C E I P S O F Í A C A S A N OVA CURSO 2017-2018 I M A X E DA C U B E R TA : S A R A L U C A S S I E R R A
BUFOCULLERÉATE
EDICIÓNS BUFOLECTOR
Página 4
BUFOCULLERÉATE
ÍNDICE Un pouco de historia …………………………………………………………..………….. Páx. 4 Romanos en Culleredo ……………………………………………..……....… Páx. 5 Persoas Ilustres ……………………………………………………………...…………….. Páx. 14 Flora e fauna no concello ………………………………………………………..……..... Páx. 18 Xeografía de Culleredo …………………………………………………………….…...… Páx. 22 Economía …………………………………………………………………………….………. Páx. 24 Profesións de sempre …………………………………………………………..
Páx. 24
Servizos á cidadanía ……………………………………………………………
Páx. 27
Arquitectura ……………………………………………………………………...………..
Páx. 28
Cruceiros ………………………………………………………………………….. Pág. 28 Fontes e lavadoiros ……………………………………………………...……… Páx. 30 Igrexas ……………………………………………………………………...……… Páx. 31 Muíños …………………………………………………………………..………… Páx. 32 Pazos ……………………………………………………………..………………… Páx. 34 Escolas …………………………………………………………………………….………...
Páx. 36
Acea de Ama sports centre ………………………………………………………….…… Páx. 40 Rugby ………………………………………………………………………….…… Páx. 42 Deportes ………….…………………………………………………………………….……. Páx. 44 Festas ………………………………………………………………………………….……… Páx. 46 Bibliografía ………………………………………………………………………….…..…… Páx. 49
Página 5
BUFOCULLERÉATE
UN POUCO DE HISTORIA... O PASO DA HISTORIA NO CONCELLO DE CULLEREDO No noso Concello temos probas do paso da Prehistoria dende o Neolítico, pasando pola Idade de Bronce e a Idade de Ferro.
No monte Xalo destacan pola súa significación mítica a Pedra do Tesouro, a Pedra da Cadea de Ouro, Pedra Laxeira e Porta do Inferno, altares rupestres, que reciben o nome de “Outeiros”
Na Zapateira, hai estudos que acreditan a existencia dun importante complexo funerario de case corenta mámoas -amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, habitualmente de forma circular, que sobresaen do terreo e que sinalan e conteñen un ou varios enterramentos, característico da cultura megalítica-, distribuídas por parte das parroquias de Rutis e Orro. En moitas das mámoas téñense atopado ornamentos funerarios, consistentes en fragmentos de sílex, machados pulimentados etc. Estes complexos funerarios terían unha antigüidade de 4.000 a 6.000 anos. Esta necrópolis da Zapateira, serve de límite entre os concellos de Coruña, Arteixo, Culleredo máis cinco parroquias. Ben é sabido por todos que pola Idade Antiga os habitantes de Galicia refuxiábanse en tempos de guerra en poboados fortificados, coñecidos como castros, situados en lugares estratéxicos con espectaculares vistas para vixiar a chegada dos inimigos pola costa e deste modo evitar que os atacasen por sorpresa. Culleredo é moi rico en castros, existindo máis dunha ducia. A chegada dos romanos vai influír bastante na vida dos seus poboadores xa que aos colonizadores interesáballes que os habitantes dos castros abandonaran estes para vivir nos vales, onde podían estar mellor controlados militarmente. Así se configuran parte dos actuais núcleos de poboación, como Orro, Vilaboa etc. As vías romanas teñen un papel dinamizador no plano económico convertendo os puntos de paso en prósperas áreas comerciais. Coa fragmentación e decadencia do Imperio Romano, as calzadas non perderon o seu uso continuando coa súa función, neste caso como vía de peregrinación.
BUFOCULLERÉATE
Página 6
UN POUCO DE HISTORIA... OS ROMANOS Orixinalmente, romanos eran os nados en
Pouco a pouco os romanos foron conquistando territorios e chegaron a formar o
Que abrangou dende Gran Bretaña ao Deserto do Sáhara e dende a Península Ibérica ao Éufrates. Esta civilización deixou grandes pegadas na nosa cultura. Por exemplo, a nosa lingua, deriva do latín (o idioma dos romanos). En Culleredo construiron a PONTE DO BURGO no século para unir as vilas de Cambre e do Burgo.
Esta ponte foi dinamitada en E restaurada en
polas tropas inglesas. pola escola taller de Culleredo.
ou
no
Página 7
BUFOCULLERÉATE
UN POUCO DE HISTORIA... Os romanos tiñan a súa particular forma de vestir:
BUFOCULLERÉATE
Página 8
UN POUCO DE HISTORIA... Os romanos non eran todos iguais. A sociedade estaba moi dividida:
Os Patricios eran os ricos. Pertencían ás grandes familias de Roma.
Os plebeios eran os artesáns e comerciantes
Os escravos non tiñan liberdade. Eran prisioneiros de guerra ou fillos doutros escravos.
Por riba de todos eles estaba o que gobernaba .
Página 9
BUFOCULLERÉATE
UN POUCO DE HISTORIA... Especial mención merece o exército romano porque grazas a súa boa organización e ó seu modo de loita lograron grandes vitorias. Así se organizaba:
Outra pegada importante dos romanos foi a súa particular maneira de escribir os números.
BUFOCULLERÉATE
Página 10
UN POUCO DE HISTORIA... OS ROMANOS Se falamos de arte temos que mencionar os mosaicos:
E con respecto á arquitectura as súas pegadas en España foron moitas:
A Torre de Hércules en A Coruña
O Teatro de Mérida
O acueducto de Segovia
Página 11
BUFOCULLERÉATE
UN POUCO DE HISTORIA... O PASO DA HISTORIA NO CONCELLO DE CULLEREDO Durante a Idade Media o fenómeno Xacobeo encontra un forte desenvolvemento convertendo a O Burgo, e despois a A Coruña, en portos de arribada de navíos procedentes do Atlántico Norte: Illas Británicas, Países Baixos e costa occidental francesa. O transporte marítimo era utilizado para a exportación de produtos galegos e aproveitado polos peregrinos que optaban por realizar a viaxe por mar, para despois continuar a pé ata Santiago. Podemos cualificar á Idade Media como a época dourada do concello, pola importancia histórica e artística deste período. Durante o Antigo Réxime Culleredo comeza a señorializarse. As institucións eclesiásticas que posúen bens en Culleredo son os mosteiros de Sobrado e Cambre, os Xesuítas, o convento das Bárbaras coruñesa, os Dominicos, o Hospital Real de Santiago, a Colexiata de Santa María do Campo da Coruña. Tamén os monarcas posúen diversos bens, especialmente devesas (terras adicadas aos pastos). A poboación, escasa en xeral, e maioritaria nas zonas rurais, adicábase fundamentalmente ao agro, aínda que tamén había algún mercador, tecedores, xastres, ferreiros, carpinteiros, canteiros, taberneiros, etc. En 1752 existía xa a feira de Peiro, e contabilízanse, a mediados do XVIII, 61 muíños no concello. Este pequeno florecemento económico levaría a que se arranxaran moitas igrexas e mercáranse moitas imaxes e pezas de ourivería. Tamén, na segunda metade do século XVIII, constrúese o camiño de acceso a Galicia, que pasaba polo Burgo, Acea de Ama, Fonteculler e Portádego. Algúns acontecementos militares influíron na vida dos nosos antepasados, como a invasión inglesa de 1589, na cal se destruíu a ponte do Burgo e saqueáronse moitas parroquias e igrexas: O Burgo, Vilaboa, Culleredo, etc.
Nos séculos XIX e XX Culleredo convértese en lugar de segunda residencia da burguesía e fidalguía coruñesa, edificándose moitos pazos e casas de recreo, algúns dos cales aínda perviven. No século XIX desenvólvese en España a Guerra da Independencia. En Culleredo, na ponte do Burgo, acontece un suceso importante para esta guerra.
BUFOCULLERÉATE
Página 12
UN POUCO DE HISTORIA... O PASO DA HISTORIA NO CONCELLO DE CULLEREDO Catro días antes da Batalla de Elviña, o 11 de xaneiro de 1809, as tropas inglesas enfrontáronse contra os franceses en O Burgo. Os ingleses derrubaron a ponte para non ser seguidos ata A Coruña. A ponte era o único lugar polo que podía pasar a artillería e os franceses vense obrigados a reconstruílo. Grazas aos esforzos do xefe da enxeñería francesa, queda reparada o 14 pola tarde e á mañá seguinte, Soult ordena o avance cara A Coruña das tres divisións do segundo corpo do exército, que se asentan na parroquia de Vilaboa, Palavea e Perillo. Os ingleses, pola súa parte, ocupan a zona de Elviña, cara a ría de O Burgo. Ao día seguinte, desenvolveríase a Batalla de Elviña, na que resultará ferido de gravidade Sir John Moore, enterrado nos Xardíns de San Carlos, na Coruña. En 1875 ábrese o camiño de ferro da Coruña a Lugo, con estación no Burgo, en 1922 inaugúrase o tranvía eléctrico, en 1943 o camiño de ferro da Coruña a Santiago, a comezos dos 30 inicia os seus traballos a factoría Cros e en 1963 inaugúrase o aeroporto de Alvedro.
A xente dedícase, como nos tempos anteriores, maioritariamente a traballar o agro. Logo, a instalación de industrias na Coruña, como a Fábrica de Tabacos, ou a Cros, fai que moitos homes e mulleres cullerdenses pasen a formar parte do proletariado. Iso leva a que no noso concello xurdan diversos conflitos, e a que a xente comece a organizarse sindicalmente, primeiro na anarquista Unión Campesiña, e, xa antes da República, na CNT, que tería unha grande implantación no noso concello (mesmo durante a República organiza unha concentración de asociacións en Vilaboa á que asisten máis dun cento, e milleiros de persoas).
Página 13
BUFOCULLERÉATE
UN POUCO DE HISTORIA... O PASO DA HISTORIA NO CONCELLO DE CULLEREDO A Cross era unha fábrica que producía abonos e fertilizantes. No seu tempo ocupaba unha superficie de 150.000 m² dos que se conservan 8.000. As naves industriais datan de 1940. En 1993 un curtocircuíto nas instalacións ocasiona un incendio queimando a maior parte delas. Despois do incendio recuperáronse algúns abonos que foron poxados para , a lo menos, recuperar parte da inversión. Actualmente intentan reconstruíla. Curiosamente, despois do incendio e coa paralización das súas actividades, 500 novas especies de aves procedentes de todo o mundo, visitan os seus arredores, posto que o ambiente é máis san.
A Ditadura de Primo de Rivera apenas inflúe na vida municipal. Desta época só podemos destacar o papel xogado polo alcalde Andrés Pan Vieiro, que instala bibliotecas en todas as parroquias, nun intento de levar a cultura a toda a poboación, maioritariamente analfabeta, e cuxa biblioteca particular, de varios miles de volumes, forma xa parte do patrimonio municipal. O triunfo do fascismo provoca unha importante represión, sendo varios veciños asasinados, fusilados, multados, mentres que outros, máis afortunados, collen o camiño do exilio.
BUFOCULLERÉATE
Página 14
UN POUCO DE HISTORIA... ARTE EN CULLEREDO URBANO LUGRÍS É coñecido polo seu pseudónimo Ulises Fingal, nace na Coruña en 1908 e morre en Vigo no 1973. Os seus pais eran o político e escritor Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da Real Academia Galega, e a pianista Purificación González. Chegou a Vilaboa nos anos 60 para vivir nunha pensión, e permaneceu un ano, que aproveitou para deixar a súa pegada preto da rúa de Conduzo. Lugrís comía na Casa Rumbo durante a súa estancia. As súas obras están cheas de símbolos escondidos, praias desaparecidas e homenaxes ocultos, un deles relata unha despedida, no 1961 cando falece de cancro a súa muller, Paula Vadilla e Lugrís entra nunha profunda depresión. Unha das obras desta época encóntrase na Coruña
Hai varios cadros de escenas relixiosas encargadas por un sacerdote de Vilaboa, que aínda se conservan e se visitan: Descanso na fuxida de Exipto, Símbolo do bautismo no río Xordán e O calvario con Cristo na cruz. Hai unha anécdota sobre este encargo, tras meterlle présa a Lugrís para que as terminara, el contestoulle: "Se pintar fose tan fácil como dar misa xa as tería acabado"
Pรกgina 15
BUFOCULLERร ATE
PERSOAS ILUSTRES
BUFOCULLERÉATE
Página 16
PERSOAS ILUSTRES SOFÍA PÉREZ CASANOVA A CORUÑA 1861, POLONIA 1958
- ESCRITORA E PERIODISTA. - PRIMEIRA ESPAÑOLA QUE SE CONVERTIU EN CORRESPONASAL DE GUERRA NO ESTRANXEIRO. - NOMEADA ACADÉMICA DA REAL ACADEMIA GALEGA.
RELACIÓN CO CONCELLO NA SÚA INFANCIA, RESIDIU LONGAS TEMPADAS NO PAZO DE OMBRE O NOSO COLEXIO LEVA O SEU NOME: CEIP SOFÍA CASANOVA
JUAN LEMBEYE E LARTAUD FERROL 1816, CULLEREDO 1889
- NATURALISTA. - INVESTIGA SOBRE PLANTAS E ANIMAIS, DESCUBRINDO NOVAS ESPECIES DE AVES, REMEDIOS PARA PRAGAS, ABONOS... - PARTE DA SÚA COLECCIÓN DE INSECTOS PÓDESE CONTEMPLAR NA CASA DAS CIENCIAS DE A CORUÑA.
RELACIÓN CO CONCELLO É ELIXIDO ALCALDE DE CULLEREDO EN DÚAS OCASIÓNS A AULA DA NATUREZA DO XARDÍN BOTÁNICO E UNHA RÚA DE TARRÍO LEVAN O SEU NOME
Página 17
BUFOCULLERÉATE
PERSOAS ILUSTRES JOSÉ CARDESO LIÑARES A BAÑA 1924, CULLEREDO 2013
- SACERDOTE E ESCRITOR - PROFESOR NA UNIVERSIDADE LABORAL DE CULLEREDO - COLABOROU NOS XORNAIS “EL IDEAL GALLEGO” E “LA VOZ DE GALICIA” CON CRÓNICAS SOBRE CULLEREDO.
RELACIÓN CO CONCELLO A IGREXA PARROQUIAL DE VILABOA E O COLEXIO ANEXO LEVANTÁRONSE SENDO EL PÁRROCO DE VILABOA DEMOSTROU QUE SOFÍA CASANOVA NACEU EN CORUÑA E NON EN ALMEIRAS A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILABOA LEVA O SEU NOME
ENRIQUE REGUEIRA “CANDUCHO” CULLEREDO 1927, CULLEREDO 1992
- MÚSICO POPULAR MÁIS FAMOSO DE CULLEREDO
- FORMOU PARTE DO CUARTETO “OS CADUNCHOS” DE VILABOA E DO GRUPO “OS DA VERA DO MONTE” -
RELACIÓN CO CONCELLO MOITOS NENOS E NENAS DE CULLEREDO APRENDERON A BAILAR E TOCAR NO SEU GRUPO UNHA RÚA DO CONCELLO LEVA O SEU NOME
BUFOCULLERÉATE
Página 18
PERSOAS ILUSTRES MARÍA CAGIAO DÍAZ A CORUÑA 1920, OLEIROS 1971
- EXCELENTE PINTORA. - PINTA PAISAXES, RETRATOS, BODEGÓNS E, SOBRE TODO, FLORES, POR ISO É COÑECIDA COMO “A PINTORA DAS FLORES”
RELACIÓN CO CONCELLO VIVIU DESDE 1950 ATA 1968 NO PAZO DA FAMILIA DO SEU HOME, EN CORDEDA, NA PARROQUIA DE RUTIS O CENTRO SOCIAL MUNICIPAL DE VILABOA E UNHA RÚA DO CONCELLO DE CULLEREDO LEVAN O SEU NOME
EVARISTO MARTELO PAUMÁN E NERO A CORUÑA 1853, A CORUÑA 1928 - AVOGADO E ESCRITOR. - PARTICIPA NA FUNDACIÓN E POSTA EN MARCHA DA REAL ACADEMIA GALEGA. - DESTACA NA DEFENSA DO IDIOMA GALEGO AO QUE CUALIFICA COMO “FALA DE REIS”
RELACIÓN CO CONCELLO VIVE PARTE DA SÚA VIDA NO PAZO DE OMBRE FOI O VI MARQUÉS DE ALMEIRAS
Página 19
BUFOCULLERÉATE
FLORA E FAUNA NO CONCELLO Son moitos os lugares do concello onde podemos ver a flora e a fauna. Destacamos principlamente a Ría do Burgo, Acea de Ama, O monte Xalo e o val de Celas-Peiro. Algúns dos exemplos poden ser:
BUFOCULLERร ATE
Pรกgina 20
FLORA E FAUNA NO CONCELLO
Pรกgina 21
BUFOCULLERร ATE
FLORA E FAUNA NO CONCELLO
BUFOCULLERÉATE
Página 22
XEOGRAFÍA DE CULLEREDO O Concello de Culleredo ten unha extensión de 63,03 km, e está situado na zona central ao Norte da provincia de A Coruña, en torno á Ría do Burgo, na desembocadura do río Mero.
O seu territorio está repartido en once parroquias: ALMEIRAS ( San Xián), O BURGO (Santiago), CASTELO (Santiago), CELAS (Santa María), CULLEREDO (Santo Estevo), a capital , LEDOÑO (San Pedro) , ORRO (San Salvador), RUTIS (Santa María), SÉSAMO (San Martiño), SUEIRO (Santo Estevo) e VEIGA (San Silvestre). O municipio ten como límites: polo norte a cidade da A Coruña e, a través da ría do Burgo, o mar; polo sur o termo municipal de Cerceda; polo leste os termos municipais de Oleiros, Cambre e Carral; e polo oeste A Coruña, Arteixo e Laracha. Pertence á bisbarra de “As Mariñas dos Freires", en torno ao Golfo Ártabro (Ría de A Coruña e Ferrol). O territorio municipal caracterízase polo contraste entre dúas zonas: unha interior, o Val de Veiga, e outra costeira, na beira da Ría do Burgo; con diferencias a todos os niveis: cultural, económico, social, climático...
CLIMA O clima en Culleredo é temperado, ao longo do ano, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións, no inverno. A temperatura media é de 14º C.
Página 23
BUFOCULLERÉATE
XEOGRAFÍA DE CULLEREDO COMUNICACIÓNS Un aspecto a destacar é a súa inmellorable situación. Importantes vías de comunicación pasan polo termo municipal. Atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e a A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela ,Madrid e Lugo; as estradas N550 (Santiago de Compostela- A Coruña) e a AC400 (Muros-Ponte do Porco). O aeroporto de Alvedro, cunha ampla cobertura tanto nacional como internacional, está tamén neste termo municipal.
POBOACIÓN Segundo os datos publicados polo INE a 1 de xaneiro de 2017 o número de habitantes en Culleredo era de 29.982 (344 habitantes máis que no ano 2016),representados na pirámide de poboación e repartidos do seguinte xeito:
BUFOCULLERÉATE
Página 24
XEOGRAFÍA DE CULLEREDO Segundo os mesmos datos ofrecidos polo INE na estatística do Padrón, os habitantes empadroados en Culleredo que naceron noutros países ascenden a 3.295.
Se observamos os datos de poboación ao longo dos últimos anos, vemos que foi un dos concellos que tivo un maior crecemento no seu número de habitantes. No gráfico adxunto podemos observar dita evolución do número de habitantes ao longo do pasado século.
En canto á distribución da poboación nas parroquias de Culleredo é como segue:
Os habitantes de Culleredo son coñecidos como “cullerdenses” e os xentilicios cos que se adoita denominar aos que viven nas outras parroquias son: RUTIS: rutiáns
SESAMO: sesamés
O BURGO: burgués
SUEIRO: sueirés
ALMEIRAS: almeirés/ almeirense
VEIGA: veigán
ORRO: orrés/orrense
CASTELO: casteleiro
LEDOÑO: ledoñés/ledoñán
CELAS: celés/ celán
Página 25
BUFOCULLERÉATE
XEOGRAFÍA DE CULLEREDO ACCIDENTES XEOGRÁFICOS O Concello está presidido polo Monte Xalo (513 m) no extremo Sur do mesmo e, a partir del, vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na Ría do Burgo. O terreo elévase de leste a oeste e de norte a sur. Os vales están bañados polo Río Valiñas e o Río Trabe, pertencentes á conca do Río Mero, que desemboca na Ría do Burgo. A Ría do Burgo é unha ría galega da provincia de A Coruña encadrada nas Rías Altas , dentro do denominado Golfo Ártabro. Está formada pola desembocadura do Río Mero e as súas augas bañan os municipios de Cambre, A Coruña, Culleredo e Oleiros. Toma o seu nome de Santiago de “O Burgo”. Desafortunadamente foi declarada como a ría máis contaminada de Europa debido aos verquidos industriais de empresas e a súa rexeneración é un dos asuntos pendentes da área metropolitana.
RÍA DO BURGO
ECONOMÍA Culleredo é un municipio influído pola súa proximidade a A Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean fortemente urbanizadas, aportando a parroquia de Rutis 14.000 habitantes e a do Burgo 8.700 habitantes aproximadamente á poboación municipal. Estas parroquias están na súa maior parte habitadas por xente nova que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade ou nos polígonos industriais dos arredores. En cambio, as outras parroquias son máis rurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade que, en moitos casos, dedícase ao sector pri-
BUFOCULLERÉATE
Página 26
ECONOMÍA PROFESIÓNS DE SEMPRE
Página 27
BUFOCULLERÉATE
ECONOMÍA PROFESIÓNS DE SEMPRE
BUFOCULLERÉATE
Página 28
ECONOMÍA SERVIZOS Á CIDADANÍA PA R A PA P E L E O E M Á I S P A P E L E O , VA I Á
CASA DO CONCELLO
981.677.777 S E A L G O P I N TA MAL, CHAMA Á
POLICÍA LOCAL 981.677.755
092 SE H A I P R O B L E M A S M I L AV I S A A
PROTECCIÓN CIVIL 981.651.879
112
Página 29
BUFOCULLERÉATE
ECONOMÍA SERVIZOS Á CIDADANÍA
CENTROS DE SAÚDE NESTE CONCELLO TEMOS ENFERMEIRAS E ENFERMEIROS BEN NENEIRAS E NENEIROS.
Acea da Má 981 66 65 64 Portádego 981 95 65 10 Tarrío 981 08 21 67
EN CORREOS MOITO TRABALLO TEÑEN SE REPARTIR AS CARTAS A TEMPO QUEREN
☎902.197.197
EN CULLEREDO TEMOS A T A AE RO PO RTO PARA IR LONXE, LONXE. PERO SE PRETO E BARATO QUERES IR NO
AUTOBÚS IR.
DEBES
BUFOCULLERÉATE
Página 30
ARQUITECTURA CRUCEIROS Seguro que xa vos tedes fixado nesas cruces de pedra que están espalladas en case todas as parroquias. O caso é... Quen os puxo aí? A maioría levan moito tempo en Culleredo, dende moito antes de que nacesen os nosos avós, e outros son moito máis vellos aínda: da Idade Media. “Idade Media” é o nome que se lle dá a un tempo da nosa historia, hai 800 anos. Daquela todo era moi diferente os homes percorrían fragas e campos a cabalo á procura de aventuras e tamén de princesas. Os ricos vivían en castelos no cumio dos montes e os labregos en pequenas casas nos vales. As cidades chamábanse “burgos”, e eran moi pequeniñas... En fin,era un tempo moi lonxano do que ninguén se lembra e que está só nos libros. Moitos dos nosos poetas e poetisas inspiráronse neles para escribir poesías: Así, Rosalía de Castro foi a primeira poetisa que reparou na beleza dos cruceiros: “Cruceiro de Rámírez, que t`ergues solitario Dos agros na espranada, antra-as dos campos, O sol da tarde pousa en ti postreiro raio Como nun alma triste pousa un soño dourado." (ROSALÍA DE CASTRO)
PARTES DUN CRUCEIRO Todos os cruceiros teñen a mesma forma e están feitos coas mesmas pezas. Ás veces, ata temos que fixarnos ben para atopar as diferenzas entre eles. Imos ver cales son esas pezas: -Plataforma: é unha laxe de pedra moi grande cadrada que serve para que o cruceiro non se coloque directamente no chan (tiña que parecer unha árbore). Na plataforma moitas veces descansaban os peregrinos que facían o Camiño de Santiago e mesmo se axeonllaban para rezar. -Pedestal: está composto por dous ou tres escalos, con forma de cubo, que fan que os cruceiros, ó ser máis altos, sexan visibles para todos. Ás veces, labrados nestas pezas hai letras ou debuxos como esqueletes ou serpes. -Varal: é a columna. Adoita ter oito lados. Ás veces leva na súa parte máis baixa a imaxe dalgún santo. -Capitel: chámaselle así á peza que vai entre a columna e a cruz. Segundo as ganas de traballar do escultor, ou os cartos dos que dispuxese o crego, poden ser sinxelos ou adornados con follas de pedra ou outras reviravoltas.
Página 31
BUFOCULLERÉATE
ARQUITECTURA Non é Culleredo un concello que destaque pola calidade arquitectónica dos seus cruceiros. A maior parte deles son de fuste liso, rematado nunha sinxela cruz. Outros, como o de Orro, datado en 1750, teñen imaxes labradas. Máis próximo no tempo é o que está na igrexa nova de Vilaboa, fermoso, con imaxes, e os que se colocaron na ponte do Burgo e no castro de San Cosme, feitos polos alumnos/as de cantería da Escola-Taller, moi ben esculpidos e con numerosos motivos ornamentais. A súa función hai que relacionala coa antropoloxía relixiosa, xa que moitas procesións tiñan os cruceiros como referencia do camiño que se debía percorrer. Ás veces están situados en lugares comunitarios, como adros, campos de festa, etc. ; nestes casos, a súa basa serve de asento para as persoas.
FONTES E LAVADOIROS En Culleredo encóntranse moitos tipos de lavadoiros e fontes. Algúns deles son os seguintes: FONTE DE SAN PEDRO: Está no Campo da Fonte. O seu estado de conservacion é bo. Ten un lavadoiro de 15 metros cadrados. FONTE DE SANTA MARTA: Está en Santa Marta. O seu estado de conservación é bo. Ten un lavadoiro de 16,5 metros cadrados. FONTE DO PICHO: Está en Os Currás. O seu estado de conservación é aceptable. Non ten lavadoiros. FONTE DO PICHO: Está en Tarrío. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiros. FONTE DO SOUTO: Está en Tarrío. A fonte está inutilizada. Non ten lavadoiros. FONTE DAS CORREAS: Está en Tarrío. A fonte está abandonada. Non ten lavadoiro. FONTE DA RÚA: Está en Tarrío. A fonte está abandonada. Ten un lavadoiro. FONTE DA PRAZA DO CONCELLO: Está en Tarrío. O seu estado de conservacion é bo. Non ten lavadoiro. MANANTIAL DO TORROÑO: Está en Torroño. O seu estado de conservacion é malo. Non ten lavadoiro. MANANTIAIS DA TRAIDA (TRES): Está en Torroño. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiro. FONTE DE SAN ESTEVO: Está en Culleredo. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiro. FONTEMAIOR: Está en Fontemaior. O seu estado de conservación é aceptable. Ten un lavadoiro de 22 metros cadrados. FONTE DA VIRTUDO: Está en Culleredo. O seu estado de conservación é aceptable. Ten un lavadoiro de 18`50 metros cadrados. MANANTIAL DA BURATEXA: Está en Liñares. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiro,pero si unha pedra onde a xente lavaba a roupa. FONTE DE SAN FERNANDO: Está en Liñares. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiro. FONTE DO SOUTO: Está en Liñares. O seu estado de conservación é bo. Ten un lavadoiro de 14’50 metros cadrados. FONTE DA PRAZA LADRÓN DE GUEVARA: Está en Liñares. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiro. FONTE CAL DE VIEITO: Está en o Bosque. A fonte está abadonada. Ten un lavadoiro. POZO DA HERMIDA: Está en A Hermida. A fonte está abandonada. Non ten lavadoiro. FONTE DO BOSQUE: Está en A Hermida. A fonte está abandonada. Ten un lavadoiro. FONTE DE DANIEL: Está en A Hermida. O seu estado de conservación é bo. Non ten lavadoiro.
BUFOCULLERÉATE
Página 32
ARQUITECTURA IGREXAS As igrexas comezáronse a construír coa chegada da cristianización e, rapidamente, convertéronse no símbolo e no núcleo da vida dos pobos cristiáns. As partes dunha igrexa: COLUMNAS E PIARES: Soportan o peso dos arcos nos que descansa o teito.As primeiras son cilíndricas e os piares,poliédricos. CONTRAFORTES E ARBOTANTES: Axudan ó muro a soportar todo o seu peso e o da cuberta . Grazas a eles non se caen os edificios.
ARBOTANTES
CONTRAFORTES
TIPOS DE ARCOS: MEDIA PUNTA
APUNTADO FERRADURA
Tamén se poden ver bóvedas e cúpulas
Igrexas máis importantes: -San Estevo de Tarrío: Esta igrexa construíuse no século XII e é un dos poucos templos románicos desa época. -Igrexa de Santiago do Burgo: Esta igrrexa tamén se construíu no s. XII, pero parte da fachada é posterior, do s.XVII.
Página 33
BUFOCULLERÉATE
ARQUITECTURA OS MUÍÑOS Os muíños son unha parte fundamental da cultura galega. As súas paredes, ou o que queda delas, contan a historia de Galicia, mesmo aparecendo nas cancións populares. Os nosos devanceiros, hai máis de 3000 anos, inventaron os primeiros muíños manuais para traballar as sementes das que se alimentaban. Foron moitos os cambios ata que que chegaron os muíños máis avanzados desde o mundo árabe e asiático, movidos por auga e vento. Foi entón o inicio da súa época dourada, coincidindo co descubrimento de América para avituallar os navíos. No pasado, os muíños foron as principais ferramentas que empregamos para facilitar a nosa vida. Para cada actividade, tiñamos un tipo de muíño:
Fonte: O museo dos muíños de Acea de Ama Aínda que en Culleredo existen numerosos muíños, todos dun tamaño pequeno, hai algúns grandes como o desaparecido de A Telva ou o de Acea da Ama. O primeiro, era de grandes dimensiones, cun longo canle e dous rodicios entrando en el complejo molinero una casa de cierto interés arquitectónico. Hoxe en día, o estado dos muíños de Culleredo varía. Os que están en estado regular, malo ou ruinoso están afectados polos mesmos problemas: cubertos de vexetación, invadidos pola maleza, parcialmente derruídos ou coas cubertas caídas. Muíño de Acea de Ama: Data: Século XII, aínda que sufriu numerosas reformas ao longo da súa existencia. Este muiño permaneceu activo durante case 800 anos. Estrutura/estilo: Muíño de maré para moer o gran, sendo o máis antigo coñecido de Galicia.
BUFOCULLERÉATE
Página 34
ARQUITECTURA OS MUÍÑOS Utilidade e motivos relevantes:Antigamente a súa función era moer o gran, cun caudal constante e funcionando 4 horas ao día. Foi de grande importancia, dominado polo Mosteiro de Sobrado na zona Burgo do Faro. Actualmente o complexo (no cal, á parte do muíño había varias edificacións dedicadas a vivendas e almacéns) foi recuperado, instalándose nel o Museo dous Muíños. Localización: Están hoxe plenamente inmersos no tecido urbano do Burgo, aínda que conservan todos os seus elementos, e albergan hoxe salas de exposicións sobre o mundo dos muíños e un museo adicado a Andrés Pan Vieiro, alcalde de Culleredo na década de 1920.
MUÍÑOS DE CELAS
Estrutura/estilo: Muíños de maquía Uso-utilidade: No ano 2007 a zona e os muíños foron rehabilitados na súa maior parte para formar unha pequena pero fermosa ruta natural e etnográfica. Dous dos muíños ( Fraganova e Ramallal), situados nos extremos da ruta, foron recuperados con toda a súa funcionalidade orixinal Motivos relevantes: un percorrido duns 600 m. Os once muíños reciben diversos nomes: Fraganova, Fragoso,Taibo, Couceiro, Ferreiro, de Vázquez, de Calviño,de Sánchez, de Heredeiros, de Pose e de Ramallal. Tres deles eran da Señora da Fortaleza de Celas. Un pertencía ao Mosteiro Cisterciense de Sobrado e os restantes a particulares.
Localización: Localízase na parroquia de Celas, ao suroeste do Concello de Culleredo, preto do parque da Torre de Celas, onde se sitúa o museo etnográfico do Concello, así como a igrexa de Santa María de Celas ( s. XII).
Sobre os muíños fíxose moita literatura. Exemplos son as seguintes cantigas: Unha noite no muíño,
No muíño fan cantigas
Unha noite non é nada
No muiño fan concellos
Unha semaniña enteira
No muíño fanse amores
Esa si que é muiñada
E contan contos vellos
Página 35
BUFOCULLERÉATE
ARQUITECTURA OS PAZOS O pazo é un tipo de casa solariega tradicional galega, de carácter señorial, frecuentemente situada en zonas de campo e que adoitaba ser residencia de persoas importantes da comunidade (reis e nobres). Foron de grande importancia durante os séculos XVII, XVIII e XIX, sendo unha especie de unidade de xestión local arredor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Pero, de onde provén a palabra pazo? Do latín palatiu(m). Como curiosidade, a palabra portuguesa, lingua próxima ao galego, para dicir “palacio” é paço. Os pazos funcionaban como vivendas autosuficientes con labranza, traballos internos, liño, lá, horta… Dentro deles as vidas dos membros eran moi diferentes: mentre que a dos señores era moi doada (enfocada á vida social), para os servos que tiñan que labrar, cociñar e limpar continuamente era moi difícil. Ao pazo como estrutura arquitectónica civil tradicional asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios dos foros, que mesmamente chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Adoitan constar dun edificio principal rodeado de xardín, un pombal e a miúdo inclúen edificacións anexas como pequenas capelas para celebracións relixiosas. A estrutura xeral dun pazo comezaba cunha grande portada, onde se atopa o escudo da familia nunha zona visible. Os nomes dos propietarios orixinais normalmente os seu aparecen nas pedras armeiras ou escudos. Exemplos diso son o Pazo de San Fernando (imaxe da dereita). Contaban con dúas plantas: unha baixa na que estaban as cortes, as servidumes e a cociña, onde se facía case toda a vida e outra alta, cos salóns de respeito e privados, arquivo e biblioteca (os máis ricos). Finalmente, no faiado tiñan o trasteiro e a despensa.
Existen diferenzas entre provincias: xeralmente en A Coruña son elegantes e modernos; en Lugo como fortalezas; en Ourense son maxestuosos; os de Pontevedra con alardes arquitectónicos. Os pazos da nosa vila están actualmente en mans privadas, polo que é difícil poder visitalos e están repartidos polas diferentes parroquias, pero a maior densidade dáse na zona norte do Concello. Algúns pazos e casas blasonadas son: Pazo de Vigovidín, , Pazo dos Vales, Casa da Torre, Quinta de Fontemaior, Casa da Picota, Casa de Outeiro de Sésamo… Aínda que destacan os tres seguintes:
BUFOCULLERÉATE
Página 36
ARQUITECTURA OS PAZOS PAZO DE SAN FERNANDO Data: S. XVIII Motivos relevantes: Está relacionado coa Casa dos Andrade, aínda que existen moitas referencias á orde templaria e ao Conde de Traba. Utilidade: Hoxe en día está en mans privadas, restaurado recentemente por Boketé para a organización de eventos. Localización: Rúa San Fernando, Culleredo.
PAZO DE VILABOA Data: S: XIX Estrutura/estilo: Sobre as ruínas do antigo pazo dos Castro, señores do Pazo de Mende, o coruñés Don Álvaro de Torres Taboada, reconstrúe o actual Pazo de Vilaboa con aires de castelo medieval. Destacan a pequena capela e a torre circular na que se atopa a suite nupcial e o Salón Vermello. Na súa parte traseira hai amplos xardíns de árbores centenarias. Motivos relevantes: Como en todos os pazos galegos o xardín ten un protagonismo especial. Contén un conxunto de árbores de considerable tamaño e antigüidade, así como catro fontes de distintas formas e un miradoiro cara ao val de Vilaboa. No xardín conviven especies autóctonas, como os castiñeiros, os carballos e os negrillos (olmos), xunto ás típicas especies ornamentais como os camelios e os magnolios. Ten algúns dos primeiros eucaliptos chegados a Galicia no século XIX. Utilidade: Está en mans privadas, pero emprégase para vodas e eventos. Localización: Rutis (Vilaboa).
PAZO DE VILLA MELANIA Motivos relevantes: propiedade do Concello de Culleredo e restaurado e rehabilitado pola Escola Taller no ano 2007 para o servicio público. Utilidade: O edificio é unha oficina municipal de servicios sociais e conta con instalacións como unha Aula da Tercera Idade ou a biblioteca municipal “José Cardeso Liñares”, cunha sala especializada en poesía. Localización: Rutis (Vilaboa)
Página 37
BUFOCULLERÉATE
ESCOLAS O NOSO COLE Cal é o seu nome? Comezou chamándose “Grupo Escolar Mixto de Vilaboa” e anos despois déuselle o nome actual, C.E.I.P. Sofía Casanova. Cando se inaugurou? Segundo os documentos atopados no arquivo, o cole comezou funcionar no curso 1980/1981. Non se colocou placa conmemorativa da inauguración porque o edificio non estaba rematado e o alumnado estivo durante uns meses repartido por diferentes espazos: uns no aulario da igrexa parroquial, outros no que hoxe é o edificio Pablo Picaso e algúns no Colexio de Tarrío. Averiguamos, a través das actas do Claustro de profesorado, que o día 17 de abril de 1981 foi o primeiro día de clase no edificio actual de primaria. Cal é o seu enderezo? Vilaboa s/n. 15174 Rutis-Culleredo
Pescudando a Sofía Casanova.
Coñecimos que foi unha importante escritora que naceu en Almeiras (Culleredo) no ano 1861 e morreu en Polonia aos 96 anos. O seu nome completo era Sofía Guadalupe Pérez Casanova de Lutosławski. Casou cun escritor polaco e tiveron catro fillas. Foi a primeira muller corresponsal de guerra. Polo seu traballo viaxou moito por Europa e viviu en diferentes países como Inglaterra, Rusia, Polonia e, por suposto, España.
O alumnado do cole.
Aprendimos que os nenos e nenas que aquí estudamos, cursamos Educación Infantil, dende os 3 ate os 5 anos, e logo Educación Primaria dende os 6 ata os 12 anos. Agora tamén sabemos que estudaremos matemáticas, linguas (galego, castelán, inglés), ciencias, música, plástica, educación física, relixión ou valores. A moitos de nós gústanos traballar plástica e educación física, a outros nos gusta moito música. Mesmo a algún gústannos as ciencias naturais porque nos resulta interesante coñecer todo sobre o noso corpo ou os animais.
BUFOCULLERÉATE
Página 38
ESCOLAS Os espazos do cole.
O cole ten dous edificios de aulas. Un é para infantil e ten unha aula de audiovisuais, outra de A.L., a despensa, o almacén e as aulas dos nenos e nenas. Foi inaugurado no ano 2008 por Laura Sánchez Piñón. O outro, máis vello, é para primaria. Neste, está o comedor, a biblioteca, os despachos de administración e de orientación, a sala do profesorado, o arquivo, a conserxería, as aulas de música, informática, inglés, relixión, P.T., A.L., as titorías e as aulas de todos os cursos. Ademáis tamén temos un pavillón de deporte, o parque infantil, un patio de xogo con xogos populares e outro con pistas deportivas. A moitos de nós gústanos estar na aula de informática, na aula de música, na biblioteca, no pavillón e no patio.
Os oficios no cole.
Fixemos a relación dos traballos no cole: profes, coidadores, conserxe, limpadoras, administrativa, xardineiros. A algúns de nós gustaríanos ser profes de maiores.
Outros coles de Culleredo.
Pero todos sabiamos que o noso cole non é o único que hai en Culleredo. Preguntando aos amigos e familiares demos atopado outros como: C.E.I.P. Ría do Burgo, C.E.I.P. Isaac Díaz Pardo, C.E.I.P. De Tarrío. Soubemos que hai un que vai abrir o vindeiro curso e que lle chaman Colexio Novo de Vilaboa. Moitos de nós temos amigos nestes outros coles.
Antes e despois do Sofía.
Antes. A escola infantil. Coa axuda das nosas familias lembramos a escola infantil á que asistimos antes de vir ao cole. Uns fomos ao “Colo do Vento” en Vilaboa; outros á “Galiña Azul” en O Burgo; algúns á “Fonte da Balsa” na escola ”Dana” “Os Pequerrechos” e á “Escola Triciclo” na Corveira. E pescudamos sobre da idade do alumnado. Averiguamos que os nenos e nenas adoitan ter entre os 3 meses e os 3 anos. Quixemos saber cales son os espazos nestas escolas e soubemos que tiñan xardín, os baños, salas de descanso, aulas de traballo, comedor e sala de psicomotricidade. Na escola infantil moitos de nós aprendemos a comer e ir ao baño sos, a gatear, a camiñar, a falar e mesmo os nomes das cores. Tamén fixemos actividades coas nosas familias (xogos, contos, festas), e algunha excursión. Tivemos as primeiras experiencias con nenos e nenas coma nós. Algúns de nós nunca queriamos marchar porque queriamos seguir a xogar cos compañeiros. Pola contra, outros, chorabamos tanto que non deixabamos durmir a sesta aos demais. As profes explicáronnos que algúns nenos logo da escola infantil van ao C.R.A. e nós investigamos como é o C.R.A de Culleredo. Soubemos que é un grupo de Escolas de Infantil no medio rural de Culleredo, que ten nenos e nenas con idades de 3 a 6 anos e que traballan todos xuntos nunha aula coa súa profe. Averiguamos que en Culleredo hai catro pequechiñas escolas que pertecen ao C.R.A.: A Choeira, Ledoño, Sésamo e Vinseira.
Página 39
BUFOCULLERÉATE
ESCOLAS
Despois. O Instituto.
Preguntándolle aos nosos maiores, soubemos que ao rematar no Sofía iremos ao instituto. Iremos a estudar ao I.E.S. Rego do Trabe, ao I.E.S. Eduardo Blanco Amor ao I.E.S. Universidade Laboral de Culleredo. Averiguamos que no instituto estudan nenos e nenas dende 12 ata 18 anos. Primeiro estudan a E.S.O., que remata aos 16 anos, e logo algúns fan o bacharelato e outros, estudos de formación profesional. Algúns de nós xa temos irmáns no instituto, eles contáronnos qué espazos ten. Dixéronnos que teñen ximnasio, laboratorios de física, bioloxía, química, xeoloxía para facer experimentos, aula de música, salón de actos, sala de profesorado e tamén cafetería. Quixemos coñecer algunha experiencia vivida no instituto. As nosas familias comentáronnos algunha, como a de ter que recitar en francés e rematar facéndoo en castelán, ou recibir a felicitación dun profesor ao ter lido, enteiriño, “Don Quixote”, ou perder o bus e ter que ir na bicicleta ao longo de 5 km.
Practicamos artes, deportes, linguas. Quixemos poñer en común as nosas experiencias e as das persoas do noso entorno ao respecto da aprendizaxe e práctica destas actividades.
Artes.
Algúns de nós imos ao Centro Social e Cultural Recreativo de Rutis para aprender a tocar a frauta e cantar cantigas populares. Coa agrupación “Ancoradoira”, algún de nós practica baile galego e instrumentos populares como tambor ou pandeireta. Outros imos a clases de guitarra e hai quen vai ao estudio de “Carme e Anxo” ou a escola de arte “Matriz” facer pintura, barro, debuxo... Tamén temos entre nós un actor que traballa coa compañía “El Ruiseñor” que nunha obra fixo de superheroe. Nas actividades extraescolares do noso colo, algúns aprendemos cociña, e elaboramos gostosísimas sobremesas. Outros practicamos baile. Pero para as artes non hai idade, tamén os nosos maiores van a clases de pintura. Temos averiguado que no noso concello hai Conservatorio Profesional de Música. Sabemos que a partir dos 8 anos podemos cursar estudos de instrumento.
Deportes.
Todos sabemos que practicar deporte é moi saudable, por iso moitos de nós temos asistido ou asistimos a natación no Centro Acuático de Acea de Ama. Algúns practicamos fútbol no Clube Olímpico de Rutis, no que ademáis festexamos o fin de curso cunha churrascada. Tamén imos practicar balonmán. E co clube de patinaxe Aura, algúns aprendemos a patinar. Coa axuda do clube de judo Axiña, entre nós temos un judoka.
Linguas.
En Culleredo temos a Escola Oficial de Idiomas. Algún dos nosos irmáns maiores estudaron inglés alí. Nós, polo de agora, practicamos inglés a través doutras escolas como “Go English School” Vilaboa, Trinity College School of English O Burgo, PortobelloW11 School of English Culleredo.
BUFOCULLERÉATE
Página 40
ESCOLAS Mestres e escolas no pasado. Escolas. Preguntamos aos nosas/os nais/pais e avoas/avós, como era a escola primaria nos seus tempos e isto é o que aprendemos. No tempo dalgúns dos nosos pais, as/os nenas/nenos, tiñan obligación de ir a escola ata os 14 anos. Mesmo coñecemos que algún deles estudou no noso cole. Daquela tiñan escola pola mañán e pola tarde. Moitos dos nosos pais non estudaron en Culleredo. Algúns estudaron na cidade e outros nas escolas do pobo. Tamén había escolas de aldea, que chamaban unitarias. Sabemos que nelas estaban xuntos na mesma aula, o alumnado de todas as idades e que os maiores axudaban aos pequenos nas tarefas da escola. Ao igual ca nós, usaban lapis, cores, rotuladores, cadernos e libros de texto para cada área. Cando ían á escola os nosos avós e avoas as cousas eran algo diferentes. Por exemplo, había unhas escolas para nenos e outras para nenas. Ás nenas se lles ensinaba facer “cousas de nenas” (labores de costura, bordado...) Por outra banda, só tiñan un libro de texto con todas as materias e ese libro case non tiña imaxes. Naqueles tempos ir á escola non era obrigatorio e había moitos nenos e nenas que a deixaban moi pronto para ir traballar.
Mestres/as. Hoxe en día en Culleredo recórdase a Amparo Rego Ruibal. Foi unha mestra que traballou aquí durante dezaséis cursos, dende 1915 ata 1931. Púxoselle o seu nome a antiga Escola Unitaria de Celas. Tamén se quixo render homenaxe a outra mestra, Adela Jean Toca, que deu clases na escola de nenas de Vilaboa e quedou no municipio durante 22 anos, dende 1876 ata 1898. Actualmente identifícase co seu nome o antigo Centro de Saúde de Peiro.
Pรกgina 41
BUFOCULLERร ATE
ACEA DE AMA SPORTS CENTRE Acea de Ama Sports Centre is located in Culleredo. It was opened in 2001 It is placed in an area of 22,000 m2 There are six swimming pools; five heated indoor pools and one outdoor pool. You can practice different water activities there. The outdoor pool opens in summer. There is a 700m2 fitness room and there are three activity rooms. There are some Keiser bikes in one of the activity rooms. You can practice different activities here like gymnastics, dancing, boxing, kickboxing with a trainer .
There are some tennis, basketball and paddle courts where you can play. There is also a baseball, rugby and football field.
BUFOCULLERÉATE
Página 42
ACEA DE AMA SPORTS CENTRE
There is a 500m2 cross circuit . You can bring your bike or motorbike to train. Timetable: Monday- Friday: 07:30-23:00 Saturday: 09:00- 21:00 Sunday and bank holiday : 10:00- 19:00 Adress: Rutis Avenue 5670 Culleredo. A Coruña Telephone number +34981664500 Email: atencionalcliente.acea@dosdeportes.es
Pรกgina 43
BUFOCULLERร ATE
ACEA DE AMA SPORTS CENTRE RUGBY Rugby is a contact team sport. It was born in England in the first half of the 19th century. There are fifteen players in each team: forwards and backs. There are eight forwards and seven backs. You have to wear different types of protections to avoid hurting yourself: a helmet, headguards, shoulder pads, a mouthguard.... You use an oval-shaped ball for playing. You play rugby in a rugby field that is ninety-five m long and sixty-five m wide. It can be made of snow, sand or grass.
In the field there are two H-shaped goalposts.
BUFOCULLERร ATE
Pรกgina 44
ACEA DE AMA SPORTS CENTRE RUGBY
The objective of the game is to go with the ball to a line in the opposite part of the field that marks the end of it or to pass the ball between the goalposts. A rugby match lasts eighty minutes. The two teams compete for two forty minute halves with five minute halftime.
Página 45
BUFOCULLERÉATE
DEPORTES EN CULLEREDO HAI DEPORTES PARA ELIXIR: FÚTBOL: OLÍMPICO DE RUTIS ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE CULLEREDO
SPORTING O BURGO . UDJ ALMEIRAS
PORTAZGO S.D. FÚTBOL BASE
FONTEMAIOR CLUB DE FÚTBOL VETERÁNS
BALONMÁN: CLUB BALONMÁN CULLEREDO JUDO: JUDO CLUB CULLEREDO. Entrenamento “Pavillón Sofía Casanova”. A ex alumna Alba Bouzas Vila é a actual campiona galega en categoría cadete e novena de España!!!!
BUFOCULLERÉATE
Página 46
DEPORTES NATACIÓN:
CICLISMO: CICLO CROSS E MOUNTAIN BIKE. BALONCESTO: CLUB BALONCESTO DE CULLEREDO
PATINAXE ARTÍSTICA:
ATLETISMO: CLUB DE ATLETAS DE CULLEREDO ATLETAS ACEA DE AMA PÁDEL E TENIS: TIRO CON ARCO: CLUB DE TIRO CON ARCO A GARROCHA.TARRÍO
Pรกgina 47
BUFOCULLERร ATE
FESTAS
BUFOCULLERร ATE
Pรกgina 48
FESTAS
Pรกgina 49
BUFOCULLERร ATE
FESTAS
Página 51
BUFOCULLERÉATE
BIBLIOGRAFÍA “As pedras armeiras” X.A García G.-Ledo http://www.culleredo.es/ Wikipedia http://www.dosdeporte.es/centros/acea-de-ama-a-coruna/informacion Wikipedia.org/wiki/Rugby-football Www.rugbystore.cou.uk Enciclopedia británica http://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/puenteromanodelburgo/ http://www.tesourosdegalicia.com/es/puente-de-o-burgo/ https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/puenteromanodelburgo/ http://www.culleredo.es/node/115 http://www.culleredo.org/pdfs/historia.pdf http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/19535/ponte-de-o-burgo?langId=es_ES http://caminodesantiago.consumer.es/etapa-de-a-coruna-a-hospital-de-bruma
AGRADECEMENTOS Ó Concello de Culleredo Á concelleira de educación: Dona Mª Carmen Varela Corbelle Ó Historiador do concello: D. Carlos Pereira Martínez Ás familias do noso colexio