O inventor foi amigo de Xulio Verne
ANTONIO SANJURJO BADÍA Inventor. Sada, A Coruña 1837- Vigo 1919
Foi coñecido polo alcume “ O Habilidades” pola súa destreza mecánica. De familia moi numerosa (eran 11 irmáns), tivo que emigrar aos 16 anos a Cuba. Traballa, aforra e máis tarde regresa a España. Estableceuse en Vigo, onde axiña foi recoñecido polas innovacións técnicas e prácticas dos seus talleres. En 1880 Antonio Sanjurjo Badía fundou unhas grandes instalacións de fundición na actual rúa García Barbón. Moi amante das alegorías, bautizounas co nome de La Industriosa, debido á afección á apicultura e á súa admiración polas "industriosas" abellas. Na porta fixo colocar unha oliveira e un loureiro, símbolos, respectivamente, do traballo e da gloria. Foi coñecido tamén por ter construído a primeira máquina e a caldeira de vapor de Galicia e por establecer a primeira liña de autobuses de vapor Vigo-A Coruña. En 1906 inaugurou outra de transporte de pasaxeiros entre Santiago y A Coruña, con vehículos movidos non por vapor, senón por bencina.
O afamado escritor francés estivo en Vigo a bordo do iate Saint-Michel III (4 de xuño de 1878). Antonio Sanjuro reparou o iate e Verne puido ver nos talleres do empresario o prototipo do minisubmarino que estaba a deseñar e no que logo basearía o seu Nautilus. Mantiveron ampla correspondencia e Antonio viaxou a París a coñecer a familia de Verne. “Casi al mismo tiempo que el Flore soltó el anvcla en este puerto, presentóse cruzando la ría un bonito yatch de vapor con pabellón francés; era el Saint Michel Nantes, propiedad del popular novelista Mr. Julio Verne, que con otros amigos va de paso para el mediterráneo, donde piensa visitar algunas poblaciones de España. El famoso novelista estuvo anoche en el paseo de La Alameda, y más tarde concurrió al baile de la Tertulia, donde pronunció algunos brindis en español, ...”
Faro de vigo, 4 de xuño de 1878 Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Ledicia Costas. Ed. Xerais, 2017 (2). Páx 16.
Planos do minisubmarino de Antonio Sanjurjo
En 1912, no mesmo emprazamento de Guixar no que comezara trala volta de Cuba, montou un esteiro para barcos de pesca que axiña foi o segundo en importancia da ría.
Aparte de ser un gran innovador no campo da técnica, creou nas súas fábricas unha irmandade de traballadores, dotounos de seguro de enfermidade, dun soldo vitalicio trala xubilación e de descanso os domingos. O 12 de agosto de 1898, en Vigo, Antonio Sanjurjo probou un invento submarino, creado por el, en presencia do gobernador militar. A proba foi satisfactoria: primeiro, o aparato aguantou unha hora e media somerxido e, despois, varias tandas de 45 minutos.
Vigo reflota el submarino de Sanjurjo Badía El ingeniero vigués creó la boya-lanzatorpedos para defender la ría ante un posible ataque de EE UU tras la guerra de Cuba
Este invento debía servir para a defensa de Vigo ante un ataque da frota estadounidense, nesa época en guerra con España; porén, o mesmo día que se probaba o submarino, firmouse o tratado de paz, polo que a súa utilización non foi necesaria.
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta