Libros para pedir aos Reis

Page 1

Libros

Para Pedir aos Reis

Sala Infantil - Biblioteca Pública de Lugo


Rato en fuga

Miguel Ordóñez

Ata 5 anos Galego ISBN: 9788412184860 Bululú 2020 Precio: 14 €

Texto en maiúscula para facilitar o acceso aos primeiros lectores, reforza ademais a súa atención lectora a través das aloucadas reaccións do protagonista e o coñecemento de variedade de personaxes, animais, climas e ambientes. Un libro sinxelo na súa lectura, profundo na súa mensaxe e útil para a aprendizaxe e formación dos máis peques.


Todo es de color

Pascale Estellon

Ata 5 anos Castelán

ISBN: 9788417708818 Maeva 2020 Precio: 24'90 €

Un libro para coñecer e descubrir as cores da natureza. Vermello coma as xoaniñas ou as cereixas. Laranxa coma unha cenoria. Amarelo coma unha pebida de ouro. Azul coma unha libeliña ou o lapislázuli. Verde coma un saltón ou unha esmeralda. Negro coma a pluma dunha pega rabilonga. Branco coma unha pomba ou as flores do algodón.


Un fermoso ovo branco

Paula Carballeira Miguel Cerro

De 6 a 8 anos Galego

ISBN: 9788412246827 Tiriqueta Verde 2020 Precio: 15'50€

Un fermoso ovo branco é unha historia sobre como volve nacer a alegría, sobre como a vida sempre se abre paso, igual cá galiña protagonista: correndo, berrando, cantando. Os que primeiro a perseguen son os nenos e as nenas, valentes, desexando bailar sen límites, pero detrás van as familias, propias e alleas. Mesmo logra desconcertar os soldados. E todo por unha galiña, que ata nos peores tempos nos regala “un fermoso ovo branco”.


La curiosa librería

Shinsuke Yoshitake

De 6 a 8 anos Castelán

ISBN: 9788416427338 Pastel de Luna 2020 Precio: 15'50 €

Se che gustan os libros que falan de libros, librerías e bibliotecas (todos os bibliotecarios e bibliotecarias toleamos por eses libros), non deixes de pasarte pola Curiosa Librería. Descubrirás libros que medran nas árbores ou como se celebra unha voda nunha librería e moitas máis marabillas ateigadas de enxeño e humor. Unha celebración do máxico mundo dos libros que fará as delicias daqueles que os aman.


Pippi Mediaslongas

Astrid Lindgren

De 9 a 11 anos Galego

ISBN: 9788484643395 Kalandraka 2017 Precio: 15 €

Nenas e nenos de todo o mundo temos pasado horas inesquecibles de lectura ao abeiro das aventuras e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible; dun personaxe literario convertido nunha icona contemporánea que inspirou unha serie na televisión sueca en 1969 e varias películas protagonizadas tanto por actores como por debuxos animados. Esta edición en galego conta coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman.


Un millón de ostras en lo alto de la montaña

Alex Nogués Miren Asiain Lora (il.)

De 9 a 11 anos Castelán

ISBN: 9788417749354 Flamboyant 2019 Precio: 17'90 €

O itinerario pola xeoloxía no que o autor nos explica a razón pola que tantos fósiles mariños se atopen no cumio das montañas.


Anne, a de tellas verdes

L.M. Montgomery

De 12 a 14 anos Galego

ISBN: 9788416884346 Sushi Books 2020 Precio: 18 €

Anne Shirley, unha nena roiba de 11 anos, aparece no canto do rapaz orfo que pretendían adoptar os dous irmáns solteiros Marilla e Matthew que viven na sùa casa familiar de Tellas Verdes no pequeno povo de Avonlea. E as súas vidas e as daqueles que viven perto deles mudarán para sempre...


El Ickabog

J.K. Rowling

De 12 a 14 anos Castelán

ISBN: 9788418174353 Salamandra 2020 Precio: 19 €

Achégase o Ickabog... un monstro lexendario que ameaza un reino e que poñerá a proba a afouteza dos rapaces. Unha aventura orixinal sobre o poder da amizade e da esperanza e o seu triunfo contra todo pronóstico, froito dunha das mellores narradoras do mundo.


Coraxe: poemas audaces para rapazas afoutas

VV. AA.

Xuvenil Galego

ISBN: 9788416884339 Sushi Books 2020 Precio: 16 €

O mundo que habitarán e contribuirán a crear as adolescentes non podemos controlalo. Mais se puidésemos darlles un amuleto para que o levasen no peto, ese amuleto sería a coraxe. E por iso, no canto dunha espada ou dunha estrada de ladrillos amarelos, dámoslles un libro. Esta escolma de poemas saídos da mente e do corazón dalgunhas das poetas máis potentes e representativas do panorama actual pretende ser unha despensa sen fondo da que nenas, rapazas e mulleres extraian a ración exacta de coraxe que a vida lles pida a cada momento.


La última grulla de papel

Kerry Drewery

Xuvenil Castelán ISBN: 9788483436073 Bambú 2020 Precio: 11'90 €

1945, Hiroshima. Ichiro está na casa do seu mellor amigo, Hiro, cando lanzan a bomba. No medio da devastación, os dous rapaces atopan a Keiko, a irma pequena de Hiro. Os tres buscan axuda, pero as feridas de Hiro no lle permiten seguir adiante e o seu amigo Ichiro ofrecese para facerse cargo da nena. Setenta anos despois, as lembranzas e unha promesa rota perseguen os últimos anos de vida do vello Ichiro. Mizuki, a súa neta, está decidida a axudalo. A lenda dice que si tes a paciencia para facer mil grúas de papel, acadarás o que desexas. E agora só queda unha por pregar.


Neuroeducación y lectura

Francisco Mora

Rincón para Profes

ISBN: 9788491819400 Alianza 2020 Precio: 15 €

Este libro trata desas reviravoltas do cerebro por onde circulan as letras, e de cómo con elas acéndese unha nova luz para sí mesmo e para o universo que contempla. E do longo camiño que entretece linguaxe e lectura.E tamén, sobre todo, de cómo se aprende a ler.


Y de repente papá...

Óscar Sarramia

Rincón de Pais

ISBN: 9788494029264 Litera Libros 2013 Precio: 15 €

De súpeto, converteuse en pai e quedou estupefacto: isto non era como lle contaran. Facerse cargo da criatura e tentar conciliar a crianza co seu traballo de ilustrador. Case nada! Foi ilustrando o primeiro ano de convivencia co seu fillo reflexionando (con moito humor) sobre o que estaba a vivir: desde o complicado que é abotoar os pixamas de bebá ata o sentido máis trascendental da paternidade


Desde 1880

Pietro Gottuso

ISBN: 9788413430485 Kalandraka 2020 Precio: 16 €

"Desde 1880" é unha narración gráfica, unha historia sin palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariábel onde se observa o tránsito dos anos. E, tamén, é unha homenaxe a esas casas de libros que non son bibliotecas: as librerias. Tanto quen traballa nunha librería coma quen o fai nunha biblioteca leva o mesmo veleno no sangue: o amor polos libros.


A alma perdida

Olga Tokarczuk

ISBN: 9788416817634 Thule 2019

Precio: 19'95 €

A alma perdida é unha conmovedora historia sobre a espera, a paciencia e a reflexión, concibida como un libro de arte para todas as idades que obtivo o Premio Bolonia Ragazzi 2018, Mención Especial en Ficción. Segundo o xurado, «O tema filosófico deste libro, a propia cuestión da alma, explórase a través dunhas ilustracións que transpiran unha sensación de paz e meditación. A artista Joanna Concejo representa a melancolía e a ledicia evocadas pola memoria con trazos finos e debuxos minuciosos».


Lo que construiremos

Oliver Jeffers

ISBN: 9788417497767 Andana 2020

Precio: 16'50 €

Un pai e unha filla deciden crear as bases da súa vida xuntos. Utilizando as súas propias ferramentas especiais póñense a traballar: constrúen as lembranzas que gardarán para sempre, un fogar onde poder estar seguros e un amor que os manterá unidos toda a vida.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.