BE CEIP López Ferreiro Curso 2012-2013
FORMACIÓN DE USUARIOS/ EDUCACIÓN DOCUMENTAL
Neste documento atoparedes una relación de materiais para traballar a “formación de usuarios” na BE. Cando falamos de “formación de usuarios” non só nos referimos á formación do noso alumnado senón tamén a nosa propia formación, á formación do profesorado, por iso atoparedes documentos e artigos relacionados coa mesma. Intentamos facer una clasificación dos materiais por bloques, EI e 1º ciclo de EP, 2º e 3º ciclos de EP e profesorado e comunidade educativa. Esta clasificación é simplemente una suxerencia. Sodes vós, coñecedores/as do voso alumnado, os/as que tedes a última palabra. O equipo de biblioteca