Revista biblioteca

Page 1

QUE NON SE EXTINGA A LECTURA Partindo do xogo de palabras sobre os animais extintos, eixo do Proxecto Documental Integrado deste curso, o Equipo de dinamización da biblioteca propón unha reflexión: cando falamos de lectura, pensamos na literatura oral? Histórica e educacionalmente sempre se considerou que o escrito tiña un carácter moito máis culto. E se esa oralidade, coma no caso da lingua galega, estaba cinguida a un pobo de escasos recursos económicos, practicamente non pagaba a pena incorporala á escola. Mais os nosos cantos de berce, ditos, poemas, lerias para xogos ou para botar a sortes, trabalinguas, xogos de palabras..., están impregnados da afectividade coa que iniciar ás nenas e aos nenos no mundo auditivo-literario e deste xeito, lograr que se incorporen vivencialmente a unha cultura que lles pertence. Esta cultura vivida grava unha pegada mnémica, porque a memoria almacena as imaxes colectivas xunto a estruturas que reteñen costumes, ciencias, contos, lendas, romances... Xa antes de comezar a falar, a nena ou o neno pode coñecer este mundo, coma receptoras e receptores de cancións coas que arrolar, exercitar movementos de dedos, aloumiños coas mans...

Nunha segunda etapa, a nena ou o neno xa son emisores, e case sempre tamén, os destinatarios, posto que a literatura oral comeza a ter unha finalidade: cancións de corro, para saltar á corda, para botar a sortes, adiviñas... Inconscientemente, están traballando as rimas, as aliteracións, as onomatopeas, as anáforas e paralelismos, as personificacións ...., e, sobre todo, a metáfora.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.