6 plan acción titorial

Page 1

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL


OBXECTIVOS 1.- Potenciar a integración do alumnado no centro e no grupo. 2.- Contribuír á personalización do proceso de ensinanza-aprendizaxe e ao seu proceso de madurez vocacional-profesional, guiándoos na elección de materias optativas e na transición ao mundo laboral ou académico. 3.- Coordinar ao equipo docente que imparte clase ao grupo, tanto no relativo á avaliación como aos procesos de ensinanza-aprendizaxe, posibilitando liñas de actuación comúns. 4.- Coordinar a acción dos titores do mesmo nivel educativo. 5.- Potenciar a implicación das familias no proceso educativo dos seus fillos/as.

ÁMBITOS DE ACTUACIÓN En coherencia cos obxectivos a acadar plantexámonos a acción titorial dende dous eixes de intervención :  Seguimento individualizado de cada alumno.  Seguimento grupal. Tanto o seguimento individual como o grupal require actuacións por parte do equipo docente e, en especial do titor, en diferentes ámbitos:  Familias  Alumnado  Profesorado

LIÑAS BÁSICAS DE ORGANIZACIÓN E METODOLOXÍA NA ESO E NO BACHARELATO 1.- CO ALUMNADO: - Todos os cursos terán dentro do horario escolar unha hora semanal dedicada á área de titoría, agás no Bacharelato. - O inicio do curso cada titor manterá unha sesión de traballo co fin de facilitarlles información sobre: equipo docente, horarios, equipo directivo... - Durante a hora de titoría grupal na ESO desenvolverase o programa establecido no plan do curso. Cando as actividades así o requiran, a área de titoría poderá ocupar puntualmente algunhas horas da xornada escolar, previa conformidade do profesorado implicado. - A metodoloxía estará adaptada ás necesidades concretas dos alumnos/as do grupo correspondente, podendo desenvolver, dentro de cada unha das unidades didácticas, actividades que respondan á diversidade de estilos de aprendizaxe, intereses, capacidades, etc. - Potenciarase o desenvolvemento dun traballo cooperativo dentro da aula, seleccionando técnicas de grupo axeitadas a cada actividade.


-

O espazo para a realización das actividades xeralmente será a aula, aínda que poderán desenvolverse fóra desta, sempre que o reclamen as necesidades do grupo ou da actividade concreta.

2.- COS PAIS: - Os titores e titoras atenderán de xeito individualizado ás familias nos tempos establecidos para elo. Ditos tempos deberán serlles comunicados ás familias ao comezo do curso. A iniciativa do encontro poderá partir tanto da familia como do propio titor/a, pensando sempre en favorecer o proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado. - Os titores facilitarán entrevistas ás familias que o demanden co profesorado de materia. - O titor/a reunirase co grupo de pais e nais ao comezo do curso en 1º de ESO co fin de: o Favorecer un coñecemento inicial mutuo. o Proporcionarlles información sobre organización e funcionamento do centro e do grupo. o Dar a coñecer aspectos relativos ás Normas de Organización e Funcionamento do Centro. o Dar a coñecer os criterios de promoción e os de titulación, tanto na ESO como no Bacharelato, coa colaboración do Departamento de Orientación e a Xefatura de Estudos. - Así mesmo, durante o curso, levaranse a cabo reunións coas familias co fin de transmitirlles información sobre a orientación dos posibles itinerarios académicos, medidas de atención á diversidade... e sempre que o requira a marcha do grupo. 3.- CO PROFESORADO: - O titor/a coordinará de xeito continuado e sistemático ao equipo docente do seu grupo, para poder realizar o seguimento individual e grupal dos seus titorandos, empregando para elo as sesións de avaliación e as reunións necesarias co equipo docente, orientación e a xefatura de estudos. - Na ESO, os titores de cada nivel reuniranse periodicamente co Departamento de Orientación e a Xefatura de Estudos para a coordinación do programa, selección e reelaboración de materiais, adaptación da programación á realidade concreta de cada grupo. A estes efectos, as reunións celebraranse: -Co profesorado titor de 1º da ESO os primeiros martes de cada mes ás 18:15. -Co profesorado titor de 2º da ESO os segundos martes de cada mes ás 18:15. -Co profesorado titor de 3º e 4º da ESO os terceiros martes de cada mes ás 18:15. - Estableceranse sesións de coordinación en relación cos temas que se traballen na aula e daquelas temáticas que presenten os titores e titoras como necesidade.


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS NA ESO -

-

Concretar, revisar e desenvolver o P.A.T. na área de titoría. Xerar un espazo de traballo co equipo do profesorado que ten encomendada a tarefa da titoría. Ofrecerlle ó alumnado un espazo específico dentro do horario escolar para traballar a integración persoal e social e para a orientación escolar e profesional. Traballar prioritariamente e de xeito explícito contidos especialmente importantes para a integración do alumnado no centro e na sociedade. Orientar o alumnado nas opcións académicas e profesionais que teñen que ir realizando nesta etapa. Coordinar a acción do profesorado de cada grupo de alumnos. Realizar unha coordinación coa familia para establecer colaboracións concretas ou pautas para o seguimento do proxecto.

ACTUACIÓNS PARA O SEGUEMENTO INDIVIDUAL NA ESO E NO BACHARELATO 1. COAS FAMILIAS Actuacións

Materiais e procedementos

Responsables

Temporal

Etapa/ cursos

•Informar ás familias, por escrito, das medidas de atención á diversidade adoptadas.

• Protocolos establecidos (ACS, RE). •Entrevista persoal.

•Ao inicio do curso e no momento que se adopten as medidas.

•ESO /Bacharelato

•Proporcionar e intercambiar información sobre o proceso de aprendizaxe de cada alumno, así como das características, persoais e sociofamiliares que poidan influír nel.

•Entrevista persoal cos titores e co profesorado de materia a petición das familias ou do propio profesor.

•Titor e, no caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, coa colaboración da xefatura do departamento de orientación. •Titor,e sempre que sexa necesario, o profesorado das distintas materias e/ou o profesorado do departamento de orientación.

• Información trimestral dos resultados da avaliación académica do alumno/a.

• Boletín de cualificacións. No caso de alumnos con ACS, reflectir no boletín o currículo de referencia da súa ACS.

•Ao longo de todo o curso. •ESO /Bacharelato

• 1ª, 2ª e 3ª avaliación. •Persoa titora. •ESO /Bacharelato


2. CO ALUMNADO Actuacións Materiais e Responsabl procedementos es

Temporalización Etapa/cursos

• Revisar o expediente académico dos titorandos, especialmente na ESO.

• Expediente académico do alumno (XADE).

•Persoa titora

•setembro/outubro

•ESO e Bacharelato

• Avaliación inicial segundo a Orde de avaliación desta etapa co fin de: • Adoptar ou darlle continuidade ás medidas de atención á diversidade pertinentes en función dos datos recabados. • Coñocer datos do alumnado que poidan influír no proceso de ensinanzaaprendizaxe.

• Coordinación da sesión de avaliación inicial . • Planilla grupo.

• Persoa titora

•outubro

•Persoa titora e departamento de orientación •Equipo docente, xefatura de estudos

•outubro

• 1º ESO • 2º ESO • 3º ESO • 4º ESO

•Persoa titora coa colaboración da orientadora no caso do alumnado con necesidades educativas especiais.

•outubro/novembro

•Persoa titora, xefatura de estudos, departamento de orientación.

•Especialmente ao inicio do curso.

• Coordinación do proceso de integración do alumnado, especialmente o de nova incorporación.

•Avaliación do proceso de ensinanzaaprendizaxe.

• Competencia curricular do alumnado

•Cumplimentar no XADE os datos de avaliación inicial.

•Recollida de información dos incidentes que poidan estar relacionados con cada alumno/a e busca de correccións axeitadas ante as situacións do conflito.

•Sesións de avaliación reflictindo as medidas de atención á diversidade no XADE. •Informe individualizado de avaliación ó final do curso (XADE). •Aplicación dos criterios de promoción e criterios de titulación.

•Persoa titora, equipo docente, xefatura de estudos e o asesoramento do departamento de orientación

•outubro

•ESO/ Bacharelato

•ESO/ Bacharelato

•1ª,2ª e 3ª avaliación.


3. CO PROFESORADO Actuacións

Materiais e Responsables procedementos

Temporalización Etapa/cursos

• Recollida sistemática da información sobre o proceso realizado polo alumno/a respecto de cada materia do currículo. •Coordinación das decisións conxuntas respecto dalgún alumno, ante as situacións que o requiran. •Coordinación e seguimento das medidas adoptadas de atención á diversidade.

• Sesións de avaliación

• 1ª, 2ª e 3ª avaliación.

• Entrevistas co profesorado. • Utilización do sistema informático SIXA

• Persoa titora , xefatura de estudos, equipo docente e asesoramento do departamento de orientación ( con voz e sen voto).

•ESO e Bacharelato

•Ao longo de todo o curso. •Persoa titora/ equipo docente. • Persoa titora/ equipo docente.

•Sesións coordinación orientación-titores.

•ESO e Bacharelato

•Ao longo de todo o curso. • Persoa titora , xefatura de estudos, e o asesoramento do departamento de orientación

•Especialmente na ESO


TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA TITORÍA LECTIVA NA ESO PRIMEIRO TRIMESTRE SEGUNDO TRIMESTRE

TERCEIRO TRIMESTRE

1.-Xornadas de acollida 2.-Participación e representación no grupo e no centro 3.-Planificación do tempo persoal 4.-Habilidades sociais I

5.-Avaliación da marcha do grupo e proposta de futuro 6.-Aprender a pensar e aprender a estudar: Avaliación e mellora das habilidades lecto-escritoras 7.-Como estudar unha lección?

7.- Programa de Educación en valores: ▪Proxecto de sensibilización en discapacidade e accesibilidade 8.- Coñecemento do sistema educativo: criterios de promoción e probas de setembro e pendentes. 9.-Avaliación do grupo.

1.-Coñecemento e interrelación grupal 2.-Participación e representación no grupo e no centro. 3.-Planificación do tempo persoal 4.-Habilidades sociais II

5.-Avaliación dos resultados de avaliación e proposta de modificacións 6.-Aprender a pensar e aprender a estudar: Como van as miñas técnicas de traballo intelectual? plan de reforzo 7.-Temas transversais:Taller de prevención de consumo de substancias perigosas

8.-Coñecemento do sistema educativo: criterios de promoción, probas de setembro e pendentes, programas de cualificación profesional inicial e programas de diversificación curricular 9.-Avaliación do grupo.

3º curso

1.-Coñecemento e interrelación grupal 2.-Participación e representación no grupo e no centro. 3.-Planificación do tempo persoal 4.- Programa de Prevención da violencia de xénero: “ somos dous”

5.-Reflexión sobre os resultados da avaliación e proposta de modificacións . 6.- Taller de xestión de conflitos I.

7.-Coñecemento do sistema educativo: Itinerarios 4º de ESO e a súa vinculación con estudos posteriores (FP e Bacharelatos). 8.-Avaliación do grupo.

4º curso

1.-Coñecemento e interrelacción grupal. 2.-Participación e representación no grupo e no centro. 3.-Planificación do tempo persoal: métodos de estudio e repaso II. 4.-Temas transversais: Educación afectivoemocional e sexual: “ tantas cores como afectos”

5.-Reflexión sobre os resultados da avaliación e proposta de modificacións . 6.- Taller de xestión de conflitos II.

7.-Coñecemento do sistema educativo: posibles itinerarios ó finalizar a ESO (Bacharelatos e FP específica) 8.-Avaliación do grupo.

1º Curso

2º curso


AVALIACIÓN Levarase a cabo segundo as pautas seguintes: Da programación: -

Na maioría dos casos as actividades de avaliación estarán enmarcadas dentro da programación de xeito ordinario. De xeito puntual preséntase unha avaliación ó rematar o curso, co fin de revisar de xeito global a marcha do programa.

Do Plan: A avaliación global do Plan constará de: -

Unha síntese de todos os datos de avaliación recollidos ó longo do ano. A avaliación explícita de todos os aspectos do programa: contidos, metodoloxía, organización, materiais de apoio, tempos, estilo de ensinanza do titor/a, coordinación realizada, etc.

Intentarase que a través destes dous aspectos, poidamos ter o máximo de datos para poder formular unha programación adaptada ao noso contexto. A avaliación global do Plan realizarase alomenos cada dous anos. O Plan de Acción Titorial será aberto e flexible para acoller os distintos cambios que se produzan. Cada ano e a través das Programacións concretas analizarase a súa adecuación ó conxunto de decisións do Centro.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.