CEIP PORTO CABEIRO 2013/2014
ÍNDICE_______________________________ * Editorial_______________________________3 * Celebracións___________________________4 * Visítannos_____________________________9 * Visitamos_____________________________12 * Biblioteca_____________________________17 * Deportes e Torneos ____________________28 * Exposicións___________________________30 * Novas________________________________32 * Proxectos_____________________________36 * Pasatempos___________________________38
___________________________EDITORIAL
3
CELEBRACIÓNS______________________
4
______________________________________
5
CELEBRACIÓNS______________________
6
______________________________________ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
E.I 3 anos: “O corpo”
Díaz Castro foi un dos poetas máis importantes da Galicia do S. XX. O seu poemario “Nimbos” fala da sociedade e da natureza galegas.
Vivíu a maior parte da súa vida en Madrid, e adicouna á tradución, pois dominaba máis de 11 idiomas: inglés, francés, alemán, noruegués, finlandés, sueco, éuscaro, ruso...
E.I 4 anos: “O paraugas do Xosé”
E.I 5 anos: “Caminho de Viseu”
1º E.P: “A primavera xa chegou”
7
CELEBRACIÓNS______________________
2º E.P: “Adiós Nilo, adiós deserto” 3º e 4º E.P: “Erase unha vez a idade media...”
6º E.P: “Ao Compás dunha muñeira”
5º E.P: “Lendo a Díaz Castro”
8
__________________________VISÍTANNOS M A N U E L
Manuel Ledo, un amante da arqueoloxía, cedeunos unha das súas reproducións de petróglifos para expoñela no recibidor do colexio, e tamén impartiu en Educación Infantil un Obradoiro sobre Arte Prehistórica.
L E D O
Os nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria tiveron un encontro co escritor Xosé Manuel Glez. “Oli” que contou os seus libros: “O pirata Pata de Lata”, “Artur”, “Once damas atrevidas”… Tamén asinou exemplares de “Leocadio, o león”.
Encontro de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria co escritor e ilustrador Abraham Carreiro, autor de: “Estudios Tex” e “Xoeliki”. Contestou a preguntas sobre o seu proceso creativo e asinou os libros do alumnado e o Libro de Honra da Biblioteca. 9
VISÍTANNOS__________________________ O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiu a unha sesión do Conta contos Iago, que narrou as historias: “O señor corpo quere xogar” e “O aprendiz do home do saco” interactuando co seu público.
Jesús Estévez e Eugenia Victoria, contaron aos cativos de Infantil historias de dinosauros, apoiadas con imaxes, e introducíronos no mundo da Paleontoloxía: útiles, ferramentas, métodos de traballo e de escavación. Fixeron unha demostración práctica ante a atenta mirada do público infantil.
10
______________________________________ TIRO CON ARCO NO NOSO COLEXIO
Froito da colaboración entre as Bibliotecas Escolares de Redondela puidemos participar en Ponte nas… Ondas! cun programa de radio. O alumnado de 6º aproveitou a visita ao colexio dun dos maiores amantes da arqueoloxía e defensores do noso patrimonio, Xosé Lois Vilar Pedreira, do “Instituto de Estudos Miñoranos”, para facerlle unha entrevista e incluíla no programa.
O día 30 de Abril visitounos co Colexio Juán M. Vila Mao, adestrador Nacional de Badminton e adestrador do Club Rachaplumas. Con el os alumnos de 4º e 5º traballamos Bádminton.
Este ano tamén contamos coa visita de Alfredo Amoedo, arqueiro profesional que nos explicou os tipos de arcos, como se apunta e como se tira.
Charla previa á saída ao CUVI pola xornada de Deporte Escolar. Foi impartida polos organizadores no salón de actos. 11
VISITAMOS___________________________
12
______________________________________
Os nenos de 5 anos, 1º e 2º de Educación Primaria acudiron ao Multiusos da Xunqueira para ver a obra “Os Tres Porquiños”. Pareceulles moi divertida e participativa, e ao final fixeron unha foto no escenario cos actores.
13
VISITAMOS___________________________
Os nenos e nenas de 3º e 4º visitamos a illa de San Simón, e despois asistimos a unhas charlas informativas no novo Museo Meirande.
O venres 9 de Maio os nenos e nenas de 5º de primaria fixemos unha excursión xunto cos alumnos do colexio do Carballal ao pavillón do Manuel Antonio en Vigo. Primeiro os dous colexios fixemos unha foto e explicaronnos como iamos xogar, os coordinadores dixeron as fases de grupos, xogamos e sudamos moito . Despois, seguimos xogando ata chegar á final que a gañou o noso compañeiro de clase Brais Castro González. Ao finalizarse o tempo despedímonos e volvimos ao colexio.
14
______________________________________
15
VISITAMOS___________________________ O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITOU A HÍPICA, E DENDE ESE DÍA OS CABALOS SERÁN SEMPRE OS NOSOS AMIGOS. FOI MOI DIVERTIDO!
OS FUTUROS ALUMNOS DO IES PEDRO FLORIANI FORON VISITAR O SEU FUTURO CENTRO E TAMÉN PARARON EN RADIO REDONDELA
@S PEQUEN@S DE ED. INFANTIL AGARDARON A CHEGADA DO BO TEMPO PARA FACER UNHA SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE PONTEVEDRA. ALÍ APRENDERON ESTE FANTÁSTICO OFICIO E SE PUIDERON DAR UN BAÑO DE ESCUMA!
16
__________________________BIBLIOTECA SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS: MESTRES, COLABORADORES E ALUMNADO Estas sesións queren dar a coñecer o funcionamento da nosa Biblioteca difundindo todos os seus recursos e o noso Blog “Un libro, dous libros, tres…”. Ao tempo facemos un repaso polas actividades máis significativas (Mochilas Viaxeiras, Hora de Ler, Guías de Lectura, Exposicións, Visitas de escritores e de contacontos…); lembramos as normas de uso, as condicións para os préstamos dos libros, tanto para o alumnado como para as aulas; incidimos na existencia de quendas para usar os ordenadores e escoitar música… Son sesións moi prácticas cando comeza o curso para refrescar a memoria!
O PRÉSTAMO EN INFANTIL En Infantil o préstamo de libros para ler en casa faise nas sesións de Biblioteca de cada unha das aulas. Este curso 2013-2014 os máis cativ@s estrearon as Bolsas da Biblioteca para levar as súas casas as historias máis marabillosas moi, pero que moi protexidas.
17
BIBLIOTECA__________________________ “A HORA DE LER” Todo o colexio, ao mesmo tempo, fai “A Hora de ler”, quince minutos diarios, de 12: 00 a 12: 15 h, nos que alumnado e profesorado gozan da lectura Pódense ler libros da Biblioteca de Aula ou do Centro, ou traer dos que teñen na casa. Por iso se pide a colaboración das familias para que cada neno/a traia un ou varios libros ao colexio
MARATÓN DE LECTURA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS Ao ser “Tralas pegadas do Home na Historia” o Proxecto da Biblioteca para este curso fixemos un Maratón de lectura con materiais desta temática.
18
______________________________________ MOCHILAS VIAXEIRAS O 8 de novembro as nove “ Mochilas Viaxeiras ”, unha por aula, saíron de viaxe para chegar ás casas do alumnado. Levaban moitas sorpresas: libros dos itinerarios lectores, do tema do Proxecto, de consulta e de aventura, de inglés; banda deseñada; revistas e mascotas para que os nen@s compartisen a lectura coas familias. Tamén consellos para contar contos e un “Diario Viaxeiro” onde escribir opinións.
CELEBRANDO O DÍA DE ROSALIA O 24 de febreiro é o “Día de Rosalía de Castro” e para conmemoralo organizamos audicións de poemas musicados de Rosalía de Castro: nos recreos, nas “Horas de ler” ou nas sesións de Biblioteca de cada curso. Previamente fixeramos unha selección de lecturas, para poder ler e coñecer a súa obra. Logo, alumn@s e mestr@s, escribiron nunha ficha os seus versos preferidos de Rosalía para con todos compoñer un álbum.
19
BIBLIOTECA__________________________ EN MARZO CELEBRAMOS OS DÍAS DA MULLER E DA POESÍA Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora na Biblioteca fixemos unha selección de lecturas relacionadas coa temática. Ademais, como o noso Proxecto estudaba o paso da humanidade pola historia, decidimos escoller mulleres representativas de cada época e elaborar entre todas as aulas un Power Point que titulamos Tralas pegadas de mulleres históricas: • Lucy Australopithecus e Ardipitecus Ramidus, na Prehistoria; • Agnódice, en Grecia; • Hatshepsut “A Faraona” e Cleopatra VII, en Exipto; • Dona Urraca e Trotula de Salerno, na Idade Media; • Mary Wollstonecraft, na Idade Moderna; • Clara Campoamor, na Contemporánea. Proxectámolo toda a mañá no recibidor e subímolo á Páxina Web do colexio, así como ao Blog da Biblioteca.
Para celebrar o Día da Poesía editamos un Marca páxinas co título “Galicia é Poesía”. Foi repartido entre alumnado e profesorado, para homenaxear á mellor poetisa galega, Rosalía de Castro e ao poeta Xosé Mª Díaz Castro, ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Todos axudamos lendo, escribindo e recitando estes poemas.
20
______________________________________
A temática do proxecto PLAMBE deste ano foi a historia da humanidade. Coa celebración do “Día das Bibliotecas Escolares”, organizamos unha Exposición que tiña como temática de fondo o tema do Proxecto, e dividímola en dúas partes: • “MATERIAIS DE CONSULTA” con libros, revistas, vídeos, DVDs… onde buscar información para saber máis. • “CREACIÓN LITERARIA” con contos, relatos e historias de todo tipo sobre o paso do home polo tempo. Cada un dos dous apartados incluía materiais para todas as idades, dende infantil a 6º de Primaria.
21
BIBLIOTECA__________________________ UNHAS EXPOSICIÓNS CARGADAS DE HISTORIA
“Pintando a Historia”, organizada polo E.D.L.G. na que colaborou a Biblioteca. Coa fin de coñecer pintor@s galeg@s, cada clase escolleu un artista que pintou, nalgún intre da súa obra, tesouros patrimoniais elaborados polo home, etapas da historia, inventos, descubrimentos… O alumnado fixo reproducións de cadros de Antón Patiño, Eugenio Granell, Antón Pulido, Menchu Lamas, Urbano Lugrís e Jorge Cabezas, investigando sobre os mesmos.
22
______________________________________ Exposición de reciclaxe, realizada en colaboración co EDLG, con esculturas construídas con todo tipo de materiais de refugallo. Contamos con figuras que lembraban todo tipo de momentos da historia: a prehistoria e descubrimentos como o lume; a época dos exipcios, coas pirámides; dos romanos e edificios emblemáticos como o Coliseo; a Idade Media, con castelos; e etapas máis contemporáneas, con reproducións de variados inventos como o teléfono, o ferrocarril, as naves espaciais, os ordenadores…
MURAIS CON MOITA HISTORIA No recibidor do colexio colocamos dous Murais, “O Home na Historia” e “O tren da Historia Humana”, así toda a Comunidade Educativa podía observalos nas súas visitas ao Centro. Os Murais, feitos polos cursos de 6º e 2º de Primaria, respectivamente, contaban con fotos e ilustracións acompañadas de explicacións sobre as diferentes etapas da Historia e os feitos máis importantes delas.
23
BIBLIOTECA__________________________
EXPOSICIÓN “LER CIENCIA NA BIBLIOTECA”:O lema é: “Ler Ciencia na Biblioteca Escolar”, por iso organizamos unha Exposición con diversos materiais de ciencia: matemáticas, bioloxía, corpo humano, planeta Terra e Sistema Solar, investigador@s importantes e os seus inventos, propostas de experimentos… Ao tempo repartíronse marcapáxinas e chapas co lema LER CIENCIA, cortesía da Asesoría de Bibliotecas.
“Libro a libro, letra a letra” é o título do Dicionario de libros que confeccionamos entre todas as aulas do colexio, baixo a coordinación da Biblioteca e en colaboración co EDLG, editado en formato papel e dixital. Cada letra do abecedario galego correspóndese coa inicial do título dun libro, do que se fai unha ficha contestando a tres preguntas: Quen é o protagonista?, Que sucede? e, por último, Como remata?
Os Apadriñamentos Lectores dan a coñecer a variedade editorial da nosa Biblioteca ao tempo que pretende fomentar a lectura entre nenos e nenas. Esta actividade pódese facer colaborando entre os cursos, compartindo as historias. Chamámoslles “apadriñamentos lectores” colectivos. 24
______________________________________ COMO CADA ANO, TODOS OS CURSOS PARTICIPAMOS CO PROXECTO DA BIBLIOTECA CON TRABALLOS E MURAIS
En Educación Infantil escolleron a Prehistoria como tema para traballar o paso do home pola Historia, empezando polos dinosauros. Reproducíronse covas prehistóricas ambientadas con debuxos, lanzas, machadas… En 1º de Primaria o tema de estudo foi Roma e a mestra elaborou unha Presentación en PDF sobre o tema cuxo personaxe motivador era Marcus, recollendo aspectos como a fundación da cidade, as vivendas e os edificios máis representativos, a vestimenta, as clases sociais, os deuses, os mosaicos, os números romanos…
O alumnado de 2º de Primaria traballou Exipto. Colocaron Murais, Exposicións e maquetas onde se recollían: mapas, paisaxes, os animais máis importantes para os exipcios; o Río Nilo; os Imperios; os faraóns; as xentes e o seu xeito de vida (costumes, casas, vestimenta, comidas…); os Deuses; os monumentos; a escritura xeroglífica e os números exipcios…
25
BIBLIOTECA__________________________ O alumnado de 3º e 4º de Primaria pescudou, sobre a Idade Media: a sociedade e os estamentos; os reis, bispos, monxes, cabaleiros, campesiños; as cidades; inventos curiosos; o castelo; o Camiño de Santiago… Fixeron Álbums, un Mural con explicacións escritas e debuxos feitos polo alumnado e a reconstrución dun castelo medieval nunha maqueta construída con tapóns de cortiza. Ambos cursos, 3º e 4º fixeron unha actuación conxunta no Festival das Letras Galegas, disfrazándose de distintas personaxes medievais, e explicando ao público aspectos da época.
O alumnado de 6º de Primaria, empregando os recursos da Aula Abalar, realizou diversos traballos de investigación plasmados nun grande Mural, co título: “Xa non podemos vivir sen eles” que con todo tipo de ilustracións, debuxos e textos, explican e recompilan multitude de inventos, seguindo a liña do tempo, dende 1.800 ata a actualidade. Todos estes inventos fixeron a vida das persoas moito máis cómoda: a lámpada, a anestesia, a carreira espacial, os ordenadores, o motor de combustión, os móbiles…
26
______________________________________ En Educación Física o alumnado de 5º e 6º de Primaria, usando os recursos Abalar, fixeron varios traballos. - Os nenos e nenas de 5º elaboraron unha investigación sobre o xadrez na historia: variantes, pezas do xadrez (os seus nomes e significado); lendas sobre a orixe; os primeiros libros de xadrez; coleccións de selos co xadrez como motivo; a anotación alxébrica das casiñas do taboleiro… Coa información fíxose unha Exposición. - O alumnado de 6º, usando os ordenadores da Aula Abalar, fixo un traballo de investigación sobre os peóns ao longo da historia, dende as súas orixes ata hoxe en día. Como resultado se montou unha Exposición de peóns decorados polo alumnado co título “O trompo na Historia”. - Tamén en 6º buscouse información para coñecer o tiro ao arco na historia: a súa orixe; os tipos de arcos, frechas e dianas; o regulamento como deporte olímpico e paraolímpico… Coa información fíxose una Exposición co título “O arco na historia”.
“FESTA DO LIBRO” EN ABRIL, CON ACTIVIDADES VARIADAS: - Exposición na Biblioteca de libros de Mafalda, para conmemorar o seu 50 aniversario e de “Das cousas de Ramón Lamote”, no seu 30 aniversario. Tamén de Abraham Carreiro e de “Oli”, con ocasión das visitas organizadas pola Biblioteca. - A nivel de aula, confección de Marca páxinas, con motivos relacionados co Proxecto da Biblioteca.
HORA DO CONTO EN ED. INFANTIL
27
DEPORTES E TORNEOS________________
UN DOS TORNEOS MÁIS ANTIGOS DO COLEXIO É O DE XADREZ. CADA VEZ AS COMPETICIÓNS ESTÁN MÁIS REÑIDAS E A TENSIÓN SE PALPA NO AMBIENTE. MENOS MAL QUE OS ÁRBITROS NON PERDEN DETALLE E O XOGO LIMPO SEGUE SENDO UNHA MÁXIMA!
GAÑADORES: 1º: DAVID SANTOS 2º: YOEL 3º: MARCOS 4º: JOEL 5º: ALFONSO 6º: ANDRÉS GAÑADORES: 1º: ----------2º: DIEGO 3º: RAÚL 4º: DANIEL 5º: BRAIS 6º: VÍCTOR
28
______________________________________ CAMPIONATO DE EDUCACIÓN FÍSICA E TORNEO DE GOMA CELEBROUSE O CAMPIONATO DE GOMA, NO QUE PARTICIPOU O ALUMNADO DE PRIMARIA CON EQUIPOS COMO: “BOLBORETAS”, “O CORAZÓN DO CARBALLO”, “OS ARCO DA VELLA”, “ A COBRA TOLA”, “AS FARAONAS DO ANTIGO EXIPTO”, ETC... GAÑADORES: 1º: Xoaniñas e Bolboretas 2º: As Aguias 3º: Os tigres, As Raias, España 4º: Os gañadores, Os felinos 5º: Celba 6º: Chupipandi
NO CAMPIONATO DE EDUCACIÓN FÍSICA, COMPÍTESE EN VARIOS DEPORTES: - O ALUMNADO DE 2º CICLO DE ED. PRIMARIA XOGOU O XII CAMPIONATO DE FÚTBOL, CORDA E BRILÉ. - O ALUMNADO DE 3º CICLO DE ED. PRIMARIA XOGOU O XIII CAMPIONATO DE FÚTBOL, HOCKEY, BRILÉ E CORDA.
29
EXPOSICIÓNS_________________________ AO LONGO DO CURSO, O COLE SEMPRE MOSTRA PARTE DOS TRABALLOS QUE OS NENOS E NENAS FAN A DIARIO NAS CLASES MEDIANTE FERMOSAS EXPOSICIÓNS TODOS PARTICIPAN E OS RESULTADOS SEMPRE SON ESTUPENDOS. OLLADE ALGUNHAS! La Blanca Paloma My Family
PEACE
O Antiguo Exipto
O Dino de Infantil
Welcome Spring 30
______________________________________ Architecture throughout History
Sacred Animals Of Ancient Egypt
Rock Art, Arte prehist贸rica
M谩scaras Gregas
Middle Ages
Exposici贸n de Xadrez
31
NOVAS_______________________________ NO MES DE MAIO CELEBRAMOS A SEMANA DO CINE, COA PROXECCIÓN DUNHA PELÍCULA EN GALEGO PARA CADA CICLO. ESTA ACTIVIDADE SE REALIZA NO SALÓN DE ACTOS, E SOAMENTE SE BOTAN EN FALTA AS PALOMITAS! AS PELÍCULAS ESCOLLIDAS PARA ESTE ANO FORON:
32
______________________________________
33
NOVAS_______________________________
34
______________________________________
35
PROXECTOS__________________________
PLÁSTICA BILINGÜE O 6º CURSO DE PRIMARIA, COMO XA VEN SENDO NORMAL NOS ÚLTIMOS CURSOS, REALIZOU AS SÚAS ACTIVIDADES DE PLÁSTICA EN INGLÉS COA AXUDA DA PROFESORA TANA. ADEMÁIS COLABORARON COA BIBLIOTECA CREANDO O LIBRO:”TELLING STORIES AT THE LIBRARY”
O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARTICIPOU NO PROGRAMA PONTE… NAS ONDAS! EMITIDO EN RADIO REDONDELA. TAMÉN PARTICIPARON NO CONCURSO DE CIENCIAS XULIO VERNE CONVOCADO POLO CONCELLO DE REDONDELA PRESENTANDO OS SEUS CIRCUITOS ELÉCTRICOS. LEVARON O 1º E 2º PREMIO. PARABENS!!!!!
PROXECTO MÓVETE +, GALICA SAUDABLE
O 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA SEGUE INMERSO NO PROXECTO DAS AULAS ABALAR. VISITÁDEOS NO ENDEREZO: http://cabeiroabalar.blogspot.com 36
______________________________________ COMO CADA ANO, A REVISTA “AS NOSAS COUSAS” DALLES A BENVIDA A TODOS OS NENOS E NENAS QUE SE INCORPORARON Á AULA DE 3 ANOS. BENVID@S!!!!
O VINDEIRO CURSO, @S PEQUEN@S DA CLASE DE 5 ANOS COMEZARÁN PRIMARIA. ADEUS AO MANDILÓN, E NORABOA Á SÚA MESTRA ESTER!!!
37
PASATEMPOS_________________________ ATOPA AS 7 DIFERENZAS
SOPA DE LETRAS: ATOPA 12 ANIMAIS
UNE OS PUNTOS
ADIVIÑA
Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.
Solución á sopa de letras
38
______________________________________ @S PROFES TAMÉN FORON NEN@S ADIVIÑA! 1
2
3
4
45
6
7
8
39
CEIP PORTO CABEIRO CURSO 2.013 - 2.014