Mes da ciencia

Page 1

Vinte actividades / Unha para cada día . Entrena así a túa mente, PENSANDO

MES DA CIENCIA Novembro 2017

CEP LOIS TOBÍO


Adiviña: Que animaliño é? Todos eles voan. Escribe o seu nome e relaciona.

1- Se che pica, dóeche 2- É de color rosa 3- Está esperto polas noites 4- Non pode ver nada 5- Anda polos xardíns e prazas 6- Que ben canta polas mañás !

E ...pensa, pensa LÓXICA – PON A PUNTO A TÚA MENTE

 O ovo Nun pequeno pobo hai unha casa pintada de rosa, con tellado a dúas augas; un está pintado de violeta e outro de vermello. No tellado violeta un galo pon un ovo e sopra o vento de Leste a Oeste, a uns 1000 km/h. Cara que lado vai caer o ovo ?


 O ascensor Hai un edificio de tres plantas. Na primeira viven 10 persoas; na segunda, 15 e, na terceira, viven 8. En que planta se detén máis veces o ascensor?

 Como o fan ? Un pai e os seus dous fillos teñen que cruzar o río e a súa barca só aguanta 80 kilos. Como fan para pasar se o pai pesa 70 kilos e os fillos, 20 kilos cada un?

 Cal foi o rato que chegou en primeiro lugar e cal en último? Había cinco ratos: Mindi, Martín, Muriel, Mabel e Miguel, que estaban mordiscando no queixo que estaba enriba da mesa da cociña, cando Bigotes, o gato, empezou a perseguilos ata facelos entrar no seu burato. Muriel chegou en terceiro lugar e Miguel, en cuarto. Mabel chegou detrás de Miguel. Martín non chegou de segundo . Quenes foron o primeiro e o último en chegar?

1

2

3


 O caracol e a tapia Un caracol sube verticalmente por unha tapia de 10 metros de altura. Durante o día sube 2 metros e durante a noite resbala, de modo que retrocede un metro. 10 m Cantos días tardará en subir a tapia ?

Como é posible ?

O outro día Xoán conseguiu apagar a luz do cuarto e meterse na cama antes de que a habitación quedara totalmente a escuras . Hai tres metros desde a cama ao interruptor da luz. Como fixo para meterse na cama antes de que a habitación quedara ás escuras?

 E AGORA...COLOCAR NÚMEROS Hai que colocar un número en cada cadro dunha táboa de 3 filas e tres columnas , tendo en conta que: a) 3,5,9 están na horizontal superior b) 2,6,7 están na horizontal inferior c)1,2,3,4,5,6 non están na vertical esquerda d)1,2,5,7,8,9 non están na vertical dereita


Imos logo con adiviñas simpáticas 1- Por que en todos os hospitais hai un sacerdote? __________________________________________ 2- Cal o día máis longo da semana ? _____________________ 3- Cal é o número que colocado do revés vale menos? _____________________ 4- Cal é o animal que é dúas veces animal? _______________________ 5- Cal é o instrumento musical dunha soa corda? _______________________ 6- Hai gatos nun caixón , cada gato no seu rincón , cada gato ve tres gatos . Sabes cantos gatos son ?

7- Adiviña moi , moi difícil. Palabra que ten cinco “íes “ ___ ___ ___ ___ ___ ___ 8- Cal é o animal con máis dentes ? ________ 9- Palabra con seis “ oes” ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ 10-Pan e pan e medio, dous pans e medio,cinco medios pans .Cantos pans son? +

+

+

=

Operando con setes Sitúa os signos aritméticos básicos (+,-,x,:) entre os catro setes para que o resultado sexa correcto : Resultado 7 7 7 7 0 7

7

7

7

35

7

7

7

7

2

7

7

7

7

14

7 7 7 7 63 Pista: para a primeira fila chega con que sumes e restes. Para a segunda, debes empregar a resta e a multiplicación. Para a terceira, terás que sumar e dividir. E na cuarta, tes que sumar e restar. Finalmente, poderás resolver a última sumando e multiplicando.


Crucigrama numérico Horizontais : 1- Primeiro número natural. Número primo maior que 20 e menor que trinta. 2- Doble de trienio. Número do axente secreto máis famoso. 3- Horas de tres días e medio. Fillos de Adán e Eva. 4- MMCX 5- Múltiplo de sete menor que 80. Lentes nun monóculo. Verticais : A- Horas que hai nunha semana. Son os colores do Arco da Vella. B- Un ano e 55 días. C- Múltiplo de 10. Días de máis nun ano bisiesto. D- Días en xaneiro, febreiro e marzo. Xogadores dun equipo de fútbol. E- Horas nun mes de trinta días. 1

A

B

C

D

E

2 3 4 5

Baltasar Merino Novembro é o momento escollido polas institucións do país para celebrar o mes da Ciencia . É innegable o dereito e a necesidade de poder gozar da ciencia todos os días do ano , pero especialmente é neste mes cando aparece un amplo programa de actividades dedicado a recoñecer o importante papel das ciencias na nosa vida. O botánico e meteorólogo Baltasar Merino Román será o homenaxeado este ano con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas. A homenaxe, que coincide co primeiro centenario do falecemento do investigador, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta do papel de Merino como o autor da primeira caracterización


exhaustiva da flora galega, á que se suman os primeiros traballos de climatoloxía aplicada realizados en Galicia. Baltasar Merino naceu en 1845 en Lerma (Burgos) e, con 15 anos, ingresou na Compañía de Jesús, onde se formou en Filosofía, Humanidades e Retórica e se ordenou sacerdote. Foi enviado a Cuba, Estados Unidos, Francia e Porto Rico, destinos nos que iniciou o labor docente que o levaría en 1880 a Galicia, onde viviu ata o seu falecemento en 1917 (Vigo) e onde desenvolveu toda a súa faceta científica No ano 1900, con 55 anos de idade, deixou a docencia para dedicarse en exclusiva á investigación, faceta na que se iniciara pouco tempo antes. Os seus traballos en botánica caracterizáronse por un grande esforzo empírico de recollida de mostras e observación, nun momento no que a carencia de medios e de bibliografía sobre o tema eran limitacións que el supliu con iniciativa e co apoio de destacados botánicos da época como Carles Pau. Interese pola flora galega e os científicos de Galicia Merino viaxou por toda a xeografía galega e foron moi poucos os puntos que deixou sen visitar. Dende a serra do Courel ao Ribeiro, das illas Cíes ao litoral de San Cibrao ou dende os picos dos Ancares ao val do Támega recorreu case toda Galicia coa intención de recompilar a maior cantidade posible de plantas. Hai constancia de que estivo en Viveiro, concretamente aloxouse en Galdo. O resultado final é un herbario colosal do que se conserva máis de 16.000 follas. A obra máis destacada de Merino foi a Flora Descriptiva e Ilustrada de Galicia. O seu interese pola meteoroloxía non só o levou a relacionala de xeito pioneiro coa botánica, senón que achegou visións innovadoras para a época merecedoras do recoñecemento dos expertos. A el débenselle os primeiros traballos de climatoloxía aplicada que se realizaron en Galicia, tomando como referencia datos obtidos na Guarda entre 1881 e 1890, con avanzadas gráficas de evolución de temperatura, humidade e precipitación. Escribiu un libro sobre borrascas e trataba de darlle á xente do mar instrumentos para poder prever o tempo que ían ter. Deuse de conta de que cando baixa a presión adoita vir unha borrasca. El tratou de que os barcos levasen uns barómetros máis pequenos para que os patróns soubesen cando viña unha borrasca. Era moi sistemático, medía temperaturas, precipitacións,ventos.. Chegou o que quizais é a obra máis importante de Merino no campo da meteoroloxía. Trátase do estudio das borrascas na costa occidental de Galicia, onde emprega os datos recompilados nos anos anteriores para tratar de predicir o comportamento das borrascas. Hai que lembrar que o ano anterior ocorrera a traxedia de Póvoa de Varzim (naufraxio no que faleceron moitos mariñeiros) en costas portuguesas. Despois deste tráxico acontecemento Merino propuxo que os patróns dos barcos levaran un pequeno barómetro a bordo, para comprobar os cambios de presión atmosférica e poder evitar as grandes tormentas.


Baltasar Merino e a Ciencia

C___L ___ND___L___ M___C___L___

B___L___CR___Q___ ___

D___NT___ D___ L___ ___N

PL___V___ ___M___TR___

T___RM___M___TR___

B___R___M___TR___

___N___M___M___TR___

C___T___V___NT___S




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.