Ao longo da historia da Terra, esta estivo evolucionando continuamente. Os primeiros seres vivos eran microscópicos, e apareceron no mar. Ao longo de milleiros de anos, unhas células xuntáronse a outras, e por determinadas alteracións foron aparecendo determinados seres vivos que tamén foron evolucionando. E hoxe, cando escavamos para unha mina, unha construción..., ou tamén por sorpresa, aparecen restos fósiles un pouco estraños. Por exemplo, sabedes que en Galicia, nas Pontes de García Rodríguez, apareceron restos de crocodilos? Existirían realmente en Galicia? ___________________________________________________________
Que en Galicia houbera crocodilos é debido a que a codia terrestre móvese desde hai millóns de anos, xa que está formada por placas tectónicas que se deslizan sobre un líquido denso. E así os continentes
foron uníndose
e
separándose lentamente ao longo da historia da Terra.
__________________________________________________________
Hai 250 millóns de anos, só había un continente que se chamaba Panxea. A este período chámaselle PÉRMICO.
__________________________________________________________ Hai 200 millóns de anos Panxea divídese en 2 continentes: Laurasia que está cara o norte e outro é Gondwana cara o sur. A este período chámaselle TRIÁSICO.