Día da Muller MULLERES ESCRITORAS IES MONTE DAS MOAS Marzo 2016
INTRODUCIÓN Na exposición “mulleres escritoras” podemos ver autoras que destacan nas súas respectivas épocas e que na maioría dos casos tiveron que loitar contra fortes prexuízos tanto na súa vida persoal, como na súa faceta creativa. Foron transgresoras ou adiantadas ao seu tempo. Este ano 2016, profesoras e alumnas do IES Monte das Moas réndenlles homenaxe a 19 mulleres transformándose en novelistas, poetas, ensaístas ou artistas, dando a coñecer vida e obra e resaltando con unha pequena frase a súa polémica ou rebelde personalidade. Realizar este traballo xa se converteu nun pracer que esperamos continuar
Agatha Christie Escritora de novela negra (1891-1976)
Helena Fidalgo de Lemos
Autora inglesa do xénero policíaco, unha das máis lidas e das máis prolíficas do século XX. Filla dun próspero rentista de Nueva York que morreu cando ela tiña once anos, recibiu unha educación privada ata a adolescencia e logo estudou canto en París. Coa obra The Mysterious Affair at Styles deuse a coñecer en 1920. Neste relato, escrito mentres traballaba como enfermeira durante a Primeira Guerra Mundial, aparece o famoso investigador Hércules Poirot, ao que axiña combinou noutras obras con Miss Marple, una perspicaz señora de avanzada idade. En 1914 casou con Archibald Christie, de quen se divorciou en 1928. Sumida nunha depresión, protagonizou unha desaparición enigmática, recuperouse e dous anos despois casou co arqueólogo Max Mallowan, a quen acompañou en todas as súas viaxes a Iraq e Siria. Esas expedicións inspiraron moitos dos centos de novelas posteriores: Murder in Mesopotamia (1930), Death on the Nile (1936), Appointment with Death (1938). Moitas das súas novelas foron adaptadas ao teatro pola propia autora, outras foron levadas ao cine: Murder on the Orient-Express (1934), Death on the Nile (1937), Ten Little Niggers (1939). Na súa última novela, morre o mítico personaxe Hércules Poirot.
“As conversas sempre son perigosas se se quere ocultar algunha cousa”
Alfonsina Storni Poeta (1892-1938)
Reme Martínez Vázquez
Poetisa e escritora arxentina do modernismo. As súas letras amosan a unha excelente poeta do amor, a unha muller loitadora pola igualdade feminina. Na súa vida e obra mestúranse a emoción, o sentimento e a reflexión; a súa poesía é erótica humanamente, busca o amor, ten vivencias e reflicte o seu ego angustiado que rematará co seu suicidio. Dende o principio, compaxina o seu traballo de mestra co de escritora. En 1916 comeza a publicar poemas e prosa na revista literaria La Nota. La inquietud del rosal publicouse o mesmo ano, un libro de poesías onde expresaba os seus desexos como muller e describía a súa condición de nai solteira sen ningún tipo de complexo. O libro non tivo boa aceptación pero permitiulle ingresar nos cenáculos de escritores. O volume Languidez (1920) concedeulle o Primeiro Premio Municipal de Poesía e o Segundo Premio Nacional de Literatura. A partir da obra Ocre (1925), vense trazos de vangardismo. A soidade e a marxinación tamén danaron a súa saúde e ás veces a neurose obrigábaa a deixar o seu posto de mestra. Asemade, participaba e dirixía numerosas organizacións teatrais, educativas e de escritores. En 1934 publicou o libro Mundo de siete pozos, unha recompilación de poemas dedicados ao seu fillo Alejandro. Era moi insegura e non toleraba ben o fracaso. Consideraba o suicidio coma unha elección concedida por libre albedrío que finalmente exerceu no Mar de Prata.
“¿Qué mundos tengo dentro del alma que hace tiempo vengo pidiendo medios para volar?”
Ana Frank Mundialmente coñecida polo seu diario (1929-1945)
É unha nena xudía que, durante a 2ª Guerra Mundial ten que se acochar para escapar da persecución dos nazis. A súa familia de comerciantes escapou de Alemaña a Amsterdam en 1933. Permanece escondida con outras 7 persoas na «casa de atrás» dun edificio anexo á casa onde seu pai tiña as oficinas en Amsterdam, durante dous anos, dende 1942 ata 1944, ano en que foron descubertos e deportados a campos de concentración. Ana con trece anos e nunha situación moi precaria, escribe sobre o que está a ocorrer. Ana morre no campo de Bergen-Belsen en 1945. Só sobreviviu o seu pai, que publicará o diario que ela escribiu durante o tempo que estivo escondida. Ana escribe sobre o que ocorre na casa e sobre si mesma. Vai dando conta dos cambios que se impoñen despois da ocupación alemá: a opresión, as estrelas que tiñan que levar os xudeus, as persecucións... O diario contén partes con contos e unha colección de citas de escritores no apartado “Libro de frases bonitas”: María Varela Diéguez, 1º ESO
“Quen é feliz
fai feliz aos demais” “Non vexo a miseria que hai, senón a beleza que aínda queda” “Teño que defender os meus ideais, o tempo dirá cando poderei levalos a cabo” En 1960, a Casa de Ana Frank convértese en museo.
Andrea Maceiras Voz emerxente da literatura galega actual A Coruña, 1987 Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. No eido do relato curto obtivo varios premios nas modalidades de narrativa e poesía. A súa primeira novela xuvenil, Proxecto Bolboreta, é publicada na colección Fóra de Xogo en Xerais no ano 2007 como obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. Gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra Violeta Tamurana (2010), finalista tamén do Premio Frei Martín Sarmiento 2011. Con Nubes de evolución (Xerais, 2013) obtivo o Premio Fervenzas Literarias, 2014, e con Volverás, golfiño (Xerais, 2014) foi finalista do Premio Merlín, 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con Europa Express (Xerais, 2015).
“Se hai algún acubillo, é a literatura”
Susana Sánchez Pardo, 1º BAC.
Aurora Marco López Ensaísta Teruel, 1948
Mª Jesús Fernández Riádigos
Ensaísta galega nada en Teruel. Doutora en Filosofía e Letras . Catedrática de Lingua e Literatura Galega na Facultade de Santiago de Compostela. Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias. É autora dunha recoñecida e premiada obra, tanto en colectivos, como edicións,mais destacan os seus ensaios en galego sobre mulleres: As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 18001936), 1993, La Voz de Galicia. Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras, 2002, Edicións do Castro. Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975, 2007, A Nosa Terra. Elas, 2015, A Xanela. Entre os premios que recibiu destacan: - Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991. - Premio Ánxel Fole de investigación literaria no 1992, Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012.
“Todo o acontecer da humanidade foise narrando sen ter en conta as mulleres. Por iso é tan importante que se relea a historia en clave feminina, porque senón, a historia en maiúsculas non estará completa.”
Carmen Laforet Novelista (1921-2004) Naceu en Barcelona e viviu en Gran Canaria . Empezou Filosofía e Dereito, pero non finalizou ningunha das carreiras. Casou cun periodista e crítico literario e tivo cinco fillos. En 1945 publicou Nada, libro co que gañara o Premio Nadal o ano anterior. Foi un éxito de crítica e público. Outras novelas foron La isla y los demonios (ambientada en Canarias), La mujer nueva (marcada polas experiencias relixiosas da autora) e La insolación (primeiro volume dunha triloxía que non chegou a publicar). Viaxou aos Estados Unidos en 1965. Alí coñeceu a Ramón J. Sender, co que mantivo unha intensa relación epistolar que publicou a súa filla en 2003. Nesas cartas desvela o seu silencio literario e a súa patolóxica inseguridade. Levaba unha vida persoal dura: separada en 1970, sen estabilidade económica, un clima político e social adverso, o machismo imperante e critica tamén o mundo literario. Escribiu novelas curtas, libros de contos e narracións de viaxe. Case toda a súa obra xira en torno a un mesmo tema central: o do enfrontamento entre o idealismo xuvenil e a mediocridade do entorno. Marga Anta García
“Gústanme
as xentes que ven a vida con ollos distintos dos demais, que consideran as cousas doutro modo que a maioría.”
Carolina Coronado Poeta (1820-1911)
Noemí Rego Pérez
Escritora considerada a equivalente estremeña doutras autoras románticas coetáneas coma Rosalía de Castro. Chegou a ser cualificada co título do “Bécquer feminino”. Naceu en familia acomodada pero progresista. Aínda que educada de forma tradicional, xa de nova amosou interese pola literatura e desenvolve unha extraordinaria facilidade para compor versos dende os 10 anos. Padeceu catalepsia (chegou a “morrer” varias veces en vida) e iso puido contribuír ao seu temperamento romántico e á obsesión de poder ser enterrada en vida. Foi amiga da raíña Isabel II. A residencia madrileña de Carolina, unha revolucionaria, fíxose famosa polos faladoiros literarios onde acudían autores do momento e que servía de refuxio de perseguidos. Iso causou que sufrise a censura da época, aínda que chegou a publicar certas obras en periódicos e revistas. A súa produción máis importante foi poética. Os seus poemas recompiláronse no volume Poesías en 1843. Tamén escribiu quince novelas, entre as que destaca Paquita (1850). Así mesmo, ten obras teatrais como El cuadro de la esperanza, a máis popular e a única que conseguiu estrear.
“No pudo el
mundo sujetar mis alas,
he roto con mi pico mis prisiones” “
En el Castillo de Salvatierra
Colette Escritora e Artista (1873-1954) Sidonie-Gabrielle Colette, máis coñecida como Colette, foi novelista, xornalista, guionista, libretista e artista de revistas e cabaré. A celebridade internacional adquiriuna pola súa novela Gigi, cando o director Vincente Minnelli a levou ao cinema en 1958. Foi presidenta da Academia Goncourt desde 1945 e foi condecorada o ano da súa morte coa Lexión de Honor. Entre as súas obras máis salientábeis encóntranse Bela Vista, Cuarto Hotel e O seu diario As miñas aprendizaxes, no que narra a súa época en compañía co seu primeiro esposo, un home que a explotou como escritora, obrigándoa a escribir libros para el, e a asinar as súas creacións con pseudónimos. Este é o período, precisamente, no que escribe as súas novelas por entregas da personaxe de Claudine, relatos que firma como Willy. Tamén cómpre destacar, entre os seus títulos máis sobranceiros, Diálogos de animais e O retiro sentimental.
Alexandrina Fernández Otero
Primeira edición de Claudine à l`ecole
Cartaz da versión cinematográfica da novela Gigi
Emilia Pardo Bazán Escritora polifacética
Maruxa Baliñas Pérez
(1851-1921) Nobre e aristócrata novelista, periodista, ensaísta, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, catedrática e conferenciante. Introdutora do naturalismo en España coa obra Los pazos de Ulloa (1886-7) Pouco despois de casar marcha a Francia e viaxa por Europa . Publica crónicas da viaxe no diario El Imparcial nas que denuncia a necesidade da europeización de España. En 1882 publicou unha serie de artigos na revista La Época sobre Émile Zola (reunidos posteriormente no volume La cuestión palpitante). Causa tal balbordo que o atacan como manifesto en favor da pornografía francesa e a literatura atea. O seu marido esíxelle que cese de escribir e se retracte; ela acaba por separarse del, publica un libro sobre as crises matrimonais (La dama joven) e comeza unha relación con Benito Pérez Galdós... entre outros amoríos. Intervén no periodismo político e loita incansablemente pola emancipación social e intelectual da muller . Alcanza unha gran popularidade como conferenciante e iso atrae moitas inimizades por parte dos homes, que ven invadido un sector tradicionalmente seu. Funda e dirixe en 1892 a publicación La Biblioteca de la mujer. Asiste a congresos onde denuncia a desigualdade educativa entre homes e mulleres. “La educación de la mujer no puede llamarse tal educación, sino doma, pues
se propone por fin la obediencia, la pasividad y la sumisión”
Emily Dickinson Poeta (1830-1886) Emily Elizabeth Dickinson foi unha poeta de prestixio considerada pola súa obra entre os máximos representantes norteamericanos neste xénero. Emily Dickinson non levou unha vida activa socialmente. Pola contra, dedicouse á lectura e á creación literaria. Caracterizouse por ser unha moza de carácter reservado, que adoitaba a vestir só de branco e moi estrita á hora de escoller as súas amizades. Nunca casou e viviu gran parte da súa vida recluída na casa. Emily foi catalogada por iso de excéntrica. Moitos dos seus poemas, ás veces escritos despreocupadamente en calquera anaco de papel, posúen un marcado simbolismo e resultan maxistralmente creativos. A obra de Emily, que foi na intimidade da súa casa unha prolífica poetisa, mantívose oculta gran parte da súa vida, publicándose menos dunha ducia dos case 1800 poemas que escribiu, e só, transcendeu despois da súa morte. Marta Bellón Santiago
A súa primeira colección de poesías publicouse en 1890. A pesar da crítica desfavorable a finais do século XIX e principios do XX, está considerada como unha das máis importantes poetas estadounidenses de todos os tempos.
“ A esperanza ten ás. Fai a alma voar. Canta a melodía mesmo sen saber a letra. E nunca desiste. Nunca.”
Fernán Caballero Escritora costumista (1796-1877) Era o pseudónimo que utilizoua escritora Cecilia Böhl de Faber y Larrea, nacida en Morges, Suiza, 24 de decembro de 1796, filla dun cónsul e dunha gaditana tradutora de Byron. Viviu en Alemania nos seus primeiros anos e regresou a Cádiz en 1813. Tivo unha educación literaria moi ampla para ser muller e para a súa época. Realizou moitas viaxes dado o traballo do seu pai. Adoptou como pseudónimo un topónimo manchego Fernán Caballero, e también escribía utilizando o de Corina. Dende moza colaborou en varios xornais sevillanos e será en “El Heraldo de Madrid” onde publicará La Gaviota (1849) . Na súa prolífica obra, móstrase moderada e conservadora, e con prosa costumista reflexa a Andalucía rural. Recolle coplas, crenzas e refráns tradicionais, e preséntase como defensora da vida campestre. A crítica considera as súas novelas entre o costumismo romántico e o realismo: La familia Alvareda, La hija del sol, Sola, Clemencia, Un verano en Bornos. Tania García Otero
“Lo que sale del corazón nunca puede ser ridículo”
George Eliot Novelista (1819-1880)
Noemí Puga Vidal
George Eliot era o pseudónimo de Mary Ann Evans, unha das principais novelistas inglesas do século XIX. As súas novelas, a máis famosa 'Middlemarch', son moi aclamadas polo seu realismo psicolóxico. En 1850, Eliot comezou a colaborar no "Westminster Review", un xornal para radicais filosóficos, do que máis tarde sería o seu editor e que lle fixo coñecer a George Henry Lewes, con quen viviu ata a súa morte en 1878. Lewes estaba casado e a súa relación causou un escándalo e non poucos desprezos por parte de familiares e amigos. Lewes animouna a escribir. Así, en 1856, comezou Escenas da Vida Clerical . Máis tarde publicou a súa primeira novela, Adam Bede , que foi un gran éxito. Usou un pseudónimo masculino para garantir que as súas obras foran tomadas en serio nunha época na que os autores do sexo feminino estaban xeralmente asociadas a novelas románticas. Entre as súas novelas máis importantes están incluídas The Mill on the Floss , Silas Marner ou Middlemarch . A popularidade das novelas de Eliot tróuxolle, ao cabo do tempo, unha gran aceptación social, e a súa casa tornouse punto de encontro para escritores e intelectuais. Tras a morte de Lewes, Eliot casou cun amigo, John Cross, que era 20 anos máis novo ca ela.
“Our words have wings but fly not where we would”
George Sand Novelista (1804- 1876) Pseudónimo de Amandine Aurore Lucile Dupin, baronesa Dudevant escritora francesa que casou co barón Casimir Dudevant, do que se separou.
A súa primera novela foi Rose Et Blanche escrita en 1831 en colaboración con Jules Sandeau, de quen tomaría o pseudónimo de Sand. Despois de abandonar o seu home, Aurore comezou a usar vestimentas masculinas o que lle permitiu circular libremente en París, e ter acceso a lugares negados para unha muller da súa condición social. Esta era unha práctica excepcional no século XIX. Estivo relacionada románticamente con Alfred de Musset durante o verán de 1833. Tamén tivo relación co compositor Frédéric Chopin en París en 1831. Dentro do seu círculo de amigos estaban o compositor Franz Liszt; o pintor Eugène Delacroix, e os escritores Heinrich Heine, así como Victor Hugo, Honoré de Balzac, Julio Verne y Gustave Flaubert. Leli Villamil Míguez
Sand pasou o inverno de 1838-39 cos seus fillos e Chopin en Palma de Mallorca, desa viaxe fala no seu libro Un hiver à Majorque, publicado en 1855. Entre as obras de teatro e autobiográficas citamos: Histoire de ma vie, 1855), Elle et Lui (1859) na que conta a súa con Musset; Journal Intime (obra que se publicara póstumamente en 1926.
George Sand escribiu tamén varios textos acerca de críticas literarias e políticos.
“ A beleza exterior só é o encanto dun instante. A aparencia do corpo non sempre é o reflexo da alma”
Gioconda Belli Poeta e Novelista Managua,1948 Poetisa, revolucionaria e novelista nicaraguana. Cursou estudos de Publicidade e Periodismo en Estados Unidos, país ao que viaxa con frecuencia. A súa produción literaria aborda dende a poesía revolucionaria ata a novela e o conto infantil. Os seus poemas apareceron por primeira vez no semanario cultural La Prensa Literaria de Nicaragua. Gañou o premio máis prestixioso de poesía do seu país grazas ao libro Sobre la grama (1972). Línea de Fuego é a obra na que reflicte o sentir pola situación política de Nicaragua e que escribiu no exilio en México, a causa do seu activismo revolucionario. Tras o triúnfo da Revolución Nicaraguana (19 de xullo de 1979), ocupou varios cargos dentro do goberno sandinista. Pero en 1986 abandonou os seus cargos para escribir a súa primeira novela. Foi directiva da Unión de Escritores e unha das fundadoras do suplemento literario Ventana do diario Barricada. Haydée Estévez Barcala Uno no escoge Uno no escoge el país donde nace; pero ama el país donde ha nacido. Uno no escoge el tiempo para venir al mundo; pero debe dejar huella de su tiempo. Nadie puede evadir su responsabilidad. Nadie puede taparse los ojos, los oidos, enmudecer y cortarse las manos. Todos tenemos un deber de amor que cumplir,. una historia que nacer una meta que alcanzar. No escogimos el momento para venir al mundo: Ahora podemos hacer el mundo en que nacerá y crecerá
A novela La Mujer Habitada mereceu en Alemania premio á Novela Política do ano e Premio Anna Seghers. En 2001 publica El País bajo mi piel, testemuñamemoria dos seus anos no sandinismo. Na actualidade segue a gañar premios :El país de las mujeres e El intenso calor de la luna (2014).
J.K. Rowling Novelista Reino Unido,1965
Victoria Sieira Rivas
Escritora e produtora de cine británica coñecida, principalmente, por ser a creadora da serie de libros Harry Potter, que gañaron múltiples premios arredor do mundo e venderon máis de 450 millóns de copias. É unha das mulleres máis ricas de Gran Bretaña e converteuse nunha notable filántropa que apoia a institucións de caridade. Sen traballo e vivindo dos beneficios que lle outorgaba o Estado, Rowling completou a súa primeira novela escribindo en varios cafés. En 1995, finalizou o seu manuscrito para Harry Potter e a pedra filosofal nunha vella máquina de escribir. Ata 12 editoriais rexeitaron a obra e non foi ata una ano despois que Bloomsbury aceptou publicalo. A partir de entón, comezou un vórtice de publicacións, premios, récords de ventas... O último libro saíu a venda en 2007 e vendeu 11 millóns de copias no seu primeiro día só no Reino Unido e nos Estados Unidos. Os libros de Harry Potter foron traducidos a 74 idiomas e Warner Bros fixo películas de todos eles.
“Se queres ver como é un home, mira como trata aos seus inferiores, non aos seus iguais”.
Luz Pozo Poeta e Ensaísta Ribadeo,1922
Loly Mosquera Quevedo
Poeta e membro da Real Academia Galega, promotora cultural e directora de varias revistas. Luz Pozo Garza é unha das mellores voces na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral. Na súa obra posterior, Luz Pozo achega unha poesía inzada de profunda sensualidade, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan, compondo textos de autenticidade e madurez. Poeta con unha importante obra en galego e castelán da que citaremos: O paxaro na boca, 1952; Concerto de outono, 1981; Códice calixtino, 1986; Vida secreta de Rosalía, 1996; A bordo de "Barco sen luces" ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990. Entre os numerosos premios obtidos destacamos o Premio Miguel González Garcés no 1992, por Prometo a flor de loto. É tamén unha estudosa da nosa literatura e publica numerosas obras de ensaio e colaboracións en antoloxías e obras colectivas: Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", 1991; Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994; Diálogos con Rosalía, 1996; Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996. Luz Pozo representa, ademais, esa fusión de vida e arte, de vida consagrada á arte.
“A poesía é o reino da ambigüidade nivelada”
Mary Shelley Novelista (1797-1851)
Menchu Escribano Silva
Mary Wollstonecraft Shelley, escritora británica. A súa nai, autora de Vindication of Women, morreu poucos días despois do parto, deixando ao cargo de Mary e da súa irmá de tres anos ao seu home, que volveu casar. En 1814, aos16 anos, marchou da casa e do país co poeta Percy Shelley, co que mantiña unha relación a pesar de estar casado. Viaxaron a Francia e Suiza. Despois de que a muller de Shelley se suicidara, casaron en 1816 e tiveron un só fillo: Percy Florence. En 1818 publicou a primeira e máis importante das súas obras, considerada como un gran relato de horror e o libro que inaugura a ciencia ficción, a novela Frankenstein ou o moderno Prometeo. Parece que escribiu esta historia por unha aposta con Byron. Encerrados nunha casa nos arredores de Xenebra por unha tronada, a noite de 16 de xuño de 1816 xunto con Lord Byron e outros, puxéronse a ler contos de terror e Mary imaxinou a Frankestein. Esta obra, converteuse de inmediato nun éxito de crítica e público. A historia de Frankenstein, foi levada ao teatro e ao cine en numerosas ocasións. Escribiu outras catro novelas, varios libros de viaxes, relatos e poemas, mais non tivo tanto éxito como coa primeira. Mary Shelley morreu en Londres, o 1 de febreiro de 1851.
“Non desexo que as mulleres teñan poder sobre os homes, senón sobre si mesmas”
Pearl S. Buck Novelista (1892 - 1973) Novelista estadounidense que viviu en China. A súa obra, influída pola cultura oriental, buscaba educar os lectores. Foi a primeira muller norteamericana en gañar o Premio Novel, en 1938. Filla de misioneiros presbiterianos, viviu en Asia ata 1933. É coñecida polo apelido dun dos seus homes.
Antonia Fernández Pena
A súa primeira obra foi East Wind, West Wind, 1929 (Vento do este, vento do oeste). The Good Earth, 1931 (A boa terra ),é a primeira parte dunha triloxía que trata o tema costumista chino a través da vida da familia Wang. Está ambientada en China de 1920 foi premio Pulitzer en 1932 e adaptada ao cine. En 1934 publicou The Mother, (A nai), e en 1942 Dragon's Seed (A estirpe do dragón), unha epopea na que apoia a loita dos chineses contra o imperialismo do Xapón. En 1938 publicou a 1ª novela ambientada en Estados Unidos This Proud Heart (Este orgulloso corazón) e en 1940 Other Gods, (Outros deuses ), na que trata o culto aos heroes e o papel que as masas desempeñan nel. Escribiu máis de 85 libros, que inclúen teatro, poesía, guións de cine e literatura para nenos. Pearl foi activista polos dereitos civís e durante 20 anos traballou na Universidade de Howard. En 1942 fundou co seu home a Asociación East and West,, para o intercambio e entendemento entre Asia e occidente. En 1949 fundou a primeira axencia de adopción que aceptaba nenos e nenas asiáticos e mestizos.
“Moitas persoas perden as pequenas alegrías da vida esperando que chegue a felicidade plena”
Rosalía de Castro Poeta e Novelista (1837-1885)
Ramona Giráldez Domínguez
Rosalía de Castro, poeta e novelista, naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e morreu en Padrón, o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio de 1961, comezouse a celebrar o Dia das Letras Galegas, por ser o centenario da data da edición da súa obra: “Cantares gallegos”. Gran innovadora na métrica e algunhas temáticas, que lle chegaron a acarrear moitos problemas coa crítica, foi unha loitadora incansable a prol das mulleres, tratando de romper prexuízos e tabús e solidarizándose cos problemas do pobo, como abusos de poder, emigración, etc. especialmente no seu libro: “Follas novas” (1880) libro problemático, difícil de asimilar pola moral católica e pola sociedade burguesa. A súa poética é dunha autora realista e non romántica, tal como a crítica burguesa tratou de demostrar, explicando como angustias propias o que, en realidade, é reflexo da marxinación e angustia de todo un pobo. Critica a marxinación do seu pobo, partindo da súa marxinación persoal. “...a miña natural disposición, que n´en balde son muller para sentir como propias as penas alleas...” Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro, sendo a súa obra “Cantares gallegos”, unha das obras literarias traducidas a máis idiomas.
"É feliz o que soñando, morre. Desgraciado o que morra sen soñar".