PROXECTO LINGÜÍSTICO FOMENTO DO USO DO GALEGO
No instituto estase aplicando a normativa establecida no Decreto 79/2010 de 20 de maio (DOG 25-5-2010) para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, aínda que algunhas das modificacións establecidas no citado Decreto están aínda sen desenvolver completamente.
PUNTO DE PARTIDA: O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO A valoración do uso do galego no centro non variou significativamente con respecto a anos anteriores. Estes datos foron elaborados polos membros da CCP que forman parte do Proxecto Lingüístico a partir dos sinxelos cuestionarios que foron respondidos polo alumnado de seis grupos (4 da ESO e 2 de Bacharelato, elixidos ao chou) e polo 60% do profesorado. Da análise dos cuestionarios respondidos polo alumnado dedúcese que: - O alumnado do IES Monte das Moas ten como lingua maioritaria o castelán nas súas relacións familiares (82%) e sociais (99%). - No Instituto continúa a ser maioritaria no nivel oral: cos compañeiros usan o castelán o 100%, baixando ao 77% na comunicación cos profesores. - Na forma escrita dentro das aulas –fóra das clases de Lingua e Literatura Galega- só emprega o galego o 34% do alumnado. - Na súa percepción do uso do galego no instituto, o alumnado pensa que está nun nivel medio. Da análise dos cuestionarios respondidos polo profesorado dedúcese que: - En xeral, o profesorado non está demasiado disposto a cambiar de actitudes, empregando o razoamento de que xa está todo feito polo galego, que non precisa maiores reforzos. - Segundo as respostas do profesorado, este comunícase oralmente, de forma habitual, en galego nos seus ámbitos privados nun 30%; esta porcentaxe sobe no centro escolar a un 36%. Ademais, un 15% responde que usa indistintamente as dúas linguas. - Na lingua escrita, o profesorado respondeu que no instituto usa o galego o 45%. A súa percepción de uso do galego no instituto estaría nun nivel baixo. - O profesorado usa a lingua galega nun 30% nos seus ámbitos privados, sendo esta porcentaxe lixeiramente máis alta no centro. Un 15 % usa indistintamente as dúas linguas.
A AMBIENTALIDADE LINGÜÍSTICA NO CENTRO No instituto Monte das Moas a lingua galega está presente en toda a documentación escrita: administrativa, informativa e rotulado do centro desde cursos anteriores. Obsérvase boa disposición no persoal non docente, favorable ao uso do galego tanto na conserxería coma na secretaría formando parte activa no EDLG. Neste sentido, no instituto aplícase enteiramente o establecido no artigo 3 do Decreto 79/2010 no referente á lingua empregada nos centros de ensino sostidos con fondos públicos, fomentándose o seu uso oral e escrito, tanto nas relacións internas como nas que se manteñen coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia. Están tamén redactados en galego todos os documentos de carácter administrativo, así como os documentos didácticos elaborados polos diferentes órganos que funcionan no centro, así como as programacións dos departamentos didácticos. Conta tamén o instituto cos grupos de traballo e os documentos requiridos pola administración educativa en materia de lingua galega: o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Proxecto Lingüístico incluído no PEC. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA O ALUMNADO CON INSUFICIENTE DOMINIO DAS LINGUAS O alumnado do instituto Monte das Moas procede da cidade no que a lingua empregada habitualmente é o castelán, por este motivo debemos facer fincapé en lograr tamén unha boa competencia en galego. Son alumnos/as que poderían falar con normalidade en galego pero, influídos polo contorno, non valoran nin utilizan do mesmo xeito as dúas linguas. As medidas adoptadas teñen un obxectivo xeral moi claro: lograr que o plurilingüismo sexa unha situación totalmente normalizada no noso centro e por iso temos unha serie de recursos que se veñen levando a cabo nos últimos anos como por exemplo:
Adaptacións curriculares por materias en coordinación cos departamentos didácticos e o Departamento de Orientación. Recuperacións e atención ao alumnado con materias pendentes. Elaboración de materiais para as actividades de estudo: técnicas de estudo, como se fai un traballo escrito, cadernos de traballo, etc.
Concienciar ao profesorado da necesidade de impartir máis clases en galego, de usalo no material que se lles entrega aos alumnos/as, nas programacións, nas actas……..
Entre as medidas adaptadas para que o alumnado con insuficiente dominio da lingua poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle imparten destacamos:
Adaptacións curriculares no alumnado de primeiro e de segundo da ESO. Un caso especial é o alumnado que vén de fóra de Galicia e que ten problemas de comprensión e aprendizaxe na nosa lingua. A maioría son de orixe latinoamericana que no seu conxunto adopta unha actitude positiva e ten, nalgúns casos en primeiro e segundo da ESO, profesorado de apoio. Temos casos de etnia xitana que son totalmente negativos para o aprendizaxe do idioma. Bótase en falta máis profesorado especializado neste tipo de problemas, con horario específico como se tivo en cursos anteriores.
OBXECTIVOS XERAIS PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA Coa finalidade prioritaria de promover a dinamización da lingua galega nocentro e favorecer que a competencia lingüística do alumnado, ao final da súaescolarización, sexa equivalente nas dúas linguas oficiais, o equipo de dinamización da lingua galega pon o máximo empeño en acadar os seguintes obxectivos: - Ter sempre en conta o cumprimento da normativa legal vixente. - Axudar nas tarefas normalizadoras do centro desde todos os puntos de vista tratando de lograr que todos os estamentos potencien a lingua galega nas súas actuacións. - Tentar superar os prexuízos existentes cara a lingua galega, tanto no coñecemento coma no uso. - Fomentar a lingua galega na súa vertente oral. - Valorar o patrimonio histórico, cultural, artístico e lingüístico da humanidade en xeral e de Galicia en particular, como ben común que debemos respectar e transmitir as xeracións futuras.
LIÑAS DE ACTUACIÓN DESEÑADAS POLO CENTRO PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA NIVEL DOCENTE: PROFESORADO
O profesorado velará polo cumprimento da lexislación vixente. Nas actividades de acción titorial empregarase a lingua galega, ao igual quena realización de actividades extraescolares e complementarias. A documentación oficial, libros de actas, programacións didácticas... seráredactada en lingua galega. Atendendo ao dereito que asiste ao alumno a realizar as probas deavaliación na lingua que prefira (agás naquelas de linguas especificas nas que as probas se fan na lingua en cuestión), potenciarase por parte de todo o colectivo docente que realización das probas de avaliación ou de calquera outro tipo sexa en galego. Enténdese sempre que esta liña de actuación afectará a todas as materias, ademais das impartidas en galego por lei, nas que xa se dá por suposta esta práctica. Animarase ao profesorado non galegofalante a facer uso progresivo da nosalingua. Para facilitar a súa tarefa, contará coa axuda necesaria. Seguirase coas subscricións a xornais e revistas en galego einteresarémonos por novas subscricións. Deseñaranse e elaboraranse estratexias para que o alumnado que poidapresentar algunha dificultade no emprego da nosa lingua se sinta totalmente integrado e decidido a empregala. Procurarase que se dea unha correspondencia lingüística, tanto oralmentecomo por escrito, coas persoas que se manifesten en lingua galega: alumnado,profesorado e persoal non docente.
NIVEL DISCENTE: ALUMNADO QUE CURSA A ASIGNATURA DE LINGUA E LITERATURAGALEGA
Intentarase lograr que os alumnos e alumnas sexan protagonistas de todasas actividades propostas polo EDLG co gallo de estimulalos en contra da actitude desprezativa cara a lingua galega. Favorecerase e animarase ao alumnado que decida establecerse na nosalingua e vaia mostrando un claro avance no seu uso.
Procurarase que se dea unha correspondencia lingüística, tanto oralmente como por escrito, coas persoas que se manifesten en lingua galega: alumnado, profesorado e persoal non docente. Realizaranse intercambios socioculturais con outros centros, tanto de alumnado coma de material e experiencias. Poñerase ao alumnado en contacto coas raíces culturais de Galicia: o Divulgando a celebración de diferentes actos que supoñan unha clara inmersión na nosa realidade social, histórica, literaria,… co fin de que os membros da comunidade escolar asistan a eles, e posteriormente se poida comentar o seu contido nas aulas. o Programando charlas, conferencias ou coloquios sobre a nosa realidade, por parte de diversas entidades culturais. o Aproveitando a contorna mais próxima para dar a coñecer ao alumnado feitos históricos, xeográficos, etnográficos, económicos, artísticos,… da nosa realidade. o Favorecendo a investigación por parte do alumnado nos distintos eidos da nosa cultura, espertando a súa curiosidade por coñecer mais sobre o seu propio pobo. o Suxerindo lecturas voluntarias sobre temas da nosa realidade cultural. o Interesando o alumnado pola riqueza de variedades nalgúns aspectos da nosa cultura: xeografía, etnografía, dialectoloxía,… o Aconsellando sobre o material didáctico especifico naquelas áreas nas que se trate a nosa realidade. o Empregando os medios audiovisuais ao noso alcance para difundir a nosa cultura. o Fomentando o uso das novas tecnoloxías para desenvolver temas que dean a coñecer o noso mundo galego.
NIVEL DISCENTE: ALUMNADO EXENTO DA ASIGNATURA DE LINGUA E LITERATURAGALEGA Son poucos os alumnos e alumnas que teñen exención en Lingua Galega. Este alumnadoten que estar integrado ao máximo en todo o relacionado co centro. Desde ese punto de vista, debe cumprir os obxectivos anteriores coa lingua e coa cultura galegas, traballando de xeito gradual, con material adaptado aos seus progresos e, por suposto, contando coa axuda continua do seu profesorado.
ACTIVIDADES PARA O FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA Entre as actividades desenvolvidas fundamentalmente a través das titorías e das actividades complementarias para a consecución dos obxectivos marcados para a potenciación da lingua e da cultura galega neste curso destacamos: A revista do centro: “O Son Rebuldeiro”, redactada integramente en galego. As actuacións do grupo de teatro “Rebuldeiro”, tamén en galego. Asistencia a teatro en galego, especialmente as obras ofertadas polo concello A dotación de fondos da Biblioteca en galego, tanto de libros como de libros cd´s e dvd´s. A presenza na lingua galega nas tecnoloxías da información e da comunicación a través da páxina web do centro e da creación de blogues como os de “Abalarmoas” e “Lecturas rebuldeiras”. Realización de actividades en rede como, por exemplo, video conferencia. Fomento da lectura en galego a través do Club de Lectura que se vai formar este curso. Realizacións de exposicións no centro. Encontros con escritores, facilitados polas editoriais. Celebración de festividades e acontecementos culturais vinculados coa cultura galega como o magosto e o Día das Letras Galegas. Colaboración con axentes externos, como os servizos municipais e da Xunta. Visita a museos e centros culturais. Saídas didácticas para coñecer lugares destacados da cultura galega.