Proxecto 1ª de Bacharelato
Deseño de
biombo / peche / cancela DebuxoTécnico 2013/2014
● Concepto do proxecto. Pensarase a biombo como froito dunha reflexión sobre as formas xeométricas e corpos xeométricos basicos, e as súas posibles transformacións no espazo. Os conceptos xeométricos impartidos na aula, así como a representación gráfica adquirida no curso serán algúns dos pilares básicos nos que deberás basearte para a realización do deseño. Non esquecer o concepto de Módulo repetitivo como elemento conformador do producto a deseñar, podendo ser unha forma ou a combinación de varias as que se repitan e constuian o biombo / peche / etc. Folga dicir que a inspiración non ven da nada, e nese sentido a investigación via internet ou outros medios visuáis (revistas, libros de deseño...) é fundamental.
● Bocetos previos. Realización de bocetos a man alzada buscando o análixe de formas e a súa combinación. Desenvolver diferentes conceptos e ideas. Non esquecer que o concepto ten que vir acompañado da función, e ao mesmo tempo cumprir coa súa menxase estética. Tes que baixar ao papel as ideas que van tormando corpo no teu maxín. Nun primeiro momento déixate levar e que o lápiz debuxe formas, poco despóis empeza a pulir a idea. Algo irá saíndo. Recorda que debes ter en conta a viabilidade do proxecto tanto no debuxo dos seus planos no sketchup (ou debuxados) como na realización da maqueta.
● Panel de información. Formato: Tamaño Din A∙3 Orientación Vertical. Debe figurar o nome comercial do producto, (biombo/peche/etc). Vistas acoutadas; planta alzado y perfil. Perspectiva isométrica ou similar. Se se deseña co Sketchup, diferentes variantes con diferentes texturas, materiais, colores...
(como aparece en varios dos paneis que vos poño de exemplo). Información sobre o producto; Sobre a súa xénese, posibilidades de composición, diferentes formatos, diferentes materiais, etc. Representación infográfica da perspectiva do biombo/peche introducida nunha imaxe dun espazo real interior ou exterior (fotomontaxe). Edición cun programa de maquetacíón.(o inkscape é software libre e é moi bo).
● Maqueta. Realización da maqueta da estantería a escala 1:10 Contemplar os grosores dos materiais de realización para que realmente queden ben reproducidos á escala utilizada (E.1:10). Exemplo un milímetro de grosor na maqueta representa un cm. na realidade.
● Suxerencias de materiais: Madeira de Balsa; Grosores normalizados. Cartón Pluma, (pódese mercar entre varios) Plachas de DM (Tablero de alta densidad). Grosor fino. Madeiras de contrachapado. Grosor fino. Madeiras recicladas das caixas de froitas. Planchas de acetato transparente/blanco/colores. Arame. Fíos. Lixa de grano fino, e medio. Cutter con recambios novos. Regla, escala, escuadra cartabón. Pegamento de tubo rápido. Pegamento tipo loctite. Cola de carpintero, Cola Blanca. Tinte, barniz, pintura, sprays Outro tipo de materiais xa fabricados como se foran elementos a outra escala, (por exemplo: imaxina que fas un biombo con botóns xigantes; na maqueta serían botón reais).