ENTREVISTA A D. XOSÉ NEIRA VILAS ( feita polos alumnos de 4º de Primaria)
P.O vivir na aldea,axudoulle a escribir libros? R.Si, si que me axudou a escribir; sobre todo recordando as miñas vivencias de cando era neno. P A que idade empezou a interesarse pola lectura? R. Eu empecei a interesarme pola lectura no momento en que aprendín a ler. Eu lía todo o que me caía nas mans porque sempre me gustou moito ler. P Que consellos pode darnos para escribir relatos? R Pois eu vos diría que para escribir ben hai que ler,ler moito e ler ben. Eu lin moito desde que aprendín a ler e despois hai que escribir todo aquelo que se vos ocorra sen ter vergoña. P Gústalle o fútbol? E que equipo e o seu preferido entre o Celta, o Deportivo e o Pontevedra? R Ah, caramba! Pois se digo a verdade non me gusta moito o fútbol, aínda que deses equipos que dis o equipo preferido é o Celta. P Dos libros que escribiu, cal foi o que máis lle gustou? R Pois a dicir verdade eu non renego de ningún, pero hai algúns como “Memorias dun neno labrego”,” Cartas a Lelo”, “Querido Tomás” son entre todos os máis queridos . P Cal é o seu recuncho favorito de Galicia? R Bueno ,a verdade é que toda Galicia é moi bonita e ten sitios marabillosose hai moitos galegos que viaxan ao extranxeiro e non coñecen case nada da súa terra.Pero eu se teño que decir unlugar , diría a casa onde nacín P Cantos libros escribiu? R Non sei, ao mellor 48 ou 50ª verdade que non levo a conta aritmética . Eu escribo e que conten os outros.