Da castaña ao magosto

Page 1


Da castaña …..a A castaña é o froito do castiñeiro . Ata hai poucos anos era alimento base da poboación europea . No século XVI viñeron de América as patacas e o millo e a castaña perdeu protagonismo na dieta campesiña . Comíanse asadas, cocidas ou facíase fariña con elas . O número de castiñeiros diminuiu en Galicia debido a aparición do eucalipto e o piñeiro . Para festexar a colleita das castañas , propia do outono , celebramos o magosto . Esta é una festa que se celebra de maneira tradicional no mes de novembro e consiste en comer castañas asadas , polo xeral acompañadas de viño . Tradicionalmente o magosto festexábase novembro ,

o

día

de

pero na actualidade atrasouse algo e faise coincideir en moitos lugares de Galicia coa festividade de san Martiño.


Para facer un bo magosto seguiremos os seguintes pasos : 1- Facemos una cacharela

2- Facemos un pequeño corte nas castañas para que non salten ou exploten. Cando as brasas están listas , colócanse as castañas nun cilindro metálico chamado tambor , ou , en algunas zonas , tixolo

3- Unha vez asadas, pélanse e cómense . Para rematar xogando tísnase a cara cos restos da cacharela e sáltanse as cacharelas , realízanse xogos tradicionais , cóntanse contos e cántanse cancións populares. Tamén podemos ir ben adornadiños con colares feitos coas castañas . Tamén , desde moi antigo, sécanse as castañas , utilizando o canizo ou caínzo . estrutura de pauso u táboas con varas, vimbios ou paus entrecruzados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar o froito .


1

2

3

Na actualidade , gran parte da produción de castañas , cómense como postre , transformado no exquisito marrón glacé. Son moitos os refráns e cantigas que xiran en torno a esta festa . Algúns exemplos son : • Castañas , noces e viño , fan a ledicia de San Martiño • Santo que estás no caínzo bota castañas abaixo, bótame das máis grandiñas que ás pequeñas non me baixo. • Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto;


pero , os máis pequenos , o viño , nin velo ! • Chuvia en agosto, nin bo magosto. • Moita flor na primavera, bo outono nos espera. • Outono chuvioso, ano copioso • A castaña que está no camino, é do veciño. • As castañas queren : en agosto, arder e en setembro , beber.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.