Camiño da Xunqueira

Page 1

Alumnos/as de Terceiro e Cuarto


O río Landro e a Ría de Viveiro

O río Landro nace na Serra do Xistral a 800 metros de altitude e despois de percorrer 42 Km desemboca mansamente no mar Cantábrico formando, entre xuncos e meandros, a ría de Viveiro. O río Landro ou Landrove conforma a ría de Viveiro, a vila onde teñen ansia por chegar os mariñeiros


Camiño da Xunqueira

Árbores: Carballos Piñeiros Salgueiros Bidueiras Mazairas Figueiras Pradairos Ameneiros Pereira Sabugueiro Loureiros Espiños Castiñeiros Choplos Nogueiras Freixos Abelairas Arcipreste

Ao longo do camiño podemos ver moitas árbores autóctonas de Galicia. Tratemos de conservalas: dannos froitos, leña, osíxeno, sombra, vida, beleza, ...


Completa a encrucillada con nomes de árbores C * * A M I * Ñ O *

t

C A M I Ñ O

D A

D A

*

*

X U * N * X U N Q U E I R A U * E I R A

Coloca na columna vertical as letras das casiñas con * e formarás o nome dunha árbore propia de Galicia. Sen ela, non habería magosto.


Pinta e relaciona รก รกrbore coa sua folla/froito


A acea / muíño de mar da Xunqueira Busca na sopa de letras seis cereais Q C D R E MS D F GH J A R A T R I G O N MB C S T S A E L R A F R Q A D YD S R L E Z D E A S G E E D T O T X S D Z D H C R F U AU S S C D F J E T G I Z I DA V F R K B U HO A R R O Z G T L A I J Z X C V B NU I I DO K C E N T E O P O Y A O P O U I H B N MÑ U R T YU AV E A A S R

As moas do muíño da Xunqueira movíanse grazas ás mareas. Coa subida da marea, o pozo que vedes na foto enchíase de auga que logo era retida co peche das comportas. Cando a marea estaba baixa, o muíño empezaba a moer aproveitando a caída da auga que empurraba as rodas no rodicio. Podíase moer trigo, centeo, millo, …


A lenda do Convento de Valdeflores

A lenda do convento de Valdeflores:

Un día, cavando preto dun espiño nos terreos de Valdeflores, un criado atopa unha talla da Virxe. Despois de informar ás autoridades, concluíron que se trataba dun milagre e levaron a imaxe en procesión polo pobo, deixándoa despois nunha igrexa de Viveiro. Misteriosamente desapareceu e reapareceu de novo no val. O suceso repetiuse en varias ocasións; polo que se entendeu que debería levantarse un santuario en honra desta virxe milagreira que, tempo despois, se transformou en convento.


Mirador de paxaros sobre a ría Aves de mar e de terra Gaivotas Cormoráns Charráns Garzas Andoriñas Pardelas Parrulos Rulas Pegas Martín peixeiro Cuco Ouriolo Moucho Curuxa Corvos Avefría Merlos, ... Dende o mirador podes observar moitas aves que voan sobre a ría para buscaren comida, lugar para facer o niño, repoñer forzas para as longas viaxes, ...


Relaciona con números 1 Gaivota

2 Cormorán

3 Rula

4 Parrulo

5 Anduriña

6 Pega

7 Moucho


O pozo do Piago: Lenda

Un forte vendaval arrancou o badaxo da Igrexa de Santa María e levouno ata caer nas fondas augas do Pozo do Piago. Unha xigantesca serpe está vixiante para que ninguén roube este tesouro agochado no fondo do pozo. Nunca te bañes no Pozo do Piago; a xigantesca serpe está vixiando o seu tesouro.


As gaitas de salgueiro

Cando chega a primavera, o zume sube polas ramas das árbores para brotaren as follas, flores e froitos. Coas varas novas que afloran polo tronco da árbore facemos unha gaita, sempre coa axuda dunha persoa maior : - Corta unha variña nova do salgueiro ( das que estorban para o bo crecemento da árbore ) - Frega coa navalla pola casca da vara. - Xira a casca sobre o tronco da variña - Faille uns furados - Saca a casca do tronco. - Faille unha palleta nun lado da casca - Sopra e toca; pero sen molestar.


Cantigas de árbores e animais Eu ben vin estar o cuco na galla dun castiñeiro, cunha subela na man aprendendo a zapateiro. O carballo da Retorta ten a folla revirada que lle a revirou o vento unha noite de xeada. A rula vaise queixando que lle roubaron o niño; quen cho mandou facer, rula, tanto á beira do camiño. María cruzou o río nunhas chancas de ameneira; tente, María, con caias, agárrate a esa cerdeira. Eu ben vin estar o merlo dende salgueiro en salgueiro, casa eiquí, casa acolá, e o merlo segue solteiro.


Ortigas e beldrascos

Ortiga

Beldrasco

Se te ortigas e tes forte picazón, busca herba de beldrasco e frota fortemente na zona afectada decindo varias veces esta retahíla: “ortiguiña, me ortigou / con beldrasco me pasou“ Ao pouco tempo, a picazón debería pasar.


Pinta e escribe unha oraciรณn utilizando un nome, un verbo e dous complementos A ortiga picoume unha perna Nome

Ortiga

Verbo

Complemento

na excursiรณn do Colexio Complemento

Figueira

Rula


Distancias Colexio

Valdeflores 900 m

1200 m

Ponte do Tren

2300 m

Portochao 2250 m

O Piago

Que tramo ten maior lonxitude ? Ordea os tramos de menor a maior lonxitude ( en metros ) m

m

m

m

Cantos Km recorremos en total ( ida e volta )


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.