Normas de funcionamento

Page 1

NORMAS FUNCIONAMENTO BIBLIOTECA

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR 1.- DESTINATARIOS DA BIBLIOTECA: A biblioteca é un Centro de Recursos para a Ensinanza e Aprendizaxe destinada ao uso de todos os membros da comunidade escolar:  Profesorado.  Alumnado  Persoal non docente. 2.- HORARIO DA BIBLIOTECA:  Estará aberta en horario de mañá dende as 9.00 ata as 14.00.  Cada grupo disporá dunha sesión semanal, na que poderá usala para consulta, préstamo e a realizaciónn de actividades programadas dende o equipo de biblioteca. 3.- ESPAZO DA BIBLIOTECA.  Ten unha superficie de 50 m².  Atópase ubicada na planta “0”, preto do ximnasio, aula de informática e aula de música.  Está dividida en diferentes seccións: o Consulta. o Préstamo. o Ordenadores. o Revistas e mediateca. o Zona de xestión. o Zona de lectura e traballo, con capacidade para 25/27 alumnos/as.

CEP Dr. FLEMING


NORMAS FUNCIONAMENTO BIBLIOTECA

4.-SERVIZOS BÁSICOS DA BIBLIOTECA:  CONSULTA: o Os libros, enciclopedias, dicionarios... estan ordenados según a CDU (Clasificación Decimal Universal)

o Os libros de consulta so poden usarse na biblioteca, non entran dentro de servizo de préstamo. 

EMPRÉSTITO: o ALUMNADO:  O servizo de empréstito realízase a través do pograma MEIGA, instalado no ordenador do mostrador.  Cada alumno terá un carné de usuario, no caso de extravio farase somentes un segundo carné.  Os carnés dos alumnos están nun arquivador no mostrador ordenados por aulas.  Os carnés son propiedade da biblioteca polo que non deben entregarse aos alumnos, somentes cando rematen a primaria se lles fará entrega dos mesmos.  O préstamo de libros de cada titoría será realizado e supervisado pol@ profes@r tit@r coa axuda dos “Auxiliares de biblioteca”  Os libros de préstamo están identificados en diferentes cores: o 1º e 2º: vermello. o 3º e 4º: verde. o 5º e 6º: amarelo.  Establécese un tempo de préstamo por 15 días, prorrogables e sempre co consentimento d@ tit@r.  O número máximo de exemplares en emprestito por alumno/a é de dous.  O alumnado so pode levar en empréstito os libros do andel correspondente ao seu nivel, deste xeito garántese que teñan a súa disposición un número suficiente de exemplares.  Os libros extraviados ou deteriorados polo mal uso deben restituirse.  Si un alumno reitera no extravío de exemplares, non accede ao empréstito ata repoñerlos. CEP Dr. FLEMING


NORMAS FUNCIONAMENTO BIBLIOTECA

o PROFESORADO:  Todo o profesorado conta cun carné da biblioteca.  Calquer/a profesor/a pode levar en empréstito os fondos da biblioteca, agás os fondes de consulta, realizando un rexistro dos mesmos.  O profesorado que desexe realizar un empréstito para a aula, dos fondos de lectura, debe rexistar cada exemplar, a tal efecto comunicaráo a xestión para modificar o nº de exemplares en empréstito 

LECTURA NA BIBLIOTECA: o Poden usarse todos os fondos disponibles.

5.- OUTROS SERVIZOS:  BLOG ( XIRALIBRO): a BE. Difundirá as súas actividades a partir do blog, incluindo contidos para o alumnado, profesorado e comunidade escolar en xeral. 

FACEBOOK

FORMACIÓN: ao comezo de curso os responsables da biblioteca realizarán un conxunto de actividades dirixidas a conseguir usuarios autosuficientes no manexo e máximo aproveitamento dos recurso da bibliorteca, como: o Formación de usuarios. o Xestión de emprestitos. o Formación documental e alfabetización informacional.

COLABORACIÓN cos outros Equipos de dinamización do centro.

6.-NORMAS DE FUNCIONAMENTO: o A biblioteca debe manerse limpa, cun uso correcto do mobiliario e dos materiais. o Non está permitido comer, beber nin introducir comida ni bebida na biblioteca. o Non está permitido falar alto, gardarán silencio para permitir que os seus compañeir@s poidan realizar as actividades ou disfrutar na lectura. o Como coller un libro de consulta: o O alumnado entrará na biblioteca ordenado alfabeticamente. o O/A titor/a entregará un marcador de lectura a cada alumno/a. o Os marcadores serán colocados no lugar do libro que desexan consultar. o Cando se devolva o libro de consulta no andel, obsevarase que cada alumno/a o deposita no mesmo lugar de donde o colleu. O uso da biblioteca implica a aceptación destas normas.

CEP Dr. FLEMING


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.