A ciencia que conta. Relatos curtos. doc

Page 1

5ยบ A e 5ยบ B


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

O COMETA DE FRANKLIN Hola, eu son a cometa que botou a voar Franklin. Chámome Vitoria e despois de que o raio me impactara enriba, recibín unha mutación xenética. Agora podo facer moitas cousas: voar eu soa, lanzar raios... e son a cometa mais poderosa, pero o mais importante é que podo reproducir a outras cometas coma min, pero tárdase moito así que quero convencer a outras cometas para que se deixen dar por un raio e así crear unha nova xeración de cometas poderosas. Xa vos avisarei se o consigo, adeus.

Iago Trigo Vázquez 5º B

A fala do sol e da lúa Fai miles e millóns de anos as estrelas estábanse decidindo que ían iluminar. Todas estaban de acordo menos o sol e a lúa, porque ela quería iluminar só ela o planeta pero non podía porque tiña pouca luz. O sol saltoulle: -Lúa como ti tes pouca luz e eu moita, porque non iluminamos os dous o planeta? -Vale pero que quede claro eu ilumino mais tempo ca ti. -Ok, pero podemos tamén facer una cousa ; haberá un tempo que se chamara outono e inverno que fará mais frio entón ti estas mais tempo e haberá outro que se chamara primavera e verán no que eu estarei mais tempo porque fará mais calor. -Vale, o que ti iluminaras chamarase día, porque tes mais luz e esí poderán facer mais cousas, e o que iluminarei eu chamarase Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

noite,porque como teño menos luz podo iluminar sen despertalos, porque se foras ti non os deixarias descansar. -Agora as horas para non equivocarnos: En primavera e verán salio as 6:00 ou 6:15 e recollereime as 9:45 ou 10:15 e ti saliras cando eu me recolla e ti recollerastecando eu salia. -E eu en outono e inverno salirei as 6:00 ou 5:30 e recollereime as 8:30 ou as 9:15 e ti saliras cando eu me recolla e recolleraste cando eu salía. Dende aquel día que puxerono en práctica non o cambiaron mais porque gustaballe moito. Andrea Abad 5º B

A TORMENTA E OS RAIOS A tormenta e os raios son dous fenómenos que están relacionados.Sabedes porque? Pois foi así: As nubes brancas e as escuras pelexábanse por decidir cales estaban no ceo ou no espazo.Un día,probaron as nubes brancas no ceo e ao día seguinte, as nubes escuras.Os raios,que estaban nas nubes escuras,viron que,ao chover,a xente escapaba as casas.E cos raios,os aparatos eléctricos non funcionaban.Como todo era ao revés nas nubes brancas,os raios e as nubes decidiron traballar xuntos polo gran parecido que tiñan.Despois,dixeron: -Nós so viremos ao ceo cando faga mal tempo,porque así,aínda que estragamos as cousas,non lle darán importancia polo mal tempo que vai. E esa é a razón pola que a tormenta e os raios están relacionados. Xavier Fernández Paradela 5ºB

AS ÁRBORES E OS SEUS CAMBIOS Fai moito, moito tempo, as árbores non cambiaban de cor, nin lles caían as follas co cambio das estacións. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Daquela, as árbores tiñan reunións mundiais cando era de noite, así, ninguén as vía. Un día, para ser exactos, o 19 de agosto do ano 724, as árbores tiveron unha delas. Ao rematar, comezaron a falar das súas vidas, ata chegar ao punto de presumir de si mesmas. Unha dicía: _ Eu son a máis fermosa de todas as árbores. E outra dicía: _ Non, porque as miñas follas son as máis coloridas de todas. Entón comezou unha gran discusión entre todas; agás algunhas coma o loureiro, a oliveira, o piñeiro silvestre, o abeto, o acivro, a sobreira, a alfarrobeira e algúnha máis. Unha fada dos bosques, que durmía tranquilamente nunha framboeseira, escoitou o barullo e espertou. Cando localizou de onde viñan tantas voces, acercouse, e dixo: _ Que é o que está a pasar aquí? _ Que están discutindo porque todas din que as súas follas son as máis fermosas.- Contestou un abeto que estaba a falar cunha sobreira. _ Así que é iso! Pois imos apañados!- Dixo a fada un pouco desgustada. E para que todos deixaran de discutir, tomou a palabra: _ Todas as vosas follas son moi fermosas, pero por iso non se pode discutir, e, polo voso orgullo sen sentido, como ben vos merecedes, a todas as árbores que estivestes discutindo, vos van pasar unha serie de sucesos: Cando chegue o outono, as vosas follas poranse de Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

cores alaranxados, secarán, caerán ao chan, e, na primavera, volverán medrar. Vos chamarédevos árbores de folla caduca e … Unha árbore pequecha interrompeu e dixo con fío de voz : _ Pero a faia, o abruñeiro bravo, o freixo, e todas nós seguiremos a chamarnos así, non? _ Si, pero árbore de folla caduca será o voso nome común._ Dixo a fada._E como ía dicindo, os outros chamaranse árbores de folla perenne. E así foi como sucedeu. Inés Reverter González 5º B

O QUE PENSA A MAZÁ DE NEWTON Si, son eu, a famosa mazá. Por favor chamádeme Luís que é o meu nome! Queredes saber por que caín da árbore? Espirrei e manqueime moito, moito. Entón: BUM! Newton famoso! Descubriu a gravidade ou algo así. O mérito, a verdade, foi meu. Eu, fun eu quen caeu. Non me dixo grazas e iso doéume no corazón. Son un signo, pero a min, niguén me dixo grazas persoalmente. Agora estou podrida nun recuncho. Cando me ven poñen cara de asco. Falei con outras mazás e quedamos para unha reunión. Non sei se o solucionaremos. Ademais non sei quen virá. Xa son as catro, vou marchar. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

* * * * * * * * * * ** * * * * * * * * * ** * * * * * * * * * ** * * * * * * * * * ** Reunión de mazás -Isto non poder seguir así. Luís merécese respecto, o Newtooon ese, ou como se chame. -Pero se Newton está morto! -Aínda así! Hai que atopar unha solución. -Pois o problema é que non saben a verdadeira historia da mazá, de Luís. -Podemos dicirllo. -Pero, como dis iso? Xa sabes que é un segredo. -E se buscamos a alguén, a unha persoa de confianza que llo conte a todos? Din que era familiar de Newton e que o herdou. O regulamento non o impide. -Non é mala idea. Que levanten a man as que voten a favor desta idea. Levantaron todas a man. -E, como atopamos a alguén de confianza? -Xa sei! Imos a un colexio, buscamos a un neno calquera e dicímoslle calquera cousa. Se é de confianza, non o contará. Se é un mentireiro, ninguén o crerá e pensará que soñou. Soou un aplauso. -Paréceche ben, Luís? -Perfecto! E así o fixemos. Non foi doado pero atopámolo. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

-Chámome Lucas -foi o que nos dixo-, gardarei o voso segredo. E así o escollemos. Se el é de confianza, os seus pais tamén. Entón tamén llo contaremos. Agora estou nun museo importantiiiiiiiisímo. Deica outra. Paula Baliño Rodríguez 5º B

AS FADAS DAS ESTACIÓNS Érase unha vez un bosque chamado “Florderes”, no que vivían moitos animáis. Un día catro fadas viñeron ao bosque. A primeira ía cun vestido de flores e unha coroa de pétalos; a segunda ía cun pantalón de follas secas e unha camiseta de musgo; a terceira ía cunha preciosa saia de neve e unha coroa de folerpas de neve; e a cuarta ía cun vestido de calor e de follas. -¡Eu son a fada da primavera!-dixo a primeira-. -¡Eu son a fada do outono!-dixo a segunda-. -¡Eu son a fada do inverno!-dixo a terceira-. -¡E eu, son a fada do verán!-dixo a cuarta. ¡Estamos aquí para facer que aparezan as estacións do ano!-dixeron todas. E así apareceron as estacións naquel fermoso lugar. Amaia Donguxe Larrea Rivada 5º B

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

A TORMENTA Era un día nubrado de tormenta e de repente unha nube púxose a discutir, con outra das nubes sobre se debería chover: - Eu opino que si debería chover e ademais con forza, porque así as plantas beberían. - ¡Pero inundaríase a cidade! E uns minutos despois a nube púxose a chover pero as gotas non querían saír. De súpeto, as gotas falaron: -Non queremos que chova con forza para non prexudicar ás persoas da cidade.-A demais contestaron- ¡eso, eso ! A nube cada vez estaba máis enfadada e as outras nubes estábanse separando cada vez máis e máis para deixar o derradeiro claro antes da tormenta, logo volveuse a oscurecer e empezou a chover sen forza. A xente no estaba preocupada pero cada vez chovía con máis forza. Despois parou un poco de tempo. A tormenta estaba feliz porque ao mesmo tempo chovía e había tormenta, ademáis saliu o sol e o arco da vella. Estábase a facer de noite cando e todos se foron a durmir. A nube de tormenta decidiu que chovería un pouco esa noitee e así foi. Á mañán seguiente todo estaba tranquilo; a nube de tormenta era branca e gris como a de onte, estaba tan tranquila fablando co SEÑOR SOL de que bonito día facia, cuando se lle acercou unha Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

nube de tormenta, era moi pequeña e ademáis reporteira; traballaba para a revista “La nube más famosa”, é xustamente era a que estaba falando co SEÑOR SOL. A nube respondeulle a toda clase de preguntas, como te chamas, túa cor favorita… Chegou a noite e todos se foron a durmir porque mañá tocaba traballar. Ao día seguinte tocaba día de chuvia e as nubes empezaron a descargar auga, despois tocáballe ao SEÑOR SOL e ao arco da vella. Estaba a lúa apunto de chegar e as estrelas tamén,o sol se retirábase a durmir igual cas nubes. Á mañá seguinte o SEÑOR SOL volvía a ser protagonista, as nubes estaban no cine, hoxe tocaba ceo despexado.A película estaba moi bonita nunca viran a un can salvar o mundo. O SOL púxose a falar coas nubes da película, as nubes contáronlle toda a película, pero unha das nubes estaba preocupada porque mañá tocaba día de tormenta. Ao día seguinte empezou a chover miúdo e... de repente con más forza e máis forza. Cando o reloxo marcou as 5:00 pm deixou de chover e o Sol empezou a brilar para dar un pouco de calor. De repente o Sol deuse conta de que pronto seria verán e xa non habería máis tormentas. Cando llo dixo ás nubes non se enfadaron ao contrario alegráronse. Unha dixo: choverá pero moi pouco asi non se secaran as plantas e todo será mellor para todos; o sol tamén descansara e así haberá un tempo variado. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

O Sol tiña sono así que se fue á cama, ademais estábase facendo de noite . Ao día seguinte xa verán e para inauguralo había Sol e nubes, todos estaban contentos. Fixeron un horario: os luns tocaba SOL, os martes claros e nubes, os mércores nubrado, os xoves Sol, os venres chuvia e os sábados e domingos como se queira. O domingo xa pasara, e chegou o luns , tocaba Sol, as nubes estaban de descanso para maña estar máis relaxadas, agora a noite chega máis tarde así que o Sol estaba máis tempo só, e entón estaría máis aburrido porque non tiña a ninguén con quen falar, cando chegou a noite todos se foron a durmir excepto a lúa que lle tocaba sempre as noites. Ao día seguinte era martes e tocaba nubes e claros así que o Sol xa non estaba so como o luns; as nubes e o Sol puxéronse a falar do novo número de “La nube más famosa”. Cando se deron conta xa era de noite e tiveron que ir a casa pero seguiron falando polo móbil. Á maña seguinte era mércores e tocaba nubrado, o Sol estaba tapado polas nubes e a lúa durmindo para á noite saír a facer o seu traballo. El Sol díxolle ás nubes: _Non tedes un pouco de peso?. _Si temos un pouco, pero é o venres cando chove. _¡Ah! É verdade, xa se me esquecera.- Contestou o Sol. As nubes estábanse retirando para deixar o ceo despexado. Ao día seguinte era xoves, volvía tocar Sol e o Sol volvía a estar aburrido porque non tiña ninguén con quen falar. Chegou a noite e o Sol xa Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

se retiraba. Ao día seguinte era venres e tocaba chuvia así que choveu hasta a noite. O sábado e domingo o tempo era cambiante e así foron todos os días e todos os meses do ano. Chegado setembro, as nubes tiveron que facer un pequeno cambio no horario do tempo poque cando chega o outono hai máis chuvias e menos Sol. Á maña seguinte o ceo estaba moi moi gris, era día de tormenta, empezou a chover moi debilmente pero máis tarde empezou a chover con forza e máis forza, pero por sorte cada vez ia parando pouco a pouco ata que houbo un momento en que saíu o arco da vella, logo volveuse a nubrar e estibo así ata a noite onde o tempo se relaxou. Ao día seguinte había entre claros e nubes, porque así seria tódolos días.

Carla Santos 5º B

“ A BATERÍA DO MÓBIL CARGA COA LUZ SOLAR” Un día que ía hacia o laboratorio escoitei a un señor que dicía algo sobre a batería do móbil . Cando cheguei púxenme a pensar como facer que o móbil cargase coa luz solar. Así que fixen un móbil especial. Fíxeno cun pequeno cadro , un metal , uns botóns e fun a unha óptica e collín un cristal para que cargase co sol. Púxeno a venta e comprouno moita xente. Cando non facía sol tiña un botón especial para que cargase só.

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Todos os días vía o meu móbil pola rúa e a xente que me coñecía dicíame que era un móbil marabilloso e que fora unha boa idea fabricalo. Cada día fun facendo novas cousas para o meu teléfono ata que un día acabei e fixen un móbil que non consumía. Así que fíxenlle un ambientador , un botón para que chamase só, e este móbil é o mellor . Chamei a un amigo para que o vendera por toda España. Díxome que todo saíra ben. Pero o que fixen foi reciclar un cadro , un cristal e un metal. Tamén se vendeu por Francia. Que ben é o reciclar; e a luz solar mellor. Álvaro González 5º A

A ILLA DOS DINOSAUROS Eu son o incrible Rafael Bacterio, fillo do profesor Bacterio,e vos vou contar unha historia. Eu estaba facendo unha máquina do tempo e ao rematala fun ata a prehistoria para ver os trogloditas. Despois, fun a época dos dinosauros e vin dinosauros de todo tipo como Velociraptor, Tyrannosaurus e Torosaurus. Tiven moitísimos problemas como escapar de dinosauros, buscar comida, pero o peor de todos foi cando estaban caendo os Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

meteoritos. Escondinme nunha cova e cando pasou o meteorito saín pero tamén había dinosauros que se esconderon comigo sen que eu os vira e que tamén sobreviviron. Era un verdadeiro problema. Se había

dinosauros,

algúns

comerían

mamíferos

e

nós

non

poderiamos existir. Entón busquei unha solución. Pensei en moitas pero non se podían facer porque non tiña materiais. Si que tiña materiais!, a miña máquina do tempo!. Fun ao presente a buscar axuda e convencín aos meus amigos científicos do colexio para que volveramos ao pasado a solucionar aquilo. Volvemos todos xuntos ao pasado e tivemos a idea de illar aos dinosauros para que non comeran a todo o mundo. Pensamos en levalos a unha illa pero como era moi perigoso transportalos, decidimos crear unha. Para crear a illa necesitabamos facer un terremoto. Entón fixemos o “Súper Trade dos Tremores”. Con este invento provocamos un terremoto e conseguimos que unha parte da terra se separase e formara unha illa para que os dinosauros vivisen nela. Así no futuro sería un zoo de dinosauros. Ao volver ao presente, marcamos nun mapa onde estaba esa illa e puxémoslle de nome A ILLA DOS DINOSAUROS.

Rafael Viso 5º A

A MARABILLOSA CALEFACCIÓN

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Ola amigos, chámome Pablo, e vouvos contar como descubrín a caldeira de gasóleo e o seu funcionamento. Cando eu tiña seis anos, fomos pasar un fin de semana de outono ao pobo dos meus avós. É un pobo de montaña, frío, que está preto de Celanova e chámase Ledime. Pasei un día moi divertido axudando o meu avó, que se chama Celso; coas ovellas, as galiñas….e a ordear o patio. Cando chegou a noite comezou a facer frío e o meu avó díxome: —Pablo, ven comigo que imos prender a calefacción para quentar a casa e voute ensinar como funciona. Fun co meu avó ao soto, onde estaba esa máquina marabillosa que producía calor. O soto estaba escuro e dábame medo, pero o avó tranquilizoume e pronto prendeu a luz. Alí estaba unha máquina de cor vermella. Ao lado había un gran recipiente con líquido dentro, de cor clara, e pregunteille ao avó: —Que é ese líquido? —Iso é o gasóleo, que prodúcese a partir do petróleo. —E que é o petróleo, avó? —O petróleo é un líquido que se extrae do interior da terra mediante a perforación de pozos. —E como se forma? —Pois débese a transformación da materia orgánica depositada hai millóns de anos, pero iso é un pouco complicado e xa o aprenderás mellor no cole cando sexas máis grande.

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

O avó comezou a explicación; contoume que ese gasóleo que está nese depósito; cando se prende a caldeira, ( que era un botón que estaba na máquina vermella) o gasoil flúe por un conduto dende o depósito ata a cámara de combustión, onde o gasoil queda dividido en gotiñas pequenas. Dentro da cámara da caldeira, hai unhas cousiñas chamadas electrodos, que producen unha descarga eléctrica e fai que prenda o gasoil. O lume xerado quenta unha zona da caldeira que ten auga , esa auga quente vai polos tubos que percorren a casa e chega a todos os radiadores, e os fumes da combustión saen pola pequena cheminea que ves aquí. O avó prendeu a caldeira e un ruído fortísimo soou en todo o soto; eu asusteime e díxenlle o avó: —Pareces todo un experto en caldeiras. Pero teño algo de medo e prefiro marchar de aquí. —Enténdoo, este ruído é moi molesto; pero a que ti non sabías que traballei en Holanda no mantemento de caldeiras? Outro día contareiche outros traballos que tiven. —Ou pode ser agora, pero mellor dentro da cociña e cun chocolate quente. —Ai pillabán, ti tan larpeiro coma sempre; pero antes do chocolate temos que purgar os radiadores. —Pur….que? —Purgar os radiadores. —E que é iso? —Sacarlle o aire os radiadores. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

—E por que? —Porque se os radiadores teñen aire dentro, a auga quente non pasa ben e non quenta o radiador. Así que, mans a obra e logo ese chocolate quente. Eu saín co meu avó daquel soto escuro e ruidoso disposto a purgar os radiores e así poder desfrutar do meu chocolate escoitando historias do meu avó, ben quentiño, grazas a marabillosa calefacción.

Adrián Vázquez 5º A

AINARA E JANE GOODALL Chámome Ainara e formo parte do equipo de científicos da Douctora Jane Goodall. Estamos traballando nun estudio sobre os chimpancés. Queremos saber si son capaces de adaptarse a unha vida coma a dos humanos, por iso decidimos marchar a Kenia. Queriamos velos de cerca, saber como reaccionan ante as circunstancias que ocorren no noso alrededor. E luns, está amanecendo pero nos xa estamos preparados para comenzar o noso traballo, fai moita calor e a medida que nos adentramos na sabana a humidade notase máis. Buscamos unha

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

zona de moita arboreda para poder agacharnos e que non sexamos vistos xa que si se dan conta de nós marcharán correndo. Levamos dúas horas na sabana cando de repente aparece o primeiro. É enorme casi coma unha persoa, está enriba dunha árbore comendo pero está só e iso e algo raro xa que soen andar en manadas. A Doutora quíxose acercar para poder velo ben pero o se querer acercar resbalou cunha pedra e fixo tanto ruído que o chimpancé marchou. Seguimos esperando pero ningún outro apareceu, empeza a facerse de noite e temos que volver ao campamento. Mañá será outro día. De camiño oímos uns ruidos, o principio non lle dimos importancia, pensamos que sería un paxaro pero , a medida que nos acercamos démonos conta que é algo máis grande. Parece unha persoa, ¿quen é? a doutora dixo: ¡Ainara é un chimpancé ferido! Decidimos levalo con nós, foi bastante difícil xa que pesaba sobre un 50 quilos. Ó chegar puxémolo sobre unhas ramas e mirámoslle a perna, tiña unha ferida, supuxemos que a faria o cair dunha árbore.Esa noite todos estivemos pendientes. Pasaron os días e o chimpancé que xa era coma do grupo empezaba a recuperarse. Decidimos chamarlle Atos. Todos os días Atos comezaba o día cun bo almorzó seguido duns paseos para que a perna se puxera ben. As semanas foron pasando e un día eu e a Doctora vimos algo extraordinario. Atos estaba coa

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

cámara da doutora intentando quitar fotos. Case o mesmo tempo dixemos as dúas:¡fai o mesmo que facemos nos tódolos días! Decidimos entón ver que cousas máis faria o longo do día. Dende a tenda de campaña observamos todo, ó rematar de comer Atos lavou a louza igual ca faciamos nos tódalas mediodías e incluso dábanos abrazos. Así foron pasando os días e coa cámara da Doutora Jane captábamos todas as imaxes de canto facía Atos, así quedaba reflexado o parecido que tiña cos humanos. Decidimos que Atos debía ser un máis do equipo para as seguintes investigacións por todo o especial que era para nos. Ainara Da Cruz 5º A

“AS GOTIÑAS DE AUGA” Unha tarde de verán , estando xa de vacacións disfrutando do sol e do bo tempo , ese día facía bastante calor, e só nos apetecía beber auga fresquiña, porque a súor que caía polo noso rostro no nos deixaba nin respirar. Eu díxenlle a miña irmá: —Creo que xa é hora de beber unha pouca auga fresca. Non che apetece un vasiño de auga? Era raro que a miña irmá non dixera xa que tiña sede, pois ela sempre era a que bebía máis de dous. Pero enseguida escotei: Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

—Si, si, si!! por favor! trae desa auga tan fresquiña do pozo dos avós. Eu dixen: —Pero a da neveira está moito máis freca! A miña irmá gústalle máis a do pozo, e a min a da botella comprada. Como non nos poñíamos de acordo, ela colleu un vaso da auga do pozo, e eu collín un vaso da botella. Cando acabamos de beber e cando a auga xa se evaporou, podemos ver que un vaso estaba sucio e polo contrario, o outro non, esto quere decir que a auga do pozo era mais pura ca da botella pois contiña menos micropartículas e sales minerais ca outra. E logo xa de saciar a nosa sede, collimos unha mangueira e comenzamos a mollarnos, e pasámolo moi ben. Carla Nóvoa 5º A

AVENTURA COS PUNTOS CARDINAIS Un ano que fixen o camiño de Santiago a pé coa miña familia , foime de gran axuda a clase que me dera, o meu profesor de coñecemento, sobre os puntos cardinais e de cómo orientarnos. O grupo formabámolo o meu irmán, os meus pais, as miñas tías e o meu curmán Xurxo. Nos fixemos o camiño de Santiago porque nos parecía divertido e de paso apreciabamos a natureza coas súas paisaxes e coñeciamos a moita xente . Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Cando faltaban

vinte quilómetros para chegar a Santiago,

decidimos buscar un albergue para durmir. Despois de moito buscar e buscar, non atopamos nin albergue, nin hostais, nin casas rurais… Aquilo era un DESASTRE ¡¡¡¡ como no nos quedaba outra, decidimos acampar coas nosas tendas de campaña. Estábase poñendo o sol e meu pai recordounos que Santiago estaba ó norte. Entón lembreime do que nos

dixera o profesor don

Prudencio, abrín os brazos, sabía que o sol saía polo leste e púñase polo oeste, entón o leste estaba a dereita, o oeste a esquerda, o sur para atrás e o norte para adiante. Cando xa tiñamos o campamento montado, díxenlle o meu curmán: —Xurxo queres ir a dar unha volta? — Vale ,e de paso collemos unha pouca leña para o lume— respondeu el. Fomos polo monte adiante, onde vimos un esquío, disfrutando da paisaxe,collendo moras e falando, e de tan falangueiros que somos, no nos demos conta de que estabamos PERDIDOS¡¡¡¡ —Xurxo que facemos, estamos perdidos¡¡¡ — gritei eu —Non o sei, teño medo —respondeu el. Pois alí estabamos dous medrosos no medio do monte, con só a compañía da lúa. De súpeto, lembreime de cando o profesor nos dixera como orientarnos de noite pero fixándonos na lúa. A lúa estaba crecente, eu sabía que as súas puntas marcaban o leste, entón nos empezamos a camiñar cara o norte, e despois dunha boa andaina

atopamos ó resto do grupo que nos estaban Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

buscando.Démonos apertas e bicos ,a miña nai caíanlle as bágoas. ¡ Que contentos nos puxemos todos! O día seguinte chegamos a nosa meta: Santiago. Miguel Rodríguez 5º A

CAMIÑANDO POLO ARCO DA VELLA Era unha tarde de choiva. Aburrida púxenme a mirar pola ventá, e vin un colorido arco nun ceo cheo de nubes. Saín para intentar alcanzalo. Andaba e andaba, pero non me achegaba. Cansada, senteime nun banco. De súpeto, vin o arco diante de min. Subín pola ponte de cores. Cando cheguei ao final, vin un señor que me dixo: —Chámome Newton. Qué fas aquí? —Estaba dando un paseo polo arco da vella. ¿Sabes ti como se formou? —pregunteille. —Sí. Explicareicho —contestoume— A luz do sol está composta de cores, os cales mezclados producen iluminación. Cando a luz do sol penetra nas gotas de auga, refléxase nas superficies interiores. Mentres pasa a través das gotas, a luz separa as súas cores que a compoñen, coma se fose un prisma. Por un instante, cada gota de choiva destella as súas cores para que as podamos ver. —E ti como sabes todo isto? —Porque eu son un científico. Conseguín descompoñer a luz solar, e demostrei que a luz branca está formada por as cores do arco da vella. Fixen un disco xiratorio de cor. Queres facer ti un? Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

—Claro!. Paréceme moi ben! —Necesitas ter un disco e dividilo en sectores pintados coas cores do arco da vella. Terás que facelo xirar a gran velocidade e poderás observar coma as cores desaparecen, tomando unha tonalidade branca. De súpeto, xa non estaba no arco da vella. Estaba nun banco, todo fora un soño. Entón levanteime e fun a miña casa, decidida a facer un disco xiratorio de cor, para ensinarllo ós meus compañeiros. Alba Pérez 5º A

"A CENOIRA" Tódas as tardiñas ás seis o grupo das

“ SUPERGIRLS “

ten

xuntanza na cabaña do bosque que esta preto das nosas casas. Alí

o grupo xogaba e trasteaba nos

arredores,

ás veces

discutíamos e tamén curioseábamos como calquera rapaza, así foi o caso de que un día Carla entrou moi apurada na cabaña e falando moi a presa: - temos que facelo, temos que facelo ¡!!! —¿ Qué temos que facer ? —gritamos todas xuntas. —Imos

facer todas un experimento !! — dixo Carla — tomade

apuntes; necesitamos unha cenoira, un vaso de auga con dúas cucharadiñas de sal,

mezclar ben e a continuación introducir a

cenoira dentro da mezcla e deixala metidiña ata o día seguinte. —¿Qué lle sucederá a cenoira ? , —É alucinante chicas, non o ides creer — dixo Carla . Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Así pois, todas fomos apuradas para casa e falando do tema, que ganiñas de saber que cambios ían a experimentar as nosas cenoiras. O día seguinte, como de costume a seis da tarde, todo o grupo chegaba cunha cenoira dentro dunha bolsiña, todas agás Carla, que era quen

recollía

tódalas cenoiras e as ía colocando enriba da

mesa. Todas estábamos a rír. —Pero que feas están ! —dixen eu, e que arrugadiñas quedaron ! — dixo tamén Nadia, e logo Lorena berrou — a miña cenoira é a que máis encolleu , ¡¡¡ pobreta !!! Pareceunos unha experiencia interesante ademáis de ser moi curiosa; así pois rapaces, invítovos a que o experimentedes cos vosos pais, irmáns, amigos, etc. Indagamos sobre o sucedido ao aspecto das cenoiras. ¿ Por qué envellecerán tan de súpeto? ¿ Por qué estaban feas e tan encollidas ? A causa foi que a auga que contén a cenoira transformouse en auga salgada, por iso tiñan ese aspecto tan pouco saludable. Ata logo rapaces/as, que vivades moitas experiencias científicas.

Alexia Moreiras 5º A

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

OS INVENTOS THOMAS ALVA EDISON Nado en Milán o 11 de febreiro de 1847 en finado en West Orange, Nova Jersey o 18 de outubro, foi un inventor e empresario estadounidense. Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente. Discubriu o chamado efecto Edison o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia. O fonógrafo foi o dispositivo máis común para reproducir sons gravado dende 1870 até a década 1880. Este utiliza un sistema de gravación mecánica analóxca na cal as ondas son transformadas en vibracións mécánicas mediante un transductor acústico-mecánico. Estas vibracións miden un estilete que labra un suco helicoidal sobre un cilindro de fonógrafo. Para producir o son invértese o proceso. Ao principio, utilizánronse cilindros de cartón recubiertos de estaño, máis tarde de cartón parafinado, e finalmente de cera sólida. Investigador inquieto, traballou en campos tan distintos como a óptica a acústica e máis a electricidade. A lámpada de filamento incandescente é o inventó que máis celebridad otorgou a Edison. A sua fabricación permitiú abaratar de unha forma considerable a obtención de luz, a xente con menos recursos puideron iluminar os seus fogares. A iluminación eléctrica transformou as cidades modernas que puderon ver iluminado ata o último rincón. Abel Garriga Mosteiro 5º A Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

LOITANDO CONTRA AS BACTERIAS Melisa era unha rapaza de dez anos que vivía cos seus pais nunha casa ás aforas da cidade de Ourense que foi herdada dos seus avós. Gustáballe moito a natureza, axudar a súa nai nas tarefas da casa, pasear polo campo, recoller froitos e xogar cos seus cans no xardín da súa casa. Melisa soñaba con poder facer grandes cousas cando fose maior. Quería axudar ós mais necesitados, crear escolas, centros de xogos, curar enfermidades, etc; para que os nenos coma ela sempre fosen felices. Melisa sempre recordaba que anos atrás, estivera moi enferma. Era unha historia que sempre lles contaba ás súas amigas no colexio e ós seus avós cada vez que ían a visitala, e que a consecuencia diso empezara a interesarse moito pola ciencia, tamén se interesou por saber máis sobre a cura de enfermidades e sobre medicamentos coas que se trataban. Sempre lle gustaba recordar que ela puxérase ben grazas a penicilina que o médico lle había recetado. Foi así cando Melisa quixo saber quen fora o inventor de semellante cousa. Buscou información e atopou o nome de Alexander Fleming, creador da penicilina. A menudo soñaba que ela era unha gran científica e que inventaba outro tipo de medicamentos para curar enfermidades coma o sida. Unha tarde, estando no seu cuarto facendo as tarefas do colexio, Melisa imaxinou o maravilloso que sería poder viaxar a un país Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

pobre onde os nenos non teñen que comer e sempre están enfermos, e poder axudalos a que se curasen con medicamentos con penicilina como lle pasara a ela. De súpeto unha voz sacouna do seu soño, era a súa nai dicíndolle: —Melisa, é hora de cear. Melisa repondeulle: —Xa baixo, mamá. Xa ceando, Melisa contoulles ós seus pais o que había estado imaxinando: —Mamá, papá, cando sea maior, quero viaxar a África para poder axudar ós nenos necesitados e curalos das súas enfermidades. Quero estudar para ser doutora. Os seus pais quedaron abraiados coa historia que a súa filla acababa de contarlles, quedaron moi contentos, xa que sabían que Melisa era unha rapaza moi boa e que sempre se preocupaba polos demais. Eles sabían que a súa filla podería facer grandes cousas no futuro e non dudaron en darlles todo o seu apoio. Pasaron os anos, e pouco a pouco Melisa foise convertindo nun médico de moito prestixio, viaxou a países do tercer mundo axudando a moita xente a poder vivir nunhas condicións de saúde e hixiene favorables. Publicou varios libros relacionados coas enfermidades causadas por bacterias, acudíu a congresos, díu conferencias en varias universidades do país. Dedicou a maior parte da súa vida ó mundo da ciencia, deixando apartada a súa faceta como muller. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Foi un exemplo para moitas persoas do seu arredor. Un dos seus maiores propósitos foi inculcarlle ós xovenes a paixón polo estudo e as ganas de aprender e loitar por aquelo que amaban, ó igual que ela fixera dende que era unha nena. A xente sempre recordará a Melisa pola famosa frase coa que sempre remataba as súas conferencias: Lucía García 5º A

A MÁQUINA DO FUTURO Nunha aldea moi lonxana, chamada Santa Catalina, vivía un científico cuio nome era Antón Iglésias. O científico estaba nun proxecto moi importante, no que estaba a piques de construir a máquina do tempo. O pobre home traballaba día e noite coa esperanza de conseguilo. Estaba tan ocupado que non comía e cada día estaba máis e máis débil, tan débil que un día pola rúa caeu ao chan . A súa muller recolleuno e levouno a casa para que descansara e recuperara forzas para así poder continuar co seu traballo. Para Antón non había nada máis bonito ca súa muller, María Teresa, e os seus fillos, David e Fernando. Antón recuperouse e seguíu co seu proxecto ata que o conseguíu rematar.

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Cando acabouno quiso probalo e foi cara o futuro. Unha vez alí só podía mirar ,non podía tocar a ninguén por moito que quixera e el non podía ser nin visto nin tocado, era coma una pantasma. A máquina do tempo mostroulle a escena do futuro, e viu que a súa familia estaba preocupada e que choraba. El non sabía de que era, pero cando viu a seguinte escena comprendeu que choraban por el, debido a que con tanto traballo que tiña nos seus proxectos volveuse tolo de remate e co tempo morrera. Antón sentiuse triste e dolorido por dentro ao saber que a súa familia sufría por el. Pediu a máquina que o levase ao presente para estar con eles e así foi, levouno ao presente e saíu da máquina correndo, gardouna no desván e foi xunto coa súa familia e confesoulles que deixaba o seu traballo para estar con eles. A muller e os fillos non o podian crer.Pero puxéronse moi contentos. Co tempo deuse conta que foi o mellor que fixo. Lucas Pérez 5º A MARIE CURIE

Marie Salomea Sklodowska Curie (Varsovia, Zarato de Polonia, sete de novembro de 1867- Passy, Francia, catro se xullo de 1934). Foi unha física e química polaca, nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi, entre outros méritos, a primeira persoa en recibir dous Premios Nóbel en distintas

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

especialidades, Física e Química e a primeira muller en ser profesora na universidade de París. No 1981 Marie inscribese na facultade de ciencia matemáticas e naturaza da Sorbona. Tras unha doble titulación prepara o seu doctorado que se centra nos traballos do físico Henri Becquerel que descubrira que as sales de uranio trasmitían unhos raios de natureza desconocida obtuvo o doctorado e a mención cum lande. Marie Curie e o seu marido Pirre Curie estudaron as follas radiactivas, en particular o uranio en forma de Pechblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser maís radiactiva que o uranio que se extraìa de ela. Tamén descubríu que o torio podía producir radioactividade. Tras varios anos de traballo, aislaron dous novos elementos químicos. O primeiro, en referencia o seu país nativo en1898, foi nombrado como polonio. O segundo foi chamado radio debido a sua intensa radioactividade. Xunto con Henri Becquerel e Pierre Curie, Marie Curie foi galardoada co Premio Nobel de física no 1903. Foi a primeira muller que obtuvo o galardón. No 19 de abril de 1906 Pierre morre atropelado por un carruaxe de 6 toneladas. Marie asume a cátedra do seu marido, e foi a primaira muller en dar clases na universidade nos 650 anos transcurridos dende a sua fundación. En1910 demostrou que se podía obter un gramo de radio puro. O ano seguinte recibiu o Premio Nobel de química. Cunha actitude

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

desinteresada, non patentou o proceso de aillamento do radio, deixando aberto a investigación de toda a comunidade científica. Durante a primeira gerra mundial Curie propuso o uso

da

radiografía móvil para o tratamento dos soldados feridos. Na primavera de 1934, Marie Curie despois de quedarse cega, morreu a causa dunha anemía aplósica, probablemente devida as radiacións as que estuvo exposta nos seus traballos, xa que ainda eran descoñecidos os seus nocivos efectos.

Paula Fernández 5º A

“ A GRAN EXCURSIÓN “ O día 1 de outubro a miña clase foi de excursión ao gran museo da Coruña chamado Domus. Non só o pasamos ben, senón que tamén aprendemos moitas cousas, e preguntarédesvos por qué , pois porque atopámonosnos con moitísimos científicos que nos ensinaron a facer moitos experimentos . Non sei por cal empezar, xa sabedes que hai moitísimos, pero vou empezar polo que máis me gusta . Alfred Nobel , un químico moi importante contounos que para preparar un ambientador só fainos falta: -Unha botella

-Auga

-Aceite

-Gotexo Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

- PRIMEIRO PASO: Introducir todos os materiais dentro da botella e rapidamente axitalo. -SEGUNDO PASO:Para eliminar cheiros de animais introducir gotas de aceite de limón. -TERCEIRO PASO: Para recuperar mellor o sono meclar gotas de aceite, laranxa e lavanda. Este experimento para ambientar a túa habitación nolo explicou Alfred Nobel . E case esquezo, Nobel moi educado firmounos autógrafos .Canto me estou alargando, paréceme que so vou poder contar outro experimento, con todos os que aprendín!. Sidney Altman, un científico, tamén por sorte contounos que podemos facer que un ovo colla pola boquilla dunha botella meténdoo en vinagre. MATERIAL: -Un ovo

-Vinagre

-Un tarro

-Unha botella

-PRIMEIRO PASO: Coller o tarro, meter o ovo e o vinagre . -SEGUNDO PASO: Esperar un día para ver como evoluciona. Se ten unha greta o está roto non vale. -TERCEIRO PASO: Cando pasen 15 días, abre o tarro, saca o ovo e intenta metelo no tarro. Se o fas ben, o ovo ten que coller por que resulta que ten que ser coma unha pelota de goma. O día da excursión vimos moitos máis científicos e experimentos pero agora, desgrazadamente non teño máis tempo para alargar a Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

historia. Ese día case non durmo pensando no día seguinte para facelos. Foi unha gran experiencia a que vivimos todos xuntos os meus amigos e máis eu. Sonia Otero 5º A

“A POLAROID DO MEU AVÓ" Fai dous anos ,polo meu oitavo cumpreanos , eu queria unha cámara de fotos, e miña avoa regaloume unha cámara vella que era de meu avó, cando era máis xoven. Era unha cámara antiga , grande e non moi bonita. Era unha cámara Polaroid , de esas que botan a foto revelada por baixo. Non se parece en nada as cámaras de agora , coas que fas moitas fotos e senon che gustan podes borralas ; coa Polaroid so tes un intento. Os dias siguintes pasei o tempo sacando fotos a todo o que había o meu arredor. Un día que fun polo monte , como de costume para seguir sacando fotos a todo o que me gustaba , de súpeto vexo un xabarín …… pero ¡miña nai , que xabarín ¡¡¡ Era moi grande e peludo…….cando intentei sacarlle unha foto , ca miña Polaroid , o xabarín pegou un brinco

tan grande que enganchouselle a correa da cámara nun

colmillo , marchando con ela a todo correr. Sain correndo tras el para intentar recuperar a miña cámara. Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

Púxenme moi triste cando vin que non ía recuperala. Que lle diría a miña avoa ¡ Non sabía como contarlle todo o que me acontecera co xabarín . Íase poñer moi apenada ¡¡ Cando cheguei onda ela , preguntoume de onde viña e por que estaba chorando , non sabía como que perdera a cámara do avó, asique calei por non darlle un disgusto. O dia seguinte, a miña nai pediume que lle sacase unha foto coa súa amiga Marta , entón non me quedou máis remedio que contarlle toda a verdade , un xabarín roubarama¡¡¡ Pero ela non

me creía ……..pensaba que a rompera ou que a

perdera no monte……..e castigáronme. A seguinte mañá , cando baixei a almorzar , alí estaba a miña cámara….¡¡¡ o carón da taza do leite ¡¡…non o podía crer , quen a encontrou? , onde fora parar? Esa mañá o meu avó saíra a pasear e encontrouna no medio do monte tirada cun colmillo do xabarín enrolado na correa da cámara ; púxenme moi contento de volver recuperar a miña Polaroid , asi meus pais xa ían crer a historia do xabarín .Non volvín separarme dela , e menos levala polo monte eu só. Encántame facer fotos coa miña cámara Polaroid. O día seguinte fun a casa da miña avoa e contoume que xa sabía todo o que pasara. Ela disgustárase moito e eu pregunteille por que se puxera tan triste , dixome que esa cámara era do avó cando era pequeno levaba Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

sesenta e cinco anos con ela pero como xa levaba moitos anos sen utilizala , nin se acordaba dela , por eso quixo regalarma a min , para que eu a coidase e gardase moi ben. —Perde coidado avó , coidareina coma se fose o máis grande dos tesouros. Noel Vázquez 5º A

OLLANDO O QUE ME RODEA E APLICANDO A OCURRENCIA

Chámome Mateo, son moi observador e gústame construir cousas útiles, a partir doutras que teño ó meu arredor. Non sei se algún día chegarei a inventar algo importante, pero polo de agora estou bastante satisfeito solucionando algúns dos problemas que se me presentan. Gostaríame compartir con vós algúns deles. Un día, mentres estaba na miña habitación colocando os meus xoguetes e limpándolle a suciedade, decateime de que precisaba algo moi finiño que poidera limpar partes de difícil acceso dunha moto de xoguete que eu tiña. Cando mirei o meu arredor, vin un trade de xoguete e pensei que si poidera enganchar un pincel dos máis finiños de acuarela, podería solucionar ese problema, xa que xiraría e podería limpar nos recunchos máis difíciles con moita facilidade. Que satisfacción! Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

No verán puiden dar renda solta á miña imaxinación. Estábamos no pobo a miña avoa e máis eu e de súpeto mareouse. Rápidamente pensei, se boto colonia de nenos ó aire co pulverizador e ó mesmo tempo abanico fortemente cun periódico, a avoa podería recuperar, xa que a colonia contén alcohol e co impulso de aire conseguiría un ambiente fresco. Así foi, rápidamente reaccionou. Un pouco máis tarde, vendo o ingenioso que fun, díxome o seguinte: — Mateo por que non pensas en algo que faga afastar a éstas formigas da casa? Pensei e recordei, que unha vez escoitara que a menta molestaba ás formigas. Púxenme man a obra. Collín un vasiño de plástico cunha pouca de auga, botei follas de menta, machaquei todo ben e boteino polos arredores da porta da casa. E cal foi a miña sorpresa!. Todas as formigas afastáronse. Miña avoa púxose moi contenta. Pasados os días entrou na casa un rato. E díxenme, vou facer unha rateira. Collín unha caixa, un cordel,

un clip, unha bolsiña de

plástico e pensos de can. O cordel engancheino no clip e éste nun ferriño, cando o rato tocase o pensó; o cordel e o ferro caerían e a tapadeira pecharíase. Pasados dous días, conseguín atrapar o rato. Que divertido! No mes de Agosto, estando na praia andaban a pescar uns rapaces. Dician: — A ver quen consegue pescar algún lorcho ou algún camarón. Quixen xogar con eles, entón collín o meu trueiro e púxenlle imperdibles todo ó redor e machaquei mexilóns para enganchalos e Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

cun pouquiño de paciencia conseguín pescalos. Menudos recordos deste verán! Como vedes, observando ó teu redor, podes xogar a inventar cousas. Espero que vos gustaran as miñas aventuras.

Mateo González 5º A “ UNHA VISITA A MARTE “

Dezanove de xuño de 2008. A N.A.S.A. confirmou un segredo, que había Auga EN MARTE. Fai seis anos, o catro de agosto de 2007 un neno chamado Marcos, viviu unha aventura inesquecible. Era un neno de 12 anos, moi curioso, moi listo e moi atrevido sempre andaba a facer experimentos, pero todos lle saían mal. Os seus compañeiros non paraban de rirse del, pensaban que era un inútil, que non podía facer nada. O seu mellor amigo, Fede, dicíalle: —Non lles fagas caso, eles si que son cobardes, non saben facer nin a cuarta parte ca ti. Un día, Marcos, no seu taller de experimentos, construiu un globo cun brazo robótico. Ah! Tamén fixo un traxe de astronauta, pois queria ir investigar a Marte. Para o traxe usou de casco, unha peixeira e un mono de pintor do seu pai, ao que lle pegou uns

Curso 2013-2013


Ciencia que conta- Concurso de relatos curtos

cachos de cinta aislante para cando chegara ao espazo, pois tiña que protexerse dos raios solares... —Falta o Calzado!!! — pensou Marcos. Para isto puxo unhas catiuscas de goma azuis e tamén unhas lubas roxas., para protexer as súas mans. Fixo un foguete cunha carrilana vella do seu pai, á que lle acoplou un motor do primeiro coche que tivera. Ao cabo de dous días cando o invento estaba acabado, despegou, e foi cara Marte. Cando chegou ao planeta vermello, sacou o brazo robótico, as sondas atravesaron a capa marciana cinco centímetros máis ou menos, ata que de súpeto, tropezou cun material conxelado. Semellaba auga!. Pasou varios días recollendo mostras en distintos lugares da superficie marciana. O neno feliz, volveu para a súa casa, alí no seu xardín estábano esperando os seus amigos do colexio e a súa familia. Pasados uns días, un veciño científico que traballaba na

N.A.S.A., comprobou

que as mostras eran realmente de auga. Marcos, non esperaba nada daquilo, acababa de facerse famoso grazas ao seu descubrimento científico. A súa casa apareceu rodeada de xornalistas e de amigos que desde ese día o admiraban e nunca máis volveronse rir del. Ahí vai un consello: fai o que che gusta, sen importar o que digan os demais. Lorena Fernández 5º A Curso 2013-2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.