CREAR POEMAS Os paraugas serven para a chuvia, os zapatos, para camiñar, os sombreiros tapan as cabezas que andan tolas de tanto pensar. Os abrigos son por se vai frío e os vestidos, para pasear, luvas grosas por se cae neve e cen bólas temos que lanzar. RING, RING…! QUEN RIMA? ANA Mª FERNNÁNDEZ
Continúa ti o poema na páxina seguinte. Algunhas ideas: pantalóns, chaquetas, camisas, botas…
Nome e curso:………………………………………………………………………………………………………………………..
CREAR POEMAS Gaivotas no mar: veleiros. Veleiros no mar: escumas. Escumas no mar: fervenzas. Fervenzas no mar: a chuvia. POEMAR O MAR: Lenzos mariños ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Continúa ti o poema na páxina seguinte.
Nome e curso:………………………………………………………………………………………………………………………..
CREAR POEMAS Tac, tac, tac cuchara de pau cunca de madeira o meu neno está na lareira. Tin, tin, tin cuchara de prata cunca do pazo o meu neno está no regazo. Ton, ton, ton cuchara de ouro cunca de cristal o meu neno é príncipe real. OS NOSOS VERSOS. LUÍS PIMENTEL
Continúa ti o poema na páxina seguinte.
Nome e curso:………………………………………………………………………………………………………………………..
CREAR POEMAS Que será será o que hai na cova de Alí Babá? Vinchocas de ouro piquiños de estrelas elefante anano de pel de canela… Que será será o que hai na cova de Alí Babá? Coroas de raios, alfombras de flores, ricos caramelos de moitos sabores. Que será será o que hai na cova de Alí Babá? A CASA DE HABÍA UNHA VEZ. ANA Mª FERNNÁNDEZ
Continúa ti o poema na páxina seguinte.
Nome e curso:………………………………………………………………………………………………………………………..
POEMA PARA DEBUXAR
A CASA DE HABÍA UNHA VEZ. ANA Mª FERNÁNDEZ
Nome e curso:………………….…………………………………………………………………………………………………
POEMA PARA DEBUXAR Este ano a cebra viste de moda; raias sen punto nas prendas todas. Raias nas patas, raias na chola raias no lombo, raias na cola… Fermosas raias na camisola! O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS. XOÁN BABARRO.
Nome e curso:…………………………………………………………………………………………………..
POEMA PARA DEBUXAR O dragón é máis grande ca un león. Ten máis dentes, ten máis cola; sáelle fume da cachola. O dragón cal se fose enorme avión, cruza o ceo, dá terror; como voa sen motor! O dragón é amigo da dragoa e comparten, no xantar, a razón de pan de broa. A CASA DE HABÍA UNHA VEZ. ANA Mª FERNÁNDEZ
Nome e curso:……………………………………………………………………………………………………………
POEMA PARA DEBUXAR
Crocodilo ten que ir ao dentista e non ten autobús nin taxista. Hai que ver…! Hai que ver…! Hai que ver…!
O pobriño non quere comer! O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS. XOÁN BABARRO.
Nome e curso:……………………………………………………………………………………………………………
POEMA PARA REMATAR ÁBRETE, LIBRO! Ábrete, libro, déixame andar nos teus carreiros, para soñar! Ábrete, libro, __________________ Cóntame historias __________________ Ábrete, libro, déixame ler páxina a páxina para aprender. Ábrete, libro, __________________ Trae fantasía __________________ Nome e curso:……………………………………………………………………………………..
RING, RING…! QUEN RIMA? ANA Mª FERNNÁNDEZ
POEMA PARA REMATAR Un / dous / tres / catro! no meu mar pérdense os barcos. Tres / nove /feixes no meu mar __________________ Seis / cinco / ou máis! no meu mar __________________ Oitenta fíos! no meu mar __________________ E sete esquinas no meu mar __________________
Nome e curso:……………………………………………………………………………………..
POEMAR O MAR ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
POEMA PARA REMATAR Punver é un punki-vermelliño da familia dos punki-vermelliños. El non ten mal corazón pero é un pouco diabriño. Con pintiña de desastre e unha cara un pouco dura, sempre acaba por meterse ______________________ Sempre se afasta do grupo por ser algo despistado: uns van a ras do chan ______________________ E remata moitas veces por afastarse dos seus pais, e andan todos preguntando: ______________________ E o Punver, mentres, facendo as máis incribles viaxes, sen comelo nin bebelo ______________________ Nome e curso:……………………………………………………………………………………..
OS PUNVER YOLANDA CASTAÑO
POEMA PARA REMATAR Non quero ser príncipe que quero ser ra, patiñas lixeiras e a lama na man. Non quero ser príncipe de branco cabalo, nin ver á princesa _______________________ Non quero ser príncipe que ande ás batallas, que durma no cárcere _______________________ Eu quero o silencio da lagoa escura, croar cada noite _______________________ Eu quero a lentura da herba esquecida, o ulido das flores _______________________ Non quero ser príncipe de seda tapado, nin levar espada, _______________________ Deixádeme ser libre que quero ser ra, _______________________ _______________________ Nome e curso:……………………………………………………………………………………..
A CASA DE HABÍA UNHA VEZ ANA Mª FERNÁNDEZ