QUINCENA DO CÓMIC BIBLIOTECA
CEP DOUTOR FLEMING
Este curso adicamos a Quincena do Cรณmic a
MAFALDA
Prestade moita atenciรณn รก seguinte informaciรณn e, ao final, seguro que poderedes resolver as preguntas que vos plantexamos sen dificultade.
QUE É MA A D ? Ola, son Mafalda, unha nena curiosa, xenerosa e algo “cascarrabias”.
Gustaríame estudar idiomas e traballar de intérprete nas Nacións Unidas para contribuír á paz mundial.
Aos 6 anos (en 1964) convertinme na protagonista das historietas de Quino, o meu creador.
Preocúpanme os dereitos humanos e estou convencida do progreso social da Muller
Son unha “rebelde sensata”, contestataria e propensa a filosofar a partir de calquera feito cotiá, por iso escoito a miúdo a radio. Encántanme os Beatles e odio a sopa, as inxustixas e a guerra.
Vivo coa miña familia en Bos Aires (Arxentina). Queredes coñecela?
A FAMILIA
Raquel é a típica ama de casa dos anos 60 que vive co remordemento de non ter rematada a súa carreira, pois deixou os estudos para formar unha familia (algo que Mafalda lle reprocha cada vez que pode). Séntese escrava da súa casa: cociña, lava, pasa o ferro e padece o dilema diario de pensar que vai a facer de comer.
O pai de Mafalda traballa nunha compañía de seguros. Pasa todo o tempo facendo contas para chegar a fin de mes. Unha das súas preocupacións é coidar do seu coche (un Citroën). Encántanlle as plantas de interior e, pola contra, as formigas son o seu peor inimigo. As dúbidas de Mafalda relacionadas cos males do mundo póñeno nun aperto constantemente.
A FAMILIA Descubride a Guille no seguinte VÍDEO
Guille é o irmán de Mafalda, que a molesta constantemente. Non pode entreterse sen ensucialo todo, o que enfurece a Raquel. Cando non xoga, adícase a enredar e facer trasnadas agardando que os demais as compartan, pero nunca sucede. Ten unha axilidade mental excepcional para a súa idade. Non sabe repartir ben as culpas pero dáse conta de que hai algo equivocado no mundo.
Mafalda tamén ten ten unha mascota: BUROCRACIA, unha tartaruga.
FELIPE
LIBERTAD Gracias por ser así de simple
Por qué justo a mi tenía que tocarme ser yo?
OS AMIGOS Si alguien golpea tu mejilla izquierda, ve y aprende karate.
MANOLITO
Amo a la Humanidad, lo que me revienta es la gente
SUSANITA Francamente, no sé qué sería yo sin mí.
MIGUELITO
NESTE VÍDEO PODEDES VER ALGUNHA AVENTURA DE MAFALDA E OS SEUS AMIGOS
Fillo de galegos emigrados a Arxentina, é un rapaz algo bruto e ignorante, pero moi traballador. Pasa a maior parte do tempo centrado nos negocios; desexa facer prosperar o almacén do seu pai. Non lle interesa a política nin a actualidade nin o mundo da fantasía; tampouco lle gustan os Beatles. Encántalle a sopa e de maior desexa montar unha cadea de supermercados.
FELIPE
MIGUELITO
MANOLITO
Pasa a maior parte do tempo no seu mundo de fantasía e non lle atraen moito as tarefas escolares porque lle custa estar atento.É moi despistado e preguiceiro. Ama a xustiza. Encántalle ler “El Llanero Solitario”, xogar ao xadrez e os encrucillados.
É un pouco inxenuo e moi imaxinativo, sempre fai deducións absurdas e sen sentido. Imaxina que de maior será famoso e pensa que porán o seu nome a algunha rúa. Ámase a si mesmo.
SUSANITA É unha lareta; por iso, lle encanta saber cousas da xente. Os seus pasatempos favoritos son representar situacións propias dos maiores e xogar ás nais con Mafalda, porque o que máis desexa é ser nai. É bastante egoísta. Gústalle coidar a imaxe e estar á moda.
É a amiga máis pequena do grupo e non lle gusta a xente alta. Ten unhas ideas parecidas ás de Mafalda, pero ás veces máis radicais. Odia ás persoas complicadas e encántalle a limpeza. Ama a cultura e as reivindicacións sociais.
LIBERTAD
AQUÍ TEDES ALGUNHAS HISTORIAS DE MAFALDA
Son unha das nenas máis famosas do mundo. Poderédesme atopar en moitas cidades: Bos Aires, Dublín, Córdoba (Arxentina), Oviedo (España)...
A CONTINUACIÓN COMPROBAREMOS O QUE SABEDES SOBRE MAFALDA.
Elixide a un neno/a para que anote as respostas na plantilla (cuestionario). Recordade que as respostas decidídelas entre todos oralmente. SORTE!
CUESTIONARIO 1. Quen é o creador de Mafalda?
2. Cantos anos tiña Mafalda a primeira vez que apareceu nos cómics?
3. Onde vive?
6. Como é Mafalda? (Elixe 3 adxectivos que a definan) Curiosa - xenerosa – “cascarrabias” – despreocupada - inxusta 7. Que lle gusta a Mafalda? (Subliña 3) Os Beatles – tocar a guitarra - a paz – as armas - os dereitos humanos 8. Que odia Mafalda? (Rodea 3) A inxustiza - a guerra - a sopa – os parques – facer preguntas
9. A que cidade de España tedes que ir se queredes sentarvos nun banco dun parque ao lado de Mafalda? 10. Une cada personaxe co que lle gusta ou o que odia: a.
Libertad
1.
Encántalle pintar as paredes
b. Manolito
2.
Odia as persoas complicadas
c.
Susanita
3.
Ámase a si mesmo
d. Miguelito
4.
Odia aos Beatles
e.
Felipe
5.
Quere ter fillos
f.
Guille
6.
Gústanlle os encrucillados
PARABÉNS! REMATASTES OS CUESTIONARIO
Deixade a plantilla das respostas na caixa de Xiralibro que hai no mostrador. Se vos gustou Mafalda, podedes ir ao BLOG DA BIBLIO, alí atoparedes máis actividades, vídeos, xogos… cos que aprenderedes e vos divertiredes moito.
SE AÍNDA VOS QUEDA TEMPO, PODEDES VER AS SEGUINTES HISTORIETAS DE MAFALDA