Este é un libro infantil que narra o pasado da xente que habitou Vimianzo, percorrendo as etapas máis relevantes da súa historia, dende o neolítico ata os nosos días, a través de 20 ilustracións e 20 textos. Trátase de representar fielmente os escenarios, o patrimonio e os acontecementos polos que pasaron estas persoas, facendo énfasis nun traballo previo de documentación que lles aporte realismo e as faga máis cercanas axs lectorxs.
Ilustracións e deseño da edición: Rubén Rial.
Textos: Manuel Rial (Técnico Municipal de Patrimonio do concello).
Encargo feito para o Concello de Vimianzo.
Versión en papel impresa pola Deputación da Coruña.