Da flor ao mel

Page 1

DA FLOR AO MEL INTRODUCIĂ“N Ao chegar a primavera , as plantas florecen e as abellas chupan o zume das flores , chamado nĂŠctar .

As abellas son insectos que viven nunha casa chamada colmea .


TIPOS DE ABELLAS QUE CONFORMAN A COLMEA :

A raíña : encargada de poñer ovos As obreiras : coidan as crías , airean a colmea co batir das ás , constrúen as celas do panal e elaboran mel a partires do néctar das flores. O zángano : fecundan a raíña . Cando as obreiras beberon suficiente néctar , voltan á colmea , constrúen celas de forma hexagonal ( moitas celas xuntas forman un panal) e as abellas enchen de mel o panal. O APICULTOR É o home que cría as abellas . Para achegarse á colmea precisa un traxe especial: bata larga , careta , luvas e pipa fumeante. Presta servizos e coidados ás abellas co fin de obter e consumir os produtos que son capaces e elaborar e recolectar: xalea real, cera e , o principal , que é o mel . O mel é una substancia viscosa, marela e moi doce . É producido polas abellas a partires do néctar das flores , transformándoo no seu estómago o néctar e devolvéndoo á boca para encher con el os panais .


Cando o mel está maduro , a principios do outono, o apicultor coloca o panal nunha máquina . Só busca na parte superior da colmea , onde gardan as abellas o mel que lles sobra , despois de alimentar as larvas. A persoa que está sacando o mel ten que afumar antes ás abellas para que non a piquen . O mel fítrase e déixase repousar para despois envasalo.

PROPIEDADES E BENEFICIOS DO MEL

Aumenta a enerxía do noso corpo É un antibiótico natural Suaviza a pel Axuda a durmir mellor Cicatriza as feridas Alivia os síntomas do resfriado Calma a dor de gorxa É laxante, fortificante e diurético

Por outra banda , ademais das propiedades terapéuticas , é importante o seu uso culinario como edulcorante, e produto base en repostería.

TIPOS DE MEL


Mel de flores : está producida a partires do néctar das flores . Pode ser monofloral, se predomina máis o néctar dunha especie, ou multifloral , se é do néctar de varias flores. Dependendo tamén do sitio no que se recolla pode ser : de serra, de montaña, do deserto , …

UNHA CURIOSIDADE : Para recoller medio kilo de néctar , una abella ten que recorrer moitísimos kilómetros , tantos como se dera tres voltas ao mundo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.