Unha época fascinante na cultura e na sociedade de información mesturouse cunha economía decadente que inflúe nos financiamentos públicos. Búsola, de 6 números saídos do prelo, só recibiu unha vez apoio público, á marxe do Concello do Valadouro, que soportou toda a carga orzamentaria nun compromiso absoluto coa evolución do proxecto, coa súa liberdade creativa e cos beneficios externos, difícil de xustificar dende unha perspectiva municipal. Cremos que un número brillante no vieiro dos mellores números desta revista e polo de agora, ficamos por primeira vez no plano virtual intentando diversificar a edición no maior número posíbel de formatos desta era dixital.