IES Monte das Moas
2017/2018 Nยบ31
Equipo de redacción Abelleira Vázquez, María Balado García, Marta Bello Díaz, Joaquín Castro Barreira, Aida Castro Martínez, Miguel Ferro Fernández, Paula Franco Tilve, Uxía García Yáñez, Noelia
González Raña, Paula Ladero Fernández-Tafall, Pablo López Corral, María López Teijeiro, Antía López Vázquez, Antía Méndez García, Aroa Pardo Márquez, Daniel Paz Gómez, Laura
Coordinación: Ramona Giráldez Domínguez
Pellati Tosar, Yago Pose Gélvez, Agustín Fabián Rivera Bonillo, Raymond Manuel Vázquez Varela, Daniel Veiga Sánchez, Paula Vilariño Suárez, Javier Viqueira Fuentes, Lucía
Dirección técnica: Patricia Muñoz Carril1
Despedindo a Ramona
56 1
Editorial “ Dicir: 'a min non me gustan as despedidas' é unha frase feita e un lugar común, un tópico que a forza de repetirse perde o seu sentido... Pero a min non me gustan as despedidas. E, aínda que non me gusten as despedidas, hoxe toucoume”... Así comecei o pequeno discursiño de despedida na graduación do alumnado de segundo de Bacharelato e así comezo agora este Editorial. Despois dunha longa carreira docente, de moitos anos, en Moas (case trinta) e duns cantos (cinco, creo), facéndome cargo desta revista, hoxe tócame despedirme. Levo meditando moito a idea da prexubilación porque o Ensino, como ben sabedes os que me coñecedes, é unha parte fundamental da miña vida, non só no aspecto laboral. Adoro esta profesión, nunca me arrepentín de escollela e fun moi, moi feliz todos estes anos entregándome a ela. Considero a aprendizaxe que nos une como algo mutuo e penso que ao longo destes anos aprendín moito do meu alumnado e tratei de transmitir tamén coñecemento, información, experiencias e todo o que fun quen de ensinar. O respecto, a amizade, a confianza e mesmo o cariño é a base da relación entre alumnado e profesorado. En todos estes anos esas foron as miñas metas, e penso que as logrei. Moitos dos meus mellores amigos e amigas actuais formaron parte do meu alumnado nalgún momento... Algúns xa son pais e nais de fillos grandes, outros de fillos pequenos, outros aínda estades aí, nas miñas aulas e dáme moita mágoa dicirvos “adeus”. Pero sei que este “adeus” sempre vai ser un “ate logo”, aínda que isto tamén soe a tópico e lugar común. Mais é que certamente, non é unha despedida definitiva: Sei que nos veremos no barrio, na praia, nos bares e nas tendas... Sei que un día irei a unha consulta e o médico ou médica será un de vós, irei mercar e seredes dependentes, seredes camareiros, avogados, enfermeiros e enfermeiras con quen me volverei encontrar, ou simplemente seredes ese exalumno ou exalumna con quen me pararei a conversar, que me contará como lle vai na Universidade, no traballo ou na familia, e que, quizá lembre algunha das cousas que aprendeu nas miñas clases. Que riremos xuntos lembrando aquela anécdota, aquel detalle ou aquela excursión. Estiven moi ben con todos e todas vós, tamén cos meus colegas: as conversas no café do recreo, nos ocos entre avaliación e avaliación, as excursións, os camiños que recorremos xuntos e non falo só de camiños físicos. Custoume moito tomar esta decisión, pero agora que que xa está, deséxovos o mellor. Moita sorte e moito éxito aos que tamén marchades, que a vida vos sorría e que triunfedes en todo o que emprendades. En canto aos que quedades, quedades en moi boas mans, nun dos mellores institutos da Coruña, cun trato próximo e familiar e cun nivel moi alto de formación. Eu marcho con vós no corazón e espero quedar nos vosos tamén (ao menos un tempiño...) O Son Rebuldeiro seguirá a súa andaina e agardo que sexa por moitos anos. Sei que seguiredes traballando arreo nesta preciosa revista que é a nosa voz, a voz de Moas desde hai moitos anos e que o seguirá sendo. Longa e fermosa vida ao Son Rebuldeiro e que non deixe nunca de rebulir. Sempre convosco
Ramona. 2
3
GRADUACIÓN 2017-18
Este foi un curso moi estresante, así que case non nos demos conta de que nos iamos ir pronto, pasamos seis anos aquí, algúns máis, e aínda que houbo momentos malos, en xeral foi unha experiencia positiva. Por iso queriamos recordar todo o que mereceu a pena. Cando empezamos o instituto pensabamos que ía ser como en High School Musical, pero as clases non duraban 5 minutos e desde logo non cantabamos. O que si é certo é que nos serviu para coñecer a moita xente coa que crecemos e á que agora temos que dicir adeus. O mellor deses anos foron os momentos nos que fomos de excursión, viñéronnos dar charlas, a celebración do Entriodo, o Magosto, vimos películas.., en definitiva, o mellor era cando perdiamos clase e cambiabamos de actividade. Nestes anos puidemos gozar de viaxes como: Paris, Italia, Reino Unido. Excursións como: ás Termas de Ourense, Lugo, e por suposto o mítico Correlingua coas nosas camisetas pintadas. De todo isto quedámonos cos risos, cos lugares que visitamos e que nos serviron para afianzar moitas amizades. Tampouco debemos esquecer moitas outras actividades: teatros, museos, concertos nas que “perdíamos” dúas horas de clase e agradécíase.
4
Pero, poñéndonos máis serios, todo isto non sería posible sen os profesores, que nos ensinaron e axudaron a converternos nas persoas que somos hoxe. Por moito que nos queixemos de que as clases son interminables, temos que darlles as grazas por todo o que aprendemos e, sobre todo, por ter tanta paciencia como para aguantarnos e non morrer no intento. Non podería facer esta despedida sen mencionar aos nosos compañeiros. Coñecémonos desde que entramos ao instituto, algúns ata de antes, e agora, logo de tantos anos, temos que tomar camiños distintos. Probablemente non somos conscientes de todo o que vivimos xuntos e de que pronto acabará. Será raro non vernos todas as mañás con caras de zombies, queixarnos do pouco que dura o recreo e discutir para poñer as datas dos exames. Cando pasen uns anos e miremos atrás só recordaremos estes momentos bos. Todos os momentos malos de estrés por exames e traballos ou os nervios antes dunha exposición non van ter tanta importancia fronte aos risos, os cotilleos, as viaxes de fin de curso, a alegría de saír a última hora ou entrar a segunda, as bromas, os profesores e os amigos que fixemos e esperamos conservar durante moito tempo. Así que grazas por todo e nunca esqueceremos esta experiencia que sen cada un de vós non tería sentido.
Noa Hernández Castro
5
6
Onte, 6 de Marzo, algúns alumnos de 1º , 2º de Bach e 4º da ESO fomos de excursión a Lugo, acompañados dos profesores Enrique e José Luís para asistir a unha función no Certame do Teatro Greco-latino. Saímos do centro sobre ás 9:30h da mañá e fixemos unha parada en Friol para tomar un café, estirar un pouco as pernas, etc. Chegamos a Lugo sobre as 11:00h e fomos a un museo etnográfico no castelo de San Paio de Narla, alí unha guía explicounos un pouco a historia dese sitio. Ao saír de alí, fomos dar un paseo polas murallas de Lugo e, a partir de aí, tiñamos tempo libre para comer, ir dar unha volta ao centro comercial “As Termas” e pasear ata as 15:45h que nos reuníramos na praza de España e ir dende alí ata o teatro onde veríamos a obra teatral: “Miles Gloriosus” que, a verdade, é que estivo moi ben representada polos rapaces e fixérona bastante amena ao darlle unha versión máis moderna. Creo que este tipo de saídas, están moi ben xa que nos axudan a ver, neste caso, como eran os romanos, como pensaban e o estilo de vida que levaban. Finalmente, chegamos de volta ao centro sobre as 19:00h.
Laura Paz Gómez. 1° de Bach C
7
8
9
Viaxe París-Bruxelas O 15 de marzo ás 5:00 da mañá, cos ollos vermellos pola falta de sono e os nervios debidos á emoción dunha viaxe tan esperada, chegamos ao aeroporto de Alvedro á espera de embarcar con destino a Madrid-Barajas. Á chegada ao aeroporto de Madrid, como punto intermedio da nosa viaxe, alargouse por un período de 4 horas, ata que embarcamos por fin cara ao noso primeiro destino, a cidade da luz: París. O noso primeiro contacto con París foi o traslado correspondente dende o aeroporto, ata o hotel que ía ser o noso fogar durante un par de días. Tras deixar maletas e demais no hotel, fixemos unha visita guiada para percorrer o barrio do Sagrado Corazón, acompañada da chuvia, e rematamos cunha sesión fotográfica aos pés da Torre Eiffel, marabillosamente iluminada. Ao seguinte día, tivemos a oportunidade de entrar nun dos museos máis importantes do mundo, o Louvre, seguido dunha visita á catedral de París, Nôtre Dame. Dende aquí, pasamos ao barrio latino onde aproveitamos para recuperar forzas, xantando nun dos seus múltiples “bistrots”. A continuación aproveitamos para ir camiñando ata o emblema da cidade, que non é outro que a sempre ben nomeada Torre Eiffel. Ao anoitecer tivemos a oportunidade de percorrer o Sena nos seus famosos “barcos mosca” e descubrir o por que se coñece a París como a cidade da luz. Os monumentos máis importantes da cidade estaban iluminados, mostrándonos a todos a importancia histórica desta cidade. Por fin, ao terceiro día, unha das visitas máis desexadas por todos nós, a entrada en Disneyland París. O día non acompañou o noso percorrido por un dos parques de atraccións máis famosos. Un día chuvioso, desapracible e frío, non impediu que gozásemos ao máximo posible das actividades que nos brindaba o parque.
Alicia Sánchez Sáez 4ºA 10
Subímonos en todo aquilo que foi posible co tempo limitado que supón este tipo de eventos. O día no parque rematou cunha habitual cerimonia de fogos artificiais e espectáculo de luz para garantir que non o esquezamos en moito tempo. Despois, volver a facer as maletas e deixar esta cidade tan impresionante, dirixímonos en bus cara ao noso seguinte destino, a cidade de Bruxelas.
Ao chegar tivemos a oportunidade, mediante unha visita guiada, de coñecer algúns lugares emblemáticos da cidade como, por exemplo, o Atomium, o Manneken Pis e a Grand-Place.
O seguinte día, e como un dos motivos da nosa viaxe, visitamos o Parlamento Europeo, no que o parlamentario José Blanco, respondeu a varias das nosas cuestións.
O resto do día aproveitámolo para ver a Casa da Historia Europea, (un museo interactivo onde as explicacións eran mediante unas tabletas dixitais), realizar algunhas compras e poder tomar algún chocolate quente.
Alicia Sánchez Sáez 4ºA 11
París-Bruxelas
A punto de acabar a nosa viaxe, desprazámonos a Brujas e Gante, dúas cidades que parecían sacadas dun conto de fadas. Visitamos canles e rúas durante o último día, gozando dunha paisaxe fantástica. Como todo o bo sempre acaba, o noso último día serviunos para despedirnos de Bruxelas visitando unha interesante exposición sobre a cidade de Pompeia sepultada polo Vesubio e o museo do Cómic, antes de emprender a viaxe ao aeroporto de volta ao noso país.
Cansos, pero satisfeitos dos momentos pasados en Francia e en Bélxica, imaxino que ningún de nós esqueceremos esta viaxe, como aqueles que lembras con agrado cando pasan os anos.
Aparte dos monumentos, parques e museos visitados, este tipo de viaxes permítennos coñecer aos nosos compañeiros un pouco máis; sen dúbida, una experiencia única e inesquecible.
Alicia Sánchez Sáez 4ºA 12
13
14
Sex o no sex O
día 18 de xaneiro de 2018 tivemos a sorte todos os cursos de primeiro de bacharelato de saír do instituto para ir ver unha función de teatro chamada "Sex o no sex". Co cal non era moi difícil adiviñar de que ía tratar esta obra. Dende o inicio trata un tema, que normalmente adoita ser un pouco vergonzoso para nós, desde un punto de vista moi divertido e gracioso. A obra pretende falar dalgúns temas, que aínda son tabúes hoxe en día, como o período ou a regra e a masturbación, entre outros. Todo isto trátao nun monólogo, unha personaxe chamada Pausa, interpretada por Virxinia Imaz, pero faino dunha maneira que lle resulta máis fácil ao público poñerse no seu lugar, xa que trata o tema dende a experiencia persoal. Pero Pausa non so comenta este tema senón tamén fainos saber o que lles dicían ás mulleres sobre estes temas hai uns trinta anos máis ou menos, é dicir, o que lle dicían a ela cando era nova. Algúns poden pensar que isto é unha desvantaxe ou unha tontería, pero permítenos comparar a mentalidade das épocas pasadas coa de agora. Outro punto a favor é a cantidade de metáforas visuais, nas cales participaron xente do instituto e grazas a estas estivemos rindo un bo rato. En resumo, como sempre calquera actividade que implique saír do instituto é benvida e máis se é como esta que fai que saias con dor de barriga de tanto rir. Sara Villar 1ºBach B
S
exo, sexo e máis sexo; sexo na festa da ameixa de Carril, sexo na finca dos mil grelos, paixón divina entre relixiosas, o fontaneiro Ernesto meteuse no cesto… Estase a deshumanizar unha das máis prioritarias necesidades biolóxicas! Esta é unha das críticas que Virxinia Imaz fai na súa obra de teatro clown “Sex o no sex”, ademais de tratar outra serie de numerosos temas que parecen intocables na nosa sociedade, como o poden ser a regra, o primeiro beso ou a negociación do condón. Combinando un humor inocente e fresco coa participación do público conséguese unha obra moi amena e entretida. Así que xa sabedes, estades todos convidados a acudir a unha obra que non vós deixará indiferente e na que por fin poderedes tratar todos eses temas que esquiváchedes durante as comidas cos vosos pais todos estes anos. Alejandro Méndez 1ºBach A 15
16
Sara Mondelo Pena 4º B: “É unha exposición maravillosa, os seus cadros teñen a capacidade de transmitir sensacións e iso é incrible! Adrián janeiro Conde: 4º A “Unha festa de cores e texturas empregando ao ser humano como lenzo”
María Goday Prado 4º A: “Unha exposición con orixinalidade e paixón. Simplemente hai que ver as pinceladas da obra para saber que a artisita desfruta ao pintar
Francisco M. Villaverde García 4º A “ Unha experiencia inigualable, encantoume porque ten algo que contar. Sorprendeume para ben, deume outra forma de ver a arte. 17
18
PENSAMENTO INTRANQUILO Dáme pánico pensar que só teño un ano e escasos meses para facerme á idea de deixar o instituto. Deixar o cole foi duro; novos amigos, novas materias, novos profesores e descubrimentos por todas partes. Aínda que ao deixar o instituto pasarei situacións similares, será totalmente diferente. Moas foron seis anos importantísimos da miña vida. Son os anos nos que descubrín o meu amor por escribir, que as veces se ten sorte e outras non; que prefiro esforzarme e saber que polo menos dei todo o que tiña a renderme e ter que vivir có "E se...?" Que pode que teñas a un verdadeiro artista sentado ao teu carón e que absolutamente ninguén, nin el mesmo, o saiba. Como vou seguir vivindo sen Moas? Aínda non tiven a oportunidade de ver se o meu corpo sería capaz de pasar a través da pequena ventana que da a conserxería, nin de ver como é Moas por dentro nunha noite de lúa chea, nin de falarlle a todo o mundo do veganismo no salón de actos. Como non vou botar de menos saber de memoria os armarios dos profes ou velos disfrazados en carnaval. Os alcumes a profes e sitios. Aqueles profes que dan clase con ánimo e paixón e aqueles que fan que te durmas sen aparente razón. Como se supón que deberei renunciar aos meus recreos e á miña comida rica da cafetería? Como? Como queren que me separe de Moas así? Con tan pouco tempo para asimilalo. Só me deches seis anos, so seis anos cando a min nin cen vidas chegaranme para superar esta ruptura. A largo prazo, os meus recordos quedarán selados de maneira que nin eu poderei acceder a eles, o aprendido quizais se desaprenda e pode que ate esqueza o que se sente ao entrar en clase un martes pola tarde, en maio e coas ventás abertas. Pero o meu consolo é que me quedará a miña construción, a que seis anos levoume e que aínda non rematei e probablemente non termine nunca. Quedaranme eses anaquiños de Yenni que creei ao largo destes seis anos e terei o testemuño desa Yenni de 16 anos que, a un día de cumprir 17, dixo "so me deron seis anos para facerme á idea de deixar isto, gastei tres sen tan sequera pensar niso, un dicindo que aínda quedaban outros dous, outro desexando que acaben, seguramente o próximo medio gastareino con mágoa e ganas de que termine e á vez de quedarme, a outra metade estarei demasiado ocupada con proxectos como para ver que se acerca o final e, cando apenas queden unhas semanas, intentarei vivilas ao máximo... pero non será suficiente".
Yennifer Quintana 1º Bach C
19
20
21
sistema educativo O concepto de sistema educativo refírese a estrutura xeral mediante a cal se organiza a ensinanza dun país. A maioría da xente, cando vai a escola, instituto, universidade e demáis institucións, espera recibir unha aprendizaxe coa que ampliar os seus coñecementos e que se lle valore o aprendido, pero a realidade é que non é así, xa que na maioría dos países o que realmente lle importa ao sistema é o número que aparece despois de corrixir un exame, un exame que podes ter suspenso por diferentes motivos como os nervios, a presión, a incomprensión das preguntas ou outros factores externos, como o noso estado anímico. Chegamos a un punto onde os alumnos estamos máis preocupados por memorizar cantidades inxentes de información para despois plasmalas nun exame que por saber ou entender o que estamos estudando. Basicamente o que facemos unha alta porcentaxe dos alumnos é copiar e pegar. <<Si lo recordáramos todo, estaríamos tan enfermos como si no recordaramos nada.>> William James
O exceso de información que os estudantes estamos obrigados a procesar para os exames pode crear unha serie de anomalías psicolóxicas que afectan á vida diaria dos que as sufrimos, como a ansiedade, o estrés, a depresión… Según o xornal ''El Pais'', cerca do 15% dos estudantes de secundaria padecemos trastornos de ansiedade graves, o que afecta en gran medida aos nosos estudos, xa que temos máis dificultades á hora de concentrarnos para estudar ou realizar probas académicas. Un dos principais problemas que os alumnos temos con algúns dos mestres é o feito de que tratan de impoñer unha serie de normas que eles mesmos non cumpren, uns exemplos serían: A esixencia de respecto cando eles mesmos non o profesan; a privación dos elementos tecnolóxicos no recinto escolar, cando unha minoría deles vense libres de manipulalos en calquer momento; demandar puntualidade sen ter en conta que ás veces son eles os que non a respectan…
22
Outro problema no sistema educativo, neste caso o español, é a insuficiencia de opcións nas diferentes ramas de estudo. O que queremos dicir con isto é que moitas veces vémonos privados da nosa liberdade á hora de elixir que materias cursar. Por exemplo, un caso que afectou a diversos institutos do noso entorno foi o tema das optativas no bacharelato onde os alumnos que ían cursar ciencias puras ou ciencias sociais tiñan varios bloques de onde escoller, mentras que os estudantes de letras puras vímonos obrigados a escoller o único que nos era posible cursar. Profundizando nos problemas da educación chegamos ata outro dos grandes malestares que temos os estudantes en calquera insitución educativa, o aforo das aulas. Segundo o xornal "20 Minutos" aplicouse durante o curso 2016/2017 un plan de reduccion de alumnos por aula que especifica que debían ser 25 alumnos na educación infantil e na primaria, 30 na educación secundaria e 32 no bacharelato. Isto non é só un problema para os alumnos senon tamén para o profesorado, xa que cantos máis alumnos máis dúbidas deben responder e máis difícil vailles ser manter a clase en silencio o que lles quita moito tempo de clase que poderían invertir en explicar o resto dos contidos da asignatura.
Para rematar queremos falar dunha das maiores causas de desmotivación do alumnado, a incertidumbre en canto a se imos conseguir empleo ou non cos nosos estudos. Unha cousa que sempre nos andan dicindo tanto profesores, como pais e demais adultos é: "Se queres traballar tes que estudar moito.". Pero… é certo iso? De verdade temos asegurado un posto de traballo nesa profesión que estamos estudando? A resposta é moi sinxela, non. Nada nin ninguén nos pode asegurar que pasar anos e anos estudando para chegar a ser profesora, economista, abogada… vaia a dar os seus frutos unha vez rematada a carreira. Pode parecer triste pero a verdade é que o único que lles importa ás institucións encargadas da ensinanza é que saquemos notas cada vez máis altas para poder compararse con outros estados, coma se fosen pais fachendosos tratando de xactarse dos logros dos seus fillos. Parece que unha vez rematada a etapa da educación, e entrada a do traballo, os adultos tenden a esquecer que eles tamén foron alumnos. Este é o estado no que estamos a maioría dos estudantes. Agora queremos que despois de leer este artículos reflexionedes sobre isto. É este o futuro que queredes para a educación? Pódese chamar realmente educación? Laura Bravo, Mónica Rico e Simón Fernández 23
Lenda Monte das Moas O “Monte das Moas” é o nome dun centro de ensino que está en Galicia, nun alto da cidade da Coruña. Dende alí hai unhas marabillosas vistas da ría de Santa Cristina e uns amenceres inesquecibles, de cores violetas e laranxas. Dise que o nome do instituto provén dunhas moas que hai debaixo do edificio escolar, esculpidas e debuxadas hai tempo por un rapaz. O mozo, de mediados do século pasado, a pesar de ser de moi bo aspecto: alto, louro, forte... Non falaba, era de carácter moi retraído, todo o que quería dicir escribíao. Tiña un fondo artístico moi particular, non paraba de debuxar seres mitolóxicos, en cadernos, libros, pedras... Vivía nesta zona, daquela aínda sen urbanizar, desacampada e erma, e todas as tardes saída da casa e marchaba a dar un
longo paseo. A súa nai estaba moi preocupada, xa que como non falaba, tiña medo , e comezou a vixialo, temendo que se xuntara con malas compañías. Unha tarde ve que o seu fillo vai cara o monte moi apresurado, ela intranquila ségueo, como non pode achegarse bérralle: -
Pero a onde vas, fillo ?
Cando se decatou da súa presenza o rapaz botou a correr agochándose da súa nai, con tan mala sorte que tropezou nunha pedra, sufrindo unha mala caída e morrendo no acto. A muller asombrada presenciou a súa morte e, cando se achegou ao corpo, viu que tiña unha nota apertada na man. Colleuna, leuna e botou a correr cara a súa casa.
24
Foi ao cuarto do mozo, abriu o último caixón da mesa de noite e alí había outra nota que dicía: ”Vai ao monte, mira amodiño todas as moas”. A muller, fóra de si, volveu ao monte e foise fixando en todas as moas que agora lle parecían belísimas, estaban todas debuxadas, con fadas, deusas, ...Púxose moi leda, o seu fillo era un completo artista, a pesar da súa discapacidade a súa lembranza permanecería inmortalizada no tempo para sempre...
Por iso, arredor do Monte das Moas non hai aínda hoxe ningunha edificación, por medo a perder as Moas que o caracterizan. Na actualidade dise no barrio que no Concello están discutindo para facer investigacións e escavacións debaixo do edificio, empezando polo ximnasio, aínda que nos intentan mentir dicindo que son reformas. Todo isto pode ser verdade,... ou mentira... Todo é un misterio. Iria Rey Silva, 3o C, xaneiro 2018
25
Volverá? uizais pensou que non era o bastante
boa para ela. Quizais pensou que eu non pagaba a pena, que era mellor
buscar a outra. Maldita, así agradéceme todo
o que fixen por ela? Paso tardes enteiras traballando, porque o pide ela, e así mo paga? Para iso preferiría non tela coñecido xamais. Hai uns días díxome que quería volver comigo. Gustaríame poder rexeitala, poder dicirlle que non
penso soportar e
cumprir os
seus
caprichos outra vez, pero non podo. Se puidese diríalle que non farei o que ela queira
para que logo me deixe tirada un tempo (que aínda por riba nunca é o meso, poden ser
semanas ou soamente horas) e volva a min una vez máis.
Pero parece que lle teño demasiado cariño e
aínda querendo non podo deixala. Maldita inspiración.
Yennifer Quintana 1º Bach C 26
O AMOR Se dubidas se te quero fíxate no meu ollar,p verás canto amor che teño, e canto me queda por dar.
Se dubidas se te quero atende ao meu comportar, e que nervioso me poño cando te estás a acercar.
Se dubidas se te quero Pensa porque ando a buscar, O roce da túa pel Cando preto de min estás.
Se dubidas se te quero Escoita o meu falar Verás como me atropelo Ata case tatexar.
Se dubidas se te quero Fíxate no meu ollar verás que tristura teño Cando te estás a alonxar. Ángel Varela 4ºA
27
28
29
PROFES POETAS Somos Laura Bravo, Simón Fernández e Mónica Rico de 2º de Bacharelato e estamos aquí para facerlle unha entrevista a dous profesores do IES Monte das Moas que conseguiron publicar as súas obras poéticas en dous excelentes libros. Rafael Alonso, profesor de Lengua Española, coa súa obra ‘La marejada de los sedientos’ e Ramona Giráldez, profesora de Lingua Galega coa súa obra ‘Tardes de domingo’.
1.Cando e como os decatastes do que sentiades pola literatura? Ramona: Eu desde sempre, desde moi noviña souben que me interesaba a literatura, sempre me gustou ler e escribir e ademais tiven a sorte que dende pequena a miña nai contábame contos, recitábame poesías que ela mesma escribía.. O que fixo que o amor pola literatura se agrandara. Rafael: Eu, coma era un rapaz antipático os únicos que me facían caso eran os libros polo que coincido con Ramona, dende sempre souben que me interesaba, ademais tiven moi bos profesores, recordo a Rita... Estaba namorado de Rita!
2.Poderíase dicir que a literatura foi a causante de que moitos aspectos da vosa vida cambiasen? Rafael: Si, claro que si. Ramona: Si, claro, a miña vida cambiou no momento no que decidín estudar literatura. No momento en que comecei a carreira de galego, souben que a literatura cambiara a miña vida, pero a literatura galega, aínda que me guste tamén a universal.
3. Cal é o voso sono no mundo da literatura? A que aspirades? Ramona: Eu non aspiro a vivir da literatura e a estas alturas da miña vida menos, o meu soño é escribir ben. Non busco ter moito éxito nin vender moitos libros. Rafael: Eu vou por obxectivos, xa plantei un libro, escribín un fillo, que era o que faltaba? Non sei.
4. Cal é o estilo literario que máis vos atrae? Rafael: Poesía. Ramona: Pois eu non o teño tan claro, porque depende do estado de ánimo, hai veces que me interesa moito a narrativa e pásoo xenial lendo contos e outras veces pásame coa poesía. 30
5. Cal é o significado do nome das vosas obras? Por que ‘Tardes de domingo’?, Por que ‘La marejada de los sedientos’? Ramona: Isto é algo que explico sempre nas presentación.. Eu asocio o amor co domingo. O domingo pola mañá é todo moi alegre, moi divertido, está a banda de música tocando, está a xente paseando, hai ambiente... Pero despois iso vai decaendo e a tarde é moi triste e aburrida. E moitas veces as relación amorosas son iso, subidas e baixadas de felicidade e mesmo moitas acaban coma as tardes de domingo. Rafael: Eu defínome coma un andaluz no reino da raíña Lupa, un náufrago no Finisterre. Todos os veráns marchabamos para Cádiz e cruzabamos eses campos interminábeis de flores que parecían o mar mentres o vento azoutaba o horizonte. Ao pensar no nome da miña obra, pensei naquela viaxe que para min era moi longa, pensei neses veráns longos na miña terra, a marejada dos sedientos refírese aos xirasoles, a sede que teño pola vida que alí.
6. Cando, como e por que os decidistes a escribir esta obra? Rafael: Eu na prehistoria, este era un proxecto que tiña dende había moitísimos anos, quizais máis concreto cando morrera meu pai, pero para que tivera forma de poemario, creo que comecei a preparalo polo 2000 máis ou menos collendo as ideas que tiña escritas nunha caderno de notas. Ramona: No meu caso foi unha arroutada, hai poemas en ‘Tardes de domingo’ que son dos anos 80 e tamén hai outros máis recentes. Un día eu deime de conta de que a pesar de que os anos pasaran, os meus poemas tiñan a mesma liña e dixen ‘agora ou nunca, isto xa está’.
7. Cal credes que é o poema que mellor vos saíu ou ao que lle teñades máis aprecio? Ramona: Eu cada día teño un diferente, non podo elixir un en concreto. En conclusión, depende do estado de ánimo, incluso hai días que non me gusta ningún. Rafael: Coincido contigo, hai días nos que non me gusta ningún. Dos meus poemas non sei, un dos que máis me gusta é o dedicado ao meu pai, xa que tivo unha delicada preparación e tamén gústame moito ‘La siesta de los lagartos’, é moi difícil escoller entre fillos.
8. Inspirástesvos en alguén á hora de crear algún poema? Rafael: Sobre todo no meu pai, aínda que tamén na miña avoa, que me emborrachaba con candiel. Ramona: Obviamente cando les o poemario, dáste de conta de que hai moitas historias persoais, claro que hai persoas reflectidas.
9. Por que poesía? Por que non novela, teatro ou ensaio? Ramona: Eu teño unha obra de teatro escrita e teño un libro de relatos que estou case acabando, pero interésame a poesía, xa que son dous planos diferentes, mentres conto relatos, veo as cosas dende outro punto de vista e cando recito poesía paréceme que é algo máis profundo. Rafael: Eu penso que me decidín pola poesía pola avaricia, quitando o chiste, sempre digo o 31
mesmo: “Se a novela é un resumo do tempo e o teatro é unha representación do tempo, á poesía so lle queda ser unha amplificación do tempo.’’
10. Que sentimento vos produciu ver a vosa obra terminada e publicada? Ramona: Para min foi unha mistura de alegría e pudor, xa que a xente vai saber moito de min. Rafael: A min pudor non me produciu xa que son un desvergonzado, eu sentín moitas cousas. Felicidade sobre todo.
11. Que sentides ao saber que algún dos vosos poemas significa algo para alguén? Ramona: A min estame pasando, estame pasando que moita xente estame escribindo contándome o que lle transmitiron os meus poemas, xente que me dixo que se sente totalmente identificada e faime sentir ben, conseguín unha meta, dáme moita satisfacción Rafael: A min créame perplexidade, é marabilloso que alguén se identifique con algún dos meus poemas.
12. Tedes pensado escribir algunha outra obra? Ramona: Si, xa expliquei antes que teño relatos e ata unha obra de teatro. Rafael: Si, teño proxectos en camiño.
13.Tedes algunha manía antes de escribir? Ramona: Manía non, pero non podo escribir en calquera estado de ánimo. Rafael: Coincido contigo.
14. Gustaríavos que as vosas obras foran publicadas antes ou pensades que ese era o momento idóneo? Ramona: Eu teño claro que este era o momento, xa que así o podo compartir tanto cos meus amigos de este momento, coma cos meus alumnos. Rafael: Nunca pensei niso, as cousas se deron así. Sempre quixen ter publicado algo e chegou o momento e estou moi feliz.
15. Que é o mellor e o peor de ser escritor? Ramona: A ver, eu non son escritora, eu son unha profesora que escribo e teño claro que o que quero é ser profesora. O mellor é cando ves rematada a túa obra e o peor é cando lle estás dando voltas a unha idea e non consegues escribir nada. Rafael: Eu, coma a miña compañeira, non son escritor, senón profesor. O mellor é a satisfacción persoal.
16. Cal é a vosa obra favorita? Esa que de cando en vez voltades a lela de novo. Rafael: La invención de Morel, de Bioy Casares, de vez en cando volto a ler esa obra xa que estou namorado, pero tamén hai moitas outras coma El conde de Montecristo, desfruto coma un 32
neno. Ramona: Eu teño moitas e moi variadas, non podo decidir, encántame Manuel Antonio, Kavafis, Colinas, Follas Novas de Rosalía... Éme moi difícil elixir.
17. Léchedes a obra do voso compañeiro? Cal é o voso poema favorito? Ramona: Claro! E non teño un poema favorito, xa que me gustan todos os poemas en xeral. Rafael: Por suposto, gústanme moitos, sobre todo os dous que lin na presentación do seu libro.
18. Centrándonos no señor Rafael. Enteármonos de gañaches o XX Premio de Poesía Adolfo Utor Acevedo da cidade de Denia. Que sentiches ao ser nomeado “Poeta na túa terra’’ pola túa obra no diario de Cádiz? Rafael: Foi un tremendo orgullo para min, foi algo moi emocionante, ademais abríronse portas eses días. Puiden volver a miña terra e estar de novo coa miña familia, recordo que me contaron moitas anécdotas e historias moi emocionantes sobre a Guerra Civil.
19. Que lle diriades aos mozos que queren entrar no mundo da literatura como escritores? Rafa: Que adestren moito, teñen que ler moito, xa que hai que pulir as cuestión técnicas. Deben aprender moito e que non tiren nada. Ramona: Eu igual, ler, ler e ler.
20.Tedes algunhas palabras para alentar á xente a ler as vosas obras? Rafael: Eu so quero dicir pobriños. Pola miña conta eu animo a ler a obra de Ramona que é unha xoia e ten calidade. Ramona: Eu animo a xente que lle guste a poesía a ler as nosas obras. Moitas grazas por regalarnos un pouco do voso tempo para facer esta entrevista.
Laura Bravo, Simón Fernández e Mónica Rico (2º de Bach)
33
34
35
MULLERES INVENTORAS O pasado mes de marzo houbo unha exposición no IES Monte das Moas na que todas as mulleres do instituto (profesoras, alumnas e persoal non docente) xuntáronse para recrear e facer unha homenaxe ás mulleres que foron tan importantes na nosa historia. Algunhas das mulleres que máis destacaron foron Hedy Lamaar, Hipatía de Alexandría, Madame Curie, Patricia Bath, etc
HEDY LAMARR
MADAME CURIE
36
PATRICIA BATH
HIPATÍA DE ALEXANDRÍA
HELEN GREINER
37
Día dos MUSEOS Grazas ó departamento de plástica e visual puidemos desfrutar das creación dos alumnos da ESO para conmemorar o día internacional dos museos celebrado o 18 de maio.
38
O 23 de abril celébrase o Día do Libro no mundo enteiro. Este día conmemoramos un motivo un pouco triste, recordamos a morte de tres literatos que finaron o mesmo día, o 23 de abril de 1616. Foron tres escritores con moita sona, un de España, outro de Inglaterra e outro do Perú, o que nesa época era coñecido como as Américas. Estamos a falar de Miguel de Cervantes Saavedra, o autor de “El Quijote de la Mancha”; de William Shakespeare, autor de “Hamlet” e “Otelo” e Inca Garcilaso de la Vega, autor de “La Florida del Inca”. Neste día tamén se celebra o San Xurxo, San Jorge, Sant Jordi e Saint George. Isto débese a una lenda moi antiga, na que se conta a historia dun dragón que tiña atemorizado a todo un reino. Para mantelo tranquilo, os habitantes daban ao dragón unha persoa como sacrificio cada día. Un destes días tocoulle á filla do rei e cando esta se dirixía cara o ser aterrador, apareceu un home sobre un cabalo branco. Este tiña por nome Xurxo e loitou contra o dragón ata conseguir cravarlle unha lanza no peito. Conta a historia que da sangue derramada naceu unha fermosa roseira que o cabaleiro lle regalou á princesa tras ganar a batalla. Desta lenda xurdiu a tradición de regalar rosas aos namorados o 23 de abril. Con motivo deste día e desta celebración, no instituto fixemos un mercado solidario de libros de segunda man, coa idea de promover a lectura entre os rapaces e a importancia desde día. Ademais levouse a cabo un concurso literario online titulado “Quen son?”, os clubs de lectura participaron nun concurso de microrrelatos e fíxose unha exposición na biblioteca chamada “libros curiosos”
39
DÍA DO LIBRO Pasatempo ofrecido pola biblioteca para celebrar o Día do libro
Ilustración de Fernando Vicente para Escola d'escriptura
123456789101112-
Son a personaxe máis famosa das novelas de Mary Shelley. Como me chamo? Son un poeta andaluz , quizais o máis famoso da “Xeración do 27”. Quen son? Son santa de Ávila e moi coñecida polas miñas obras misticas, sonoche? Son unha escritora canadiense e en 2013 déronme o premio Nobel de literatura. Xa sabes quen son? Polo meu aspecto sanguinario xa sabes quen son pero… Poderias decir como se chamaba o autor da novela na que aparezo? Son unha das personaxes dun libro fantástico que aparece na biblioteca de aquí: NG/TOL/señ. Quen son? Son un escritor catalán moi famoso. Nacín en 1897 e morrín en 1981. Quen son? Son un escritor americano do século XIX. Son moi coñecido polos meus contos de terror como “O gato negro”. Xa sabes quen son? Son galega. Creo que non necesito presentación. Se non me coñeces non me mereces. Eu son un escritor xaponés, o segundo en recibir o Nobel de Literatura no ano 1994. Quen son ? Eu son unha escritora afroamericana á que lle deron o Nobel en 1993. Sóache? Son unha das escritoras máis importantes en lingua catalá , morrín no ano 1983 pero xa no 82 TVE emitiu unha preciosa serie baseada nunha das miñas novelas que na biblioteca está como N/ROD/pla. Saberías dicirme que nome ten a protagonista desa obra?
40
13- Eu son unha das escritoras británicas de máis sona mundial. Nacín en 1882 e formei parte dun grupo literario que se chamaba Bloomsbury. Decátaste de quen son? 14- Son un escritor ruso de renome, se liches "Ana Karenina" xa sabes quen son. 15- Son un escritor arxentino que foi moi influínte cos seus contos. Tes algunhas obras miñas na biblioteca, como por exemplo "Ficciones" ou "El Aleph" Xa te decataches de quen son? 16- Nós morremos o mesmo día do mesmo ano. Se non sabes quen somos non pasaches pola escola. Ha,ha. Sabes que se celebra ese día? 17- Terás que ler algún libro meu nalgún momento da túa vida porque son o escritor máis salientable das letras hispanoamericanas do século XX e tamén premio Nobel. Quen son? 18- Eu son unha escritora belga un pouco estrafalaria pero é porque viaxei moitoata sei falar xaponés!!. Entrei na Real Academia da Lingua e literatura belgas hai tres anos e algúns dos meus libros máis coñecidos son : "Estupor" e "Temblores". Sabes o meu nome? 19- Son unha escritora catalana nacida en 1925, fun membro da Real Academia Española e recibín o Cervantes en 2010. Saberías dicir o meu nome e se tedes libros meus na biblioteca? 20- Agora tócame a min, unha personaxe creada por un aviador e escritor francés. Son príncipe do meu planeta. Como me chamo? 21- Eu saín dun libro do escritor americano Mark Twain. son amigo de Tom Sawyer e do escravo Jim. Como me chamo? 22- Eu non creo que necesite moita presentación. Vivín un tempo no "país das marabillas" e o meu "pai foi Lewis Carroll. como é o meu nome? 23- Se chegaches aquí, tes un gran poder de dedución, coma min. Son o detective máis coñecido da literatura, son británico e o meu colega, o Dr. Watson, axúdame nas pescudas... xa sabes quen son? 24- Teño nome español aínda que o que me deu vida era un escritor ruso chamado Navokov. Saberías dicir como me chamo?
GAÑADORES: Lucía Cabarcos Novo de 3º B ESO; Chelsy Alcántara Hermida de 2º B ESO
1.Frankenstein; 2. Federico García Lorca; 3. Teresa De jesús; 4. Alice Munro; 5. Bram Stoker; 6. Gandalf; 7. Josep Pla; 8. Edgar Allan Poe 9. Rosalía de Castro 10. Kenzaburo Oe 11. Toni Morrison 12. Natalia "La Colometa" 13. Virginia Woolf 14. Leon Tolsói 15. Jorge Luis Borges 16. Día del Libro 17. Gabriel García Márquez 18. Amelie Nothomb 19. Ana Maria Matute. Si que hai. 20. O
41
SOLUCIÓNS
O 5 de Maio de 2018, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, decidiu organizar unha celebración en memoria de que van cumprir 25 anos. Nesta actividade, participaron distintos institutos da nosa cidade, entre eles, I.E.S. Monte das Moas. Facéndose distintas actividades:
- Unha viaxe á física a través dos globos: Mediante carreiras con obxectos impulsados por globos, observáronse procesos como: electrización da materia, forza de rozamento.
- Experimenta coa química soprando: O dióxido de carbono procedente da nosa respiración é capaz de provocar reaccións químicas.
- Equilibrios xiroscópicos: Observouse o comportamento dun xiroscopio caseiro ao aplicarlle forzas externas.
Os alumnos que participaron nesta actividade foron: Adrián Díaz Saiz, Águeda Millán Pena, Ainhoa Mosteiro Lago, Candy Ladero Fernández-Tafall, David Pérez Montero, Denis Socpa Gómez, Eva Peña Porto, Franchesco Laccone Cariglia, Icía Díaz Kirk, Jelissa Ortiz Santana, Jorge Franco Pan, Laura Neira Moroño, Lois Sobrido Fero, Luz Pose Reinoso, Lydia Sandá Celeiro, Marcos Yáñez Aneiros, Nicole Pimentel Veras, Noor Medina García, Olga Fernández Marta, Rebeca Vila Villar, Sara Sanz Fonta, Sergio Castro Mosquera, Sofía Gómez Limia. Os profesores que acompañaron a estes alumnos foron: Begoña Fandiño Souto, Hervilia Seco Lago, Julio Cordeiro Vázquez, Martin Regueiro Figueroa.
42
EDUCACIÓN PLÁSTICA,VISUAL E AUDIOVISUAL 3º ESO
Onomatopea visual: É unha expresión escrita que trata de imitar o son dunha acción ou situación. A onomatopea aumenta o valor expresivo da viñeta no cómic. A forma e a cor da palabra, así como os debuxos que as acompañan, completan o sentido do son.
43
44
F
enaquitiscopio, do grego phenax (tramposo) e scopein (mirar), foi inventado polo profesor Joseph-Antoine Ferdinand Plateau para demostrar a súa teoría da persistencia retiniana, en 1829.
Foi o primeiro aparello no que se puido presentar unha imaxe en movemento aparente. O artefacto consiste nun disco de papel cun borde que presenta unha serie de fendeduras e entre elas se dispoñen figuras debuxadas en posicións lixeiramente diferentes. Por medio de roscas, o disco fixase ao extremo dunha varilla que lle permite xirar con rapidez. Para ver como os personaxes debuxados cobran vida hai que facelos xirar frente a un espello mentres miramos polas fendeduras. A base de funcionamento do aparello é a capacidade do ollo para memorizar durante un breve espazo de tempo unha imaxe. Na persistencia retiniana. Debido a que conseguimos ter unha impresión de continuidade. Poco despois da súa invención, Plateau descubriu que o número de imaxes para lograr unha ilusión de movemento óptima era de dezaseis, o que con posterioridade aplicarían os primeros cineastas usando dezaseis fotogramas por segundo para as primeiras películas.
Estes xoguetes ópticos estiveron expostos no instituto grazas ó departamento de educación plástica visual e audiovisual e ó traballo dos alumnos de 3º ESO.
45
O xoves 22 de Xaneiro o instituto tivo a honra de recibir á premiada autora Ledicia Costas, autora de libros como Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que estiveron a traballar no club de lectura. Os alumnos de 2º de ESO gozaron das súas historias, simpatía e cercanía... Foi una emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.
46
Como todos os anos, un exitazo a festa do
Magosto, xogos, diversión, castañas e premios!
Este ano contamos coa colaboración de alumnos de 1º de Bach como animadores e organizadores. Fixérono xenial. Moitas grazas!
47
O pasado venres 9 de Febreiro no I.E.S Monte Das Moas tivo lugar unha festa na que podes ser quen queiras.
ESTA FESTA PODE PARECER DE CHANZA PERO A NOSA MESA É INCLUSO MELLOR CA DE FACTOR X.
A ACTUACIÓN FINAL SEMPRE É MOI ESPECIAL, XA QUE É O AUXE DO FESTIVAL.
48
AÍNDA QUE POIDAN PARECER ABURRIDOS, OS PROFES NON PERDEN A SÚA OPORTUNIDADE DE DEMOSTRAR O NENO QUE LEVAN DENTRO
49
O grupo de teatro do instituto Telón de Aquiles, comandado polo profesor Rafael Alonso, volveu dar no cravo cunha representación hilarante: ‘Deus, unha comedia’ de Woody Allen.
50
Telón de Aquiles actuou en diferentes institutos durante o mes de abril; o 3 e o 17 de abril representaron a súa obra no noso instituto, o xoves 12 no IES Rafael Dieste e o 18 deste mesmo mes no IES Manuel Murguía en Arteixo Ademais, foron convidados á celebración dos 20 anos do grupo de teatro Arjé do IES Breamo de Pontedeume. O acto comezou o venres 2 de febreiro ás 16;30 no teatro do instituto. Antigos actores e alumnos do centro presentaron as súas actuacións. Visionáronse reportaxes sobre a historia do veterano grupo e puideron homenaxealos cos primeiros 25 minutos da súa obra no cartel ‘Deus, unha comedia’ de Woody Allen.
Outro ano máis aproveitando os talleres de teatro de inverno dos premios ‘Buero Vallejo’ convocados pola Fundación Coca-Cola. Foi unha experiencia inolvidable e motivadora para todos os integrantes do grupo de teatro que aprenderon dos mellores profesionais.
51
52
53
Este xogo consiste en asignarlle un debuxo a cada adiviña:
1- Cando vai para o monte vai cheo, cando ven para casa ven baleiro 2- Dous irmáns son, un vai á misa e o outro non. 3- Diante dunha montaña, comecei forte a berrar, e ela igual me contestaba, sen ningunha vogal quitar. 4- Leva anos no mar e aínda non sabe nadar 5- Camiño branco, verde pradeira, casa encarnada e veciñas negras 6- Ten un dente e tira pola xente. 7- Unha saba branca sen algodón, que cobre a terra toda e o río non. 8- Cando vai para o monte dálle os cornos a casa; cando vai para casa dálle os cornos ó monte. 9- Anda e non ten pés; come e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca. 10- Unha señora moi enseñorada que sempre vai mollada.
ALUMNADO: 3º ESO C
DEBUXO: Martina, 3º ESO
54
SUDOKU
LABIRINTO
ENCRUCILLADO
ATOPA AS 7 DIFERENZAS
55
Como fan as persoas as que lles falta, por exemplo, un brazo? Moas perderá tamén un membro este ano, ou quizais sería máis acertado dicir que perderá unha gran parte da súa esencia. Ramona se nos vai, así, claro e conciso, coma un golpe seco. Ramona se nos vai e moitos estaremos perdidos sen ela porque non so é unha profesora, tamén é mestra (que non é o mesmo), escritora, musa e guía. Guía porque guiounos a moitos ao camiño da literatura, da arte, da imaxinación e dun mundo inefable. Coa súa partida perderemos unha parte moi importante de Moas, xa non poderemos vela máis nos corredores ou nas aulas, nin poderemos bromear con ela ou falar con ela nas gardas. Pero, á vez, con isto aprenderemos a non acostumarnos a que o bo dure para sempre e, tamén, a aproveitalo cando podemos. Aínda que lle dicimos adeus á mestra Ramona, ela entra nunha nova vida e esperamos que non nos bote demasiado de menos (pero un pouco si, que así igual volve para visitarnos) e a desfrute moito. Felicidades, Ramona, por ser desas mestras e persoas que non se olvidan nunca e que deixan marca; a marca da inspiración e a sabedoría.
Unha alumna agradecida. 56
57