Enigmas matemáticos

Page 1

Enigmas e xogos matemรกticos


Para pensar e comprender 1- Cal é o número que , se lle quitas a metade , vale 0 ?

2- Se hai 5 peixes no acuario e afogan 2 , cantos quedan ?

3- Se Ana ten dúas blusas e media e merca , ao día seguinte, outra blusa e media . Cantas ten en total ?

4- Cinco persoas cazan cinco animais en cinco días , cantas persoas cazarán un animal nun día ?


5- Cal é o número que se o colocas do revés vale menos ?

6- Cantos animais teño na casa , sabendo que todos son cans menos dous ; todos son gatos , menos dous e todos son loros menos dous ?

7- Se poño a secar unha camisa , tarda 7 minutos en facelo . En canto tempo secan dúas camisas ?

8- A suma de dous números é 110 . Un deles excede en 20 ao dobre do segundo . Que números son ?


9- Hai dúas mulleres que teñen cada unha 50 euros ; canto debería darlle unha á outra para que teña 10 máis cá ela?

10- Que pesan máis un kg de plomo ou un kg de algodón ?


Para xogar e descobrir a maxia das Matemáticas 1- Temos tres vasos cheos e tres vacíos colocados en fila . Como faremos para que queden alternativamente un cheo e un vacío , movendo tan só un vaso ?

2- Un día un caracol decidiu cambiar de casa e marchar a vivir a un horto próximo no que abondan saborosas coliflores , deliciosas verzas e as máis delicadas hortalizas que un caracol de padal refinado puidera desexar . O único problema era a presenza dun muro de separación de 7 metros de altura . O caracol , coa súa casa ás costas , decidiu escalalo . Cada día conseguía rubir 4 metros en vertical ; pero, como o muro era húmido e resbaladizo , cada noite baixaba 3 metros . Así cada día avanzaba só un metro desta agotadora viaxe . Cantos días necesitou o pobre caracol para chegar ao alto do muro ?


3- Un home ten que levar un lobo , unha cabra e unha coliflor a outra beira do río ; pero acontece que na súa barca só hai sitio para el e o lobo , ou a cabra , ou a coliflor . Se o home leva a coliflor , o lobo come á cabra ; se leva ao lobo, a cabra come a coliflor . A pesares disto , o home consigue levar o lobo, a cabra e a coliflor á outra beira . Como ?

4- A tía Sara é irmá da segundoxénita do meu avó . Miriam é irmá da miña tía , pero non é miña tía . Quen é?

5- Unha anciá chamada Marta dice : “ Miña filla , dille a túa filla que a filla da súa filla chora “ . Que parentesco hai entre Marta e a nena que chora ?


E agora ….facemos maxia coas Mates 1- Os zapatos - Escribe o número que calzas - Engade dous ceros - Resta ao número obtido o ano do teu nacemento e di a cifra resultante -Engade a esa cifra o ano en curso Comproba que : As primeiras dúas cifras indican o número que calzas de zapatos ; as dúas últimas , a túa idade. 2- O número cívico - Multiplica por dous o número da túa casa - Engade o resultado de 35-28 - Multiplícao por 50 - Engade a túa idade - Resta o número dos días do ano - Engade o resultado da operación :3+19-7 Comproba que nas dúas últimas cifras lerás a túa idade ; nas dúas primeiras , o número da túa casa .


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.