NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR
1. DESTINATARIOS DA BIBLIOTECA A biblioteca é un Centro de Recursos para a Ensinanza e Aprendizaxe destinada ao uso de todos os membros da comunidade escolar: Profesorado. Alumnado Persoal non docente. 2. HORARIO DA BIBLIOTECA: Estará aberta en horario de mañá dende as 9.00 ata as 14.00. Cada grupo disporá dunha sesión semanal, na que poderá usala para consulta, préstamo e a realizaciónn de actividades programadas dende o equipo de biblioteca. Tardes: préstamo de libros. 3. ESPAZO DA BIBLIOTECA. Ten unha superficie de 50 m². Atópase ubicada na planta “0”, preto do ximnasio, aula de informática e aula de música. Está dividida en diferentes seccións: o Consulta. o Préstamo. o Ordenadores. o Revistas e mediateca. o Zona de xestión. o Zona de lectura e traballo, con capacidade para 25/27 alumnos/as. o Novidades
CEP Dr. FLEMING
4. SERVIZOS BÁSICOS DA BIBLIOTECA: CONSULTA: o Os libros, enciclopedias, dicionarios... estan ordenados según a CDU (Clasificación Decimal Universal)
o Os libros de consulta so poden usarse na biblioteca, non entran dentro de servizo de préstamo.
EMPRÉSTITO: o ALUMNADO: - O servizo de empréstito realízase a través do programa MEIGA (instrucións), instalado no ordenador do mostrador e na zona de consulta. - Cada alumno/a terá un carné de usuario, no caso de extravio farase somentes un segundo carné. - Os carnés do alumnado están no arquivador do mostrador ordenados por aulas. - Os carnés son propiedade da biblioteca polo que non deben entregarse aos alumnos/as, só cando rematen a primaria se lles fará entrega dos mesmos. - O préstamo de libros de cada titoría será realizado e supervisado pol@ profes@r tit@r coa axuda dos “Auxiliares de biblioteca” - Os libros de préstamo están identificados en diferentes cores: 1º e 2º: vermello. 3º e 4º: verde. 5º e 6º: amarelo. - Establécese un tempo de préstamo por 15 días, prorrogables e sempre co consentimento d@ tit@r. - O número máximo de exemplares en empréstito por alumno/a é de dous. - O alumnado so pode levar en empréstito os libros do andel correspondente ao seu nivel, deste xeito garántese que teñan a súa disposición un número suficiente de exemplares. - Os libros extraviados ou deteriorados polo mal uso deben restituirse. - Si un alumno reitera no extravío de exemplares, non accede ao empréstito ata repoñelos.
CEP Dr. FLEMING
o PROFESORADO: - Todo o profesorado conta cun carné da biblioteca. - Calquer/a profesor/a pode levar en empréstito os fondos da biblioteca, agás os fondes de consulta, realizando un rexistro dos mesmos. - O profesorado que desexe realizar un empréstito para a aula debe rexistrar cada exemplar.
LECTURA NA BIBLIOTECA: o Poden usarse todos os fondos disponibles.
5. OUTROS SERVIZOS: BLOG da BE (XIRALIBRO).
FORMACIÓN: ao comezo de curso os responsables da biblioteca realizarán un conxunto de actividades dirixidas a conseguir usuarios autosuficientes no manexo e máximo aproveitamento dos recurso da bibliorteca, como: o Formación de usuarios. o Xestión de emprestitos. o Formación documental e alfabetización informacional.
COLABORACIÓN cos outros Equipos de dinamización do centro.
6. NORMAS DE FUNCIONAMENTO: A biblioteca debe manterse limpa, cun uso correcto do mobiliario e dos materiais. Non está permitido introducir comida nin bebida na biblioteca. Non está permitido falar alto, gardarán silencio para que os seus compañeir@s poidan realizar as actividades ou disfrutar na lectura. Como coller un libro de consulta: o O alumnado entrará na biblioteca ordenado alfabeticamente. o O/A titor/a entregará un marcador de lectura a cada alumno/a. o Os marcadores serán colocados no lugar do libro que desexan consultar. o Cando se devolva o libro de consulta no andel, obsevarase que cada alumno/a o deposita no mesmo lugar de donde o colleu.
O uso da biblioteca implica a aceptación destas normas.
CEP Dr. FLEMING