BIBLIOMOAS
BOLETÍN CULTURAL DA BIBLIOTECA Decembro 2018
IES Monte das Moas
Iniciamos unha nova andaina
Novas do mundo Hoxe: Ciencia
Por que agora un boletín da biblioteca? E por que non?? Temos moitas cousas que contar actividades, música, ciencia, crítica literaria... Non paramos! e queremos que que todos vós e o mundo que nos rodea sexades os protagonistas. Animádevos a participar activamente coas vosas achegas e facede deste BOLETIN unha activa canle de comunicación.
Os clubs de lectura en marcha Temos para todos os gustos: de 1º e 2º de ESO con lecturas de fantasía: “Escarlatina, a cociñeira defunta”, e de amor, amizade, ou defensa do medio ambiente: “Trala sombra do bruxo”. En 3º “O carteiro de Bagdad” fíxonos reflexionar sobre as desfeitas das guerras, a valentía e a amizade. “Iridium” , deunos unha lección de valentía para superar os problemas da vida. E tamén temos un grupo numeroso de intrépidos lectores en inglés.
Descobren unha bacteria que “come” o plástico. O plástico pode durar ata 450 longos anos e non foi ata 2016 cando se descubriu unha bacteria capaz de descompor o PET (tereftalato de polietileno) presente nos envases máis comúns. Grazas a eses estudos acaban de dar cunha enzima presente nalgunhas bacterias que sorprendentemente pode “comer” o plástico nuns poucos días. Será este o fin do plástico sobrante que ameaza o medio ambiente ou acabaremos nós “comidos” por tan terrible inimigo?
Neste número
Os clubs de lectura
Formación de Usuarios
Distintos clubs de lectura nas súas sesións
Ciencia
Formación de Usuarios
Crítica Literaria
Este ano fixemos unha xeira de charlas para os alumnos de 1º de ESO que chegaron novos ao instituto para que aprenderan a manexarse no caos ordenado da nosa biblioteca. Ademais da explicación a rapazada puido xogar ao
O Samaín
Recomendacións da Biblioteca
Música e cine
Unha carreira por ver que equipo aprendeu máis sobre a biblioteca.
Xoga connosco