Dia da poesia 2014

Page 1

D Í A D A P O E S ÍA 2 1 DE MAR ZO “UNHA VIAXE POLA POESÍA”

“Ti podes ser un poeta” Porque… a poesía está nos raios do sol, nas cores, nas palabras...


ACTIVIDADE INICIAL  Cada alumno responderá a pregunta : “Que é poesía?” cunha soa palabra.

 Escribirá esa palabra nun papel tamaño A5 (medio folio), que decorará ao seu gusto.  Todas as palabras colocaránse no mural:

POESÍA E...  Ao longo do mes, sempre que queiran, poden engadir unha nova palabra.

GOZAR DA POESÍA A poesía xoga coa palabra na procura da belleza. Tenta sorprender, emocionar, chegar ao máis profundo de nós.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES  Poesía na hora de ler: Empregar a hora de ler para acercarnos a poesía como texto, ao seu vocabulario, á distribución espacial, á súa sonoridade.  Dramatizar poemas, facer algún elemento sinxelo para disfrazarse.  Xogos de voz: repetir a poesía falando coma un xigante, coma un anano, tristes, aburridos, morrendo da risa, como se fora un segredo...  Facer eco a profe cando recite.  Xogar co corpo: inventar xestos, saltar coa rima, ...  Instrumentar un poema: con obxectos cotiás, instrumentos de percusión, palmas...  Traballos plásticos a partir dun poema: colorear un debuxo, realizar un mural,...  Atreverse a inventar un poema.  Recopilar adiviñas e trabalinguas, ….


RECURSOS WEB Para traballar a poesía existen na rede unha chea de recursos, destacamos:

   

https://sites.google.com/site/diapoesiarecursos/ Garabata – Poesía Infantil Poesías para niños Os calderetas descobren a poesía

Despois de ler, escoitar, gozar, sentir... a poesía, toca…

COMPARTILA. O 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, Cada alumno, seleccionará o poema que máis lle guste:  Ten que escribilo, fotocopialo, imprimilo... e decoralo ao seu gusto. Tamaño A5.  Compartilo con quen él/ela queira.

Equipo de Biblioteca 21 de Marzo de 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.