Formación de usuarios

Page 1

FORMACIÓN DE USUARIOS BIBLIOTECA

LOIS TOBÍO


● Entra na biblioteca ● Saúda á mascota ● Á man esquerda, na estantería lateral da biblioteca, localiza no estante O, nun diccionario Xerais da lingua, un sinónimo de campesiño.

● Diríxete á dereita e procura no estante situado enfronte da ventá, nun dos andeis, un libro en cuxo título apareza a palabra sinónima que localizaches engadida ao nome do protagonista e completa: - autor - ano da edición - datos da etiqueta vermella:

● Tenta localizar, no mesmo estante, outro libro do mesmo autor e completa os datos necesarios para a súa localización: 83 G ………… …………


ATOPA UNHA SORPRESA 1- Saúda á mascota 2- Diríxete cara o lado dereito 3- Fíxate no letreiro “ Quero saber” 4- Gústanche os inventos ? 5- Queremos un libro de inventos 6- Busca un invento de dúas rodas 7- Atopáchelo ?Aí verás cando se fixo a primeira bici 8- Que animais queren unha bici?

ATOPAMOS POESÍA 1-Gústannos os poemas , logo temos que ir aos estantes de poesía 2- Aparecen clasificados pola súa etiqueta vermella que encabeza o 82 3- Stop ! Bota unha ollada 4- As patacas fritas , que ricas ! Os versos fritos , que ricos ! 5- Tomamos unha ración de “versos fritos “ 6- Agora busca o poema “ ler é divertido “ e léello aos teus compañeiros.


PERSONAXE FANTASMA 1- Saúda á mascota 2- Xira cara a dereita e fíxate no letreiro : “ personaxes de tódolos tempos “ 3- “ creadores de música” 4- É un músico 5- O seu nome remata en “t” 6- Tocaba o piano 7- O seu nome comeza por “m” 8- Quen é ?

MÁIS FANTASMAS 1- Saúda a mascota 2- Queremos un pintor 3- Buscamos entre os grandes álbumes 4- Aparecen cerca da vella escola, na estantería Al 5- A súa etiqueta vermella empeza polo 83 6- Hoxe está a carón de “ Las tres mellizas “ 7- Tiña un gran bigote 8- Vestía un blusón cunha vermella cruz no peito 9- Pintou “ las meninas “ 10- Abre o libro na páxina 65 , …Admírao !!! 11- Quen é ?


UN CASTRO 1- Colocado en fronte á mascota , móvete 5 pasos á esquerda 2- Fíxate na estantería de banda deseñada 3- Busca nas etiquetas , que todas elas empezan por Bd , o nº 66 4- Mirando o título , atopa a época na que está inspirado o libro 5- Vai á páxina 45, aí está a construción típica desa época , que é … 6- En que provincia de Galicia está ambientado este libro ?

USO DO DICIONARIO 1- Buscamos na estantería 0 2- Cada alumn@ colle un dicionario 3- O mestre /a deunos un listado de palabras , pero hai algunha que non existe 4-Trátase de descubrir os termos que son inventados e , polo tanto, non poden aparecer no dicionario 5- O listado será máis complexo a medida que cambiamos de nivel 6- O tempo está limitado .

Outros xogos : taboleiro sobre o que recorremos o camiño da poesía


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.