2 plan de acollida

Page 1

PLAN DE ACOLLIDA

1


ÍNDICE - Presentación - Alumnado 1. Xornadas de presentación do Centro 1.1. Xornada de visita 1.2. Entrega de materiais

2. Inicio do curso 2.1. Sesión inaugural 2.2. Primeira sesión do curso

3. Incorporación ao longo do curso 3.1. Actuacións da Secretaría, Xefatura de Estudos e Departamento de Orientación 3.2. Inmersión do novo alumnado no instituto 3.3. Incorporación á aula. diferentes situacións - Profesorado Inicio do curso 4. Materiais para titorías 5. Materiais para xefaturas de departamento 6. Materiais para outro profesorado 7. Substitucións 7.1. Substitucións por baixas previstas 7.2. Substitucións por baixas imprevistas 7.3. Acollida do profesorado substituto 7.4. Material de apoio para o profesorado substituto 8. Profesorado de prácticas do Máster de Secundaria - Pais e nais do alumnado 9. Inicio do curso 10. Incorporación ao longo do curso - Persoal de administración e servizos 11. Substitucións 2


está destinado a

ALUMNADO

PROFESORADO

diferenza entre

diferenza entre

PLAN DE ACOLLIDA - Xornadas de presentación do Centro. ANEXO 1

ten como obxectivos - Promocionar a imaxe do Centro

- Inicio do curso. ANEXO 2

- Facilitar a integración do profesorado, do alumnado e dos seus pais e dos PAS

- Incorporación ao longo do curso. ANEXO 3

- Informar do funcionamento do Centro.

- Inicio do curso. ANEXOS 4,5 e 6 - Substitucións. ANEXO 7 - Profesorado do CAP. ANEXO 8

PAIS E NAIS DO ALUMNADO

PAS

diferenza entre

atención en

- Presentación do curso. ANEXO 9 - Incorporación ao longo do curso. ANEXO 10

- Substitucións. ANEXO 11

3


ALUMNADO 4


ANEXO 1

XORNADAS DE PRESENTACIÓN DO CENTRO * OBXECTIVOS - Promocionar a imaxe do Centro escolar ante o futuro alumnado. - Informar das características básicas do instituto. - Dar a coñecer as instalacións do Centro. * ACTIVIDADES E MATERIAIS - Actividades previas. A Dirección do IES Monte das Moas contactará coas Direccións dos colexios da zona, de onde procede a maioría do alumnado do noso Centro, para axustar o calendario da xornada de visita. - Xornada de visita. Entrega de materiais. Anexo 1.1 * RESPONSABLES DIRECTOS - Xunta directiva.

5


ANEXO 1.1

XORNADA DE VISITA - A xornada de visita ao Centro do novo alumnado desenvolverase na data concertada previamente entre a Dirección do colexio e do instituto. - O equipo directivo recibirá ao alumnado visitante no Salón de Actos e dirixiralle unhas verbas de benvida. Conviría que, para ese día, figurase á entrada do instituto algún cartel dando a benvida aos visitantes. - Tras as verbas de salutación, entregarase ao alumnado o díptico de presentación que figura no Anexo 1.2, comentando os seus aspectos máis destacados. - A continuación, o grupo xirará unha visita ao Centro, parando nalgúns dos espazos como, por exemplo: a secretaria, despachos de Dirección, sala de profesores, ximnasio, biblioteca, algún laboratorio... Conviría que en todos estes espazos houbese algún profesor ou profesora que dialogase cos rapaces e rapazas visitantes.

6


ANEXO 1.2

ENTREGA DE MATERIAIS - Ao alumnado visitante entregaráselle un díptico informativo que contén: - Unha presentación do Centro na que figura a data de fundación e algún feito destacado da súa historia. - Os cargos e nomes dos membros do equipo directivo. - Os nomes dos representantes no Consello Escolar. - As ensinanzas que se imparten, especificando as asignaturas de 1º ESO. - Os principais recursos materiais, servizos docentes e actividades. - Algunhas recomendacións para afrontar o curso. 7


I.E.S. MONTE DAS MOAS

Enderezo: José Mª Hernansáez, nº 23 Teléfono: 981284377 Fax: 981284790 e.mail: ies.monte.moas@edu.xunta.es 15009 A Coruña

centros adscritos “Entendemos que a finalidade primordial da educación debe estar orientada a lograr o desenvolvemento da personalidade do alumnado. Para isto será necesario, ademais do traballo no ámbito cognitivo, potenciar o respecto aos dereitos e liberdades básicas recoñecidas pola Constitución –tolerancia e liberdade en democraciae a adquisición, por parte dos alumnos e alumnas, dos hábitos intelectuais e técnicas de traballo que os capaciten para o desempeño da súa futura actividade profesional.” (Proxecto educativo de Centro).

8


PRESENTACIÓN O I.E.S. Monte das Moas foi inaugurado no ano 1988, se ben viña funcionando desde o ano 1987 en instalacións provisionais. Como Centro de Bacharelato, foi pioneiro nos procesos de Reforma das Ensinanzas Medias (R.E.M.) e tamén na posta en marcha experimental da E.S.O. desde 1992. No curso 1989-90 gañou o primeiro premio do concurso nacional En busca de la década perdida de TVE e no ano 2000 o grupo de teatro do Centro obtivo o segundo premio de Teatro escolar da Deputación provincial da Coruña. Tamén obtivo o premio EUROSCOLA do Parlamento europeo con visita a Estrasburgo no curso 1994-95. Participou en actividades de intercambios internacionais con Portugal (Lisboa), Holanda (Zaandam) e Alemaña (Münster), así como no proxecto europeo COMENIUS desde o con centros de Alemaña, Francia, Holanda e Italia.

EQUIPO DIRECTIVO

Director: Dna. Ana Romero Masiá Vicedirectora: Dna. Manuela Villamil Míguez Xefe de estudios: Dna. Dolores Mosquera Quevedo Secretario: D. Jesús Fernández Fernández

REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR Pais/Nais:

Cariglia, Leila Edith Dolores Otero Caramés Ladero León, Antonio Alumnos/as: Gándara García, Lucía Rodríguez Maturana, Tomás Sánchez Brañas, Lorena Vázquez Varela, Daniel PROFESORADO: Estévez Barcala, Haydée Fachado Estévez, Alberto Puga Vidal, Noemí Rodríguez Rodríguez, Enrique Villamil Míguez, Manuela PERSONAL NON DOCENTE: Varela Domínguez, Carlos REPRESENTANTE MUNICIPAL: Varela de la Torre, Juan Miguel 9


ENSINANZAS QUE SE IMPARTEN  E.S.O. (Educación secundaria obrigatoria) Distribución semanal de materias e horas

para o primeiro curso:

Lingua galega e literatura (4 sesións) Lingua castelá e literatura (4 sesións) Matemáticas (5 sesións) Ciencias da natureza (4 sesións) Ciencias sociais, xeografía e historia (3 sesións) Lingua estranxeira (3 sesións) Educación plástica e visual (2 sesións) Educación física (2 sesións) Relixión/ Valores éticos (1 sesión) Francés (2 sesións) Optativa (1 sesión) Titoría (1 sesión) Normalmente cada materia é impartida por un profesor diferente, polo que se terá tantos profesores como materias. As clases organízanse en seis sesións diarias de cincuenta minutos; comezan ás 8:30 da mañá e rematan ás 14:00 horas, con un recreo de trinta minutos entre as 11:00 e as 11:30. Os martes haberá clases pola tarde de 16:30 a 18:10. De entre os profesores do curso un será asignado como titor, que será o responsable de atender os problemas dos alumnos na hora de titoría, de comunicarse coas familias na hora de atención que lle sexa asignada e de manter contacto co resto dos profesores. Cada grupo de alumnos terá unha aula específica, se ben hai aulas especiais para determinadas materias ou actividades (música, educación física…).

 BACHARELATO DE CIENCIAS NATURAIS E TECNOLOXÍA  BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

10


RECURSOS MATERIAIS        

Biblioteca con máis de 10.000 volumes e canón proxector e varios ordenadores 2 aulas de informática dotadas con ordenadores e conexión a internet 1 Laboratorio de Física e Química e 2 de Ciencias Naturais Taller de Tecnoloxía Pavillón polideportivo Ximnasio 2 aulas de Debuxo Aula de Música

SERVICIOS DOCENTES E ACTIVIDADES  Departamento de Orientación e profesorado de apoio O Departamento de Orientación presta axuda ao profesorado e ao alumnado que o precise. As funcións máis destacadas son a atención e prevención de problemas de aprendizaxe e o apoio e asesoramento do alumnado, especialmente nos momentos en que deben tomar decisións sobre os estudos e o futuro profesional. A atención desenvólvese en colaboración co profesor titor, ben con todo o grupo, ben individualmente. A profesora de apoio atende individualmente ou en grupos reducidos aos alumnos que necesitan atención especial.

 Equipo de normalización lingüística  Torneos internos de diferentes especialidades deportivas ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA AFRONTAR O CURSO O comezo dos novos estudos non deben supoñer ningún problema. Se queres levar ben o curso:  Organiza un horario de estudo e traballo diario (convén un mínimo de arredor de dúas horas ).  Cumpre o horario regularmente, aínda que non leves exercicios para o día seguinte (sempre hai que repasar a materia para saber o que debes consultar).  Participa na clase. Se non entendes, pregunta (se non o fas o profesor pensará que todo quedou claro).  A asistencia a clase é obrigatoria.  Pide axuda cando a necesites.  Procura axustarte ás normas dos diferentes profesores propias de cada materia.  Para calquera problema que teñas acode ao titor, ao departamento de orientación ou ao equipo directivo; estamos para axudarte.

11


ANEXO 2

INICIO DO CURSO * OBXECTIVOS - Recibir ao alumnado no inicio dun novo curso. - Indicar a asignación do alumnado aos seus respectivos grupos. - Proporcionar as primeiras informacións básicas para comezar o novo curso escolar por parte da Dirección e das persoas titoras. * ACTIVIDADES E MATERIAIS - Recepción de todo o alumnado, organizado por niveis, ás horas e días que previamente foron anunciados no taboleiro de anuncios e na páxina web do Centro. - Organización dos grupos-aula. Anexo 2.1 - Primeira sesión do curso: reunión do grupo co seu correspondente titor ou titora na aula asignada.Anexo 2.2 * RESPONSABLES DIRECTOS - Equipo directivo - Persoas titoras 12


ANEXO 2.1

SESIÓN INAUGURAL - Segundo o calendario previsto e anunciado con antelación no taboleiro de anuncios do Centro e na súa páxina web, o alumnado, organizado por niveis, será recibido pola Xunta Directiva, que lles dirixirá unha palabras de benvida e ánimo no comezo nun novo curso, e as persoas titoras dos grupos. - A continuación darase lectura ás listaxes, citando polo seu nome e apelidos, ao alumnado para que, unha vez finalizada a lectura, o grupo, acompañado polo seu correspondente titor ou titora, se dirixa á aula asignada.

13


ANEXO 2.2

PRIMEIRA SESIÓN DO CURSO - Unha vez na súa aula, a persoa titora entregará ao alumnado: - O horario de clases. - Un resume das principais normas de convivencia. - A normativa sobre as faltas de asistencia. - O grupo escoitará as indicacións e comentarios da persoa titora sobre o material entregado, así como sobre o que figura no taboleiro de anuncios da clase: - Decreto de Dereitos e Deberes. - Unha síntese do Regulamento de Réxime Interno.

14


ANEXO 3

INCORPORACIÓN DO ALUMNADO AO LONGO DO CURSO * OBXECTIVOS - Recibir ao alumnado que se incorpora unha vez comezado o curso, ao longo do período escolar. - Comprobar se a asignación do novo alumnado a un determinado nivel de ensino - Facilitar a incorporación e integración deste novo alumnado no Centro e no seu contorno. - Proporcionar as informacións básicas para comezar o curso escolar. * ACTIVIDADES E MATERIAIS - Actuación da Secretaría e da Xefatura de Estudos para formalizar a matrícula do novo alumnado. - Actuación do Departamento de Orientación para comprobar a correcta asignación do novo alumnado, determinada desde a Delegación, para corrixir, se procede, a ubicación do devandito alumnado. - Incorporación do novo alumnado á aula que se lle asigne. Comunicación, desde a Xefatura de Estudos, da nova incorporación ao conxunto do seu profesorado. Anexo 3.1. Inmersión do novo alumnado no centro. Anexo 3.2. Diferentes actuacións no proceso de incorporación ao Centro. Anexo 3.3.

* RESPONSABLES DIRECTOS - Equipo directivo - Persoas titoras e Grupo-clase 15


ANEXO 3.1

ACTUACIÓNS DA SECRETARÍA, XEFATURA DE ESTUDOS E DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - A chegada de novo alumnado ao Centro en tempo distinto do inicio do curso require unha serie de actuacións coordinadas: - Primeiramente, o novo alumnado debe cumprimentar o necesario para quedar matriculado no instituto. - Seguidamente debe ser incorporado a un grupoclase. Pero, antes de que isto suceda, en función das condicións en que se incorpore, pode ser necesario que actúe o Departamento de Orientación para comprobar se a asignación de nivel é o correcto. - No caso de que todo estea correcto, a Xefatura de Estudos presentará o novo alumno/a ao seu titor/a e comunicará, a través do taboleiro de anuncios da sala de profesores, a nova incorporación, ademais de incorporalo/a ao sistema do SGD.

16


ANEXO 3.2

INMERSIÓN DO NOVO ALUMNADO NO INSTITUTO Para facilitar a inmersión do novo alumnado no instituto, a persoa titora presentará a o novo alumno/a ao resto do alumnado da clase e entregaralle os mesmos documentos que recibiron os seus compañeiros/as ao inicio do curso: - O horario de clases. - Un resume das principais normas de convivencia. - A normativa sobre as faltas de asistencia. Segundo a situación do novo alumnado, o titor/a xestionaralle a entrega os libros de texto. Para facilitar a inmersión do Centro e a rápida adaptación ao grupo, conviría que existise un grupo de alumnos/as da aula encargado de atender ao novo alumnado: aceptalo no grupo, axudalo a coñecer as características do Centro, informalo sobre o funcionamento das clases...

17


ANEXO 3.3

INCORPORACIÓN Á AULA. DIFERENTES SITUACIÓNS A situación máis desexable é a que se reflicte no Anexo 3.1, é dicir, aquela na que o novo alumnado non presenta ningunha característica especial e, polo tanto, incorpórase ao centro coa única desvantaxe do que lle poida significar a novidade do centro, dos compañeiros e do profesorado, situación que pronto cambia pola de normalidade. Pero poden existir outras situacións que esixen actuacións diferentes, sintetizadas en: - Alumnado que non fala castelán nin galego. - Alumnado que presenta desfases significativos en niveis de coñecementos. - Alumnado con dificultades de integración Para estas situacións cómpre establecer medidas correctoras que deben ser aprobadas polos organismos competentes (CCP, Claustro, Delegación). Entre as posibles medidas están: - Funcionamento de aulas de inmersión lingüística nas que se atenda ao alumnado con dificultades de comunicación por descoñecer as linguas cooficiais de Galicia. - Atención personalizada por parte de profesores de apoio. 18


PROFESORADO

19


INICIO DO CURSO * OBXECTIVOS - Presentar o novo profesorado na primeira sesión de inicio do curso, unha reunión do Claustro. - Ofrecer ao profesorado un material de traballo útil para o seguimento do curso. - Entregar un dossier con documentación específica para o profesorado titor, quen exerza a xefatura de departamento e para o restante profesorado, documentación destinada a facilitar o seu traballo desde o seu posto específico.

* ACTIVIDADES E MATERIAIS - Sesión de Claustro no que se indican as liñas básicas de actuación do curso que se inicia e os logros que se esperan conseguir. - Entrega de materiais para o profesorado presentados en forma de dossier. ANEXO 4, 5, 6

* RESPONSABLES DIRECTOS - Xunta Directiva

20


ANEXO 4

MATERIAIS PARA TITORÍAS O dossier para o profesorado titor estará formado polos seguintes documentos: - Calendario escolar do curso 2007-2008 - Planing das actividades do curso - Plano do Centro - Profesorado do Claustro - Funcións do profesorado - Normas de comportamento no Centro - Acta do estado da aula - Relación de actividades a realizar na hora de titoría - Acta da elección de delegados/as de curso - Normativa sobre faltas de asistencia do alumnado - Xestión das faltas de asistencia e disciplina - Funcionamento da Unidade Persoal - Funcións dos Titores/as - Avaliación e promoción - Normas para a realización das avaliacións - Guión de referencia para o desenvolvemento das sesións de avaliación - Competencias do Consello Escolar - Competencias do Claustro - Decreto de Dereitos e Deberes do alumnado - Xunta de Delegados - Extracto do Regulamento de Réxime Interior - Boletín de autorización da saída da aula - Protocolo para a asistencia do alumnado enfermo

21


ANEXO 5

MATERIAIS PARA XEFATURAS DE DEPARTAMENTO O dossier para o profesorado que desempeña a xefatura dun departamento estará formado polos seguintes documentos: -

Calendario escolar do curso 2007-2008 Planing das actividades do curso Plano do Centro Profesorado do Claustro Funcións do profesorado Normas de comportamento no Centro Normativa sobre faltas de asistencia do alumnado Xestión das faltas de asistencia e disciplina Funcionamento da Unidade Persoal Avaliación e promoción Departamentos didácticos Funcións dos Xefes de Departamento Programación didáctica Memoria de fin de curso Actividades complementarias e extraescolares Necesidades de novo mobiliario Competencias do Consello Escolar Competencias do Claustro Decreto de Dereitos e Deberes do alumnado Extracto do Regulamento de Réxime Interior Protocolo para a asistencia do alumnado enfermo

22


ANEXO 6

MATERIAIS PARA OUTRO PROFESORADO O dossier para o profesorado que non é titor nin xefe de departamento estará formado polos seguintes documentos: -

Calendario escolar do curso 2007-2008 Planing das actividades do curso Plano do Centro Profesorado do Claustro Funcións do profesorado Normas de comportamento no Centro Normativa sobre faltas de asistencia do alumnado Xestión das faltas de asistencia e disciplina Funcionamento da Unidade Persoal Competencias do Consello Escolar Competencias do Claustro Decreto de Dereitos e Deberes do alumnado Extracto do Regulamento de Réxime Interior Protocolo para a asistencia do alumnado enfermo

23


ANEXO 7

SUBSTITUCIÓNS * OBXECTIVOS - Diminuír o efecto da ausencia do profesorado de baixa na consecución dos obxectivos dos cursos afectados. - Facilitar ao profesorado substituto o seu labor durante o tempo de traballo no Centro. - Permitir á Xefatura de Estudos e Departamentos Didácticos o labor de coordinación dos niveis e cursos do profesorado.

* ACTIVIDADES E MATERIAIS - Hai que establecer dous casos para o profesorado substituído: 1. Baixas previstas. ANEXO 7.1 2. Baixas imprevistas. ANEXO 7.2 - Acollida do profesorado substituto. ANEXO 7.3 - Materiais de apoio para o profesorado substituto. ANEXO 7.4

* RESPONSABLES DIRECTOS - Profesorado substituído - Profesorado substituto - Xefatura de Estudos - Delegación de Educación 24


ANEXO 7.1

SUBSTITUCIÓNS POR BAIXAS PREVISTAS - Cando o profesorado saiba de antemán que solicitará unha baixa con dereito a ser substituído (15 días), deberá: - Comunicalo á Xefatura de Estudos para que se solicite a substitución - Comunicalo á Xefatura de Departamento ao que pertenza, por se houbese que axudar, nalgún momento, ao profesorado substituto - Entregar á Xefatura de Estudos ou á Xefatura do Departamento o material necesario para que poida desenvolver o seu traballo a persoa substituta. - Neste material deberá incluírse, necesariamente: - Os libros de texto e/ou o material de traballo de cada curso que imparta o profesorado substituído - As indicacións necesarias que permitan continuar o desenvolvemento dos contidos curriculares previstos para o tempo da substitución: calendario, probas previstas, modelos de probas... - O horario persoal - As listaxes do alumnado dos cursos afectados - Todo o profesorado, pero especialmente no caso das persoas titoras, facilitará ao novo profesor ou profesora todo aquilo que contribúa a facilitarlle o seu labor como, por exemplo: o caderno de notas, as notas das avaliacións anteriores, se están previstas visitas de pais e nais, plan titorial... - A persoa substituta poderá comunicarse, se o cre necesario, co profesorado substituído por teléfono e/ou do correo electrónico para que se poidan pór en contacto os dous profesores. 25


ANEXO 7.2

SUBSTITUCIÓNS POR BAIXAS IMPREVISTAS - Coa finalidade de facilitar a acollida e o labor dos profesores e profesoras substitutos, e tendo en conta que en calquera momento podemos ter que estar de baixa sen que teñamos tempo a planificar a nosa ausencia, convén que: - O noso material de traballo básico –libros de texto, materiais, caderno de notas, material de titoría se é o caso- estea sempre facilmente localizable en taquillas ou departamentos - Que resulte facilmente localizable un calendario previsto de datas de avaliación dos contidos curriculares, así como do tipo de probas a realizar (modelos de probas escritas, traballos a realizar...) - Que o profesorado substituto poida consultar as programacións do Departamento correspondente

26


ANEXO 7.3

ACOLLIDA DO PROFESORADO SUBSTITUTO - Cando un profesor ou profesora chegue ao Centro para facer unha substitución, os conserxes avisarán á persoa do equipo directivo que estea de garda nese momento. - Para que quede constancia da súa estadía no Centro, deberá cubrir unhas fichas e impresos que se lle facilitarán en Secretaría. - Para que coñeza o Centro, se lle ensinarán –acompañándoo persoalmenteas principais dependencias, así como a localización das aulas nas que impartirá as súas clases. - En canto sexa posible, se lle presentarán os membros da Dirección e a persoa que desempeñe a xefatura do Departamento correspondente (agás no caso de que fose a persoa substituída). - Desde a Xefatura de Estudos –ben directamente ou a través da Xefatura do Departamento- facilitarase ao novo profesorado: - O material que lle confiou o profesorado de baixa, cando esta puido ser programada. - A busca do material de traballo, no caso de que a baixa fose repentina. - A Unidade Persoal do SGD, explicando o seu funcionamento, así como unha chave do correspondente Departamento e, se é o caso, tamén do aparcadoiro de coches. - Axuda e apoio, así como a resolución de dúbidas: xestións de faltas, normas básicas de funcionamento do Centro ... é dicir, o material do ANEXO 7.4 - O profesorado substituto deberá entregar todo o material que se lle proporcionou o día en que remate o seu traballo, con indicación do currículo avanzado, as probas efectuadas e as cualificacións outorgadas ao alumnado durante o período da substitución.

27


ANEXO 7.4

MATERIAL DE APOIO PARA O PROFESORADO SUBSTITUTO Ao profesorado substituto se lle entregará un dossier con documentación básica destinada a facilitarlle o labor no Centro durante a súa estadía, e que deberá devolver cando remate o período da substitución. Estará formado polos seguintes documentos, pensados para o caso máis frecuente de que teña que desempeñan unha función titora: -

Funcións do profesorado Normas de comportamento no Centro Relación de actividades a realizar na hora de titoría Normativa sobre faltas de asistencia do alumnado Xestión das faltas de asistencia e disciplina Funcionamento da Unidade Persoal Funcións dos Titores/as Avaliación e promoción Normas para a realización das avaliacións Guión de referencia para o desenvolvemento das sesións de avaliación Competencias do Consello Escolar Competencias do Claustro Decreto de Dereitos e Deberes do alumnado Extracto do Regulamento de Réxime Interior Protocolo para a asistencia do alumnado enfermo

28


ANEXO 8

PROFESORADO DE PRÁCTICAS DO MÁSTER DE SECUNDARIA * OBXECTIVOS - Coordinar o labor do profesorado titor. - Facilitar ao profesorado de prácticas o seu labor durante o tempo de permanencia no Centro. - Organizar sesións de recepción e avaliación do profesorado de prácticas.

* ACTIVIDADES E MATERIAIS - Realización dunha sesión inicial de recepción do alumnado do Máster na que se lle entrega unha información útil para a realización da memoria de prácticas. - Coordinación dunha sesión de valoración de experiencia das prácticas. - Celebración dunha mesa redonda na que o alumnado de prácticas dialogue co alumnado de 2º de Bacharelato sobre as expectativas que tiñan ao iniciar os estudios universitarios, as dificultades atopadas e as perspectivas de futuro.

* RESPONSABLES DIRECTOS - Profesorado titor das prácticas do Máster - Xunta directiva 29


PAIS E NAIS DO ALUMNADO 30


ANEXO 9

INICIO DO CURSO * OBXECTIVOS - Establecer o comezo dunha relación fluída e beneficiosa para a boa marcha do Centro. - Informar a nais e pais do alumnado de cuestións básicas da organización do curso e do Centro. - Proporcionar información oral e por escrito sobre aspectos directamente relacionados coa atención de seus fillos e fillas, tanto a través da Dirección como das titorías.

* ACTIVIDADES E MATERIAIS - Celebración de xuntanzas, por niveis de ensino, nas que participen os pais e nais do alumnado, os titores e a Xefatura de Estudos. - Na primeira xuntanza, que terá lugar nos inicios do curso, entregarase material informativo sobre asuntos como: - O horario de atencións por parte do profesorado titor, así como o procedemento recomendado para solicitar unha entrevista. - O calendario de vacacións e avaliacións. - O procedemento a seguir para a xustificación de faltas de asistencia. - A finalidade e o tipo das actividades extraescolares previstas. - A consulta de datos na páxina web do Centro. - Información sobre a existencia dun Departamento de Orientación no Centro. - A necesidade de comunicar posibles problemas de saúde.

* RESPONSABLES DIRECTOS - Xefatura de Estudos - Profesorado titor - Departamento de Orientación 31


ANEXO 10

INCORPORACIÓN AO LONGO DO CURSO * OBXECTIVOS - Atender aos pais e nais con fillos e fillas que se incorporan ao Centro unha vez iniciado o curso escolar. - Facilitar os trámites administrativos de matriculación do nov alumnado. - Informar a nais e pais do alumnado de cuestións básicas da organización do curso e do Centro.

* ACTIVIDADES E MATERIAIS - Ademais de tratar de solucionar os problemas puntuais e concretos que a súa situación poida xerar, entregarase material informativo sobre asuntos como: - O horario de atencións por parte do profesorado titor, así como o procedemento recomendado para solicitar unha entrevista. - O calendario de vacacións e avaliacións. - O procedemento a seguir para a xustificación de faltas de asistencia. - A finalidade e o tipo das actividades extraescolares previstas. - A consulta de datos na páxina web do Centro. - Información sobre a existencia dun Departamento de Orientación no Centro. - A necesidade de comunicar posibles problemas de saúde.

* RESPONSABLES DIRECTOS - Xefatura de Estudos - Profesorado titor - Departamento de Orientación

32


PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS 33


ANEXO 11

SUBSTITUCIÓNS * OBXECTIVOS - Facilitar a continuación do servizo para que se cause o menor prexuízo no ámbito da substitución (Conserxería, Secretaría, Limpeza). - Informar convenientemente da función a realizar pola persoa substituta, tendo en conta as características propias do instituto. - Atender as posibles indicacións e achegas que poidan servir para mellorar o servizo.

* ACTIVIDADES E MATERIAIS - O persoal substituto presentarase ao Secretario/a, quen lle indicará o seu labor, horario e condicións xerais nas que realizará a súa función, ademais de presentarlle aos seus compañeiros. - No caso de tratarse de persoal de limpeza, proporcionaráselle o material apropiado e de uso habitual no Centro.

* RESPONSABLE DIRECTO - Secretario/a

34


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.