PLAN ANUAL DE LECTURA IES MONTE DAS MOAS CURSO 2015/16
Contido IES MONTE DAS MOAS ......................................................................................................................1 CURSO 2015/16 .................................................................................................................................1 INTRODUCIÓN.......................................................................................................................................3 OBXECTIVOS..........................................................................................................................................3 ESPAZOS ,TEMPOS PARA A LECTURA ,RECURSOS HUMANOS e ECONÓMICOS ...................................4 LIÑAS PRIORITARIAS EN RELACIÓN AO PAPEL DA BIBLIOTECA NO CENTRO ........................................5 PLAN DE ACTUACIÓN POR TRIMESTRES ...............................................................................................6 AVALIACIÓN ..........................................................................................................................................9 ITINERARIOS LECTORES: Fomento da lectura nos diversos departamentos didácticos .....................10 Coordinadora da biblioteca.................................................................................................................22
INTRODUCIÓN Trala aprobación en Consello escolar do Proxecto Lector de Centro, o IES Monte das Moas comprométese a adoptar as seguintes medidas para acadar o PLAN ANUAL DE LECTURA no curso 2015/16 OBXECTIVOS
De acordo coas medidas recollidas no Proxecto Lector do Centro e na Programación da Biblioteca, suscitamos estratexias de carácter xeral relativas á lectura:
“Enganchar” novos lectores. O noso obxectivo principal é aproveitar as inquedanzas literarias dos nosos lectores máis novos e fomentalas, así como impedir perder lectores da etapa de Bacharelato, considerados máis serios pero proclives a outras actividades.
Cultivar o gusto e pracer de ler, compensando a falta de estímulos familiares, sociais ou persoais.
Fomentar a oralidade en todos os ámbitos e disciplinas impartidas no centro.
Favorecer a relación do alumno co libro minimizando a influencia que outras fontes de información e lecer, como é internet ofrece ao alumnado.
Favorecer que os rapaces medren como lectores, descubrindo con eles os diferentes tipos de lectura: silenciosa, oral, individual e colectiva.
Favorecer a comprensión lectora mediante técnicas de traballo persoal e na aula, potenciando o uso dos diferentes tipos de dicionarios nas distintas áreas.
Traballar (ler e escribir) con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico.
Actualizar os fondos bibliotecarios e dos departamentos de cara a mellorar e facer máis atractiva a actividade lectora
Implicar a todo o profesorado nas actividades, campañas ou experiencias programadas para potenciar o hábito lector nos nosos alumnos.
Outras medidas de carácter máis concreto serían: Mellorar as bibliotecas de aula no departamento de orientación (onde traballan os PTs do centro). Actualizar os dous blogs xestionados pola biblioteca que son o escaparate de actividades e centro de recursos. Utilizar a biblioteca e os seus recursos para realizar os seguintes programas nos que está inmerso o centro: o GT composto por profesorado de linguas do centro co título: A Biblioteca como centro de recursos o Dentro dos contratos traballos ofrecidos pola Xunta este ano, e tralo éxito do “Obradoiro de Booktrailers” realizado o ano pasado, temos solicitado un novo obradoiro para a realización dun mapa interactivo do barrio de O Castrillón (onde está situado o noso centro) con contidos multidisciplinares para fomentar un vínculo activo entre coñecemento e entorno. Este traballo incluirá formación en técnicas audiovisuais, lectura
individual, en grupo, redaccións de guións para cortos, entrevistas, implicación clubs de lectura e lectores individuais, a implicación da Anpa, a realización de curtas e a elaboración final do mapa interactivo, to do iso contando cos recursos da biblioteca. Utilización da biblioteca e os seus recursos para a atención ao alumnado fóra do horario escolar (Plan Proa)
ESPAZOS ,TEMPOS PARA A LECTURA ,RECURSOS HUMANOS e ECONÓMICOS Todos os espazos do noso centro están habilitados para realizar calquera das actividades de fomento de lectura promovidas no centro: a biblioteca, as aulas, os corredores principais, o salón de actos … son espazos susceptibles de ser utilizados en calquera das nosas actividades: lectura individual e colectiva, exposicións e outros eventos organizados pola biblioteca. Para a difusión do plan anual utilizamos todos os medios ao noso alcance: internet, cabaletes, carteis e taboleiros informativos nas aulas. Os tempos previstos para a lectura son, ademais dos recreos nos que a biblioteca está a sobordar, e algunhas tardes ocupadas en actividades dos clubs de lectura e outros obradoiros, os previstos para a lectura individual o colectiva no tempo da HORA DE LER ou as horas que os distintos departamentos didácticos dedican a dita actividade como despois detallamos nos itinerarios lectores. En canto aos recursos humanos, contamos cun equipo de traballo e dinamización na biblioteca formado por 10 profesores de diversas materias que se ocupan
fundamentalmente da difusión e fomento de actividades organizadas pola biblioteca. Temos a gran eiva de non contar con ningún membro de departamentos de ciencias, pero esperamos que isto poida cambiar no futuro e que poidamos ter colaboracións puntuais para desenvolver o noso proxecto e o plan anual con maior efectividade. Os recursos económicos dependen a día de hoxe do orzamento anual do centro e, en gran medida, á contribución do Plambe.
LIÑAS PRIORITARIAS EN RELACIÓN AO PAPEL DA BIBLIOTECA NO CENTRO 1-
ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
A biblioteca do noso centro permanecerá aberta durante todos os recreos e mantendo as horas lectivas que sexan posibles, sempre tendo en conta que profesores que forman parte do equipo de dinamización fan moitas veces horas extras fóra do seu horario coa idea de axilizar a catalogación ou calquera traballo de organización que se necesite. O coordinador da biblioteca terá un mínimo 5 horas de garda e contará cun equipo de profesorado, que realizará polo de agora, o labor de catalogación, xa que o préstamo lévano a coordinadora actual e o anterior dinamizador, dúas persoas de máis experiencia, pero a falta dalgunha delas temos xa designado e formado un par de alumnos colaboradores. Seguiremos criterios estandarizados no ámbito bibliotecario (CDU: simplificación para a zona de Narrativa, Poesía e Teatro utilizando o programa “Meiga” para xestionar os fondos e préstamos da nosa biblioteca escolar . 2- DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, INTEGRACIÓN NO CURRÍCULO E CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO.. O equipo de traballo da biblioteca deberá elaborar un programa de ACTIVIDADES CO PROPÓSITO DE DINAMIZAR E PROMOCIONAR OS RECURSOS DA BIBLIOTECA, dito programa deberá ser realista e estar enmarcado dentro das nosas posibilidades funcionais dada a nosa precariedade actual pero basicamente debería constar de: o Sesións de presentación de lecturas. o Guías de orientación á lectura
o Publicidade de lecturas ou concursos de animación á lectura nos taboleiros das aulas, no blog do club de lectura e o blog da biblioteca cando estea en funcionamento. o Convocatoria de concursos literarios o Campañas para os períodos de vacacións. o Creación ou ampliación de bibliotecas de aula. o Elaboración de materiais propios para o club de lectura ou outras actividades de dinamización lectora. o Exposicións de recursos para as distintas conmemoracións ( Dereitos humanos, Día da Paz, Día da muller, Día da Poesía, Letras Galegas, etc. ) o Exposicións de novidades. 2-
FORMACIÓN DE USUARIOS.
Aínda que non temos catalogados todos os fondos da biblioteca, pero si colocados conforme a CDU, este curso elaboraremos unha nova guía de usuarios con gráficos ilustrativos e unha pequena explicación de como utilizar a nosa biblioteca que distribuímos entre toda a comunidade escolar e realizaremos unha sesión de formación cos alumnos e alumnas do 1º curso da ESO, como novidade, salientar que neste curso fixemos tamén unha xeira de sesións de formación de usuarios para o profesorado do centro.
PLAN DE ACTUACIÓN POR TRIMESTRES Iº TRIMESTRE Tarefas:
Formación dos novos membros do equipo de dinamización no manexo do programa
Meiga para axilizar a catalogación dos nosos fondos.
Colaboración na dinamización e realización de actividades
Colocación de sinalización definitiva nos andeis.
Elaboración dun par de cartaces en gran tamaño indicativos da CDU simplificada
para facititar a colocación de materiais e axudar na busca de fondos.
Expurgo.
Publicación de entradas nos nosos blogs
Creación dun blog secundario para poñer de relevo os fondos en películas e outro
material en DVD
Rexistro e colocacións dos fondos
Actividades: Club de lectura “Lecturas Rebuldeiras”. Estará composto por alumnado e
profesorado ou calquera outro membro da comunidade escolar que se reunirá periodicamente para falar de libros. Un profesor responsable da biblioteca encargarase de coordinar e programar o club e dinamizar as súas reunións. (Organizados por niveis).
Creación dun club de Lectura para adultos (pais, nais e profesores)
Formación de usuarios para alumnado de 1º curso e para o profesorado do centro.
Publicitación das lecturas propostas nos taboleiros das aulas, corredores, biblioteca,
e blogs.
Exposición relativa ao Día da Ciencia en Galego
Celebración do SAMAÍN: Concurso de epitafios
Representación de teatro de sombras chinesas
Día contra a violencia de xénero: Exhibición dos traballos elaborados polos alumnos
baseados en dito tema. Lecturas dramatizadas da obra: Vento Ferido de Carlos Casares
Convocatoria dun concurso literario sobre un tema actual e de concienciación
colectiva.
Campaña de lectura de Nadal: elaboración de recomendacións de lecturas e posible
posta en marcha dunha campaña de “Regalos-préstamo” para o fomento da lectura de libros da biblioteca. . A biblioteca recollerá ao principio de curso as solicitudes de novas adquisicións, de xeito que o profesorado e o alumnado conte cos recursos precisos para desenvolver o seu traballo.
2º TRIMESTRE Tarefas:
Rexistro e catalogación do material existente e de novos fondos
Colocación dos andeis e mantemento da orde nelas. Expurgo.
Publicación de matetiais nos nosos blogs
Organización da “HORA DE LER”
Actividades: Día da Paz. Exposición de lecturas relativas ao tema proposto Día dos namorados. Concurso en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística. Día da prensa: exposición de portadas e concurso .“Día da muller”. Exposición fotográfica realizada por alumnado e e profesorado. Exposición no corredor de biografías de mulleres: no mundo, en España, en Galicia. Posibilidade de escoller “Mulleres Viaxeiras” .Club de lectores. Continuación. .Publicitación das lecturas propostas nos taboleiros das aulas, corredores e bibliotecas. Continuación. .Campaña de lectura de vacacións.Elaboración de boletíns ou guías de lectura
3er TRIMESTRE Tarefas:
Rexistro e colocacións dos novos fondos
Colocación dos andeis e mantemento da orde nelas. Expurgo.
Publicación de entradas nos blogs
Guía de lectura para o verán e exposición.
Actividades:
Día da poesía. Selección e lectura de poemas na biblioteca. Colaboración
cos departamentos de linguas para realizar lecturas sorpresa nas diversas aulas
Día do libro e dos dereitos de autor.
-Exposición conmemorativa nos
taboleiros : citas, recensións , autores, etc
-Exposición de NOVIDADES na biblioteca. Club de lectura. Continuación. ABRIL mes das letras. Elaboración de múltiples actividades para celebrar o Día do Libro: Feira de Libros de 2ª man, Teatro, lecturas dramatizadas... Día das LETRAS GALEGAS. Exposición no corredor das obras do autor homenaxeado no ano e en anos anteriores; Exposición no corredor de carteis elaborados no centro (alumnado e profesorado) acerca da vida e obra do autor. Concurso de elaboración de poemas visuais . Campaña de lectura de vacacións.
AVALIACIÓN Realizaremos dous tipos de avaliación para coñecer o grao de satisfacción e eficacia do Plan Lector dentro da nosa comunidade educativa:
De forma directa: o Avaliaremos os resultados das reunións periódicas do equipo de traballo da biblioteca e as suxestións e comentarios que nos fagan os membros dos diversos departamentos didácticos. o Comprobaremos a incidencia das recomendacións dos departamentos a través dos préstamos de fondos na biblioteca.
De forma indirecta: o A través dos resultados das enquisas que temos intención de publicar no noso blog da biblioteca.
ITINERARIOS LECTORES: Fomento da lectura nos diversos departamentos didácticos
CASTELÁN:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Todas as Unidades ábrense con textos (fundamentalmente narrativos, nos cursos da ISO e expositivo-argumentativos, en Bacharelato) para traballar a comprensión lectora. Trabállanse cinco destrezas: - Comprensión global - Obter información. - Interpretar o texto. - Reflexionar sobre a forma. - Reflexionar sobre o contido. Lecturas. Lense dous libros por trimestre. Un máis próximo aos contidos curriculares e outro máis en consonancia cos gustos persoais de cada alumno (libre elección). 3. Utilízanse guías de lectura de cada obra con orientacións e propostas de traballo. 4. Realízanse debates sobre as obras de lectura común para desenvolver tamén a expresión oral e asimilar pautas de comportamento social. 5. Realización de actividades creativas sobre as lecturas. 6. Creación de obras propias. Lectura en público, participación en concursos? 7. Todos os cursos da ESO teñen programada unha visita guiada a algunha biblioteca. 8. Participación de profesores do Departamento no Club de lectura do IES, coordinado pola Vicedirección do Centro. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA LECTURAS OBLIGATORIAS. 1º de ESO: · LÓPEZ NARVÁEZ, Concha: La sombra del gato y otros relatos, Alfaguara. · SIERRA I FABRA, Jordi: El asesinato de la profesora de lengua, Anaya. · REID BANKS, Lynne: Tigre, tigre, Bambú. · Una obra de teatro. 2º de ESO: · RUIZ ZAFÓN, Carlos: Las luces de Septiembre, Planeta. · MIHURA, Miguel: Melocotón en almíbar, Espasa Calpe. · KERR, Judith: Cuando Hitler robó el conejo rosa, Alfaguara. 3º de ESO: · HINTON, Susan E.: Rebeldes, Alfaguara. · MARTÍN GAITE, Carmen: Caperucita en Manhattam, Siruela. · CASONA, Alejandro: Retablo jovial, Bruño. 4º de ESO: · BÉCQUER, Gustavo Adolfo: Rimas y leyendas, Teide (Biblioteca de autores clásicos). · BAROJA, Pío: Zalacaín el aventurero, Espasa Calpe. · FERNÁN GÓMEZ, Fernando: Las bicicletas son para el verano, Vicens Vives. 1º de Bachillerato: · Lecturas Edad Media: · Romancero (Antología) · El conde Lucanor, D. Juan Manuel (Selección de cuentos). · Coplas a la muerte de su padre, Jorge Manrique. · Lecturas Siglos de Oro:
· Lazarillo de Tormes, Anónimo. · El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, Cervantes (Selección de capítulos). · La vida es sueño, Calderón de la Barca. 2º de Bachillerato: · Campos de Castilla, Antonio Machado. · La fundación, A. Buero Vallejo. · Crónica de una muerte anunciada, Gabriel García Márquez. · Plenilunio, Antonio Muñoz Molina. Otros títulos elegidos este curso por los alumnos: 1º de ESO: · O. WILDE, El crimen de lord Arthur Saville. · A. FINE, Señora Doubtfire. · LONDON, Jack: La llamada de lo salvaje. · LINDO, Elvira: Manolito Gafotas 2º de ESO: · VERNE, Julio: Miguel Strogoff. · C. R. ZAFÓN, El príncipe de la niebla. · C.R. ZAFÓN, Luces de septiembre. · GÓMEZ CERDÁ, El rostro de la sombra. 3º de ESO: · C LÓPEZ NARVÁEZ, El tiempo y la promesa. · CERVANTES, Entremeses. · M. HADDON, El curioso incidente del perro a medianoche. · MENDOZA, Eduardo, Sin noticias de Gurb. 4º de ESO: · J.D. SALINGER, El guardián entre el centeno. · AAVV, Antología del cuento realista, Casals. · Antología lírica, Casals. · MADRID, Juan: Huida al Sur. 1º de Bachillerato: · GARCÍA LORCA, Federico: Bodas de sangre. · ALONSO DE SANTOS, José Luis: La estanquera de Vallecas o Bajarse al moro. · Antología de cuentos realistas.
CIENCIAS NATURAIS:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Como non pode ser doutro xeito, o plan lector do centro é a nosa guía de actuación. Así pois, a lectura comprensiva de textos, de diferentes graos de dificultade, a presentación de traballos escritos, o traballo sobre vocabulario, a correcta expresión oral e escrita á hora de expoñer unha cuestión, etc son parte integrante da nosa actividade diaria. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA Cada profesor, tendo en conta o curso e o nivel do alumnado poderá aconsellarlle libros de entre esta lista de títulos de divulgación científica: El Pulgar del Panda.- Stephen Gould Mi familia y otros animales.- Gerald Durrell
Tectónica de placas.- J.F. Jordá El Universo.- I. Asimov Vida Maravillosa.- Stephen Gould El electrón es zurdo y otros ensayos.- Asimov Agujeros negros y pequeños universos.- Stephen Hawking El secreto de la vida.- James D. Watson El viaje de Beagle.- Charles Darwin Los sabuesos de Bafut.- Gerald Durrell
CCSS: DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Lecturas e traballos voluntarios por avaliación. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA lista de lecturas secuenciadas por épocas históricas nas páxinas web de profesores do departamento: http://www.edu.xunta.es/centros/iesmontemoas/node/1323
DEBUXO:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Ao longo de todo o curso e en tódolos temas, faránse lectura e comprensión das imaxes nos seus diferentes tratamentos ao longo do temario, incidindo nuns casos na comprensión da imaxe propiamente dita e noutros, na elaboración das mesmas partindo da comprensión e aplicación dos conceptos sobre os elementos que constitúen tanto a comunicación visual como os que forman as propias imaxes no seu aspecto formal e técnico.Farase especial fincapé na lectura dirixida ao desenrolo da visión espacial e da proporción, así como a potenciación da creatividade buscando diferentes solucións ás imaxes propostas. Aportarase á Biblioteca do Centro unha relación de libros de apoio e consulta para ponteciar estas capacidades ITINERARIO LECTOR DA MATERIA CURSO 1º ESO EPVA 1º ESO VOLUME 3º ESO EPVA 4º ESO EPVA
1º BACH DEBUXO ARTÍSTICO
TITULO Aprender a dibujar y pintar con Balui Los elementos del Pop-Up Directorio de Origami. La invención de Hugo Cabret Como se hace un cómic El ojo del fotógrafo Luis Seoane ¿Cómo nacen los objetos? Emigrantes El conocimiento secreto 52 Proyectos de collage 52 Proyectos de pintura
AUTOR José Luis Oñate David A. Carter- James Diaz Ashley Wood Brian Selznick Scott McCloud Michael Freeman C. Otero Vázquez (varios libros e catálogos da Biblioteca) Bruno Munari Shaun Tan David Hockney Bee Shay Deborah Forman
1º BACH DEBUXO TÉCNICO
Planilandia La catedral del fin del mundo. Una historia dibujada Dibujo y Proyecto Geometría paso a paso.
2º BACH DEBUXO TÉCNICO
Edwin A. Abbott Arturo Franco Taboada Francis D.K. Ching Alvaro Redón Gómez
ECONOMÍA:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Nas clases de Economía utilizan artigos de prensa. Empregan algún libro só en fragmentos e
do material do que se dispón no departamento. O tempo dedicado é dunha hora cada quince días, máis ou menos, cando se remata cun tema. Un día á semana van á aula de informática consultando páxinas da materia e respondendo cuestionarios. Os libros de divulgación xeral sobre economía, aínda non estando pensados para economistas, resúltanlles difíciles. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA
o Libros recomendados: El economista camuflado : la economía de las pequeñas cosas / Tim Hardord El vendedor de tiempo : una sátira sobre el sistema económico / Fernando Trías de Bes
Fast Food.- Eric Schlosser Indignaos.- Stéphane Hessel Homo económicus.- Anxo Penalonga La semana laboral de 4 horas. Timothy Ferriss Economía en ½ hora.- Sande y Calvo (cómic) ¿Quién se ha llevado mi queso?.- Spencer Johnson Despilfarro: el escándalo global de la comida
EDUCACIÓN FÍSICA:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA As medidas contempladas polo departamento de Educación Física son as seguintes: ITINERARIO LECTOR DA MATERIA 1º E.S.O. Para pasar un bo rato: “KIKA A BRUXATOLA POLO FÚTBOL” Para ampliar coñecementos: “OS XOGOS POPULARES E OS DEPORTES TRADICIONAIS” Terán que elixir un para realizalo na clase de Educación Física. 2º E.S.O. En colaboración cos departamentos de linguas ( castelá e galega), elixiranse testos que o alumnado poida representar na clase de Educación Física. O propio alumnado poderá aportar aquel libro que máis lle gustou e que se pode representar na clase. 3º E 4º E.S.O. “PRENSA” Búsqueda e lectura daqueles artigos relacionados coa Saúde e o Deporte
FÍSICA e QUÍMICA:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Temporalización: Non temos unha periodicidade establecida para a realización de lecturas, dado que se fan cando os contidos traballados o requiren e/ou o fan posible. Tipoloxía das lecturas: Sempre son obrigatorias e atopanse no libro de texto do alumno. Poden ser lecturas propostas no texto ao remate dunha unidade e relacionadas cos contidos da mesma, ou lectura de alguna parte dunha unidade para que procedan ao seu subliñado e resumo oral ou escrito, para comprobar a comprensión.
UTILIZACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA En principio nos temos establecido a utilización dos recursos de xeito habitual, pero sempre estamos abertos a facelo se algún proxecto nos parece axeitado para as nosas materias. Tamén de forma esporádica podemos pensar en facer uso dos materiais disponibles para consulta co alumnado.
ITINERARIO LECTOR DA MATERIA 20 MIL LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO ----- Julio Verne 'Quantic love', Sonia Fernández Vidal Desayuno con partículas, de Sonia Fernández Vidal y Francesc Miralles Momentos estelares de la ciencias.-Isaac Asimov
FILOSOFÍA:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA En 1º e 2º de Bacharelato as lecturas indicadas son de carácter obrigatorio. As indicadas para 2º da ESO son optativas ITINERARIO LECTOR DA MATERIA TÍTULO / AUTOR La filosofía explicada a mi hija Roger-Pol DROIT 1º Bach. Occidente explicado a todo el mundo Roger-Pol DROIT 1º Bach. Ética para Amador Fernando SAVATER 1º Bach. El mundo de Sofía Jostein GAARDER 2º Bach. La vuelta al mundo de un forro polar rojo Wolfgang KORN 2º ESO Venres ou a vida salvaxe/ Viernes o la vida salvaje Michel TOURNIER 2º ESO
FRANCÉS
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Séguense as directrices marcadas polo Plan Lector do Centro. Lectura na aula e na casa de libros adaptados cos alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e manexo de dicionarios bilingües e monolingües a disposición do alumnado na biblioteca. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA O alumnado escolle as lecturas graduadas acordes ao seu nivel entre os fondos ofertados pola biblioteca.
GALEGO: DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA
As actividades que irá levando a cabo este Departamento en relación co Proxecto Lector:
Obra de lectura obrigatoria en cada trimestre con probas e traballos de diferente tipo (comprensión, interpretación, análise literaria dalgún aspecto, etc.) que se irán marcando en cada momento do trimestre.
Lectura mínima diaria de 15 minutos e de textos de moi variado tipo. ( Na ESO)
Visita á biblioteca do centro para realización dalgún traballo, previamente deseñado na clase, e sobre o que terán que buscar información.
Uso da biblioteca para a lectura en silencio dalgunha obra literaria, cómic, revista, etc. que, anteriormente, a profesora ou profesor decida.
Valorar a participación activa no Club de lectura, (puntuando con un máximo de 1 punto)
Valoración de lecturas voluntarias, expostas nas aulas con comemntarios orais…(posibilidade de puntuar ata 0,5) ITINERARIO LECTOR DA MATERIA Libros de lectura 1º da ESO (un por avaliación, obrigatorios para aprobar, lecturas na aula, en alto, exercicios de comprensión, expresión, ampliación, resumo... comentarios.) Usha, María Reimóndez. Bala Perdida, Manolo Rivas. Ith, Silvestre Gómez. Palabras de auga, Marcos Calveiro Palabras de Caramelo, Gonzalo Moure
Lecturas voluntarias que poderán ser avaliadas oralmente ou con comentarios persoais do alumnado sumando 0,5 puntos (lectura fóra da aula)
Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro. Suso Espada. O misterio do Grial, Francisco fernández Naval. Suso Espada. Istambul e o cabaliño de ouro, Francisco fernández Naval. E Xoel aprendeu a voar, Marica Campo A farsa de Bululú, Manuel María, teatro Castelao. Protagonistas da Historia, Ed A.N.T
Libros de lectura 2º da ESO (Explicación nas aulas de diferentes aspectos das obras, guións de lectura, lectura persoal na casa, exames escritos, traballos personalizados, ampliacións da obra...) Un bosque cheo de faias, Francisco Castro Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz A banda sen futuro, Marilar Alexandre As fronteiras do medo, Agustín Fernández Paz
Lista aberta para lecturas voluntarias entre os que figurarán: Maldito DNI, Pepe Carballude.
Amor dos 15 anos, Marilyn A expedición do Pacífico, Marilar Aleixandre. O achado do castro, Núñez Singala Os corredores de sombra, A. Fernández Paz Pel de lobo, Xosé Miranda Libros de lectura 3ºESO (Explicación nas aulas de diferentes aspectos das obras, guións de lectura, lectura persoal na casa, exames escritos, traballos personalizados, ampliacións da obra...) 1ª : Irmán do vento, Manuel Lourenzo./ Voluntario: Memorias dun neno labrego, X. Neira Vilas 2ª : Cousas, Retrincos, Castelao/Cadernos da escola dramática, Teatro Voluntario: Cantares gallegos, Rosalía. Na terceira avaliación : Lista aberta entre os que poden figurar: O pintor do sombreiro de malvas, Marcos Calveiro Memorias dun neno labrego, X. Neira Vilas Chamábase Luís, Marina Mayoral Tristes armas, Marina Mayoral Conta saldada, Suso de Toro O señor Ibrahim e as flores do Corán, Eric Emmanuel Schmitt A sombra descalza, An Alfaya Os biosbardos, E. Blanco Amor Libros de lectura 4º ESO (Explicación nas aulas de diferentes aspectos das obras, guións de lectura, lectura persoal na casa, exames escritos, traballos personalizados, ampliacións da obra...) 1ª : Retrincos/Os dous de sempre / Os vellos non deben de namorarse, Castelao. 2ª : Vento ferido, Carlos Casares. Na terceira avaliación unha selección para facer un traballo guiado ou exame, a escoller: Arnoia, Arnoia, Méndez Ferrín. Unha árbore un adeus, Marina Mayoral. Á lus do candil, Anxel Fole. A nosa cinza, Xabier Alcalá. A comedia bífida, Nuñez Singala. Rúa Carbón, Marilar Aleixandre. Made in Galiza, Sechu Sende. Cartas de amor, Fran Alonso. Morning Star, Xosé Miranda. O pintor do sombreiro de malvas, Marcos Calveiro Que me queres amor?, Manolo Rivas
A lingua das bolboretas, Manolo Rivas Ollos de auga, Domingo Villar O ceo dos afogados, , Domingo Villar Ruído, M. Anxo Murado O lapis do carpinteiro, M, Rivas Cartas de amor, Fran Alonso O club da calceta, M, Reimóndez Os fillos do mar, Pedro Feijoo Dos arquivos do trasno, R. Dieste
(e outras obras significativas da literatura actual, ver listado de 3º curso)
1º de Bacharelato (Explicación nas aulas de diferentes aspectos das obras, guións de lectura, lectura persoal na casa, exames escritos, traballos personalizados, ampliacións da obra...) 1º Trimestre, NARRATIVA: A Esmorga, Eduardo Blanco Amor 2º Trimestre, TEATRO,a escoller: Obra dramática completa de Jénaro Marinhas. A fiestra valdeira, R. Dieste Teatro actual por determinar 3º Trimestre: POESÍA, a escoller entre os seguintes: Follas novas. Rosalía. Aires da miña terra. Curros. O divino sainete. Curros. Queixumes dos pinos. Pondal. 2º de Bacharelato (Explicación nas aulas de diferentes aspectos das obras, guións de lectura, lectura persoal na casa, exames escritos, traballos personalizados, ampliacións da obra...)
1º-Amor de tango, Mª Xosé Queizán Lecturas optativas, puntuarán máximo 0,5: Esperando o leiteiro, Xosé Neira Vilas. Vento Mareiro, Ramón Cabanillas 2º-Merlin e familia, Álvaro Cunqueiro. Lecturas optativas, puntuarán máximo 0,5: Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro. 3º- Saxo Tenor ou outra obra dramática de Roberto Vidal Bolaño; Zardigot, Criaturas, ... A comedia bífida, Núñez Singala
INGLÉS:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Lecturas obrigatorias nos cursos da ESO que se traballaran periodicamente na clase e 1º Bacharelato. Lectura voluntaria de libros existentes no departamento e na biblioteca para os alumnos que asi o desexen. No primeiro curso da ESO os alumnos aprenderán o uso e manexo dos dicionarios na aula e /o biblioteca. Lectura de artigos e reportaxes (prensa e revistas) relacionados cos temas das unidades didácticas e con temas da vida diaria que teñan relación cos temas estudados a través das diferentes unidades. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA
1º ESO Libro de lectura: Spider Boy. Margaret Johnson. Ed Cambridge. 2º ESO Libro de lectura: The Missing Coins. John Scott. Ed. Pearson. 3º ESO Libro de Lectura: All About Ireland. Emily Winston. Ed Burlinton. 4º ESO Libro de lectura: Casino Royale. Ian Flemming. Ed. Macmillan. 1º BACHARELATO Libro de lectura: The Perfect Storm. Sebastian Junger. Ed. Macmillan. 2º BACHARELATO Lecturas de textos periodísticos, científicos, informales… etc, de forma continua.
LATÍN e GREGO:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA As lecturas que propoñemos para Cultura Clásica creemos que poden aportar ós alumnos un coñecemento dos mitos presentes en distintos campos da nosa cultura e ver como aínda hoxe seguimos bebendo da cultura clásica. No Bacharelato pretendemos que o alumnado saiba ver que tanto a traxedia como a comedia, sobre todo a grega, apórta a nosa cultura o plantexamento da problemática da vida humana: o amor, a xustiza, o conflicto entre individuo e sociedade, a corrupción etc. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA 1.- CULTURA CLÁSICA - ANNE MARIE ZARKA: EDIPO, OS DOCE TRABALLOS DE HÉRCULES, XULIO CÉSAR, VIAXE DE ULISES. COLECCIÓN PARA DESCUBRIR OS CLÁSICOS” EDITORIAL AKAL BELTRÁN E OUTROS: VERSIÓN ADAPTADA DO “VIAXE DE ULISES” . “ O ASNO DE OURO” EDITORIAL TILDE.
TERESA GAIL E OUTROS: HISTORIAS DE FANTASMAS E MISTERIOS DA ANTIGUEDADE EDITORIAL TILDE NUEVA AURIGA 8 BIBLIOTECA JUVENIL): A ODISEA E A ILÍADA”. 2.- BACHARELATO LECTURA DE COMEDIA LATINA PLAUTO: A COMEDIA DA OLA MILES GLORIOSUS COMEDIA GREGA ARISTÓFANES: AS ASAMBLEARIAS AS NUBES TRAXEDIA GREGA: SÓFOCLES: EDIPO REI ANTÍGONA EURÍPIDES: MEDEA ELECTRA HOMERO:A LGÚN LIBRO DA ILÍADA E AODISEA.
MATEMÁTICAS: DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA O Departamento de matemáticas contribúe ao plan lector, facendo unha especial énfase na compresión dos enunciados dos problemas, así como a compresión das definicións e os conceptos utilizados na materia obxecto de estudo. Ademáis cada profesor pode, se o considera oportuno, recomendar ao seu alumnado a lectura de libros, tales como:
ITINERARIO LECTOR DA MATERIA 1º ciclo de ESO: FRABETTI, Carlo. El palacio de las cien puertas. Alfaguara FRABETTI, Carlo. Malditas matemáticas. Alicia en el país de los números. Alfaguara MOLINA, María Isabel. El señor del cero. Alfaguara YAIZA, Alicia. Mi amigo Pitágoras. Createspace
2º ciclo de ESO: SIERRA I FABRA, Jordi. El asesinato del profesor de matemáticas. Anaya TAHAN, Malva. El hombre que calculaba. Ed. Nuevo Extremo. SINGH. Simón. Los Simpson y las matemáticas. Ariel, colección clave YOKO, Ogawa. La fórmula preferida do profesor. Funambulista
MÚSICA:
DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA Téntase seguir as directrices marcadas polo Plan Lector do Centro. Foméntase que os alumnos acudan á Biblioteca do centro para resolver dúbidas, ampliar coñecementos e realizar traballos de clase.
As clases inícianse preguntándolle ós alumnos se escoitaron ou leron algo relacionado coa música e coméntanse as noticias importantes. Con este preténdese fomentar o interese dos alumnos polos medios de prensa. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA Nos cursos de 2º e 3º de ESO os alumnos deben realizar obrigatoriamente un traballo, aínda que pode realizar outro voluntario. Unha das modalidades é a lectura dun libro relacionado coa música (unha novela tipo El joven Lennon, El violín de Auswitz, Nacidos para la música, etc., todas elas presentes na biblioteca do centro) e posterior comentario. E outro modelo é un traballo teórico a partir de material tomado de internet ou dos libros da Biblioteca. En Bacharelato manéxanse en case todas as clases materiais impresos relacionados coa música, normalmente sen adaptacións pedagóxicas, de modo que se incorporen a un consumo musical ‘adulto’. O uso da biblioteca do centro é principalmente autónomo, non dirixido, excepto que os alumnos pidan axuda concreta. Ademais algunhas clases da materia danse na propia biblioteca para aproveitar os medios que esta proporciona.
RELIXIÓN CATÓLICA DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA
ITINERARIO LECTOR DA MATERIA El viaje de Teo.- Catherine Clément Historia da Igrexa Galega.- José García Oro y otros Cien rostros de Cristo.- Clemente Arranz Enjuto Francisco El Buenagente.- Cortés
TECNOLOXÍA: DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA
O departamento de Tecnoloxías promove: -O fomento da lectura. -O desenvolvemento da lectura comprensiva de forma continuada e progresiva. -A lectura de todo tipo de textos en soporte impreso ou dixital. -A educación en información, empregando as tecnoloxías da comunicación e da información. O noso traballo durante este curso consistirá, basicamente en desenvolver actividades co obxectivo de crear hábito lector e fomentar o gusto pola lectura. Os recursos que empregaremos son os da biblioteca do centro: Libros Enciclopedias Dicionarios CD e DVD Material informático e internet: ordenadores, pizarras dixitais, impresoras e canóns de video. Propoñemos as seguintes actividades: Seleccionar lecturas tendo en conta os diferentes niveis de dificultade no contido e no vocabulario. Elaborar actividades de comprensión lectora (fichas). Empregar todo tipo de textos, en soporte papel ou dixital. Aproveitar os recursos da biblioteca do centro.
Compartir estratexias e recursos cos demais departamentos, e actuar conxuntamente, sempre que sexa posible. ITINERARIO LECTOR DA MATERIA
2º eso: Relatos Galácticos de Jordi Sierra i Fabra. 3º eso: El mundo de Max de Javier Fernández Panadero. 4º eso: Momentos estelares de la ciencia de Isaac Asimov
Traballaremos neste curso para adecuar as peticións dos diversos departamentos didácticos aos fondos da nosa biblioteca, na medida do posible, para que poidan desenvolver coa meirande efectividade os seus plans individuais de fomento da lectura.
Coordinadora da biblioteca
Asdo. Noemí Puga Vidal