Novidades biblioteca abril 2018

Page 1

EQUIPO DE DINAMIZACION DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CEIP LÓPEZ FERREIRO

NOVIDADES ABRIL 2018

A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do traballo. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.

Conto popular. Con moitas ganas de viaxar: Once damas atrevidas camiñaron ata Fez, unha perdeuse nos contos e quedaron só dez..., pero aínda queda moita viaxe por facer.

Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa.

Esta colección está pensada para que os máis pequenos iníciense na lectura dun xeito divertido, ao mesmo tempo que traballan valores como a amizade, o traballo en equipo, a superación, a tolerancia e a xenerosidade. No máis profundo da selva, Carlos e a mona Mandy atopan unha misteriosa estatua: ¡é a Raíña Mona! Pero Carlos cae ao fondo dun pozo e Mandy pérdese.

O capitán Turbot e o seu primo François viaxan á Illa Volcán cando de súpeto..., ¡o volcán entra en erupción! Para este atrevido rescate, participarán todos os membros da Patrulla Canina..., ¡que acudirán voando nas súas novas mochilas voadoras!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.