AS NOSAS COUSAS CEIP PORTO CABEIRO 2014/2015
ÍNDICE
Editorial……………………………………..3 As Nosas Festas…………………………….4 A Nosa Biblioteca………………………….9 Celebramos………….……………………….12 Torneos e Campionatos…………………..18 Proxectos……………………………………..20 Visitannos…………………………………….27 Visitamos……………………………………..28 Exposicións…………………………………..32 Novas…………………………………………..35
EDITORIAL
3
AS NOSAS FESTAS
O SAMAÍN
EXPOSICIÓN
4
Membros da ANPA do cole fixeron un magosto e uns chourizos asados. Os nen@s deron ben conta deles…
XOGOS POPULARES Os alumnos/as de Educación Primaria e Infantil realizaron diversos xogos populares como:“Os castelos”, “Canastaña”, “O gato e o rato”, “Os bolos…
5
AS NOSAS FESTAS
O NADAL CREANDO ARTE POLO NADAL Aproximándonos ao Nadal incentivamos que o alumnado, en xeral, tamén coa participación das familias, exercese de artistas para decorar o recibidor do colexio creando unha ambientación navideña. A mestra de Relixión, con toda a Primaria, elaborou figuras variadas de plastilina (pastores e outros oficios, os Reis Magos, o neno Xesús, animais…), construíu distintos tipos de casas, feitas con cartón e logo pintadas, recreando dun xeito artístico escenas dun Belén coa axuda de materiais como terra, serrín, pedras… Unha árbore de Nadal decorouse con todo tipo de adornos feitos polos cativos. Nas paredes do recibidor confeccionouse un inmenso Mural cos debuxos de Nadal que as familias xunto aos seus fillos decoraron dun xeito moi orixinal.
Os nen@s máis pequenos escribíronlle cartas ás súas Maxestades OS REIS MAGOS. Agardaron impacientes a chegada do PAXE REAL que veu a recollelas uns días antes das vacacións de Nadal. Despois repartiu unha morea de caramelos.
Esta é unha pequeña mostra dos traballos realizados nas aulas: árbores, postais…
6
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
O 21 de decembro, ás 11 horas no Salón de Usos múltiples, celebramos un Recital de Panxoliñas no que participaron todos os ciclos. A maioría das cancións foron en galego (preparadas xunto a mestra de música). Cada ciclo interpretou unha panxoliña. Este ano as panxoliñas a interpretar, en galego, foron: En Ed. Infantil: “Os reis en camión” e “Na casa da miña avoa”. No Primeiro ciclo de Ed. Primaria: “Reis en bicicleta”. No Segundo ciclo de Ed. Primaria: “Animal Nadal”. No terceiro ciclo de Ed. Primaria: “Chegou o Nadal” e “A luz que hai en ti”.
Alumn@s de Educación Infantil
Alumn@s de 1º e 2º de Primaria
Alumn@s de 3º e 4º de Primaria
Alumn@s de 5º e 6º de Primaria 7
AS NOSAS FESTAS
O ENTROIDO Este ano as ordes da Meca foron: 1ºDÍA levar posto algo na testa. 2ºDÍA ir maquillados, máis o do día anterior. 3ºDÍA levar un complemento, máis o dos días anteriores.
Os alumn@s estiveron xunto coas súas familias probando uns deliciosos productos típicos destas festas como: orellas, filloas…
8
A NOSA BIBLIOTECA
ESTE FOI O TÍTULO DO NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA, ENMARCADO DENTRO DO PLAMBE, E COMO O SEU NOME INDICA TRATOU O MUNDO DAS ARTES E O SEU IMPACTO NA NOSA VIDA COMO SERES HUMANOS. ESTE PROXECTO DEU MOITO DE SÍ E OS ALUMN@S IMPLICÁRONSE MOITO NEL. DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR PROMOVÉRONSE E ORGANIZARONSE INFINIDADE DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS SETE ARTES: ESCULTURA, ARQUITECTURA, LITERATURA, PINTURA, MÚSICA, TEATRO E CINE.
No recibidor do colexio colocamos un Mural nun panel expositor, baixo o lema “Pegadas Artísticas da Humanidade”, para así estimular a curiosidade do noso alumnado e como punto de partida na adquisición de coñecementos sobre este tema do noso Proxecto. Organizamos unha Exposición que tiña como temática de fondo o tema do Proxecto. Dividímola en dúas partes: “Material de consulta” “Creación literaria” Cada un dos dous apartados incluía materiais para todas as idades, dende infantil a 6º de Primaria.
Fixemos un Maratón de lectura con materiais da temática do proxecto para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Algún dos títulos escollidos: “O monstro amarelo”, “Elmer”, “As letras na Arte”…
9
A NOSA BIBLIOTECA SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS As sesións de Formación de usuarios, desenvolvidas no mes de outubro, tiveron por obxecto dar a coñecer o funcionamento da Biblioteca, difundindo todos os seus recursos, tanto os materiais, presentes no seu espazo, explicando a súa localización, como os virtuais, concentrados no noso Blog “Un libro, dous libros, tres…” e así sacar deles o maior partido posible. Ao tempo fixemos un repaso polas actividades máis significativas: Mochilas Viaxeiras, Hora de Ler, Guías de Lectura, Exposicións, Visitas de escritores e de contacontos… Lembramos as normas de uso; as condicións para o préstamo de libros, tanto do alumnado como das aulas; as quendas para uso dos ordenadores e para escoitar música…
Na nosa Biblioteca, ademáis do préstamo de libros, nos recreos tamén pódese ler, usar os ordenadores, escoitar música e ver cine. Sempre coa axuda dos voluntarios de Biblioteca. Gracias!
Co gallo das conmemoracións escolares, a Biblioteca fixo seleccións de lecturas ao longo do ano.
O 7 de novembro, as nove “ Mochilas”, unha por aula, saíron ás casas. Levaban libros dos itinerarios lectores; de Arte; de consulta e aventura; de inglés; banda deseñada; revistas...
Todo o colexio, ao mesmo tempo, fixo “A Hora de ler”, logo do recreo de 12:00 a 12:20 Horas, tempo no que alumnado e profesorado gozaron da lectura. Este curso, dos cinco días semanais, un deles dedicouse a “Taller de escrita”. 10
A Biblioteca confeccionou ao longo do mes de novembro un MURAL co título “Arquitectura Nobre e Popular en Redondela” que pretendía dar a coñecer a riqueza arquitectónica do Concello. Mámoas, Petróglifos, Castros, Miliarios, Pazos, Hórreos, Muíños, Fontes, Lavadoiros, Igrexas, Cruceiros, Petos de Ánimas e Viadutos estaban presentes no MURAL constituíndo un bo punto de partida para estimular as gañas de saber máis e de investigar do noso alumnado así como de incidir no respecto ao noso Patrimonio material. O MURAL colocouse no recibidor do colexio para poder ser consultado por toda a Comunidade Educativa, tamén polas familias que colaboraran aportando fotografías.
A Biblioteca convocou no mes de novembro un Concurso de Debuxo, por Ciclos, para ilustrar o Calendario – Guía de Lecturas do Nadal. O alumnado tiña que debuxar e pintar algún motivo relacionado co temas das Artes ao tempo que inventaba un slogan sobre a lectura, en galego, convidando a ler as suxestións lectoras escollidas polo profesorado, algunhas delas relacionadas coa Ciencia, as Matemáticas e, como non, coas Artes. O premio consistiu en editar os debuxos e slogans elixidos en dito Calendario – Guía, que tamén se podía empregar como Marca páxinas.
Empezamos o mes de Xaneiro co lema “BIBLIOTECA ESCOLAR… MATEMÁTICO”. Organizamos unha Exposición con libros de Matemáticas e de Ciencias. O alumnado pintou Mandalas, con motivos matemáticos: formas xeométricas e números que se colgaron á entrada da Biblioteca ou nas aulas.
Fixéronse “Apadriñamentos lectores colectivos”: alumnas de 6º contaron ao alumnado de Infantil “Sacapenas” de Anthony Browne.
11
CELEBRAMOS
O DÍA DA PAZ Para celebrar o Día da Paz, desenvolvemos distintas actividades: Para relacionar esta conmemoración co tema das Artes confeccionamos, na entrada do colexio, un Mural onde debuxamos a pomba de Pablo Picasso,símbolo da Paz. No Mural colocáronse nubes das que caían gotas de chuvia, unha por cada alumn@ do colexio, nas que se escribiron mensaxes de PAZ. Así distintos cursos estudaron o Ciclo da auga, relacionándoo coa temática científica.
En 1º e 2º confeccionaron nas aulas un puzzle de 50 pezas, unha por cada nen@, do “Guernica” co que Picasso pretendía denunciar as desgracias que ocasionan as guerras. Dito puzzle (a color) foi reconstruído o día 30, na conmemoración da Paz, explicando ámbalas dúas clases a historia da pintura e a simboloxía das súas figuras ao resto da Comunidade Educativa. Despois cantaron todos xuntos a canción “Una marea de gente”
Como colofón contamos coa presenza do autor teatral e actor Inacio Vilariño e o seu espectáculo teatral “Contos de burros”, que narra contos de Rodari e doutros escritores; aproveitou, como non podía ser menos, para relatarnos historias sobre a Paz acompañado da súa guitarra.
12
DÍA DE ROSALÍA
Dende a Biblioteca, fíxose o traballo chamado “Rosalía en números e imaxes” para relacionalo co lema Biblioteca Escolar… Matemático e coas Artes, tema do Proxecto. Este traballo tratou sobre os números na vida e na obra de Rosalía, dando a coñecer os poemas “Mais ve que o meu corazón”, en galego, e “Negra sombra”, en inglés, acompañando con fotografías, retratos e caricatutas da poetisa. Dito traballo, que incluía un Xogo de Preguntas dirixido ás distintas idades do alumnado para practicar conceptos e nocións matemáticas, se subiu ao Blog (Páxina de Arte) e se editou en papel para ser coñecido e empregado polas aulas.
Exposición sobre Rosalía, na Biblioteca, cunha selección das súas obras e con carteis, en formato A3, que reproducían as súas caricaturas.
Audicións musicais dos seus poemas nos recreos, na Biblioteca.
Houbo unha votación para elixir a caricatura que máis gustaba ao alumnado e ao profesorado (dunha recompilación de trinta). Logo os nen@s crearon as súas. E a caricatura máis votada foi esta.
13
CELEBRAMOS DÍA DA POESÍA: a partir do 9 de marzo montamos, no recibidor, un “Tendal poético” no que colgamos as poesías de autores galeg@s: Rosalía, Curros, Celso Emilio… que o alumnado de 1º a 6º de Primaria elixiu e escribiu para que os demais gozaramos da súa lectura. En Infantil debuxaron e pintaron os poemas escollidos. DÍA DO TEATRO (27 de marzo): Organizamos unha Exposición, no corredor de entrada á Biblioteca, con libros para ler teatro para un público infantil; libros de consulta; materiais de elaboración propia; vestidos e máscaras usados en distintos espectáculos teatrais galegos; carteis anunciadores de espectáculos de teatro…
DÍA DA MULLER TRABALLADORA: todas as aulas buscaron información de mulleres artistas para elaborar un Power Point titulado “Elas están na…”. Proxectámolo no recibidor no momento da entrada. Cada curso mirouno ao longo da mañá. Subímolo á Páx. Web e ao Blog da Biblioteca (Páxina de Arte).
14
MES DO LIBRO DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR ORGANIZÁRONSE UNHA GRAN CANTIDADE DE ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MES DO LIBRO Encontro de 5º e 6º de Primaria con Ledicia Costas que contou moitas curiosidades do seu libro “Escarlatina, a cociñeira defunta”, lectura colectiva deste alumnado neste curso. A escritora contestou a preguntas sobre o seu proceso creativo e, finalmente, asinou os libros do alumnado e o Libro de Honra da Biblioteca.
Contamos tamén cun espectáculo poético musical a cargo do músico e compositor Héctor Lorenzo.
Para rematar o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º asistiu a unha sesión do Conta contos Iago, que narrou: “Augusta e os seus medos”, interactuando co público.
Ademais os nenos fixeron traballos de aula como estes fermosos marcapáxinas.
15
CELEBRAMOS
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas foi Xosé F. Filgueira Valverde, escritor pontevedrés fundador do Seminario de Estudos Galegos, do Museo de Pontevedra, profesor…
Os nosos distinguidos presentadores encargáronse de que o Festival saíra PERFECTO!!!!!
16
PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL
ED. INFANTIL 3 ANOS “Dime que fixeches?”
ED. INFANTIL 4 ANOS “Toc, toc” “Carrie-Everybody”
ED. INFANTIL 5 ANOS “O piollo e a pulga”
ED. PRIMARIA PRIMEIRO A biografía en verso de cores de Velázquez, “pintor de pintores”
ED. PRIMARIA SEGUNDO “Popurrí da nosa lingua”
ED. PRIMARIA TERCEIRO “A consulta do doutor”
ED. PRIMARIA CUARTO “A banda de música" Dominical”
ED. PRIMARIA QUINTO “Danza de Riofrío Mondariz”
ED. PRIMARIA SEXTO “A muller e o avogado”
AO FINAL, UN EMOTIVO POWERPOINT, CON IMÁXENES DAS DISTINTAS ETAPAS NO COLEXIO PARA DESPEDIR AOS DE 6º. SEMPRE CON VOS COMPAÑEIROS!!! BOTARÉMOSVOS EN FALTA. 17
TORNEOS E CAMPIONATOS TORNEO DE GOMA Participamos todos os alumnos de Primaria. Coma sempre arbitraron os nosos compañeiros de 5º e 6º.
TORNEO DE TROMPO
Como ven sendo tradición dende Educación Física seguimos potenciando este xogo tan típico desta zona. Aos nosos alumnos non se lles da nada mal,
1º MARTIÑO 2º IZAN 3º ADRIANA 4º LAIRA 5º CLAUDIA 6º BRAIS
TAMÉN PARTICIPAMOS NA IV MOSTRA MUNDIAL DE PEONZAS DECORADAS. 18
TORNEO DE XADREZ
CAMPIONATO DE EDUCACIÓN FÍSICA Este campionato xógase dende o ano 2001 no noso colexio, dende os nenos de 3º ata os de 6º. Xogan ao fútbol, ao brilé, á goma, á corda e os máis maiores ao hockey. GAÑAN TODOS…
19
PROXECTOS
En Educación Física a mestra desenvolveu o Proxecto “As Artes falan de xogos”, con dúas partes diferenciadas: “A Arte no xogo” e “Xogando coa Arte”. Nas clases, xogaron con cadros coñecidos. Algunhas das obras traballadas foron: “A rolda de nenos” de Castelao, “A pita cega” e “As chapas” de Chelo Lema, “A escapada” de Alfonso Costa....
Os máis pequenos aprenderon as partesda bicicleta e s maiores recbiron a visita do ciclista Marcos Serrano. Os alumnos de 5º e de 6º fixeron música coas bicis na clase de Música. Podedes consultar na páxina web no apartado de actividades deportivas.
Os alumn@s de Educación Infantil tiveron unhas divertidas sesións de Psicomotricidade
20
XADREZ NA ESCOLA OS COLEXIOS DE REDONDELA SEGUEN COA IMPLANTACIÓN DUN PROGRAMA QUE DESEXA PROMOVER O USO DO XADREZ COMO UNHA EXCELENTE FERRAMENTA EDUCATIVA. O NOSO COLEXIO PARTICIPA POR SEGUNDO ANO E TEMOS QUE DICIR QUE MOI SATISFACTORIAMENTE.
Os alumnos de quinto de primaria estiveron traballando sobre a séptima arte, e dicir, o cine. Os nenos fixeron un gran traballo de investigación e descubriron ao gran actor do cine mudo. Charles Chaplin. Tamén elaboraron na clase zootropos, traumatropos e libros animados que despois foron expostos no recibidor do colexio
NA ESPECIALIDADE DE MÚSICA, A MESTRA INVESTIGOU CO ALUMNADO OS COMPOSITORES E MÚSICOS MÁIS REPRESENTATIVOS DE DIFERENTES PERÍODOS COMO O BARROCO, CLÁSICISMO, ROMANTICISMO, IMPRESIONISMO, A MÚSICA POPULAR, A MÚSICA MODERNA… A CONTINUACIÓN CONFECCIONOU UN MURAL QUE COLOCOU NO RECIBIDOR DO COLEXIO:
21
PROXECTOS No primeiro Ciclo de E. Primaria desenvolveron no seu curso pequenos Proxectos relacionados coa temática do Proxecto da Biblioteca: “As Pegadas Artísticas na Humanidade”. Algúns deles foron os titulados: AchegArte, unha iniciación á pintura, aos seus utensilios…; E ti que pintas, para coñecer pintores importantes; Diego quere pintar o aire, unha biografía en poesía de Velázquez; Onde viven os cadros? para coñecer os museos por dentro, as profesións con eles relacionadas… Tamén afondaron na obra do xenial pintor Pablo Ruiz Picasso. Así, pintaron nas aulas un puzzle de 50 pezas, unha por cada nen@, do “Guernica” co que Picasso pretendía denunciar as desgracias que ocasionan as guerras. Dito puzzle (a color) foi reconstruído o día 30 de xaneiro, na conmemoración do Día da Paz, explicando ámbalas dúas clases a historia da pintura e a simboloxía.
Os nen@s utilizaron diferentes materiais e técnicas pictóricas: témpera , acuarela puntillismo, “drapping”, frotado, soplado…
ESTES FORON OS ESPAZOS ONDE FIXEMOS AS NOSAS CREACIÓNS…
22
ED. PRIMARIA
PASOS DE TODO O PROCESO CREATIVO
23
PROXECTOS En Educación Infantil investigaron sobre as Rondallas e o Día do Entroido, e todo o seu alumnado e profesorado constituíu unha destas agrupacións musicais. Previamente, organizaron unha Exposición de instrumentos musicais das Rondallas coa colaboración das familias e tamén do Centro Cultural de Vilar, próximo ao colexio. Ao seu carón, outra Exposición fotográfica, recollendo imáxenes das familias desfilando en Rondallas, co título: “Miña nai/ pai foi na Rondalla” Outro traballo desenvolvido polo Ciclo, foi dar a coñecer unha festa de orixe pagá que se celebra en Redondela o día do Corpus Christi: a da Coca, na que ocupan un lugar importante dúas Artes como son a música e a danza. Estamos a falar da Danza das Espadas e a Danza das Penlas nas que se escenifica a derrota da Coca, un monstro da mitoloxía galega, a man dos mozos redondeláns. En colaboración coas familias, organizaron unha Exposición con materiais sobre dita festa: fotos, recortes de xornais, libros de consulta e literatura, maquetas da Coca… Outras actividades foron sendas Exhibicións, nas que o alumnado participou, acompañadas de explicacións de colectivos culturais de Redondela, sobre as Danzas das Penlas e das Espadas, que acompañan ás celebracións da Festa da Coca nesta vila. EXPOSICIÓN DE “A RONDALLA”
EXHIBICIÓN DE “AS PENLAS”
EXHIBICIÓN DE “A DANZA DAS ESPADAS”
24
ED. INFANTIL Outra actividade foi investigar sobre os Maios, de gran tradición no Concello de Redondela. Logo, alumnado e profesorado, fixeron o seu propio Maio:
POÑENDO FIUNCHOS
ENGARZANDO AS FRORES
Todo o traballo desenvolvido durante meses co alumnado foi recollido na Guía “Festas en Redondela. Un achegamento didáctico para escolares”, que se decidiu editar e logo subir ao Blog da Biblioteca, Páxina de Arte.
FESTAS DE R EDONDELA UN ACHEGAMENTO DIDÁCTICO PARA ESCOLARES
Algúns dos traballos feitos polos alumn@s de Infantil durante o proxecto. 25
PROXECTOS No proxecto PLÁSTICA BILINGÜE, o alumnado de 6º de Primaria, e tamén o de 5º, logo de investigar sobre Pablo Picasso, a súa vida e obra, reproduciu algúns dos seus traballos artísticos cos que se organizou unha Exposición no recibidor do colexio.
Outra actividade consistiu en coñecer a Técnica Dripping e polo tanto investigar a un pintor famoso por usala nas súas pinturas: Jackson Pollock. Os pasos na investigación foron: Busca de información en Internet; debuxar un cadro usando esta técnica nunha webside. Finalmente o alumnado converteuse en artista e fixo colectivamente o seu propio “Number 5”.
Os alumn@s de 5º e 6º utilizaron diversas técnicas e fixeron verdadeiras obras de Arte…
OS alumn@s de plástica bilingüe utilizando as Tics para os seus traballos
26
VISÍTANNOS “Ciencia divertida: Vivir en saúde na escola”. O martes, 18 de novembro, desenvolveuse o Obradoiro formativo para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria no que se lles ensinou aos cativ@s, de forma divertida e interactiva, claves para vivir en saúde: aprenderon cos “Alimentos saltaríns” a orixe dos compoñentes da nosa dieta; co “Menú disparatado” prepararon un almorzo saudable; a Pirámide da alimentación e a Roda dos alimentos axudáronlles a coñecer os distintos grupos e as cantidades que se deben tomar cada día para estar sans; e, por último, coa actividade “Movemento e saúde” déronse conta da importancia de practicar a diario uns minutos de exercicio físico.
Vive nunha piña no fondo do mar…BOB ESPONJA…
27
VISITAMOS
En primeiro lugar puxéronnos un video sobre o choco e despois percorrimos unha exposición sobre este animal tan “redondelán”.
Despois demos unha volta polos postos.peixerías,froiterías…
En Outubro realizamos un percorrido guiado pola salas de exposicións con obras de pintores e escultores galegos. Tamén realizamos un taller de coloreado. Ademais coñecemos a motivadora historia da mascota “Pintafontes” .
O 20 de Decembro, en Pontevedra, asistimos á estrea cinematográfica da película “Os pingüíns de Madagascar”. Así os nenos de Infantil e os do primeiro Ciclo implicáronse no proxecto da biblioteca gracias ao contacto coa séptima Arte .
28
O 27 de Febreiro, os nen@s de 4 e 5 anos asistiron ao espectáculo “XOGOS MUSICAIS” a cargo de Luis Prego que tivo lugar no multiusos de Chapela
29
VISITAMOS
OS TÍTERES
Os nen@s de Infantil e primeiro ciclo de Primaria asistiron, a finais de Maio ao“Festival Internacional de Titeres de Redondela”. Os nen@ de Infantil viron a obra titulada: ” Un gallo en el tejado” no multiusos da Xunqueira e os nen@s de primeiro ciclo asistiron ao Multiusos de Chapela para disfrutar da obra:”As fabas máxicas”. Como sempre foi ESPECTACULAR!
Ao rematar o espectáculo do Festival os nen@s de Infantil fixeron un percorrido cultural pola vila de Redondela para así afianzar os seus coñecementos sobre as súas tradicións. Así, foron ver unha exposición sobre a Coca na Biblioteca da Xunqueira, as esculturas das Penlas e por último o “grafitti” donde está Benito e a Coca. Pasárono de medo!!!
30
O terceiro ciclo de Primaria participou nun concerto didáctico titulado “Cadros dunha exposición” de Mussorgsky, o día 11 de Decembro, no Conservatorio Superior de música de Vigo.
Os alumn@s do terceiro ciclo de Primaria viaxaron ata a Coruña para realizar a ruta dos Museos o día 14 de xaneiro.
O día 5 de xuño, o alumnado de 3º, 4º e 5º de E.Primaria visitou o monte da Peneda para observar a paisaxe da nosa contorna e despois coñeceu os xardíns e o Castelo de Soutomaior. 31
EXPOSICIÓNS
32
EXPOSICIÓN “PINTANDO AS ARTES” Coa fin de coñecer pintor@s galeg@s, cada clase escolleu un artista que pintou, nalgún intre da súa obra, algunha Arte: a pintura, música, cine, danza, teatro… O alumnado fixo reproducións de cadros de Xavier Dopazo, Maruxa Mallo e Leandro Lamas, de forma colectiva en Infantil e de Mª Luisa Novais, Sabela Baña, Mario Granell, Quique Bordell, Luis Seoane e Jorge Peteiro, individualmente, en Primaria; investigando previamente sobre cada un eles.
EXPOSICIÓN “PEQUENOS GRANDES PINTORES” Expuxéronse moitas das obras feitas polos alumn@s do primeiro ciclo de Primaria nos seus proxectos.
EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS A modo de esculturas, elaborados con todo tipo de materiais de reciclaxe. Contamos con instrumentos de percusión (baterías, tambores, maracas, zambombas, castañuelas…); de vento (frautas, saxofóns…) e de corda (guitarras, violonchelos, arpas…). Deste xeito recordamos a necesidade de reutilizar e conmemoramos o Día do Medio Ambiente. 33
EXPOSICIÓNS
TAMÉN SE FIXO UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O ARO GUÍA DESTACANDO ASPECTOS COMO: A SÚA ORIXE, A SÚA HISTORIA, CURIOSIDADES….
34
NOVAS DO COLEXIO
A principio deste curso fixemos una importante compra de xoguetes para o patio de Educación Infantil. Estreamos palas, rastrillos, cubos, camións, carretillas.... Ademais enchemos de area o areeiro.
En Xaneiro a profe de P.T Mónica gañou o 2º premio do III Certamen de Innovación Educativa “Escola Viva” que se leva a cabo para recoñecer a labor dos docentes que realizan experiencias didácticas innovadoras nos seus centros. O seu traballo, titulado “Construíndo a aprendizaxe” centrábase no seu traballo cos nenos do cole. Este traballo ten como fundamentacións técnicas básicas a escolas e autor@s tan prestixiosas como Rebeca Wild, María Montessori, Jean Piaget, Pedagoxía Sisitémica, a Educación en Verde, as Escolas da Reggio Emilia e o Land Art. FELICITACIÓNS MÓNICA!!!!!!
O Equipo de Infantil en colaboración coa Biblioteca gañou un dos premios do I Concurso de Traballos por Proxectos, que recollía as experiencias desenvolvidas no curso 2013/2014 arredor das “Pegadas do home na Historia”. Déronnos 1300 € que gastamos en: * materiais para a Biblioteca * editar a Guía “Festas en Redondela: un achegamento didáctico para escolares”. NORABOA OS MESTRES!!! 35
NOVAS GALEGAS
36
INTERNACIONAL
O NOSO COLE TAMÉN SAE NOS XORNAIS!!!! Este ano saímos na sección que adica o xornal Faro de Vigo ás escolas galegas, “A Escola do Faro”. En concreto saímos dúas veces, unha en Outubro polo Samaín e outra en Xuño polas Exposicións levadas a cabo no centro.
37
ONDIÑAS VEÑEN E VAN… COMO CADA ANO, A REVISTA “AS NOSAS COUSAS” DALLES A BENVIDA A TODOS OS NENOS E NENAS QUE SE INCORPORARON Á AULA DE 3 ANOS. BENVIDOS!!!!!
O VINDEIRO CURSO,@S PEQUEN@S DA CLASE DE 5 ANOS COMEZARÁN PRIMARIA. ADEUS AO MANDILÓN E NORABOA Á SÚA MESTRA SUSANA!!!!
38
@S PROFES TAMÉN FORON NEN@S ADIVIÑA!
HAI ALGÚN@ QUE SE SACA PERO OUTROS…
39
CEIP PORTO CABEIRO CURSO 2.014 - 2.015