Como facer e expoñer un traballo traballo

Page 1

COMO FACER UN TABALLO MONOGRテ:ICO

CEIP a PONTE


3ºCICLO

EXPOÑER POR ESCRITO A INFORMACIÓN ORDENADA SOBRE UN TEMA

1. DECIDIR O TEMA: •

Seleccionar libros, revistas… páxinas web, vídeos..

2. ¿QUE QUERO SABER? •

Buscar información en enciclopedias, diccionarios, libros, Internet…

• Seleccionar a información importante.

3. LER E COMPRENDER: • Ler parágrafos enteiros. • Se non comprendes unha palabra, utiliza o dicionario. • Se despois destes pasos non comprendes, pregunta.

4. TOMAR NOTAS SOBRE: • •

Que queres saber? Onde o atopaches ? Anota só as palabras importantes. Non copies literalmente, exprésao coas túas propias palabras as informacións que obtiveches.

Elabora un esquema previo. Fago un primeiro borrador. Despois de correxir o borrador, fas a redacción definitiva.


5. REDACTAR O TEXTO E ENGADIR IMAXES OU DEBUXOS Lendo as notas que tomaches, redacta os distintos apartados. Tal vez necesites volver a consultar e tomar máis notas. •

Non utilices termos ou conceptos demasiado técnicos.

Constrúe frases curtas.

• Cada parágrafo debe corresponder cunha idea. •

Debes espaciar as liñas para facilitar a lectura. Os folios escríbense só por unha cara.

A letra cursiva, o subliñado ou a negrita so debes usala nos seguintes casos: títulos de libros, poesías, películas, cancions, palabras estranxeiras, frases ou palabras que queiras destacar…..

6. ORDENA A INFORMACIÓN RECOLLIDA

¿Qué apartados terá o teu traballo?

En termos xerais, un traballo escrito deberá conter por esta orde: portada, índice, introducción, corpo central, conclusión, bibliografía e anexos (opcional). a. PORTADA A portada é a mostra do teu traballo. É a primeira imaxe que xurde asociada ó teu traballo e non esquezas que a primeira impresión conta moito. A portada pode ser sinxela (só cos elementos esenciais: nome do centro escolar, título do traballo, nome da disciplina, identificación do alumno/a – nome, curso e número– e data) ou pode conter deseños, gravados ou fotografías alusivas ó seu contido.


b. ÍNDICE Presenta unha listaxe con numeración de todos os títulos e subtítulos que utilizaches ó longo do traballo. Debes indicar a páxina correspondente a cada un dacordo coa paxinación xeral do traballo, que se inicia no índice coa páxina 1.

c. INTRODUCCIÓN Na introducción infórmase ó lector sobre o tema que se vai tratar e como se vai a tratar. Podes tamén facer alusión ós motivos que che levaron a escoller ese tema, ás dificultadas atopadas para investigalo e ás vantaxes de estudiar ese asunto, así como outras informacións que consideres importantes.

d. CORPO CENTRAL O corpo do traballo é a súa parte central. Telo que escribir tendo en conta as informacións recollidas. Podes ilustralo con fotografías, esquemas gráficos…

e. CONCLUSIÓN É o final do traballo. Debe ser breve e nela faise unha síntese ou resumo do tema do que se falou anteriormente.

f. ANEXOS (OPCIONAIS) Os anexos poden ser mapas, gráficos e outros documentos. Serven para


complementar e fundamentar as afirmacións feitas ó longo do traballo.

7. PRESENTACIÓN DO TRABALLO É moi importante a presentación. Amosámosche aquí como podes usar un procesador de textos.

A. O ENCABEZAMENTO E O PE DE PÁXINA Estes elementos son utilizados para identificar as páxinas do teu traballo. En xeral no encabezado colocase o nome do traballo e no pe de páxina , a data e o nº de páxina.

B. PAXINACIÓN É o nº de páxina. Non ten en conta a portada nin o índice. O nº de páxina pode ser inxerido en calquera dos bordes da folla, sendo o máis utilizado no borde inferior dereito.

COMO INXERIR O Nº DE PÁXINA? Clicar en inxerir nº de páxina.

C. TAMAÑO DE LETRA Debes empregar tipos de letras simples, como Arial, Times New Roman etc. e de tamaño 12. Emprega a letra cursiva, o subliñado ou a negrita para destacar determinadas palabras sobre as queiras chamar a atención, pero non abuses deste recurso.

D. ESPACIADO ENTRE LIÑAS Se as liñas están moi xuntas, impedirá unha lectura cómoda. O ideal é un espaciado de entre liñas de 1,5.

Como formatear o espaciado?


Clica en formato e despois en parágrafo

E. MARXES É preciso ter moito coidado coas marxes. O lado esquerdo da folla debe ter espazo suficiente para a encuadernación. Clica en arquivo, configurar páxina, marxes

8. ANOTO A BIBLIOGRAFÍA : Para

redactar

o

listado

coa

bibliografía

empregada deberás indicar por esta orde os seguintes aspectos, separados por comas: primeiro apelido do autor, en maiúsculas, seguido de coma e do nome propio en minúscula (CELA, Camilo José).O título da obra en cursiva ou subliñado: CELA, Camilo José, A familia de Pascual Duarte,

Si foi sacada dunha páxina web, podes poñer directamente o enlace.

Agora só che falta imprimir e encadernar o teu traballo.

9.

EXPOSICIÓN EN PÚBLICO.


Algunhas veces terás que explicar oralmente aos demais o que aprendiches. Para axudarche: •

Prepara un guión,

Ensaia varias veces.

Podes axudarte cunha presentación no ordenador.

Cronométrate para axustar o tempo.

... E TAL VEZ CHE FAGAN PREGUNTAS…


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.