro C Cuarto A A cidade Azucarillo Imaxes para un curso Cómics San Silvestre 2018 A cidade Azucarillo Cuarto B Quinto A Quinto B Quinto C Sexto A Sexto B Sexto C Relixión Halloween Contraportada


Limiar Benvidos un ano máis a un novo número do xornal escolar “ O Chalano “ no que os nenos e nenas do CEP Lois Tobío dan a coñecer algunhas das moitas e variadas actividades que se realizan durante o curso escolar 2018/2019. Como protagonista das Letras Galegas, a Real Academia Galega elexiu a figura de Antón Fraguas ( Loureiro, Cotobade, 1905 / Santiago de Compostela 1999 ). Historiador, xeógrafo, etnógrafo, … que adicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención a antropoloxía. Este é o resultado da participación de toda a Comunidade Educativa que colaborou no desenvolvemento de todas as tarefas. O noso xornal “ O Chalano “ podedes atopalo en formato dixital na páxina web do Centro ( EDL / Taboleiro ); deste xeito apreciaredes mellor a cor e a calidade dos nosos traballos. Dirección web: http://taboleiroloistobio.blogspot.com/ Queremos darvos as grazas a todos e todas, pois sen a vosa valiosa axuda non sería posible este modesto xornal escolar. Fíxose con moita ilusión para que fora do voso agrado; esperemos que vos guste. Este xornal está subvencionado pola Secretaría Política Lingüística.

Xeral de














OS PREGUNTÓNS DE 3º A. Entrevista a Xoán Neira. 1. Xoán: Cando empezaches a escribir? Que che gusta ler? Empecei a escribir aos 35 anos, ao millor un pouco tarde e gústame moito ler pero sobre todo poesía. 2. Nerea: Cando escribiches “o cubil da Lúa” e canto tempo che levou escribilo? Empecei a escribilo no 2007 pero saíu publicado no 2009 e levoume escribilo aproximadamente dous ou tres meses. 3. Dimas: Cal foi o primeiro libro que escribiches e cal foi o ultimo? O primeiro que escribin foi un libro para adultos titulado: Memoria e soño e oultimo: “Gaiola aberta” ainda que este ultimo é unha escolma de poemas anteriores. 4. Mara: Canto tempo che levou escribir o teu primerio libro e estás pensando en escribir outro? Levoume escribilo aproximadamente un ano e por suposto que teño en mente outro. 5. Mateo B. : Cal é o animal do “Cubil da Lúa “ que máis che gusta? Gústache debuxar? É difícil pero creo que o que máis me gusta é o lobo. Sí que me gusta debuxar aínda que non debuxo ben. 6. Mateo C. : Cántos libros escribiches e cal é o que máis che gusta? En total publiquei once pero non che poido contestar cal é o libro que máis me gusta, porque o s libros son coma os fillos: gustanche e quereslle a todos igual. 7. Melany: Onde naciches e a que che gustaba xogar de pequeno? Nacín en Lugo, na parroqui de Meilán, a beira do río Miño e gustábame xogar a moitas cousas: as canicas, ao pilla-pilla e por suposto ao fútbol. 8. Uriel: Cal é o teu escritor favorito? Gústache viaxar? O meu escritor favorito é Derek Walcott pero tamén me gustan Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e moitos máis. E a segunda pregunta: sí, encántame viaxar. 9. Ángel: Cal é a tua cor preferida? Gústache o mel? A cor que máis me gusta é o azul porque lémbrame ao mar e ao ceo, tamén me gusta o violeta. Por suposto que me gusta o mel. 10. Adrián: Gústache algún deporte? De que equipo eres? Gústame o fútbol. Gustanme o Real Madrid e tamén o Lugo, por suposto. 11. Martina: Cal foi o libro que máis tempo che levou escribir? Colaboraches con outro escritor algunha vez? O libro que máis me levou escribir foi:”Xiz de cor” e colaborei con Manuel Rodríguez, o voso mestre de música, na elaboración do libro: “Recreos”


12. Roque: Que che gusta facer no tempo libre? Cal é o teu lugar preferido? No meu tempo libre gústame ler, escribir,e , sobre todo, contemplar a paisaxe. Os meus lugares favoritos son a Praia de Covas e pasear pola beira do Miño. 13. Julia C. : Cando viñeches de mestre para Viveiro? Gústache pasear polo campo? Vin de mestre para Viveiro no 1982, dende Sevilla. Disfruto moito estando en contacto coa natureza. 14. Carla: Cal é o teu poema favorito de “Farrapos de nube”? A onde che gusta ir de vacacións? O meu poema favorito é o dos cabalos, inspireime na rapa das bestas. Gústame ir de vacacións a Portugal. 15. Silvia: Pensaches alguna vez que te ibas a converter nun escritor famoso? De pequeno eras un neno popular? Eu non creo que sexa famoso, so pensó que son un mestre que escribe poemas….son simplemente un afeccionado á poesía. Eu, de pequeño era tranquilo, estudioso e moi calado, sobre todo por medo aos Mestres, porque daquela pegaban. 16. William: Quen é o teu millor amigo? Sacabas boas noitas na escola? O meu melllor amigo é Carlos Nuevo Cal e tamén Manuel Flores. A verdade, é que sacaba boas notas. 17. Julia F. : Lévache moito tempo escribir un libro? Cal é a tua estación do ano preferida? Depende, as veces atáscome e teño que refacelo varias veces e outras non. A estación do ano que máis me gusta é a primavera polo que representa: o renacer da vida. 18. Junior.: Gústanche as películas de medo? Cal é a comida que máis che gusta? Gústanme as películas de medo e hai moitas comidas favoritas pero sobre todo, de carne. Moitas grazas, Xoán, pola túa inesgotable pacencia. Encántannos os teus poemas !!!


SAÍDA O CASTRO DE VILADONGA O 23 de outubro de 2018 os alumnos de 3º e 4º fomos visitar o castro de Viladonga que está cerca de Meira. En Viladonga hai os restos dun castro da cultura castrexa que data do século I e dicir uns 20 séculos. Está situado no alto dun outeiro e está rodeado de tres murallas de terra por fóra e de pedra por dentro. As casas son circulares e outras e dificacións son de forma rectangular que debían ser talleres e graneiros. Tamén vimos no castro unha cova que se supón que é a entrada dunha antiga mina. Calcúlase que vivían unhas 250 persoas que se organizaban para levar a cabo as distintas tarefas . No museo que hai o lado vimos un video que era a reproducción da vida nesa época. Alí fixemos unha actividade moi divertida ,déronnos un folleto con fotografias de 8 pezas que hai no museo e tivemos que localizalas e poñerlles o nome. NO MUSEO PUIDEMOS VER: Torques de ouro,navallas,machados de pedra e de metal,fouces, fibelas de cintos,tesoiras, amuletos ,moedas, pezas de agricultura, prendedores do pelo, xoias.Tamén moitas pezas de cerámica de distintas formas e usos con moita decoración, chaves de portas, cravos, chocas, cadeas, peites,fragmentos de vidro, pezas de rodas de carro...


OS CASTREXOS Sobre todo eran artesán, agricultores, cazaban e pescaban,tiñan gando e dicir autoabastecianse, dependían pouco do exterior. Encontráronse pezas de barro con huellas de cans e gatos co cal debían ter mascotas. Tamén se encontraron pezas de teares, agullas e incluso taboleiros de xogos. Todos os restos encontrados fannos pensar que eran unha civilización moi avanzada.

O PEDREGAL, MEIRA E FONMIÑÁ Logo fomos ver o nacemento do río Miño no Pedregal de Irimia, depois vimos a catedral de Meira onde o mestre Carlos Nuevo nos explicou datos moi interesantes. Máis tarde demos un paseo en Fonmiñá polo borde do río. Foi unha viaxe moi educativa, divertida e estivemos en contacto coa natureza. Nenos e nenas de 3B














Nenos e nenas de 6A

L E T R A S G A L E G A S 2 0 1 9

Cotobade 1905

A CoruĂąa 1999


ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS VINTE ANIVERSARIO 1999 - 2019

Antonio naceu no ano 1905 en Cotobade (Pontevedra). Naceu nunha familia acomodada, seu pai mandaba cartos dende Brasil, onde traballaba de canteiro. Na súa adoslescencia, seu pai quíxoo levar ao Brasil, pero segundo o consello dun mestre, quedaron para que puidera estudar. Cursou os seus estudos de bacharelato en Pontevedra, tivo de profesor a Losada Diéguez e Daniel Castelao. En Santiago de Compostela, realizou a carreira de Filosofía e Letras,

fará

amizade cos principais intelectuais do momento: Otero Pedrayo, Castelao, Parga Pondal...


No ano 1933 aproba as oposicións ao instituto da Estrada, onde consegue praza como catedrático de Xeografía e Historia. Pero o golpe de estado de 1936 trunca a súa carreira profesional e para poder sobrevivir poñerá a andar unha academia

de

ensino

privado

en

Santiago, alí traballará ata que en 1950 volve gañar unha praza de catedrático de ensino medio. Pese as adversidades, Fraguas segue as súas investigacións. No ano 1951 é nomeado académico numerario da Real Academia Galega. Xubilado do ensino, centrouse en publicar ensaios sobre a literatura oral, as romarías e os santuarios, o entroido... Fraguas finou en Santiago en 1999, facendo súa a máxima de “Galicia, célula de universalidade”. Alumnos de 6º B.


ANTONIO FRAGUAS LETRAS GALEGAS 2019 COTOBADE, concello situado na provincia de Pontevedra, foi o berce de Fraguas. Naceu no lugar de Insuela, o 28 de decembro de 1905, aquí viviu e estudou ata os catorce anos e aquí naceu o amor pola lingua e pola cultura galegas . Sempre estivo namorado do rural, do folclore, da tradición , da investigación ,... Aprendeu a ler da man da súa nai, pero tamén aprendeu moito da man dunha muller chamada Antonia, que servía na súa casa, e da que el mesmo di: “ Esta muller era analfabeta, pero coñecía os costumes, sabía oracións, coplas e contos”. Moitos dos que eu coñezo ensinoumos ela. Foi a miña gran mestra. Con trece anos foi estudar bacharelato a Pontevedra e funda, xunto con outros compañeiros a sociedade da Lingua. Con mestres como Castelao, Losada Diéguez e Sobrino Buhigas xermola en Fraguas o amor pola Lingua e o país. Posteriormente chega a Santiago para estudar Filosofía e Letras . En 1923 fundou o Seminario de Estudos Galegos e nel integrouse Antonio, despois da súa chegada a Santiago no ano 1928. Foi profesor na Universidade e catedrático de Instituto na Estrada, Lugo e Santiago. A súa vida estivo dedicada completamente ao estudo dos costumes, das festas,da xeografía, do folclore e de todas as manifestacións populares de Galicia,escribindo unha chea de libros e artigos para revistas e xornais sobre estos temas. Este ano, a Real Academia Galega dedícalle, polo seu labor en defensa da nosa cultura, o Día das Letras Galegas. Aula de 6º C


Reduce plástico! Que é o plástico? Denomínase plástico ao conxunto de materiais constituidos por unha variedade de compostos orgánicos, sintéticos ou semisintéticos, que teñen a propiedade de ser maleables e por tanto poden ser moldeados en obxectos sólidos de diversas formas. Vantaxes e unha enorme desvantaxe Fai a nosa vida máis fácil, pero a cambio de contaminar o noso entorno, moitos mares e ríos están cheos de plástico usado Cal é a cantidade de plástico que vai parar ao mar? Cada segundo tíranse máis de 200 kilos de plástico a mares e océanos. O 70% vai ao fondo marino e o 15% queda flotando. O mundo tira 8 millóns de toneladas de plástico ao mar cada ano. Tarda máis de 500 anos en biodegradarse, por iso debemos :

Cales son as consecuencias deste desastre? • Toxicidad dos alimentos • Destrución do ecosistema • Difícil eliminación do plástico


Pequenas accións que podemos levar a cabo para paliar este problema Na casa: - Usa un cepillo de dentes biodegradable de bambú. - Usa produtos para o cabelo que no conteñan ingredentes plásticos como silicona e petróleo. - Utiliza toallas de algodón, algodón orgánico ou fibra de cáñamo en lugar de bastoncillos. - Emprega tappers de cristal

Fóra da casa: - Evita os globos en festas e celebración. - Leva contigo unha botella de auga reutilizable non plástica. - Usa unha taza reutilizable non plástica para o teu café ou té. - Fai a compra con bolsas reutilizables - Esquécete das palliñas de plástico (A Unión Europea xa lles dixo adeus) e cámbiaas por unha versión metálica reutilizable para disfrutar o teu refresco ou batido.

Bolsa Reutilizable Un xesto pola natureza

Nenos e nenas de 6C














I M A X E S P A R A O C U R S O


C O L E X I O L O I S T O B Í O


VII San Silvestre 2018 ( 17 de decembro ) Primeiro 1º Pelayo Rodríguez Arce 2º Marek Tercero Díaz 3º Bruno Lage Díaz Segundo 1º Pablo Pigueiras Escudero 2º Álex Fernández Somoza 3º Iago Martínez Díaz Terceiro 1º Adrián Cejudo Ferreiro 2º Gabriel Orol Fraga 3º Xoán Adrio Folgueira Cuarto 1º Pepé Guimunde Mateos 2º Iker Riveira Trasancos 3º Gabriel López Díaz Quinto 1º Justin Fernández González 2º Yovenni Guerrero Vallejo 3º Mateo Eijo Pernas Sexto 1º Sebastián Antón Badiu 2º Abraham Ramil Maragoto 3º Gabriel Casas del Río Moitas grazas aos nenos e nenas do Colexio de San Roque por Clasificación Feminina vir a correr con nós. Esperámosvos para setembro.

Moitas grazas a todos/as pola fantástica colaboración e participación na VII San Silvestre Lois Tobío 2018.


Primeiro 1º Romaissa Naciri Kayari 2º Clara Gómez González 3º Ana Soto Martínez Segundo 1º Carmen Aparicio Irimia 2º Yasmina Arnejo Rico 3º Naia Cancelos Martínez Terceiro 1º Sara López Eijo 2º María Martínez Esmorís 3º Aroa Martínez Novoa Cuarto 1º D'Elice Rodríguez Guzmán 2º Vanessa Loureiro Gomes 3º Aitana Díez Alkalde Quinto 1º Stephanie Viana de Sousa 2º Alsira Jiménez Giménez 3º Valeria de la Cruz Borrero Sexto 1º Nuria Trigo Pérez 2º Irene Vizcaíno Martín 3º Tatiana Prieto Pita Moitas grazas aos mestres/as, pais/nais/ avós e avoas por correr con nós na San Silvestre.

VII San Silvestre 2018 Colexio Lois Tobío



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.