4 plan de orientación

Page 1

PLAN DE ORIENTACIÓN


INTRODUCIÓN Asúmese unha concepción sistémica da orientación educativa (alumno, familia, centro e sociedade), inseparable da función docente e integrada no currículo. Polo tanto, a orientación educativa neste centro desenvolverase en 3 niveis de intervención:

1- A Acción dos titores a través do desenvolvemento do PAT , do POAP e do Plan de Atención á Diversidade coa colaboración do resto do profesorado e o asesoramento do Departamento de Orientación. 2-As

actuacións

do

Departamento

de

Orientación,

que

deben

centrarse

fundamentalmente no asesoramento psicopedagóxico ós titores e docentes, así como a súa participación nos órganos colexiados do centro. O cal non impide a súa intervención directa cos alumnos por parte dos profesionais do departamento (no ámbito das necesidades educativas especiais en tódalas etapas educativas e no ámbito da orientación académica e profesional, sobre todo, en 3º e 4º da ESO e no bacharelato). 3-Intervención dos equipos específicos (E.O.E.) e doutros profesionais externos ó centro cando sexa necesario.

As actuacións a desenvolver crocretaranse en cada un dos programas nos seguintes ámbitos de actuación: -A nivel de centro. -Departamentos didácticos, equipos docentes de grupo e titores. -Alumnos. -Familias.

OBXECTIVOS Os obxectivos específicos marcados para o presente curso escolar son:

1.-Referidos ó centro 1.1.- Asesorar e colaborar coa Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP), co equipo directivo e cos departamentos didácticos nos aspectos psicopedagóxicos relacionados coa revisión e actualización dos documentos que integran o Proxecto Educativo do Centro. 1.2.-Colaborar no desenvolvemento do Plan de Convivencia e coordinar a mediación no


centro. 1.3.- Revisar o Plan de Acción Titorial (PAT) e impulsar a súa implementación, seguimento e avaliación en colaboración cos titores e a xefatura de estudios. 1.4.-Proporcionar ós titores

e ó equipo docente

materiais e asesoramento para o

desenvolvemento da acción titorial (PAT e POAP), incidindo na dinamización de medidas que incidan no fomento de condutas tolerantes. 1.5.-Revisar e actualizar o Plan de Atención á Diversidade (PAD), tendo en conta as liñas prioritarias de orientación marcadas para este curso, facendo fincapé no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado. 1.6.-Facer un seguimento continuado do alumnado con necesidade específica de apoio educativo en colaboración cos titores, insistindo no desenvolvemento do PAT e na implementación das medidas de atención á diversidade. 1.7.-Actualizar e colaborar na implementación das medidas de atención á diversidade do centro e posterior deseño do plan de mellora. 1.8.-Coordinar actuacións cos orientadores dos centros de primaria que faciliten o tránsito á ESO do alumnado dos centros adscritos, así como o POAP . 1.9.-Propor actuacións que promovan unha maior participación e implicación das familias na educación dos seus fillos.

2.-Referidos ó alumnado:

2.1.- Realizar as actuacións que teñan como obxecto a atención a diversidade: identificar as necesidades, revisar e/ou modificar as medidas de atención á diversidade que este a recibir o alumnado, así como un seguimento das mesmas. Con especial énfase no alumnado que presenta necesidade específica de apoio educativo e no alumnado procedente do estranxeiro. 2.1.1.-Realizar as avaliacións psicopedagóxicas necesarias e participar e asesorar no proceso de elaboración das adaptacións curriculares individualizadas. 2.1.2.-Asesorar nas medidas de atención á diversidade. 2.1.3.-Asesorar

ó

profesorado

nos

aspectos

metodolóxicos

e

nos

criterios

de

avaliación do ACNEAE, así como impulsar o seu seguimento. 2.2.-Promover a integración do alumnado no seu grupo de referencia e no conxunto da dinámica do centro, a través da acción dos titores. 2.3.-Potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación na aplicación e desenvolvemento do POAP, sobre todo, en 3º e 4º da ESO e bacharelato. 2.4.-Apoia-la actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos, medios materiais e estratexias didácticas que poidan favorecer o seu labor docente.


2.5.-Atender

as demandas de orientación académico profesional que se produzan tanto

relativas ó sistema ordinario como as ensinanzas de réxime especial. 2.6.-Proporcionar información sobre as vías non formais de cualificación profesional e a valoración da experiencia laboral.

3.-Referidos ás familias: 3.1.-Promover actividades informativas e orientadoras que impliquen ás familias na consecución dos obxectivos marcados no plan xeral anual. 3.2.-Promover os contactos periódicos das familias cos titores. 3.3.-Colaborar cos titores na elaboración do contido das reunións colectivas coas familias e participar nas mesmas. 3.4.-Informar e asesorar ás familias do alumnado con NEE das medidas de atención á diversidade adoptadas en colaboración cos titores. 3.5.-Informar ás familias da oferta educativa do centro. 3.6.-Atender as demandas de información académico profesional que se produzan tanto referidas ó sistema ordinario como as ensinanzas de réxime especial. 3.7.-Proporcionar información de forma individualizadas do sistema educativo ás familias do alumnado procedente do estranxeiro, así como das medidas de atención á diversidade adoptadas cos seus fillos en colaboración cos/as titores/as.

LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN 2017-18 A.-Plan de Atención a Diversidade: 

Atención a toda diversidade presente no centro e, en particular, no referido ó alumnado con necesidades de apoio educativo a través de: identificación temperá de necesidades educativas específicas, revisión de medidas tanto curriculares como organizativas e asesoramento ao profesorado.

Colaborar co profesorado na revisión, elaboración e implementación de medidas que favorezan unha resposta axeitada ás necesidades educativas que presenta o alumnado derivadas das súas características persoais e sociais.

Coordinación cos orientadores dos centros adscritos de forma presencial en principio unha vez ao trimestre e segundo as necesidades co emprego das TICS. En caso de ser necesario realizaranse máis reunións presenciais.

Revisión e actualización do PAD.


Medidas de atención á diversidade no presente curso: 

Tódalas medidas ordinarias descritas no PAD de carácter preventivo.

Ditas

medidas pretenden garantir un tratamento educativo personalizado, promover a convivencia e a non discriminación. Entre elas cabe salientar a aula de convivencia que debe tratar de dar resposta a tres obxectivos específicos: servir de espazo de reflexión, de traballo e de observatorio periódico da convivencia no centro.

A

finalidade desta aula é a atención do alumnado privado do seu dereito a participar no normal desenvolvemento das súas actividades lectivas como consecuencia da imposición de medidas correctoras. As actividades desta aula desenvolvéranse de 9:20 a 13:20 horas de luns a venres. 

Tódalas medidas ordinarias de carácter curricular e/ou organizativo descritas no PAD.

Ditas medidas van dirixidas a facilitar a adaptación dos elementos

prescriptivos do currículo (obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe) ao contexto socio cultural do centro e ás características do alumnado, sen alteración significativa dos mesmos. Entre elas cabe salientar: o A adaptación dos tempos e instrumentos de avaliación, dita medida vai dirixida ao alumnado da ESO e bacharelato que presenta TDAH, déficits sensoriais e aquel outro que por circunstancias diversas o aconsellen así os servizos de orientación. o Programas específicos personalizados dirixida ao alumnado da ESO que non promocione ou que permaneza un ano máis no mesmo curso (departamentos didácticos). o Programas de reforzo e recuperación das materias avaliadas negativamente, medida de reforzo educativo destinada a recuperar as aprendizaxes nos adquiridas e dirixida a alumnado da ESO e bacharelato que promocione sen ter superadas as materias (departamentos didácticos). o Reforzo educativo na aula ordinaria, medida ordinaria de atención á diversidade dirixida a alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe temporais. o Así mesmo levarase a cabo un programa de Enriquecimento Extracurricular dirixido a alumnado de altas capacidades (1º de ESO) en horario de tarde. Pretende ampliar os horizontes culturais proporcionándolles estratexias para o estudo e a investigación interrelacionadas co obxectivo de que ditos coñecementos os poidan extrapolar a calquer campo de estudo.


Medidas extraordinarias de atención á diversidade. Van dirixidas a dar resposta ao alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo por presentar necesidades educativas especiais, alumnado con integración tardía no noso sistema educativo, ou con condicións persoais ou de historia escolar desfavorecidas), e poden requerir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo. Neste curso funcionarán as seguintes: o Apoio PT fóra e dentro da aula o Fragmentación de curso (individualizada) o Adaptacións curriculares significativas (individualizada) o Atención educativa domiciliaria (posiblemente)

B.-Plan de Acción Titorial e Plan de Orientación Académico Profesional: -

Colaborar cos titores na dinamización das medidas que incidan na promoción de condutas tolerantes.

-

Inxerir no desenvolvemento do PAT as actividades do programa básico de habilidades sociais.

-

Colaboración cos titores no desenvolvemento da acción titorial.

Na

educación secundaria obrigatoria, coordinándose co departamento de orientación. -

Actualizar e colaborar na implementación das unidades didácticas así como a selección de materiais e estratexias para o desenvolvemento do PAT.

-

Realizar as actuacións que fan referencia a asesorar, informar e difundir entre ó alumnado e as súas familias as diferentes opcións que ofrece o sistema educativo e as ensinanzas de réxime especial.

C.-Plan de apoio ó proceso de ensino - aprendizaxe: -

Participación na recompilación de recursos e materiais didácticos.

-

Participar na aplicación dos criterios dos criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, así como dos criterios de promoción e titulación.

-

Colaborar cos titores na cumplimentación dos informes individualizados de avaliación no caso de ACNEA.

-

Valorar os casos de absentismo escolar e propor medidas encamiñadas á súa diminución.

-

Colaboración coa UAMI- concello de A Coruña na derivación de alumnado de procedencia estranxeira.


D.- Plan de transición primaria-ESO ACTUACIÓN CAND S O

RESPONSABLE DIRIXIDA S

COMO

RECURSOS

Pasar proba estandarizada ao alumnado de primaria

A finais de 5º curso

As xefaturas dos departamentos de orientación dos CEIP

Ao alumnado de 5º de primaria

Colectiva

BADyGE3

Incorporación do alumnado que presenta necesidade especifica de apoio educativo (acneae)

Febreiro /maio

As xefaturas dos departamentos de orientación dos centros implicados.

Ao X.D. do IES

Reunións

Protocolo de incorporación do acneae e informes psicopedagóxic os

Charla informativa ao alumnado de 6º e as súas familias

Maio/

Equipo directivo e xefatura do departamento de orientación do IES

Alumnado de 6º, familias, profesorado titor e orientadoras dos centros adscritos

Reunión en gran grupo co alumnado de 6º de primaria e as súas familias

Power-point (organización e funcionamento do centro, a nova etapa educativa)

xuño

Folleto informativo familias Xornada de portas abertas

Maio/ xuño

Transmisión de información do alumnado de 6º de primaria

Maio/

Xornada de acollida alumnos

setembro

xuño

Equipo directivo e xefatura do departamento de orientación

Alumnado de 6º, familias,profesora do titor e orientadoras dos centros adscritos

Visita guiada polo IES

Dependencias do propio centro

Xefatura do departamento de orientación do IES e as xefas de orientación dos centros adscritos

Xefatura de estudos, xefatura do D.O. e titores de 1º de ESO

Característícas psicoeducativ as do alumnado de 6º

Cadro- Resumo

Equipo directivo do IES, titores de 1º de ESO

Alumnado de 1º de ESO

Presentación

Recepción alumnos Horario Normas de convivencia Estudo

Xornada de acollida familias

outubro

Equipo directivo do IES, titores de 1º de ESO orientación

Familias do alumnado de 1º de ESO

Reunión

RRI A nova etapa educativa: ESO


ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN

1.-PROGRAMA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (Tarefas a realizar dende o departamento de orientación, especifícase se son tarefas a elaborar con outros órganos de coordinación e/ou outros docentes)

Participar na Comisión de Coordinación Pedagóxica, especialmente nos aspectos psicopedagóxicos e metodolóxicos, para a elaboración/revisión de: A) Na ESO, incidindo: 

Na aplicación axeitada dos criterios de avaliación, cualificación e promoción, xunto coa xefatura de estudios.

B)Asesorar na selección e aplicación das medidas de atención á diversidade a partir

CENTRO

da identificación das necesidades, así como o procedemento a seguir. C)Coordinar, xunto coa xefatura de estudios, a aplicación e o desenvolvemento de diferentes aspectos do PEC que competen ó Departamento de Orientación: 

Organización dos recursos persoais e materiais para alumnos con neae.

Criterios para a organización do apoio.

Proceso de toma de decisión na elaboración de ACS.

Criterios e procedementos para a elaboración de ACS.

Protocolo para a elaboración de ACS.

Plan de Acción titorial e POAP: colaboración na revisión e implementación do

PROFESORADO

programa base para os diferentes cursos. 

Asesorar no desenvolvemento das medidas de reforzo educativo.

Participar na elaboración e no desenvolvemento de ACS

Colaborar na elaboración de instrumentos e procedementos para o seguimento e avaliación do proceso de ensino aprendizaxe: Fichas de seguimento, protocolos para a elaboración dos informes individualizados de avaliación, derivación FP Básica...

Asesoramento a titores sobre reunións cos pais e instrumentos para o desenvolvemento da acción titorial: protocolos de entrevistas, colectivas familias...

reunións


1.-PROGRAMA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (Tarefas a realizar dende o departamento de orientación, especifícase se son tarefas a elaborar con outros órganos de coordinación e/ou outros docentes) Tarefas a realizar en colaboración coas titorías:

FAMILIAS

Implicar ós pais no proceso de aprendizaxe dos seus fillos e nas medidas tomadas durante o proceso de escolarización neste centro.

Orientacións sobre alumnos con n.e.a.e.

Todas estas actuacións realizaranse a través de: 

Reunións individuais coas familias de alumnado de nova incorporación e, especialmente, aquel alumnado que presente n.e.e. Comunicacións escritas.

Tarefas a realizar en colaboración co profesorado: 

Avaliación inicial na ESO coordinada polo titor/a con apoio do

ALUMNADO

departamento de orientación a través de propostas e materiais concretos. 

Intervención nas sesións de avaliación.

Avaliación psicopedagóxica, nos casos necesarios, por parte da orientadora coa colaboración de todo o profesorado que imparte docencia ó alumno/a.

Docencia directa, nos termos que se estableza en cada caso, por parte do profesorado de apoio as n.e.a.e. ( profesorado especialista en pedagoxía terapéutica.

Elaboración e seguimento das adaptacións curriculares.

Colaboración na implementación das medidas de atención á diversidade (MAD)


2.-PLAN DE ACIÓN TITORIAL 

Revisión, coa colaboración de tódolos membros do departamento, a partir das directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, da proposta básica do P.A.T. para cada unha das etapas educativas:

Na ESO secuenciación do PAT por niveis e selección/elaboración de materiais para

CENTRO

o seu desenvolvemento. 

Inclusión do PAT no proxecto curricular despois de ter sido debatido e consensuado polos respectivos equipos docentes e aprobado polo claustro.

Colaborar co equipo directivo nas decisións básicas de centro en relación ó PAT.

Tarefas a realizar en colaboración cos titores. 

Colaborar no coñecemento do alumnado facilitando instrumentos como guías e escalas de observación.

Asesoramento e participación nas diferentes sesións de avaliación.

Elaboración e distribución ós titores das actividades para as sesións de titorías lectivas na ESO.

PROFESORADO

Colaboración, xunto coa xefatura de estudos, na coordinación e seguimento do desenvolvemento do PAT.

Complementar, só en caso de ser necesario, a intervención do titor cos pais e co propio alumno.

Reunións na ESO cos titores, por nivel, para coordinar a acción titorial e o seguimento das medidas de atención á diversidade.

FAMILIAS

ALUMNOS

Tarefas a realizar a través da acción dos titores e do profesorado. 

Posta en práctica das titorías, facilitando a súa intervención.

Animarlles a participar na vida do centro.

Seguimento individualizado por parte do titor.

Asesoramento sobre o futuro académico (optatividade na ESO e modalidades de bacharelato, ABAU) e profesional.

Atención individualizada do alumnado que o precise.

Facilitar unha comunicación fluída coas familias.

Cooperar na relación titores-familias e xefatura de estuos para a solución de problemas que poidan afectar aos seus fillos.


3.-PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO E PROFESIONAL 

Coordinar as actividades complementarias e culturais que faciliten

CENTRO

información sobre distintos campos profesionais. 

Participar nas Xornadas de orientación universitaria e profesional organizadas polo concello de A Coruña en colaboración coas universidades galegas.

Participar no “ Proxecto de Intervención en Absentismo Escolar” do concello.

ALUMNOS

PROFES

Contemplar a dimensión práctica das áreas e a súa posible relación co futuro profesional.

Invitar ós diferentes profesores/as a informar e animar ós alumnos a coñecer as aplicacións profesionais das súas respectivas áreas.

Colaborar a hora de elaborar o consello orientador.

Axudar na toma de decisións sobre as opcións que se lle presentan.

Colaborar co titor no desenvolvemento axeitado da súa personalidade, facilitando o coñecemento de si mesmo e desenvolvendo a súa autoestima.

Realizar a orientación persoal: informando sobre as distintas opcións educativas e laborais e asesorando sobre as optativas.

Orientar académica e profesionalmente as familias.

Axudar a coñecer o sistema educativo e as súas futuras conexións académicas e posibilidades profesionais.

FAMILIAS

Informar sobre as diferentes opcións que presenta o sistema educativo


ASPECTOS ORGANIZATIVOS: Reunións/Entrevistas As reunións que considere a dirección.

1 reunión semanal cos membros que pertencen ao departamento de orientación.

Reunións cos titores de ESO por niveis e/ou individuais, en función das

PROFESORADO

C.C.P.

necesidades. 

Participación nas sesións de avaliación e nas

reunións do profesorado

convocadas polo equipo directivo. 

Atención directa por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica a aqueles

Atención directa por parte do profesorado orientador aos alumnos de ESO, cando sexa preciso, na hora de titoría lectiva. No caso de existir problemas de horario, a atención farase nos recreos.

A nivel individual cando sexa preciso.

FAMILIAS

ALUMNOS

alumnos que teñan medidas de atención á diversidade extraordinarias (ACS).

A nivel colectivo ó inicio do curso co alumnado de 1º de ESO e nos seguintes

Organismos

momentos: elección de optativas, Fp Básica, elección do bacharelato, PAU, estudios universitarios. Centro de formación e recursos, responsables antenas de información xuvenil do

externos ao

concello, EOE, servizos sociais do concello(cando sexa necesario), Descubrir os

centro

estudos e Descubrir Coruña

Centros

adscritos

1 reunión trimestral coas orientadoras dos centros adscritos co fin de coordinar o plan de orientación.

Para solucionar cuestións puntuais empregar as TIC.


AVALIACIÓN Realizarase en tódalas fases ( inicio, durante e o final) do desenvolvemento de cada un dos plans, por parte dos distintos axentes que participarán de forma directa ou indirecta. A avaliación e seguimento da programación farase poñendo en común a información valorativa que proveña de tres ámbitos: * Das familias: grado de satisfacción respecto as intervención do profesorado do departamento nas diferentes actuacións. * Dos alumnos: calidade da atención recibida, utilidade dos programas, comunicación co profesorado... * Do profesorado titor: - Adecuación dos obxectivos previstos para as diferentes actuacións e o nivel en que son compartidos polo profesorado. - A idoneidade do PAT. Do contraste de toda esta información, analizar os elementos que permitan realizar os cambios necesarios na programación e organización deste departamento. Realizarase un informe ou memoria o final que recollerá os seguintes aspectos: -Modificacións introducidas no desenvolvemento de cada un dos plans. -Valoración do grao de consecución dos obxectivos establecidos. -Conclusións e propostas concretas de mellora.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.