lek eze
Lig B r
Mell-droad G hat ou eiz
Brittany GAA
Comunicado de prensa (Xullo 2012) B
onn
aél
ique
Ligue
ret
e de Footbal
lG
Galiza - Breizh, venres 20 xullo
Un enfrontamento histórico de fútbol gaélico O fútbol gaélico (Peil Ghaelach en irlandés), vai máis aló do deporte, é un xeito de pensar, o emblema da historia irlandesa, a alma dun pobo. Apéndices :
#1 Quen somos?
#2 O noso colaborador, TERRIAL
#3 O fútbol gaélico
“Those who play its games, those who organise its activities and those who control its destinies see in the G.A.A. a means of consolidating our Irish identity. The games to them are more than games - they have a national significance - and the promotion of native pastimes becomes a part of the full national ideal, which envisages the speaking of our own language, music and dances.” Fragmento da introdución da Guía oficial editada pola GAA - Croke Park, Dublin (03/06/2011)
Malia que a orixe do fútbol gaélico remóntase varios séculos atrás, o nacemento da Gaelic Athletic Association (GAA) en 1884 foi o motor do seu rexurdimento. Dende a súa orixe esta asociación nacida para promover o deporte nacional irlandés en xeral, pretendía ser máis ca unha simple organización deportiva. Por ese motivo traballou para construír as bases dunha comunidade social e cultural, valéndose dos seus valores e da súa identidade irlandesa, mesmo cando Irlanda permanecía por completo baixo dominio británico. O vínculo coa historia irlandesa é aínda maior. No templo dos deportes gaélicos, o estadio de Croke Park que se converteu no cuarto estadio de Europa polo seu tamaño, tivo lugar o 21 de novembro de 1920 o primeiro Domingo Sanguento (Bloody Sunday), durante a celebración dun encontro de fútbol gaélico entre os condados de Tipperary e de Dublín. Hoxe en día a GAA conta cun millón de membros nos cinco continentes, debido principalmente á importante diáspora irlandesa. Ademais soubo conservar os seus valores iniciais e, actuando así chegou mesmo a ser a primeira organización deportiva amateur do mundo.
BRETAÑA, un arraigamento con compromiso dende hai máis dunha década En 1998, xorde en Brest, na Bretaña, o primeiro club de fútbol gaélico, que se atopa entre os pioneiros na Europa continental, ao que se sumaría pouco despois Rennes. O interese dos bretóns segue a medrar e na actualidade, con 10 clubs constituídos e outros aínda en proxecto, o fútbol gaélico atópase realmente enraizado. Cabe salientar que os clubs bretóns contan nas súas filas poucos ou ningún irlandés. Aínda é máis abraiante que hoxe en día os clubs sexan os que acollan os irlandeses, feito que pode resultar sorprendente para certas persoas! Trátase tamén dun grande arraigamento cultural cun forte compromiso a prol da lingua e da cultura bretoas, como sucede coa GAA en Irlanda (e no seo da diáspora irlandesa). Este ano este compromiso traduciuse sobre todo na participación da Liga Bretoa de fútbol gaélico e de varios clubs bretóns en Ar Redadeg, carreira de remudas a prol da lingua bretoa. Alén disto, tamén foi asinado un convenio de colaboración cos establecementos de ensino Diwan (de inmersión lingüística en bretón), para acompañar a promoción da práctica do fútbol gaélico e favorecer os intercambios coas escolas irlandesas de inmersión lingüística (Gaelscoileanna, ...).
Un partido baixo o signo da amizade entre Nacións Celtas Durante moito tempo Bretaña foi a excepción no mundo dos deportes gaélicos, mais o interese por estes deportes, e polo fútbol gaélico en concreto, comeza a difundirse entre un público que non é de orixe irlandesa. Non é
SIGA BRITTANY GAA EN REDES SOCIAIS. www.brittanygaa.com / www.liguebretonne.footballgaelique.com
LIGUE BRETONNE DE FOOTBALL GAÉLIQUE {BRITTANY GAA} 35, Avenue Charles de Foucauld - 29200 BREST Association de type Loi 1901 - SIREN : 507 816 700 contact@brittanygaa.com
sorprendente ver que Galiza, outra nación celta, segue ese mesmo camiño. O venres 20 de xullo de 2012 o equipo de Bretaña disputará o seu primeiro partido a nivel internacional de fútbol gaélico e abrirá o XII Festival da Terra e da Língua de Narón, organizado polas asociacións Fundaçom Artábria e Siareiras Galegas, a prol la lingua e a cultura galegas. Por medio da arte e das palabras este festival contribúe modestamente a espertar a conciencia lingüística, cultural e nacional da Galiza e a darlle forza e dinamismo, enmarcando a súa acción nun espírito de apertura e de modernidade cunha ollada cara ao futuro. Preséntasenos unha fantástica oportunidade de vivir unha experiencia sen igual, de brillar a nivel internacional e, ante todo, de responder a un chamamento colectivo. A invitación que recibiu o Equipo de Bretaña por parte dos organizadores do festival amosa a vontade de tecer, a través do fútbol gaélico, novos vínculos intercélticos, e unir deste xeito os procesos de arraigamento cultural e social aos proxectos de intercambio a longo prazo. O equipo de Bretaña estará formado por 15 xogadores que proveñen dos clubs de Brest, Guérande, Liffré, Kerne (Locronan/Quimper) e Saint-Brieuc. Viaxarán á Galiza para disputaren o partido do ano, e mesmo pode que o partido da súa vida [chiscadela] !, representando deste xeito o conxunto de xogadores bretóns.
Os primeiros pasos dunha verdadeira internacionalización Este encontro supón evidentemente un feito histórico para bretóns e galegos, mais tamén sobrepásaos, xa que nunca antes se celebrara un partido deste tipo no que se enfrontasen xogadores de orixe diferente á irlandesa, representando o seu país correspondente Escríbese polo tanto unha nova páxina na historia dos deportes gaélicos, xusto cando a cuestión dunha verdadeira internacionalización aparece de xeito cada vez máis enérxico, considerando o crecente entusiasmo deste deporte fóra de Irlanda e dos círculos habituais que conforman a diáspora irlandesa. Ninguén dubida que os bretóns, así como os galegos, queren participar nesta nova etapa e pode que no futuro vaian desafiar á Irlanda mítica defendendo as súas cores!
Un vento de Irlanda zoa na Bretaña, déixate levar! Apoia o Equipo de Bretaña de fútbol gaélico!
Ronan KERLEO & Florian LANNUZEL Vicepresidente e Secretario, respectivamente Responsables do Equipo de Bretaña (“Team Brittany”) contact@brittanygaa.com - www.brittanygaa.com
Documento traducido por Carolina DÍAZ GARCÍA-MUÑOZ
SIGA BRITTANY GAA EN REDES SOCIAIS. www.brittanygaa.com / www.liguebretonne.footballgaelique.com
LIGUE BRETONNE DE FOOTBALL GAÉLIQUE {BRITTANY GAA} 35, Avenue Charles de Foucauld - 29200 BREST - (F) Brittany Association de type Loi 1901 - SIREN : 507 816 700 contact@brittanygaa.com
APÉNDICES
Quen somos? lek eze
Lig B r
Mell-droad G hat ou eiz
B
onn
aél
ique
Ligue
ret
e de Footbal
lG
A Liga Bretoa de Fútbol Gaélico {Brittany GAA} creouse para darlle un impulso adicional á promoción do fútbol gaélico que comezou hai unha década na Bretaña. Encárgase de promocionar este fantástico deporte irlandés, cun marcado carácter celta, e de organizar a súa proxección. Ademais, coa axuda do Consello Rexional de Bretaña, a Liga Bretoa de Fútbol Gaélico pretende converterse nun actor deportivo e cultural importante na Bretaña.
O noso colaborador, TERRIAL Terrial, especialista da fertilización e da valorización dos co-produtos orgánicos, confirma no día a día o seu compromiso co mundo agrícola. Sempre ao servizo da agricultura e do medio, Terrial propón gamas de produtos fertilizantes e innovadores adaptados aos cultivos que permiten aos agricultores limitar o uso de fertilizantes químicos e de pesticidas. Pertencente ao grupo Glon, membro da industria agro-alimentaria en Francia e no estranxeiro, e financiada por Sofiprotéol, accionista financeira e agro-industrial do sector do aceite e das proteínas vexetais, Terrial crece de forma constante dende a súa creación en 1996. Son leitmotiv : Fertilizar a terra - Alimentar o planeta
O FÚTBOLL GAÉLICO é o deporte máis popular en Irlanda. É un deporte moi mediático, sobre todo con motivo da All-Ireland Final de fútbol gaélico, evento deportivo do ano, no que toda Irlanda contén a respiración, antes de coñecer o novo campión. É un deporte de equipo practicado tanto por homes como por mulleres, e mesmo por crianzas dende moi novas. É un xogo de balón ao aire libre, que combina o xogo do balón pateado ou golpeado coa man. Só está permitido o contacto ombreiro con ombreiro, polo que están prohibidas as entradas e placaxes. No xogo feminino existen algunhas variacións, como son permitir que as mulleres poidan coller o balón do chan, facer "pick-up"; tamén está prohibido todo contacto. O obxectivo principal consiste en anotar o maior número de puntos nas portarías en forma de H que están gardadas por un gardaredes. Márcanse tres puntos ao introducir o balón nas mallas,e un punto cando o balón pasa por riba do traveseiro.
Ir a www.brittanygaa.com e manifestar simbólicamente o seu apoio para o equipo Bretaña de fútbol gaélico, premendo no crachá conforme presentado a seguir contra. En www.brittanygaa.com vostede vai atopar: a prensa multilingüe liberación, recursos gráficos, unha variedade de contidos (horario de eventos, mapas, películas e moito máis)... Recomendar este evento eo noso comunicado de prensa en redes sociais. E, se está pasando en Galicia, vén alegrar-nos alí!
SIGA BRITTANY GAA EN REDES SOCIAIS. www.brittanygaa.com / www.liguebretonne.footballgaelique.com
LIGUE BRETONNE DE FOOTBALL GAÉLIQUE {BRITTANY GAA} 35, Avenue Charles de Foucauld - 29200 BREST - (F) Brittany Association de type Loi 1901 - SIREN : 507 816 700 contact@brittanygaa.com