AGASALLAR UNHA LECTURA Regalar, obsequiar, agasallar libros con calquera pretexto, visitar bibliotecas e librerías son actos que contribúen a propoñer a lectura como unha costume e non como unha excepción. Ler un libro diante das súas familias, ler un libro aos seus amigos e amigas é a mellor contribución que poden facer para impulsar o interese pola lectura.
NON FICCIÓN
Mujeres del alma mía : sobre el amor impaciente, la vida larga y las brujas buenas Isabel Allende Editorial Plaza Janés Isabel Allende mergulla na súa memoria e ofrécenos un emocionante libro sobre a súa relación co feminismo e o feito de ser muller, á vez que reivindica que a vida adulta hai que vivila, sentila e gozala con plena intensidade. Finalmente, reflexiona tamén sobre o movemento # MeToo -que apoia e celebra-, sobre as recentes revoltas sociais no seu país de orixe e sobre a nova situación que globalmente estamos a vivir coa pandemia. ISBN:978-84-01023668
Los viejos creyentes : perdidos en la taiga Vasili Peskov Editorial Impedimenta A finais dos anos setenta, un piloto ruso que sobrevoaba un tramo montañoso e remoto da taiga siberiana, descubriu, no medio dunha escarpada zona boscosa, un pequeno rectángulo de terreo, cunha cabana. Naquela esquecida parte do mundo, a existencia de núcleos humanos era estatísticamente imposible. ISBN: 978-84-17553-73-9
Libros que salvan vidas : una biblioteca de campaña en tiempos de pandemia Ana María Ruiz López Editorial Plataforma Este libro é o testemuño da creación da biblioteca «Resistirei», e cuxa principal impulsora foi Ana María Ruiz López, enfermeira do SUMMA 112, no hospital de campaña de IFEMA en Madrid. O seu obxectivo era achegar os libros ás persoas alí ingresadas a fin de facer máis confortable a súa convalecencia e, en definitiva, axudar á súa recuperación. Unha iniciativa singular onde conflúen a vocación de axudar aos demais e o papel dos libros para soportar momentos difíciles. ISBN: 978-84-18285-53-0
Pasión por los postres : 35 postres ultra-deliciosos y su versión light Valentin Néraudeau Editorial Larousse
La vida contada por un sapiens a un neandertal Juan José Millás, Juan Luis Arsuaga Editorial Alfaguara
Pasteis, tortas, biscoitos, xeados ou bebidas... en versión dobre: TRADICIONAL E LIXEIRO. Se tes algo que celebrar ou morres de ganas de tomar unha deliciosa sobremesa con nata e unhas fermosas froitas, a versión tradicional ofrecerache o que buscas. Se as sobremesas toléanche, a versión lixeiro é a túa! Máis rica en froitas e menos enerxética, aínda que igual de atractiva e saborosa, permitirache gozar máis a miúdo das sobremesas sen sentirse culpable. ISBN: 978-8418100444
Hai anos que o interese por entender a vida, as súas orixes e a súa evolución ecoa na cabeza de Juan José Millás, de maneira que se dispuxo a coñecer, xunto a un dos maiores especialistas deste país na materia, Juan Luís Arsuaga, por que somos como somos e que nos levou ata onde estamos. A sabedoría do paleontólogo combínase neste libro co enxeño e a mirada persoal e sorprendente que ten o escritor sobre a realidade. ISBN: 978-8420439655.
La inquietud de la noche
Las tinieblas y el alba
Marieke Lucas Rijneveld Editorial Planeta
Ken Follett Editorial Planeta Janés
Unha historia de loito e a clara elección entre superalo ou deixarse vencer. Jas vive nese punto incerto entre a infancia e a adolescencia cando perde ao seu irmán nun accidente mentres esquiaba. A dor do loito súmase á xa dura tarefa de facerse adulta e Jas, que se sente abandonada pola súa familia, entrégase aos seus impulsos para sobrevivir. ISBN: 978-84-9998-799-6.
Ano 997, finais da Idade Escura. Nestes tempos turbulentos, tres vidas entrecrúzanse: o mozo construtor de barcos Edgar, a piques de fuxir coa muller á que ama, comprende que o seu futuro será moi diferente ao que imaxinara cando o seu fogar é arrasado polos viquingos; Ragna, a rebelde filla dun nobre normando, acompaña ao seu marido a unha nova terra alén do mar só para descubrir que os costumes alí son perigosamente distintos; e Aldred, un monxe idealista, soña con transformar a súa humilde abadía nun centro de saber admirado en toda Europa. Os tres veranse abocados a un enfrontamento co desapiadado bispo Wynstan, decidido a aumentar o seu poder a calquera prezo. ISBN: 978-84-01-02287-6.
El ángel de Múnich Fabiano Massimi Editorial Alfaguara Múnich, 1931. Que se esconde detrás da morte de Geli Raubal, sobriña de Hitler e o seu único verdadeiro amor? ISBN: 978-84-20454290
La noche de plata
Los ancianos siderales
Elia Barceló Roca Editorial
Luis Mateo Díez Editorial Galaxia Gutenberg
Viena 1993: unha nena desaparece nun mercadillo de Nadal. Viena 2020 : a policía atopa un esqueleto infantil no xardín dunha casa das aforas. Carola Rey Rojo, especialista en secuestros e homicidios infantís, e nai da nena desaparecida vinte e sete anos atrás, agora en excedencia da policía española, volve a Viena co encargo amigable de desfacer a biblioteca dun marchante de arte recentemente falecido. ISBN: 978-84-17968-18-2.
O Cavernal, onde se desenvolve esta novela, pode parecer un establecemento de acollida cheo de anciáns de moi variada especie e rexido polas irmás Clementinas. Tamén podería pensarse que se trata dun aerolito desprendido dalgún máis aló estratosférico onde nin a idade nin o tempo teñen nada que ver con quen o habita. Premio Nacional de las Letras 2020. ISBN: 978-84-18218-38-5.
Un tributo a la tierra Joe Sacco Editorial Reservoir Books Os denes viviron no val do río Mackenzie desde tempos inmemoriais. A terra é o elemento central do seu modo de vida e cren, como moitas outras culturas nativas, que son eles os que pertencen á terra e non ao revés. Pero os territorios do noroeste de Canadá tamén albergan importantes recursos minerais: petróleo, gas e diamantes. Coa minería chegaron os investimentos e o traballo, pero tamén a talla de bosques, o fracking, as verteduras tóxicas e os oleodutos. ISBN: 978-84-17910-88-4
Siempre tendremos 20 años Jaime Martín Editorial Norma Un cru e emotivo retrato da España da Transición. Anos oitenta, arrabalde de Barcelona. A España da transición está lonxe de ser un paraíso para os fillos da clase obreira: violencia, pobreza, drogadicción, os vestixios dunha dictadura. ISBN: 978-84-679-4126-5
O derradeiro libro de Emma Olsen adaptación da novela de Berta Dávila ; guión adaptado e ilustración, Pablo Prado Edicións Galaxia
O Pacto do Letargo [o tríscele roubado] Miguelanxo Prado Norma Editorial Un estudante de historia esperta sen pretendelo aos máxicos: anxos e demos sumidos nun voluntario letargo á espera de que o ser humano se reconcilie coa natureza ou acabe autodestruíndose. Ante a evidencia de que os homes tomaron o segundo camiño, os demos parecen máis que dispostos a adiantar o seu final. Pero como? A clave parece atoparse nun misterioso Talismán céltico, un tríscele que se transforma no obxecto máis cobizado por puros, demos e homes. Miguelanxo Prado volve sorprendernos cun apaixonante thriller que esconde nas súas páxinas unha profunda reflexión sobre a relación do ser humano coa natureza e sobre o que ocorre cando a preservación da contorna entra en conflito coa ambición desmedida de poder . ISBN: 978-84-679-4125-8
Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. E decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que é unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca, mais que garda, soterrado, un universo de mentiras e conflitos entre os seus poucos e singulares habitantes. ISBN: 978-84-9151-447-3
Cando cae a luz María Canosa Urco Editora «Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non é certo», así dicía Ánxel Fole. Claro que, arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuxando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador. Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir. Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns. Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baixan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas… ISBN: 978-8415699972
Zona a Defender. A esperanza indócil Manuel Rivas Editorial Xerais «Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. ISBN.: 978-84-9121-792-3
A parte queimada. Stalin & Robespierre Manuel Veiga Taboada Editorial Aira Por que as revolucións francesa e rusa acabaron converténdose en traxedias nas que os seus protagonistas acabaron matándose entre si? Esta é a pregunta que se fai o autor nesta novela construída como un ensaio e como unha novela de intriga. ISBN: 978-84-121324-8-9
Outlet Antón Reixa Editora Chan da Pólvora “A heteroxeneidade de Outlet ten que ver coa procura compulsiva dunha voz propia pero tamén coa incansable exploración dun artista que non renuncia á capacidade de observar o mundo desde os dispositivos do humor e coa complicidade da súa intelixencia” ISBN: 9788412222135
Atlas Alba Cid Editorial Galaxia Atlas, un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas… Os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes e desprázanse adiante e atrás na historia á procura de encrucilladas luminosas. ISBN : 978-84-9151-412-1
Nosotras, enfermeras Enfermera Saturada Editorial Plaza Janés “O testemuño de como as enfermeiras vivimos os días en que un virus paralizou o mundo en pouco máis de tres meses e sumiu a España na peor pandemia do século XXI”. ISBN: 9788401025716
When we all fall asleep, where do we go? Billie Eilish
Liberar as arterias SĂŠs
Frozen II Banda sonora Everyday life Coldplay
Chromatica Lady Gaga
1917 Sam Mendes
Jojo Rabbit Taika Waititi Parásitos Bong Joo Ho
La trinchera Jon Garaño Aitor Arregi José Mari Goenaga
Mientras dure la guerra Alejandro Amenábar
PELÍCULAS INFANTIL
Espias con disfraz Troy Quane Nick Bruno Sonic. La pelĂcula Jeff Fowler Mulan Niki Caro
Frozen II Chris Buck Jennifer Lee
Onward Dan Scanlon