Apalpador papa noel

Page 1

O APALPADOR VS. PAPÁ NOEL ELFO.-Brrrrrrrrrrrrr, que frío vai esta noite. Non o podedes imaxinar! Vou chamar nesta casa que parece que hai luz acendida. ELFO.-Toc, toc. NOA.- Quen anda aí? ELFO.-Por favor, déixame entrar. NOA.- Non podo, teño orde expresa de meus pais de non lle abrir a porta a ninguén...Claro que ti estás petando na ventá, entón creo que podo abrirche. ELFO.-Moitas grazas, moitas grazas. Permíteme que me presente. Son Didantalius Dondilás, elfo explorador, viaxeiro e inventor. É todo un pracer, señorita. NOA.- Eu son Noa, agora estou soa na casa e un pouco aburrida, así que se ti es un elfo supoño que farás maxia ou algo así, non? Podemos divertirnos esta noite! ELFO.-Eu maxia? Ai si, acabo de lembrar un feitizo moi bo para facer que lle medren pelos na ingua aos nenos. Agora mesmo o fago. NOA.-Home, tampouco será para pórse así. Pero como o teu nome é moi complicado, chamareite Din-Don que é máis sinxelo. ELFO.-Tanto ten; o caso é que veño de moi lonxe nunha misión secreta. Decidín visitar os meus curmáns elfos desta fraga, mais cando os atopei...Tolearan todos! NOA.-Tolearan? Que queres dicir? ELFO.-Quero dicir que andaban a destruír o seu fogar: andaban a cortar os vellos castiñeiros da fraga! NOA.-Xa, pero non sei como podo axudarche eu. ELFO.-Teño que atopar o gardián do bosque. No meu libro de viaxes di que nunha fraga das terras do Courel vive un xigante que protexe o lugar. NOA.-Agora que o dis, lémbrome que o meu avó faloume unha vez dun carboeiro chamado O Apalpador. Dicía que baixaba das montañas polo Nadal, apalpaba as barrigas dos nenos para ver se comeran ben e deixáballes castañas e agasallos. ELFO.-Hasme axudar logo a atopar o xigante? NOA.-Vaaaaaaaale, axudareiche. Mañá sairemos na súa procura. (Apágase a luz e déitanse para durmir. Soa música. Ao rematar, Noa viste o seu abrigo e sae con Din-Don na procura do Apalpador. Mentres, cambio de escenario). ELFO.- Aquí debe ser a casa do Apalpador, mira que porta máis grande ten. APALPADOR.- Si, pero non estou na casa. Bo día en todo caso, sempre é un pracer recibir visitas. Mais a vostedes non teño o gusto de coñecelos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.