Curso 2016- 2017!!! Un número máis do Son Rebuldeiro, e xa van 30!!! Un ano máis desde aquel tímido número 1, saído alá nos inicios dos anos 90: unhas cantas folliñas fotocopiadas en branco en negro, case sen fotos, uns cantos textos, uns cantos debuxos... Pero elaboradas con moito cariño e moita entrega, como o seguimos facendo tantos anos despois. O Son Rebuldeiro é un son que resoa e rebole entre a nosa comunidade educativa e esperemos que siga rebulindo moitos anos máis, moitos números máis... Nun ambiente urbano e moi castelanizado, no que a lingua galega segue a ser, tristemente igual que hai séculos, unha lingua de segunda categoría (cando non de terceira ou de ningunha), nun sistema educativo que cada vez se preocupa menos de darlle presenza e visibilidade á nosa lingua, que nin se preocupa por que se cumpra a mínima e miserenta presenza que o idioma, por lei, ten que ten nas aulas, que non vixía o cumprimento desta lei raquítica... Aquí está O Son Rebuldeiro!! Unha fermosa illa de normalización e dinamización do Idioma Galego, do noso idioma. Un oasis de normalidade, onde as palmeiras, as augas cristalinas, as areas brancas e o delicioso ceo azul, son os relatos, os poemas, as historias que o noso alumnado relata, as fotos das súas viaxes, excursións, visitas, en resumo, das súas experiencias, as vivencias, afeccións, hobbies, a música, o teatro, o deporte... Todo o que nos interesa ten cabida. Así é e así será, un son que se mantén xa desde ha moitas décadas, que flúe unha vez ao ano polas nosas aulas e corredores, que nos une nun fin común: gozar, escribir, contar, protestar, divertirnos, comunicarnos e todo no noso idioma: o Galego. Adiante! Ramona
Rubén Castro Elena Fernández Sara Hermida Jose Antonio Insua Diego Prado Simón Romero Adrián Varela Martín Vidal
Adriana Córdova Pablo Guerrero Noa Hernández Christian Losada David Rojo Paula Sánchez Alejandro Vázquez
: Ramona Giráldez
: Mercedes Boado
2
Suponse que ía empezar contando unha anécdota persoal sobre como evolucionara no instituto e o que máis me marcou durante todos estes anos, pero estou falando en nome de todos os meus compañeiros. Polo que decidín facer algo xeral e común. Esta semana estiven preguntándolles que foi o que máis lles marcara e lles fixera cambiar durante estes anos. A resposta, case unánime, foron os amigos, a xente e o entorno no instituto, porque somos nós os que cambiamos e facemos cambiar aos demais. Se o pensamos é o máis normal; xa que pasamos cinco horas (ou seis, sete,… non sei), durante cinco días, durante nove meses dos últimos 6 anos xuntos no instituto. Calculando, son moitísimas horas nas que acumulamos experiencias e recordos, moitos bos e moitos duros, o normal, pero todos nos fixeron crecer persoalmente e como grupo, polo que podemos dicir que crecemos, progresamos e maduramos xuntos. Por outra parte aprendemos a convivir, a coñecernos e tamén a respectarnos. Cada un de nos vivimos experiencias únicas e inesquecibles cos demais, estou seguro de que cada un de nós podería contar miles e miles de recordos, como os que acabamos de ver nos vídeos. Así é como recordaremos o noso paso polo instituto: unha etapa das nosas vidas cos mellores recordos que poidamos ter. Como xa dixen antes, despois de seis anos de clases, días e meses interminables é difícil que nos saibamos dicir algunha cousa boa sobre todos os nosos compañeiros. Crecemos tanto durante estes anos! Chegamos pensando que eramos maiores e que non nos podían nin soprar e fomos dándonos de conta pouco a pouco de que creceriamos ao longo dos anos, ata chagar a este punto, o día da nosa graduación. O momento onde as nosas vidas toman camiños distintos, pero cando en 10 años nos acordemos do instituto pensaremos en todas esas persoas coas que compartimos esta experiencia. Pero non só os compañeiros nos axudamos, senón que isto non sería posible sen os nosos pais, que nos axudades tanto: apoiándonos, dándonos ánimos, motivándonos e dándonos ese café para estudio. E os profesores que se esforzan por facer de nós persoas cultas e maduras, e as veces o conseguen. Por todo isto, polo que vivimos, sentimos e como non, por aquilo no que nos convertemos, sei que estamos preparados e preparadas para subir un novo chanzo e comezar, non sen morriña e nostalxia, o principio do resto das nosas novas vidas. Grazas.
Emilio Ramos González. 2º BACH A
3
4
Viaxes 2017 5
Os alumnos de 1º de bacharelato realizaron una viaxe ao Reino Unido entre os días un e oito de marzo. Durante esta estancia no estranxeiro aloxámonos na cidade de Hastings, aínda que tamén realizamos excursións á Brighton e Londres. Isto supuxo unha inmersión cultural e lingüística nun país diferente no que conseguimos desenvolvernos, interactuar con persoas dun distinto idioma, aprender a súa forma de vida e pasar un bo rato. A nosa viaxe comezaba ao saír desde Monte das Moas cara ó aeroporto de Santiago. Todos estábamos moi emocionados e nerviosos, xa que nos esperaba unha nova aventura. Finalmente collemos o avión, o cal nos levou a Londres, pois todavía quedábannos dúas horas no bus ata Hastings. Chegamos á nosa casa temporal sobre as once, onde nos esperaba Aly, a muller que nos acolleu. Hastings é unha cidade do sur de Reino Unido situada na costa. Parecíanos un lugar tranquilo e agradable. Estivemos sobre todo no centro e na praia, onde había unha gran variedade de tendas. Unha das rúas que máis nos gustou foi George Street, porque era moi colorida e de película. Tamén fomos polo peirao, aínda que fixo un mal día e non o puidemos apreciar ben. En xeral a nosa estancia en Hastings foi incrible e moi entretida. Realizamos dúas excursións de día completo: a Brighton e a Londres. Brighton pareceunos unha cidade preciosa, e máis nun día tan soleado como no que nos tocou. Puidemos disfrutar das rúas máis comerciais, da praia e do Royal Pavilion, que era unha antiga residencia real. Sen embargo, o que máis nos gustou, e cremos que é unha opinión común, foi Londres. Aínda que consideramos que o tempo foi insuficiente e escaso para apreciar a beleza da cidade, polo menos estamos moi agradecidas de poder camiñar entre as inmensas rúas e as grandes multitudes dun dos lugares máis fermosos e coñecidos do mundo. Entre os lugares e monumentos que vimos destacamos o Big Ben, Trafalgar Square, o London Eye, o Buckingham Palace e St James’s Park, onde sacamos moitas fotos e sentímonos un pouco londinenses. Tres días da semana tivemos clases no Hastings Sussex College. Alí dividíronnos en dous grupos e cada un foise a unha aula co respectivo profesor. Nun principio non estábamos convencidas coa idea de ter clases, pero serviunos de axuda para coñecer a cultura e principais atractivos do país. Tamén puidemos debater sobre diferentes temas para mellorar a nosa fala desta linguaxe, ademais de ver vídeos, xogos e outras actividades. O colexio era grande e con moitas posibilidades para matar o tempo: cafeterías, mesa de ping pong etc. Estaba ben situado, posto que desde el podíamos chegar facilmente ao centro da cidade. Nestes días tamén tivemos actividades pola tarde, como un quiz sobre Hastings, o selfie afternoon, noite de películas, discoteca e karaoke e deporte. O que destacamos é o selfie afternoon, no que tíñamos que sacar fotos con monumentos, en lugares específicos e con persoas facendo algo en concreto. Tamén disfrutamos moito xogando ao cricket. É un deporte típico do que non sabíamos demasiado, pero divertímonos descubrindo a súa técnica. Unha das cousas boas que nos levamos foron as novas amizades, pois ademais de estar cos compañeiros do noso instituto, tamén coñecemos a xente doutros lugares. Nalgunhas actividades estivemos con andaluces e noutras con cataláns que nos pareceron moi simpáticos e faladores. Así pois, non só queremos destacar os monumentos e demais lugares icónicos, senón tamén os lazos que creamos e o ben que o pasamos, tanto con novas persoas como coas que vemos todos os días nas clases. Gustounos tamén a nosa monitora, Rocío, ex alumna deste centro, xa que sen ela esta marabillosa excursión no sería posible. Para rematar, temos que admitir que foi incluso mellor do que pensamos, aprendemos cousas de gran utilidade e conseguimos vivir unha semana no estranxeiro. Sen dubidalo, volveríamos a repetir a experiencia e a recomendamos totalmente. Paula Sánchez Brañas e Noa Hernández Castro 1º BACH B 6
A vida está feita de recordos. Sempre fun desas persoas que, de vez en cando, se sorprende revivindo momentos do pasado, tirando da memoria, de fotos, de vídeos, de cancións... Teño unha gran facilidade para pechar os ollos e transportarme a eses escenarios nos que vivín, a volver a camiñar con eses zapatos cos que unha vez pisei, e a sentir por dentro o que sentía por aquel entón. Este pasado marzo, sen embargo, tiven a sorte de vivir unha experiencia “única na súa especie”, que supera con creces todo isto: tiven a oportunidade de xuntar o pasado co presente, creando uns recordos para o futuro... incribles! Cando marchaba de Moas, alá polo 2008 (non hai tanto e á vez hai moitííísimo), non me imaxinaba que volvería ser parte dun dos seus proxectos. Moito menos, organizándoo eu, e moitísimo menos, podendo facer o que máis me gusta: descubrir novos mundos, para min e para outros. A miña vida deu unha volta de 180º no 2006, cando tiven a oportunidade de pasar unha época no estranxeiro aprendendo inglés, á vez que medraba e maduraba a unha velocidade abismal. Dende aquela, decidinme a traballar brindando a posibilidade de vivir esta mesma experiencia a outros e, dende hai uns aniños, veño dedicando o meu día a día a isto. Cando descubrín que ía vivir esta experiencia co Monte das Moas, non o podía crer. Vivir co mesmo sitio, a mesma experiencia, dende o outro lado. O día da saída estaba nerviosísima, á vez que chea de ilusión. Noemí, a profe de inglés, e 24 rapaces esperábanme na porta do insti, con ganas e impaciencia. Nomes novos, caras novas, bicos e apertas tímidas... daba comezo a aventura. Collemos un bus que nos levou ata. Alvedro e, dende alí, un avión que nos deixaría en Londres. Xa na capital, outro autobús nos achegou ata Hastings, destino final da nosa viaxe. Para cando cada parella de estudantes marchou cas familias de acollida inglesas, sentía que xa coñecía a cada un deles. É impresionante o rápido que se afianzan lazos nestas viaxes dunha semana. O efecto de micromundo que se crea entre os que compartimos a experiencia é algo máxico. Os días fóronse sucedendo a unha velocidade vertixinosa: excursión a Brighton, excursión a Londres, visitas e actividades arredor de Hastings, aulas, anécdotas cas host families, inglés, carreiras, bailes, cancións, películas, xogos, sol, choiva, frío, calor, comida, compras, paseos, bromas, curiosidade, conversas confesións, risas compartidas... Todo cabe! O máis bonito para min nestas viaxes sempre é o mesmo: ver como, en cuestión de días e case sen darnos conta, un novo sitio se convirte en fogar. Un novo sitio cun novo idioma, con novos costumes, con xente diferente, con rutinas moi dispares ás nosas... Iso é o fermoso e o que nos fai medrar como persoas: coñecer o distinto, acollelo, respectalo como tal, e atopar os puntos en común cun mesmo para poder really embrace it. Aprender un novo idioma abre as portas a un novo mundo, e ter a oportunidade de experimentalo en primeira persoa e vivilo de primeira man de lado dos teus, é todo un pracer. Os rapaces pasárono xenial. E nós con eles. Sentinme nun punto intermedio precioso á vez que privilexiado. Poder falar de ti a ti coa profe,compartindo con ela alegrías e comeduras de cabeza; poder falar de ti a ti cos alumnos, cotilleando sobre profes en común que teñen eles e que tiven eu, compartindo as miñas experiencias non tan lonxanas coas que eles están vivindo agora. Aprender non só do sitio, senón tamén das persoas. Especial mención quero facer ás profes e os profes dos protagonistas reais desta historia, os estudantes, así como aos seus pais e nais. Veño levando a viaxes deste estilo a moitos alumnos de moitos colexios de moitos perfiles distintos. Podo dicir ca cabeza moi alta e sen medo a equivocarme que este grupo foi, con diferencia, o que máis madurez, saber estar e bo rollo mostrou de todos. Así que hoxe brindo porque, por moitos anos máis, en Moas e en todas partes, a educación de calidade siga estando ao alcance de todos, sen excepcións. E non me enredo máis, que isto tiña que coller nunha folla e se non me paran ocupo O Son Rebuldeiro enteiro. Moitas grazas. Enlazando co comezo deste mini conto, non podo facer máis que agradecer este privilexio que sinto de poder ter contribuído na creación de recordos para unha xeración do meu insti. E que cando eles, no futuro, se senten a recordar, apareza eu por aí nalgún currunchiño do recordo, dicíndolles cun sorriso que si, que eu tamén me acordo de ti. Rocío, exalumna de Monte das Moas 7
A familia Smith. Por Andrés Rei
.
Chamaron á familia Smith despois de que na casa onde iamos vivir aparecese unha goteira. Escribo isto para agradecerlle á goteira a súa aparición e para falar da familia Smith.
Teñen unha casa enorme de tres pisos, compartida en dúas habitacións con dúas mulleres, unha chamada Irina, que é de Letonia e moi moi agradable. A outra non socializou moito, pero tampouco era maleducada. Con eles tamén viven Frank e Poppy, un can e un gato que nos sorprendían cando iamos ducharnos de noite, cos seus ollos grandes e briladores. A nai, Andrea, é a tan amable que non hai que facer esforzo para collerlle cariño, e Ben, o pai, é moi gracioso e bromista. Os nenos, aínda que algo desobedientes, son a cousa máis querible que vin na miña vida (un día sen eles e xa os boto en falta). En seguida collen confianza e abrázante, e agárranche a man,… Encántalles Star Wars e Lego. Teñen 4 (Henry), 7 (Reuben) e 9 (Amelie) anos.
10
11
Os seus pés colgaban do asento, coma os dos nenos pequenos. É incrible como parece que volvemos a ser eses seres pequenos que moran nas garderías, eses indefensos que aínda están aprendendo a camiñar sen caerse, coa única diferenza de que eles usan unha man amiga para non darse de bruzos e os outros, un bastón. Uns teñen un millón de recordos e momentos vividos, os outros o mesmo, pero aínda por vivir. Ambos cáusannos unha tenrura tremenda e momentos de morriña. O seus pes seguen colgando do asento, pero ela non os zarandea inqueda senón que os deixa flotando, admirando a súa cidade a través da ventá. Ten un diminuto sorriso de paz que consegue facerme sorrir inconscientemente e o seu pelo curto e louro, antes seguramente máis abundante, faime pensar en como terá sido esa cabeleira de nova. As súas mans están suxeitando unhas luvas e un paraugas, non vai frío pero, ao parecer, ela si o ten. A choiva por agora cesou. Por sorte, ela non se fixa en que a estou observando, mantense tranquila, coas súas manciñas e pes quedos. Levántase en canto o bus para e, collendo as súas cousas, camiña lentamente cara a porta. Ninguén ousa perturbar o seu traxecto nin axudala a baixar. Realmente fíxome feliz vela, aínda que só foi un intre. Gustaríame saber o seu nome, pero non tiven o valor suficiente para preguntarlle. Os seus pes xa non colgan do asento.
Jennifer Quintana 4º C
12
O COMBUSTIBLE DA HUMANIDADE A
sociedade, tal e como a coñecemos hoxe en día, está baseada nun concepto
intrínseco á natureza humana: o impulso de competición por recursos e privilexios. Na Prehistoria eran as mellores covas e grupos de animais de caza; agora existen distintas formas de poder. Pero a motivación é a mesma. A Humanidade con maiúscula, esa que perdeu todo vestixio da outra humanidade, móvese obedecendo un só factor: o interese. Na actualidade, todos os actos, xa sexan a nivel internacional, colectivo ou persoal, vense alimentados polas ansias de certos elementos. En moitas ocasións son materiais, coma o petróleo, causante da meirande parte das guerras da Idade Contemporánea. Pero ás veces, as motivacións son máis complexas. Nun mundo conectado a Internet, onde calquera acontecemento ten un impacto instantáneo na comunidade global, a información é clave. O refrán di “saber é poder”, sendo esta unha máxima aplicada a calquera suceso ocorrido nos últimos vinte anos. Deixando de lado concepcións románticas tan recorrentes como interesadas, a guerra é o combustible das nacións. Daquelas que teñen medios dabondo para facela, polo menos. Porque os conflitos bélicos están provocados, mantidos e organizados por unha presa de países, englobados no G-20, que controlan a economía e o equilibrio mundial. Detrás dos enfrontamentos armados hai millares de vidas, cidades arrasadas, morte e destrución. Pero ante todo hai cartos. Cartos en venda de armas, hidrocarburos ou tráfico de persoas e información. Por esa razón, e a pesares de ter os medios e a oportunidade de abandonar toda confrontación bélica, seguen a caer bombas en Siria. Seguen a morrer nenos en Gaza. Millóns de persoas seguen a escapar dos combates, fuxindo dos seus países e tornándose desprazados pola cobiza. Refuxiados da violencia. E é que a paz é moi atractiva no papel, como toda utopía. Pero non alimenta automóbiles. Miguel F. G.
13
AS DÚAS CARAS DA MOEDA Ao longo da historia as sociedades experimentaron diversos cambios, desde o politeísmo grego ao monoteísmo cristián pasando pola soberanía de orixe divina de Luís XIV ata chegar aos ideais liberais da Revolución Francesa. Porén, por desgraza, as guerras seguen tan presentes no noso mundo como desde os inicios da raza humana. Poderíamos dicir que as guerras forman parte da nosa condición humana, aínda que sería máis acertado empregar o termo ``inhumana´´. Aquela guiada polo egoísmo, a cobiza e a hipocrisía que traducido a sociedade actual, e antiga, son os intereses económicos e políticos. E dicir, á comunidade internacional non é que lle resulta difícil evitar a guerra, senón que é ela mesma quen a provoca, para obter beneficios. Lembremos a actuación militar de EE UU, Reino Unido e España en Iraq en busca de armas nucleares, que nunca apareceron, porque nunca existiron. E iso sabíano ditos gobernos, pero decidiron actuar debido ao grande interese que existía polo petróleo. Pero ese non e o único exemplo da hipocrisía occidental. Actualmente estamos a vivir unha crise mundial debido ao grupo terrorista DAESH, que atemoriza a Oriente Medio e as grandes potencia mundiais. Os líderes destas últimas aparecen nos medios coas súas mellores actuacións defendendo os ideais que representan os seus países, pero que esquecen unha vez que os maletíns fan a súa entrada en escena. Noutras palabras, os que alardean de defendernos son os mesmos que venden armamento e financian os nosos atacantes. Ademais destes aspectos económicos, existen outros conflitos de carácter sociocultural baseados na relixión e costumes, e que teñen a solución máis efectiva na educación e tolerancia. As guerras seguirán sendo unha preocupación constante na vida dos cidadáns destacando as atrocidades levadas a cabo en Oriente Medio, mentres que os que proclaman paz desde os seus despachos sigan interpretando os papeis das súas vidas. Susana Sánchez Pardo 2º BACH.
14
Á miña avoa (in memoriam) Cantares gallegos está considerado como a obra fundacional da Literatura Galega contemporánea por varios motivos: foi o primeiro libro impreso escrito na súa totalidade en galego e, tamén, é o primeiro libro escrito en galego por unha escritora galega, a única escritora galega do século XIX. Din os que saben moito destas cousas que o libro pecha a literatura do Romantismo dos Precursores cunha obra de tipo realista, e que tamén é un libro importante porque é unas das pezas de maior calidade da Literatura Galega. Contábame o meu pai cando a súa nai –a miña avoa, unha muller sinxela e con poucos estudosrecitáballe de memoria dous poemas do libro sempre con alguna bágoa de emoción nos seus ollos grises Castellanos de Castilla, tratade ben aos galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. Todos os seus irmáns marcharan á emigración -uns a Venezuela, outros a Suíza e outros a Francia, todos nos sesenta do século pasado, e case todos morreron lonxe da súa terra- e foi ela que tivo que facerse cargo do seu pai en Galicia, en Xinzo de Limia. Mais o seu poema favorito era, segundo conta o meu pai Adiós, ríos, adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos; non sei cando nos veremos. (…) Di o meu pai –que tamén escribe versos, entre outras moitas cousas, como o meu avó e o meu tío Pedro que traballa nos Estados Unidos- que “non hai mellor premio para calquera poeta que vivir no corazón de alguén”, e por riba de todos os méritos literarios dos que se queira falar e das condicións novedosas dos poemas do libro, Rosalía de Castro conseguiu vivir neles. Eu sentín moito que a miña avoa perdese hai moito tempo a súa memoria e, con ela, os versos da súa querida Rosalía.
Jorge Álvarez García 3º ESO A
Adiós, ríos, adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos; non sei cando nos veremos 15
Xoana Ríos
–
1924
A miña bisavoa foi ao colexio ata os doce anos. Non puido seguir estudando porque tiña que realizar as tarefas da casa. Ía a levar as vacas a pacer e dáballe de comer aos porcos, ía a por leña por corredoiras cheas de lama, tiña que lavar a roupa no río a man, cociñaba e mesmo facía opan. As mulleres facían todas as tarefas da casa, mentres que os homes traballaban no campo e fóra. Cando casou tivo sete fillos e criounos con moitos traballos porque tiña que coidalos e tamén realizar as tarefas da casa que eran moito máis duras que hoxe en día. Na actualidade houbo moitos cambios. A muller non ten tantos fillos, as tarefas da casa son máis sinxelas. Moitas mulleres traballan fóra igual que os homes. Algúns homes axudan nas tarefas da casa: limpan, cociñan, pasean aos nenos, lavan a louza. En cambio outros homes non axudan nada na casa. Aínda existe machismo porque moitas das nais non os acostumaron a facer as cousas da casa, porque eran nenos. As que as facían eran as nenas. As mulleres hoxe en día aínda deben loitar por ser igual que os homes. Saray Cañás Torrón do curso 2ºB
16
Como tod@s
Son muller, non obxecto. Son home, non corpo. Mesmo traballo, mesmos dereitos, Distintas as barcas nas que chegamos Pero agora vida nunha soa. Ti que non falas, Que non vive a vida, Que buscas a liberdade sen mapa, Que corres a carreira sen chan. Tratas ao senteito como gobernador E de volta rinse dos teus intentos. Axuda aos teus irmáns e irmás, Salta cara a desigualdade rómpea. Canta a melodía sen xénero, E desvela a túa alma sen voz AITANA RUIZ SUÁREZ , 2 ESO B, 2017
17
Cando eu comecei a tocar a guitarra estaba federado no Club Baloncesto Culleredo no cal tiña un compañeiro e amigo chamado Pedro. El e máis eu falábamos sobre xogos, e un día saíu o xogo chamado Guitar Hero 3, Pedro contoume que toda a súa familia xogaba con el cando era máis pequeno, o seu pai, a súa nai e o seu irmán (cada un tocaba un instrumento como guitarras, batería, etc). A canción que máis lles gustaba tocar era: “Welcome To The Jungle” dos Guns’N’ Roses e a min encantábanme os Guns. Pedro, despois dun partido, convidoume a xogar ao Guitar Hero 3 na súa casa. O seu pai, que se chamaba Óscar, escoitounos e eu dixen que sabía tocar “Welcome to The Jungle” co que o seu pai se sorprendera porque eu sabía tocar a guitarra e en especial esa canción. Cando cheguei á casa pregunteille a miña nai se podía ir á casa de Pedro pero ela non me deixou (aínda a día de hoxe non sei porque non me deixou, pero dende logo arrepentiuse moito) e a Pedro tiven que dicirlle que non podía ir a súa casa. No seguinte partido Óscar non veu e, no partido en que Pedro me convidara, era o último ao que fora porque se lesionara no traballo. Pasaban aos partidos e Óscar non viña a ver a Pedro xogar co que miña nai faloulle por WhatsApp á nai de Pedro e ela dixo que Óscar tiña leucemia. Miña nai contestoulle rapidamente dicindo que se necesitaban calquera cousa que nós estabamos alí para o que quixese. O tempo pasou rápido e oxalá fose máis despaciño nese período de tempo. O meu pai gravaba os partidos con fins didácticos de adestrador e, de paso, os subía a Dropbox para que os viran os demais pais. Lémbrome daquel día coma se fose onte, eu baixara coa miña noiva (naquel tempo) e os meus pais cando subín á casa dixéronme que Óscar morrera a causa da leucemia. Foi coma se me destrozasen por dentro. Óscar foise sen que eu lle puidera mostrar como tocaba “Welcome To The Jungle”. Agora cada vez que me piden que toque una canción toco esa, sen fallos, na súa lembranza. Para Óscar de “Ana Bohueles”
Adrián Seoane 4º A
VERSOS CREACIONISTAS Camiña paseniño pola ladeira, no seu reflexo, a lúa esperta. Lembrando ilusións ao seu paso, as estrelas fican no relanzo.
Este poema foi composto polas alumnas de 4º da ESO; Marieta e Laura.
Esquecer e volver ao comezo, facer das súas bágoas dous beizos e das súas foulas, un bico.
Este poema é característico do creacionismo vanguardista , que é un movemento poético vanguardista europeo que xurdiu a principios do século xx e que de fendía que as palabras e a estru tura dun poema deben valorarse pola súa capacidade para crear beleza e suxerir imaxes.
Marieta Liñeira Laura Martínez 4 ESO A
19
VERSOS DADAÍSTA Queren reivindicar,
O
queren revolucionar,
é un movemento cultural y artístico que xurdiu en 1916 no Cabaret Voltaire en Zúrich (Suiza). Foi proposto por Hugo Ball, escritor dos primeiros posteriormente, uniuse o rumano Tristan Tzara que chegaría a ser o emblema do Dadaísmo. Unha característica fundamental do Dadaísmo é a oposición razón instaurado polo Positivismo. O Dadaísmo caracterizouse por rebelarse en contra das convencións literarias, e especialmente artísticas, por burlarse do artista burgués e da súa arte.
queren renovar. Cren saber o que é a arte, pero todo o que din é merda. Sara Maneiro 4º A
COMO GOBERNAR UN ESTADO. de Benito Mussolini: No primeiro paso vas necesitar: •
Koalas.
•
Tortilla.
•
Xamón e queixo de Arzúa.
DADAISMO
Pon os tres máis ou menos 50 minutos a bailar un pouquiño de salsa e logo colles a mantequilla, mantequi, mante, manta, a manta porque vai moito frío alí fora. As rosas son rosas Roma é unha cidade maionesa, ela me bate como facendo maionesa. Traballo feito por Manuel Vázquez e Juan Castelo 4ºESO-A. 20
FUTURISMO
Cada latido do corazón é unha explosión, explosión
O FUTURISMO é un movemento artístico de vangarda que se ori xinou en Italia a principios do século xx e que intenta romper cos valores estéticos do pasado reivindicando o futuro e con e l a era de la técnica moderna, a velocidade, a violencia e as máquinas.
da bala saíndo do canón. Alex Méndez Freire 4º A
Nese preciso momento, os cidadáns miraron ao ceo e observaron dende enriba a beleza das máquinas de matar. Sentiron nas súas mans o poder de superioridade que as máquinas lles outorgaban. Baixaron a vista e a revolución das máquinas comezou. Tanques, bombas, granadas,minas, pistolas e fusís encheron a cidade. O ceo estaba gris debido ao fume e as explosións que botaban as máquinas. E, pasado un tempo, estas dominaron a cidade. Paula Ferro Fernández María López Corral 4 ESO A
21
SURREALISMO Eu estaba sentado sobre un manto de nubes, mirando aquela moza cós seus ollos cheos de moscas. Estas batían as súas ás, dándolle un aspecto de caos e descontrol; caos que a min me ordenaba as ideas, porque esa era a rapaza que tódolos días ocup aba os meus soños, soño que me vén o sono, teño sono polo que soño. Algúns días as nubes non están por aturarme e eu baixo a terra. Vou a carnicería e pídolle un ramo de flores, pero a carniceira só me ofrece un ramo de perexil. Vina na esquina, enchínme de valor e fun a xunto esa moza e dínllas. Ela dixo que non lle gustaban, que prefería un bo campo repleto de merda, cheirume a metano. Eu pedínlle disculpas, e frustrado polo meu fracaso amoroso, volvín ás nubes para seguir divisando a esa moza desde a dis tancia; porque o amor da morte. Alex Méndez Freire 4º A
O SURREALISMO é un movemento artístico que xurdiu en Francia a partir do dadaísmo, na década dos anos 1920, en torno a personalidade do poeta André Breton.
22
HILOZOÍSMO A CHEGADA
Esperando a chegada coa mirada cravada nos vellos navegantes as altas árbores. Polo horizonte, O HILOZOÍSMO é una doct rina metafísica, propia da esco la x ónica e estoica, que considera á materia no n só como activa, senón tamén como vivente , é di cir, dotada de espontaneidade e sensibilidade.
as brancas velas dos vellos navegantes nacen do berce do mar. Miriam Pardo e Sara Villar (4º A)
POLAS DE MÁRMORE Vai frío, moito frío a paisaxe branca,
O sol ía durmir
o asubiar do vento
saía a Lúa de festa,
e a soidade que me mata. No corazón do bosque
a Lúa vai saír o Sol durme a sesta.
as árbores tremen
As estrelas saen a correr
bañadas por foulas do ceo
a galaxia baila toda ella,
mentres elas dormen.
unha estrela vai entolecer
Pura neve,
e a galaxia non quere vela.
escuro ceo,
O día vaise marchar
lobos suplicando
a noite vaise para reinar,
neste xélido inferno.
o campesiño sae sachar
Paula Otero Romero
e a festa vai a atopar.
Luis Platas Paula Rabina Uxía Franco 4ºA
23
A GUERRA Trala guerra só quedaban caras deformadas; deformadas pola fame, polo medo, pola miseria... Todo causado por esa guerra, unha guerra de intereses... Intereses de ricos que venden armas para asasinar inocentes. En batallas nas que só participan pobres... Mesmas batallas nas que só gañan ricos... Trala guerra só quedaban caras deformadas;
deformadas pola fame, polo medo, pola miseria... María Abelleira Andrés Piñeiro Rodríguez 4ºA.
EXPRESIONISMO Movemento artíst ico e literario de orixe europea que xorde a principios do século xx que se caracteriza pola intensidade da expresión dos sentimentos e as sensacións.
24
DÃa da Muller MULLERES ESCRITORAS IES MONTE DAS MOAS 25
26
27
O Correlingua é una actividade para loitar polo galego, que poida falarse con liberdade e de que sexa considerado unha lingua de verdade. O día 5 de Maio, os alumnos de 2º da ESO saímos ás 10:10 en bus cara Riazor, acompañados dalgúns profesores. Despois de chegar cós demais institutos participantes, iniciamos a camiñata, con pancartas, instrumentos, cánticos, vixilancia policial, as nosas camisetas personalizadas… A “meta” foi a Torre de Hércules, onde fomos recibidos pola actriz Isabel Risco, a presentadora, que falou, coa súa motivación e optimismo, da nosa importancia para a conservación do galego; tamén se leron manifestos redactados por alumnos sobre os dereitos da nosa lingua; e entregáronse os premios do concurso de pancartas, que gañaron os rapaces de Cerceda. Os premios foron entregados por Isabel Rico, o alcalde Xulio Ferreiro e a vicepresidenta da Deputación. Xa ao final, unha banda de Rock, “Biribirlocke ”, tentou amenizar o panorama chuvioso; deixáronnos facer o que quixéramos (o mellor de todo) e logo volvemos cara ao instituto, entre risas e cancións. Para min foi una gran experiencia. Unha boa forma de fortalecer os lazos que xa me unían coa miña clase, amigos e profes. E un día xenial que paga a pena repetir. Sabedes que? Alí sentinme forte. Non sei como explícalo. Creo que é a sensación que un sente cando fai algo bo. Algo para continuar a loita dos de antes, dos de agora, e dos que loitarán despois. Sinto que isto é especial. Esta loita e diferente. Gustaríame pensar que algún día, os meus fillos falarán galego sen medos e trabas, sen que ninguén llo impida; que dirán: Son galego! ollándome con ese sorriso dos nenos que fai que todo semelle posible. Porque iso é o que nos leva a lograr grandes cousas: a ilusión. Eu síntome orgullosa de vivir a experiencia. Só de vivila. Xa foi suficiente. Lorena López Cabanas 2º ESO A
28
Na mañá do 4 de outubro, os alumnos e alumnas de 4º, asistimos, no salón de actos no noso centro, a unha charla sobre as consecuencias da drogodependencia e da toxicomanía dada por algúns dos reclusos e ex toxicómanos e dirixida pola directora da Unidade Terapéutica do cárcere de Teixeiro. Ao comezo da charla fíxose unha pequena representación teatral protagonizada polos reclusos desta institución penitenciaria. Foi seguida por un vídeo consistente en fortes imaxes sobre as consecuencias das drogas e adornada por unha conmovedora música. A continuación, produciuse unha narración e exposición por parte dos ex toxicómanos das súas experiencias vividas neste escuro mundo que é a drogodependencia. Algúns destes relatos foron totalmente tráxicos e tristes, outros, en cambio, foron bastante normais e predecibles (dentro do ámbito da toxicomanía, por suposto). Posteriormente, levouse a cabo unha rolda de preguntas e respostas, no que o alumnado de 4º preguntoulle ós protagonistas destas historias, aspectos e dúbidas relacionadas co tema tratado. Na miña opinión, resultoume moi útil e interesante, aínda que un pouco deprimente. En calquera caso, explícanos os enormes perigos e gravísimas consecuencias que ten o consumo deste tipo de substancias ilegais (na maioría dos casos). Gustoume moito a rolda de preguntas e respostas, xa que permite facerse unha idea do terrible que é iso e permitiume poñerme no lugar desa pobre xente e das súas familias. Ademais, os presos foron moi agradables e mostráronse moi dispostos a responder ás cuestións plantexadas. Ao final, a modo de recompensa e agasallo entregóuselle ao centro un cadro, feito polos reclusos, aínda que todo o mundo pensou que era para o primeiro alumno que fixo unha pregunta, debido a que a directora fixo esta broma para incentivar a participación dos alumnos. Á semana seguinte da charla, algúns alumnos e alumnas (once por cada grupo escollidos mediante sorteo) realizaron unha excursión ao cárcere, para poder ver as instalacións e as condicións nas que viven os presos. 29
Aínda que lle estiven dando moitísimas voltas ao asunto, non se me ocorreu forma algunha de comezar isto de maneira que non pareza a típica redacción aburrida sobre una excursión; así que, só vos pido que sigades lendo, creo que non vos arrepentiredes. Hai uns días, o once de outubro para ser exactos, once alumnos de cada clase de cuarto da E.S.O, tivemos a posibilidade de visitar o cárcere de Teixeiro. Puidemos ir ata alí grazas a un proxecto da fundación Barrié, que pensou que pode ser unha boa experiencia pedagóxica tanto para nós como para os internos que se apuntaron ao taller ''Di que non'' (o que lles permite facer unha obra de teatro, unha presentación e falar un chisco connosco nos institutos aos que van). O primeiro que fixemos ao entrar ao cárcere foi entregar o D.N.I e pasar por un detector de metais, que foi bastante cómico dado que a veces soaba por certas partes metálicas de certa roupa íntima feminina... En fin, tiñamos que pasar rápido cando unha porta se abría porque ata que esa non se pechase, a seguinte non podía abrirse. Déronos unhas pulseiras cun ''Di que non'' inscrito e o seguinte foi ensinarnos un pouco as instalacións, sabiades que o cárcere de Teixeiro é dos mellores de España? Parécese a un instituto, cos seus alumnos, a súa pista de fútbol, a súa biblioteca, a sala de informática, o seu mini colexio, o taller... Ata poden castigarte se lle faltas ao respecto a un profesor ou compañeiro. As únicas diferenzas son que nós podemos saír do instituto, e eles non; nós podemos falar todos os días coas nosas familias, eles non; nós temos toda a vida por diante, eles perderon metade da súa. Despois leváronos ás celas e, poñéndonos por parellas chico-chica, deixáronos dez minutos na cela. Antes diso nos entregaron una folla que simulaba ser a carta dunha doída e decepcionada nai, e nós tiñamos que imaxinarnos que eramos o fillo encerrado. Nunha cela tan pequena coma esa, na que a porta ábrese so a certas horas, anos e anos... Como credes que unha persoa pode sentirse, ademais de soa? Ao sairmos, separáronos en grupos e ao meu grupo guiáronos ata unha saliña con cdeiras colocadas formando un círculo, e comezamos pouco a pouco a charlar sobre as drogas. Conversamos sobre que non hai drogas brandas, que todas son malas; sobre que o alcohol tamén é unha droga; sobre que o tabaco tamén pero que a diferencia entre este e as demais drogas é que non che cambia o carácter; sobre que se alguén ten un problema de adicción debemos intentar axudalo a superalo e non deixar que o que lle vende a droga (excluíndo o alcohol porque por desgracia é legal) quede impune; e sobre como pode cambiarnos a vida o mero acto de ''probar''. Por último algúns internos cantaron e tocaron dúas cancións e o mesmo director púxose a dar palmas. Todos os internos se portáron de marabilla, pero eu quixen darlle as gracias a un en particular, porque ninguén lle puxo tantas ganas a ese taller e apostaría a que ninguén desexaba con tanta forza coma el que non cometéramos os mesmos erros ca el. Chamábase Raúl, e espero volvelo a ver algún día, na rúa, coa súa familia e sorrindo. A experiencia foi fascinante, síntome afortunada de que o meu número saíse no sorteo que me permitiu ir. Oxalá todos os rapaces puidesen ter a oportunidade de vivir aquilo. Pensade ben como vos gustaría pasar a vosa vida e non deixedes que ninguén vos arrebate iso, as drogas tampouco. 30
31
O sábado 6 de maio do 2017, algúns alumnos do centro, de 2º e 3º da ESO participamos na actividade “Ciencia na rúa”. Pero o traballo non comezou nese día, senón que levábamos moitas tardes de preparación tanto da explicación como dos experimentos anteriormente. Estas tardes tiveron como fin ir expoñer ciencia, tanto práctica como teórica a todos os que o desexasen. O noso grupo, de 2º da ESO, por exemplo, realizou: A simulación dunha erupción volcánica, neve artificial e nubes nun ceo azul, dentro dun tubo de ensaio. Esta divulgación científica celébrase dende hai 22 anos no parque de Santa Margarida, e nel participan gran número de colexios, institutos e facultades coruñesas. Era o día da verdade, e chegamos ao parque ás 10 da mañá, para axudar a montar a carpa e colgar os carteis que anteriormente fixéramos. Fixemos dous grupos, e cada un facía turnos dunha hora, para que non nos cansáramos. Cando non nos tocaba, aproveitábamos para visitar outros postos. De dúas a tres comemos todos xuntos, uns bocatas e postre que no deran os da organización, ademais de dúas bebidas, a escoller. E despois volvemos ao traballo. Ata as 7, cando remataba a actividade, e os que non viñeran a montar a carpa, tiveron que quedar a recollela. A experiencia foi incrible, pasámolo xenial, todo o día cos nosos compañeiros e amigos. A asistencia foi moito maior da esperada, e de idades totalmente variadas, dende cativos ata xubilados. Ademais o luns seguinte os profesores recompensáronos cun obradoiro moi interesante sobre tecnoloxía e música e unha rica merenda. Foi unha experiencia moi divertida e recomendable, da que se saca moito proveito.
Amalia Rivera López, María Tarrío Rodríguez e Lorena Sánchez 2º E.
32
Como todos os anos, celebramos a mediados de febreiro un dos mellores
concursos
de
comparsas escolares da cidade
da
Coruña.
O
participantes foi
nivel
dos
moi alto
e
fixeron que todo o público, que enchía as gradas do pavillón, disfrutase durante o mesmo. Grazas
a
todos
os
que
colaboraron e o ano que ven máis
e
mellor..!
33
34
Adeus, Leonard Cohen Erguerte cedo, non ás “4 da mañá de fins de decembro”, pero ás sete dunha mañá de novembro para ir ao instituto, preparar un zume de laranxas e un café, non “té e laranxas”, acender a radio para escoitar as noticias, encontrarte de pronto coa morte de Leonard Cohen, sentir unha pequena punzada nalgunha parte do peito, sen saber exactamente onde... Esa pequena punzada como unha coiteliña afiada que, de pronto, racha o fío que te une ao pasado, ás aulas na universidade, ás conversas nos cafés de Compostela, ás carreiras baixo choiva en busca dos soportais polas rúas molladas, aos teus primeiros vinilos, ás noites en vela estudando nos pisos de amigos, volvendo para a casa de madrugada cun montón de fonemas, morfemas ou sintagmas nominais dándoche voltas na cabeza ao ritmo das melodías de Suzanne, do Partisano, do tristísimo vals de Lorca ou da vella gabardina azul, aínda ecoando nos oídos... baixo o azul dun ceo que non acaba de decidirse a clarexar... Erguerte ás sete da mañá dun frío amencer que non é de fins de decembro, pero igualmente frío e tristísimo, para tomar un café moi amargo e despedirte, Leonard, dance me to the end of love.
Ramona.
35
A 7 DE NOVEMBRO DE 2016. Data que xa nos queda algo lonxe, pero que merece ser lembrada como o día no que se apagou unha voz profunda, no que un sombreiro negro quedou sen cabeza sobre a que pousarse, e no que uns dedos toscos, pero delicados ao mesmo tempo, agarimaron por derradeira vez as cordas dunha guitarra. E quizáis estes obxectos queden agora inertes, inanimados. E tristes, afeitos a crear beleza en estado puro, coma perfectas marionetas movidas por uns finos fíos que agora están rotos. Pero terán unha longa vida como lembranza; a lembranza de Leonard Cohen. Leonard Cohen, ese poeta, novelista e cantautor nacido en Quebec, Canadá, o 21 de setembro de 1934, e descrito pola crítica coma “un dos cantantes e compositores máis fascinantes e enigmáticos de finais dos sesenta”. Eu, persoalmente, non acostumaba a escoitalo ata que por casualidade atopei unha partitura de “Hallelujah”, pode que a súa canción máis famosa. Comecei a buscar outras cancións e axiña escoitei xoias como “I’m your man”, ou “Suzanne”. E chamoume a atención a elegancia con que ese home con fronte ancha e nariz grande falaba, e tocaba, e cantaba. E algo máis tarde chamáronme a atención as súas letras, tan profundas que aínda non son quen de ver o fondo. E namoreime dese arquitecto capaz de deseñar cancións sinxelas, pero cargadas de máis emoción que complexas sinfonías de coñecidos compositores. E namorado sigo da súa música. Cohen era, así, das poucas persoas que tocando só unhas cordas de metal, ou unhas teclas brancas e negras, podía remover o noso interior, atopando ese lugar que fai que os pelos se poñan de punta e as bágoas asomen aos ollos, ansiosas de non ser menos que as orellas e escoitar sen poder oír esa voz profunda, ese sombreiro negro e eses dedos toscos, pero delicados ao mesmo tempo, agarimando infinitamente as cordas dunha guitarra. Quizáis haxa un deus sobre nós, pero todo o que aprendín do amor foi como disparar a alguén que desenfundou máis rápido ca ti. Non é un lamento que escoitas pola noite. Non é alguén que viu a luz. É un frío e roto aleluia
Andrés Rey 1º BACH A
36
37
38
O BODYBOARD O Bodyboarding é un estilo de deporte parecido ao surf, xa que consiste en deslizarse polo mar coa forza das ondas. É un deporte que permite moita mobilidade cunha larga lista de trucos para executar. Antigamente só existía o surf. Para este deporte usábanse táboas de madeira. Máis tarde creáronse as de telgopor. Ata que en 1971, na costa de Hawai, Tom Morey (surfista e inventor) quixo crear unha táboa máis curta cas do surf, máis branda e lixeira e que fose divertida para novatos e principiantes. Así foi como deu forma á actual táboa de bodyboard.
O material que usamos á hora de practicar este deporte é: Táboa: é o básico que necesitamos, nela baséase o bodyboard. Invento: é unha especie de correa que sérvenos para que a táboa non se nos perda no mar. Está amarrado na táboa e enganchase no noso pulso como se fose un brazalete. Aletas: sérvenos para darnos propulsión na auga. A diferenza das aletas de natación ou submarinismo, as de bodyboard son máis curtas o que nos permite unha maior mobilidade. Traxe de neopreno: isto é o menos importante porque depende das augas onde practiquemos. Sérvenos para non coller frío. Nós recomendaríamos este deporte a calquera persoa, xa que é moi doado de aprender e practicar e ademais, na nosa opinión, é moi divertido, xa que nos temos tirado días enteiros na praia tomando olas. Para comprar o material necesario non fan falta máis duns 30 euros, que comparados co que se gastaría noutros deportes acuáticos resulta moi barato, polo tanto isto non é escusa. Así que esperamos vervos a todos facendo Bodyboard nas praias da Galiza este verán.
Por Nacho e Andrés, de 4ºA 39
WATERPOLO O waterpolo é un deporte no cal se enfrontan dous equipos. Os equipos están formados por seis nadadores (2 extremos, 2 laterais, un central e un boia) e un porteiro. Existen faltas, expulsións temporais e expulsións definitivas. Un partido divídese en catro tempos de 8 minutos cada un. Un equipo ten 30 segundos de posesión da pelota para efectuar un lanzamento á portería contraria. En Galicia hai seis equipos que nos enfrontamos entre nós nunha liga galega. O waterpolo é un deporte minoritario, e a maioría da xente cando o ve, pensa que é moi duro, pero é un deporte que cando a xente o proba, soe gustar. Eu xogo na Asociación Coruñesa de Waterpolo e somos como unha gran familia, facemos moitos viaxes e o normal é que participemos nos torneos que nos inviten, o 20 de maio, por exemplo, marchámonos, o equipo cadete, a xogar un torneo en Valladolid. Victoria Landeira Neira 4º ESO B
O PIRAGÜISMO É un deporte náutico que pode acadar altas velocidades e consiste en navegar sobre embarcacións lixeiras chamadas kayaks; que son propulsados a remo por un, dous ou catro tripulantes. Dispútanse carreiras de fondo e de velocidade que son divididas en categorías segundo a idade e o sexo. Comecei no 2012, nun cursiño de verán cunha amiga para facer unha cousa diferente e ter unha experiencia máis. No inverno apunteime ao club S.D. As Xubias coa idea de facer só exercicio físico e non profundar no deporte. Co tempo e con moito esforzo, fun gañando algunha medalla e participaba nalgúns eventos. E actualmente, no 2017, teño pensado facer un curso para ser monitora no club. Aínda que antes non tiña moita estima neste deporte, agora é o que máis desfruto. 40
Lúa Pazos. 1º Bach B
O judo é o deporte que practico dende que tiña catro anos . Gústame moito e por iso penso que aínda que requira moitas horas de adestramento , paga a pena. Calquera pode facelo , é un deporte apto para todas as idades, pero se falamos de competir , é outra cousa distinta . Para competir tes que estar en bastante boa forma física e mental o cal pode ser esgotador .. Ademais á hora de preparar os encontros , haberá que botar moito tempo no ximnasio practicando .
Os judokas divídense en diferentes categorías segundo a súa idade, o seu sexo e o seu peso . Practicar este deporte non consiste só en ter boa forma física e boa técnica se non que, coma noutros deportes, a mentalidade e o interese inflúe moito. Se ti chegas a unha competición crendo que vas gañar tes moitas posibilidades de facelo que se fas o contrario . No noso país o judo é unha disciplina un pouco infravalorada aínda que nos últimos anos déullese mais importancia .
Sen embargo, no resto de Europa e incluso a nivel mundial, é un deporte bastante máis valorado. Destacan países como Xapón , Xeorxia , Italia ou Acerbaixán. Alejandro Fernández 1ºBach A
41
42
Premio “Cartas de amor” “Ao meu can” Ola amigo:Ti fuches o meu compañeiro desde mo
i pequeno, sempre leal, ata o último
latexo do teu corazón.Cando estaba só, cando estaba triste, sempre estabas ao meu lado e, á túa maneira, facíasme saber que estabas comigo. Sempre me acordarei dos teus bicos pola mañá cedo, ao
espertar e a túa forma de
entender que te
baixase a dar un paseo.Chegaches
á casa enchendo os
nosos corazóns de alegría e amor.
Cando non estabas
ao meu lado, as horas pasaban
moito máis rápido,
porque sabía que ao chegar á casa
teríate coa cara
iluminada esperándome.Hai u
ano anaco
que
nos
deixaches, pero roubáchesme un
do
meu
corazón e sempre te levarei nos
facerme
n
meus recordos, ningún parecido a tí remprazará o agarimo que ti me deches. De ti aprendín que cando tivese un mal día, era suficiente con sentarme ao teu lado e senti
rme
acompañado. -Grazas amigo! Manuel Villaverde García
43
3ºD
10 NOMES DE PEIXES
44
ACERTIXOS: adiviĂąa que profes son
45
ATOPA OS 7 ERROS
46
INDICE EDITORIAL
2
GRADUACIÓN
3
VIAXES
5
COLABORACIÓNS
11
ACTIVIDADES
25
CULTURA
35
DEPORTE
39
PARABÉNS
42
PASATEMPOS
44
47